"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • GALICIA

    Xornalista. Fundou e dirixiu os xornais La Reforma, La Cruz de Santiago (1885) e La Bandera de Santiago (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fernando Casado d’Arambillet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso xesuíta, historiador e novelista. Coñecido como Adro Xavier, especializouse en biografías de personaxes españois, dos que destacan Aproximación a la historia de España en veinte grandes biografías e a Colección Tu y yo. Ademais publicou, entre outras obras, Amor de héroe (1937), Rojo y español (1939), Ocaso del Imperio (1940), Carlos María Rey-Stolle Pedrosa marino y aviador (1941), Almas hundidas (1950), Francisco Suárez en la España de su época (1950), Emigrantes y sus cosas (1963), Bonifacio VIII (1971), Fui soldado en cuatro guerras (1976), El Papa de Peñíscola: un siglo de Europa (1975) e Doctor Irurita: del consenso al crimen, 1876-1936 (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Activo en Betanzos, foi un dos primeiros pintores barrocos de Galicia. Cara a 1650 pintou o retablo de Santo Antón de Padua no santuario da Nosa Señora do Camiño de Tiobre e o retablo maior da capela da Madanela de Betanzos. Nestas obras amosou unha concepción pictórica sinxela, co emprego de fondos escuros, unha gama cromática pobre de tons escuros e pardos, onde domina o debuxo sobre a cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Nova Inglaterra, EE UU, o máis pequeno en extensión e o segundo máis densamente poboado (3.140 km2; 1.048.319 h [2000]). A súa capital é Providence. Limita ao N e ao L con Massachusetts, ao O con Connecticut e ao S co Océano Atlántico. O territorio é case chá, cunha extensión litoral relativamente grande. Predomina o sector industrial, con industrias téxtiles, construción de maquinaria, instrumentos de precisión e equipamentos eléctricos. Os primeiros poboadores europeos foron emigrantes relixiosos de Massachusetts, que se estableceron en Portsmouth, Newport News, Warwick e Providence na primeira metade do s XVII. As catro cidades uníronse en 1644, e en 1663 Carlos II de Inglaterra outorgoulle un estatuto onde establecía a liberdade relixiosa e as fronteiras do estado actual. Foi a primeira colonia en proclamarse independente (1776) e entrou na Unión en 1790. Durante o s XIX iniciou un rápido proceso de industrialización que atraeu unha forte inmigración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unión administrativa e política entre Rhodesia do Sur (actual Zimbabwe), Rhodesia do Norte (actual Zambia) e Nyasalandia (actual Malawi), desde 1953 a 1963 co nome de Federación Centroafricana. A partir da década de 1930 a presión simultánea desde Salisbury e Lusaka para crear unha federación que incluíse tamén Nyasalandia chocou cunha forte resistencia en Londres, que quería garantir os dereitos dos africanos. Non obstante, a insistencia dos brancos de Rhodesia do Sur atopou un apoio favorable entre os conservadores británicos. En 1953 o goberno de W. Churchill autorizou a creación dunha federación cunha ampla autonomía, que conseguiu diversos avances económicos, pero topou coa resistencia dos nacionalistas africanos estimulados pola independencia de toda África negra e dirixidos por Hastings Banda en Nyasalandia e por Kennet Kaunda en Rhodesia do Norte. A federación disolveuse definitivamente o 31 de decembro de 1963.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Gwynedd, Gales? -? 878?) Rei galés (844-878?). Acadou a unión da maior parte de Gales e contivo as fortes presións escandinavas. Fundou unha dinastía que durou ata a fin da independencia galesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Música popular propia dos afroamericanos de EE UU, utilizada sobre todo no baile. Ten unha base predominantemente rítmica, en que se superpoñen melodías procedentes do gospel e do blues. Xurdiu na década de 1930 a partir, sobre todo, do boogie-woogie orquestral, e posteriormente derivou no rock-and-roll. Destacan os intérpretes Fats Domino, Ray Charles e Chuck Berry.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e ceramista. Asentado na Coruña, foi membro fundador do Colectivo Nacional de Diseño e Investigación Arrancadilla e en 1986 dirixiu e promoveu o Primeiro Encontro Europeo de Ceramistas en Galicia. Recibiu, entre outros, o Premio Cádiz de Escultura en 1986.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Doutor en Sagrada Teoloxía e licenciado en Dereito Canónico, foi cóengo do Seminario de Mondoñedo e de Santiago de Compostela, onde foi nomeado bispo auxiliar en 1922. Escribiu diversos sermóns e cartas pastorais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Teilán (Bóveda). Ten planta rectangular dividida en tres partes con engadidos posteriores. A obra orixinal é do s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pantón. Construída no s XVII, conserva elementos de épocas anteriores e sufriu importantes reformas. Consta de dúas naves de planta rectangular, unha delas engadida no s XVIII, presbiterio e sancristía. No interior destaca un retablo barroco que cobre o testeiro e outro lateral de finais do s XVIII. Na fachada destaca un ollo de boi no frontispicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo. Catedrático de Xeografía na Universidade de Lisboa (1943), traballou sobre as terras portuguesas, diversas illas do Atlántico e diferentes rexións tropicais africanas e brasileiras. Publicou Portugal, o Mediterrâneo e o Atlântico (1945) e La Zone intertropicale humide (1973), en colaboración con S. Daveau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Conselleiro de estado (1875) e deputado republicano (1878-1885 e 1887-1809), foi xefe do Parti Républicain Modéré. Ministro de Asuntos Exteriores (1890-1893), ocupou outros ministerios e foi xefe de goberno varias veces (1892-1893, 1895, 1914 e 1917).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo francés. Considerado o iniciador da psicoloxía positivista e experimental francesa, centrouse no estudo da psicoloxía patolóxica. Das súas obras destacan Les maladies de la mémoire (1881), Les maladies de la volonté (1883), Les maladies de la personnalité (1885) e Essais sur la passion (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Normandie 932? - Fécamp 996) Duque de Normandie (942-996), fillo de Guillerme I de Normandie Longa Espada. Apoiou aos Capetos e enfrontouse con Luís IV de Francia ao que derrotou coa axuda do Rei Harald II de Dinamarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ethel Florence Lindesay Richardson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferdinand Paul Wilhem.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Rio Grande do Sul, Brasil, situada á beira do río homónimo (193.789 h [estim 2004]). O seu porto, situado a 13 km da desembocadura, permite a entrada de buques oceánicos. Posúe industrias cárnicas, de conservas pesqueiras e vexetais, fábricas de tecidos de la e refinaría de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO