"atü" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 368.

  • Tubo electrónico extraordinariamente pequeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de redución das dimensións e o peso dos compoñentes que forman os circuítos electrónicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento de notación musical utilizado sobre todo durante os ss XV-XVII para transcribir as voces distintas da melodía principal na música polifónica, coa axuda de letras, cifras e outros símbolos dispostos en forma de táboa. Era utilizada especialmente para instrumentos solistas, como o órgano, a guitarra, a viola de man, o laúde e a arpa, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero xenartro, da familia dos dasipódidos, que se caracteriza por ter unha armadura dorsal moi consistente.

    2. Mamífero xenartro que acada entre 75 e 100 cm de lonxitude, coas orellas moi grandes, a unlla do terceiro dedo da man moi desenvolvida, e unha gran mobilidade na súa armadura. Ten costumes nocturnos e escavadores, e aliméntase de insectos. Habita nos bosques próximos aos cursos de auga, nas rexións tropicais de América do Sur, ao L dos Andes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer(se) debuxos no corpo introducindo pigmentos colorantes baixo a epiderme, mediante puncións e seguindo deseños previos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proceso de tatuar ou tatuarse.

    2. Debuxo que se tatúa na pel.

    3. Tatuaxe empregada para facer desaparecer as manchas leucomatosas da córnea mediante a penetración de tinta chinesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico estadounidense. Investigou a acción química dos xenes, fixo experimentos xenéticos con Neurospora crassa e estudos sobre a transmisión e a alteración das características hereditarias en Escherichia coli e outras bacterias. En 1958 recibiu, xunto con Beadle e Lederberg, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina polas súas investigacións sobre a acción química dos xenes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fai milagres ou cousas marabillosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facultade de facer milagres ou cousas marabillosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á taumaturxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Boxeador. Formado en Donostia, foi campión de Galicia do peso mosca en 1931 e aspirante ao Campionato de España en 1935. Morreu na fronte durante a Guerra Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Magnitude termodinámica que pon en evidencia a enerxía térmica dun corpo en relación a outro. Desde un punto de vista físico, a temperatura dunha substancia defínese como a medida da enerxía cinética media das moléculas que a forman. Pode medirse nas mesmas unidades ca a enerxía aínda que, tradicionalmente, se crearon as escalas de temperatura en paralelo coas unidades de enerxía, como a escala Fahrenheit, a Celsius, a Reaumur, a Kelvin, tamén de­nominada escala absoluta, ou a Rankine.

      1. Expresión numérica do grao de calor do organismo que depende do equilibrio entre os mecanismos termóxenos (metabolismo, contracción muscular) e os termolíticos (perda de calor por convección, radiación e evaporación). Acéptanse como cifras normais unhas oscilacións térmicas de entre 36,5°C e 37,2°C.

      2. temperatura basal

        Temperatura do cor­po dun individuo en xaxún, en repouso e nun ambiente duns 20°C.

    2. Situación ou estado dun ambiente determinado.

    3. Temperatura que se mide en graos kelvin.

      1. Temperatura dun gas por riba da que é imposible licualo unicamente por un aumento de presión.

      2. Temperatura máxima á que un material supercondutor pode manifestar esta propiedade.

    4. Temperatura que ten nun momento dado o aire da atmosfera terrestre. A inclinación dos raios solares e a duración do día determinan as variacións periódicas da temperatura (diúrna e anual).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de crustáceos, da clase dos branquiópodos, ao que pertence a especie Terebratula vitrea, cunha cuncha oval, lisa e transparente, que vive sobre as cunchas de moluscos e restos de corais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Pontevedra a partir de 1889 que cesou en 1891. Subtitulouse “Semanario churrusqueiro” e “Semanario de intereses e literatura rexionales” (nº10). Fundado por Francisco Portela, reapareceu (outubro de 1889) promovido por Rufino Rivera. Cunha orientación popular, incluíu composicións literarias (contos, poesías e relatos humorísticos).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de títulos que posúe unha persoa, unha liñaxe, unha cidade ou unha entidade.

    2. Conxunto de títulos posuídos polo emperador romano. Na documentación epigráfica indicábanse sempre segundo esta orde: imperator, caesar, filación e nome propio (cognomen), augustus, títulos militares, pontifex maximus, última potestade tribunicia, último saúdo imperial e último consulado. Engadíanse a miúdo os títulos de pater patriae, censor e procónsul (se exercía estes cargos) e, finalmente, divus (se estivera divinizado).

    3. Lista de títulos posuídos polas cidades, os municipios e as colonias romanas, derivados, normalmente, dos xentilicios dos xenerais, do nome do emperador reinante ou do augurio formulado no momento da fundación. Estes preceden o nome autóctono latinizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tribunal supremo eclesiástico de casación constituído por seis cardeais elixidos polo papa, que xulga normalmente cuestións sobre violación do segredo por parte de auditores da Rota ou sospeitas sobre a súa actuación, nulidade das súas sentenzas, conflitos de competencia entre tribunais eclesiásticos menores e outras causas. A súa denominación provén da sinatura que estampaba o papa nos documentos de resposta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tribunal eclesiástico colexiado, ordinario, con sede en Madrid, constituído principalmente para recibir as apelacións contra as sentenzas eclesiásticas pronunciadas en España. Tivo a súa orixe no Tribunal del Nuncio que,a instancia de Carlos V, o Papa Clemente VII concedeu a España en 1529 como tribunal de apelación onde, amodo de privilexio, puideran terminarse as causas españolas sen necesidade de acudir a Roma. Este tribunal reformouno Clemente XIV en 1771 mediante a constitución Administrandae iustitia zelus e concedeulle unha organización similar ao da Rota Romana, polo que a partir de entón se denominou Rota de la Nunciatura Apostólica ou Tribunal de la Rota de la Nunciatura Apostólica. No s XIX suspendeuse en 5 ocasións, a causa das persecucións políticas contra a igrexa española. Pío XI suprimiuno o 21 de xuño de 1932, debido ás circunstancias particularmente antieclesiais creadas durante a Segunda República. Pío XII restableceuno o 7 de abril de 1947 mediante o motu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ámbito máis alá da morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo independente creado en 1956 coa finalidade de impedir o exterminio de especies ameazadas de extinción, racionalizar a xestión do medio e a preservación das zonas en parques naturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presenza dun exceso de uratos nos ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO