"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Fortificación construída entre os ríos Forth e Clyde por orde do Emperador Antonino Pío (140?) para protexer os territorios británicos baixo dominio romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DINASTIAS

    Dinastía imperial romana que gobernou entre o ano 96 e o 192 d C. Iniciouse coa subida ao poder de Nerva (96-98), quen puxo fin á época de terror do seu antecesor, Domiciano, pechando todos os procesos contra os seus adversarios. Isto permitiu o regreso dos exiliados, e a devolución dos bens que lles foran confiscados. O segundo Emperador da dinastía foi Traxano (98-117), quen logrou a máxima expansión territorial do Imperio coa conquista de Armenia e Dacia (105). De orixe hispalense, potenciou a infraestrutura imperial na Hispania. O seu sucesor, Adriano (117-138), tamén de orixe hispánica, renunciou á política expansionista e iniciou unha serie de obras defensivas, como as murallas que levantou en Escocia (122-127) para protexerse dos utos e dos escotos; iniciou, así mesmo, un intenso proceso de reorganización da administración imperial. Co galo Antonino Pío (138-161) o Imperio acadou un momento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • William Everson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio Ruiz Soler.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa do sector vitivinícola. Foi fundada en Vigo por António Bandeira Proença, de orixe portuguesa, no ano 1898, ao adquirirlle á firma Fonseca, Pinto & Cía as existencias de Viño do Porto, co fin de canalizar as exportacións ao Brasil. No ano 1922 pasou a dirixir a empresa o seu fillo Antonio Bandeira Pires e no 1969 constituíuse como Empresa Antonio Bandeira, SA ata que no 1990 todas as súas accións foron adquiridas por Bardinet, SA e totalmente absorbida por esta no 1996. A súa actividade estivo sempre ligada á elaboración, crianza e embotellamento dos Viños Licorosos da súa propia marca. Ademais introduciu e comercializou ata o ano 1936 os Viños do Porto Bandeira. A partir de entón e con motivo do peche das importacións, creou a súa propia adega de viños de crianza, continuando as mesmas prácticas utilizadas nas elaboracións de Viños do Porto, co que iniciou a venda en España dos Viños Bandeira. Os Viños Bandeira acadaron a súa hexemonía no mercado entre os anos 60 e 70, especialmente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Franciscano, predicador e teólogo. Foi ordenado sacerdote en Coimbra e en 1220, con motivo de pasar as reliquias dos primeiros franciscanos mártires do Marrocos, ingresou na orde de San Francisco trocando o seu nome de pía, Fernando, polo de António. Logo marchou como misioneiro ao norte de África para predicar entre os musulmáns, pero unha súbita enfermidade obrigouno a reembarcar. Cando regresaba, unha tempestade levouno ata as costas de Sicilia. Seguidamente, marchou a Asís, berce do fundador da súa orde. Alí, consagrouse á predicación e acadou renome cos seus sermóns, o que o levou a ensinar Teoloxía en distintas escolas da Occitania. Durante os anos 1223-1225 ensinou en Boloña (Santa Maria della Pugliola), e logo en Montpellier e Toulouse, entre outros lugares; destas ensinanzas naceu a Escola Teolóxica Franciscana. A teoloxía dos seus Sermones dominicales e os Sermones in solemnitatibus Sanctorum é marcadamente querigmática e presenta un carácter pastoral. No 1230...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou El Ropero de Córdoba (Montoro, Córdoba? 1404? - 1480?) Poeta e xastre da Raíña Isabel a Católica. Xudeu converso, padeceu as persecucións do ano 1473 en Córdoba. A súa profesión propiciou as sátiras de poetas coetáneos como Juan Agraz ou Juan de Valladolid. No seu tempo sobresaíu como poeta satírico e burlesco, pero a súa composición máis coñecida é unha cantiga en loor da Raíña Católica onde, case hereticamente, se afirma que ela sería a nai de Xesucristo se nacese antes ca a Virxe María. Esta cantiga foi contestada por Francisco Vaca e Álvaro de Brito, entre outros autores. A composición “Ai, cuitado, agora siento”, recollida no Cancionero de Palacio baixo a rúbrica de Montoro, foille atribuída por diversos motivos: por un lado, debido ao seu prestixio literario (maior ca o de Juan ou de Alfonso de Montoro) e ao feito de que, no caso dos autores de gran popularidade, a simple mención do apelido abondaba para identificalo e por outra banda,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    António de Lisboa
    .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio José Martínez Palacios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Personaxe histórico que posiblemente gobernou a provincia romana da Gallaecia entre os anos 383 e 388. Nese momento produciuse, trala morte de Prisciliano, unha forte difusión do priscilianismo pola Galia e Hispania, de xeito particular na Gallaecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Firma galega do sector da moda. Abriu a primeira tenda de roupa na Coruña en 1992 e posteriormente estendeuse por outras cidades da Península Ibérica (Madrid, Santiago de Compostela, València, Sevilla e Barcelona) e polo estranxeiro (París, Nova York e Toquio). No 1991 Antonio Pernas formou parte dos invitados da Pasarela Cibeles, na que desfilou de forma independente, xunto cos membros da Asociación de Creadores de Moda de España. Dende xaneiro de 1995 presenta a súa colección na feira francesa Prêt-à-porter, dentro do sector Atmosphère. Na Pasarela Cibeles Outono-Inverno 96/97 foi galardoado coa mención especial do Premio Vidal Sasoon. Nas dúas seguintes edicións a súa colección foi distinguida como a máis creativa, conseguindo en ambos casos os dous premios convocados. No ano 1997 gañou o T de Telva ao mellor deseñador español.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz e autora dramática. Principiou a súa formación en varios grupos de teatro escolar da Coruña, para logo iniciar unha nova etapa na Escola Dramática Galega. Comezou a súa traxectoria profesional na Compañía Luís Seoane, para participar posteriormente en diversos espectáculos do Centro Dramático Galego, como Un soño de verán (1992) e Valle-Inclán 98 (1998), ou do Teatro do Noroeste, como As vodas de Fígaro (1994), Historias peregrinas (1995) ou Unha rosa é unha rosa (1997). Tamén cómpre salientar o seu traballo en Otelo (2000) e A morte e a doncela (2001). Publicou diversas pezas, entre as que cómpre salientar Historia do silencio (1985), Como cartas a un amante (1987), As aguas mudas (1989) e Era nova e sabía a malvaísco...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bibliógrafo e xurista castelán. No ano 1659, Filipe IV nomeouno axente do Reino en Roma, nas Dúas Sicilias e no Ducado de Milán; posteriormente foi apoderado da Santa Inquisición en España. En Roma reuniu unha biblioteca particular duns 30.000 volumes e rematou a súa magna obra, Bibliotheca Hispana Nova (1672) e Bibliotheca Hispana Vetus (1696), na que recolle datos sobre os escritores hispánicos dende Augusto ata o 1672.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antón /Antona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico italiano. Formouse na universidade de Boloña e nos seus comezos traballou como asistente de cine. Nos seus filmes a peripecia argumental esvaécese en beneficio do tempo e a representación concreta substitúe a descrición. Destacan as películas: Cronaca di un amore (Crónica dun amor, 1950), L’avventura (A aventura, 1960), Blow Up (1966), Profession: reporter (Profesión: reporteiro, 1975), Il mistero di Oberwald (O misterio de Oberwald, 1980) e Identificazione di una donna (Identificación dunha muller, 1982). No 1995 recibiu un Oscar honorífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antón/Antona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á antonomasia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura retórica consistente no uso dun epíteto, título oficial, etc, en lugar do nome propio dunha persoa, como cando se di o Apóstolo por Santiago Apóstolo; ou, de xeito inverso, o uso dun nome propio en lugar dun apelativo, como cando a un gran pintor lle chamamos un Laxeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á antonomasia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • č (Černihiv 1884 - ? 1938) Político ucraíno. Membro do Partido Bolxevique, dirixiu no 1917 a toma do Palacio de Inverno de Petrogrado (actual San Petersburgo). Foi vicepresidente do Consello de Comisarios do Pobo, embaixador en Checoslovaquia e cónsul xeral de Rusia en España (1936-1938). Acusado de trotskismo, foi procesado e executado; a súa memoria foi rehabilitada no 1956.

    VER O DETALLE DO TERMO