"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
-
Que se manifesta ou propaga en todas as direccións.
-
Aplícase aos aparatos que posúen unhas características, como a intensidade ou o rendemento, semellantes en todas as direccións.
-
Aplícase ás antenas que teñen a propiedade de emitir ou recibir radiacións en todas as direccións cunha intensidade semellante.
-
-
-
Acción e efecto de ondular.
-
Sucesión de alturas e depresión no relevo dun terreo.
-
-
Movemento de vaivén nun fluído elástico propagado entre as súas partículas sen que estas se trasladen na dirección da propagación.
-
Movemento da auga do mar que se produce, especialmente, polos ventos, que forman ondas que poden ser duns cantos centímetros de altura, ou chegar a dimensións espectaculares, no caso dunha tempestade, e por fenómenos tectónicos que poden orixinar tsunamis.
-
-
-
ENTRADA LARGA
Ecuación deducida en 1927 por L. Onsager, que se baseou na teoría de Debye-Hückel, e que relaciona a condutividade equivalente (¦«) dunha disolución de concentración dada (c) e a condutividade equivalente nunha disolución infinita (¦«o). A súa expresión ¨¦
FORMULA
sendo A e B constantes que dependen exclusivamente da temperatura e do disolvente. A ecuación ¨¦ aplicable unicamente para disolucións diluídas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Facultade de optar ou escoller.
-
Elección ou escolla que se fai entre dúas ou máis cousas.
-
Cada unha das posibilidades que hai para elixir entre varias cousas.
-
Posibilidade que se ten de conseguir algo, como un cargo ou un oficio.
-
Dereito de preferencia que nas sociedades anónimas se lles concede aos accionistas para adquirir participacións nas sucesivas ampliacións de capital.
-
Prioridade de que goza unha persoa física ou xurídica para adquirir ou vender un ben determinado, sexa moble ou inmoble.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode escoller libremente entre varias cousas.
-
-
Acción e efecto de operar.
-
Acción que implica a aplicación dun principio ou dunha regra para a obtención dun determinado resultado.
-
-
Aplicación do produto cartesiano de dous conxuntos noutro. As operacións en que os tres son o mesmo conxunto, como nas catro regras aritméticas, denomínanse operacións internas. As operacións en que o segundo e o terceiro conxunto son iguais, como na multiplicación dun vector por un escalar, denomínanse operacións externas.
-
operación aritmética
Calquera das catro operacións, suma, resta, multiplicación ou división.
-
operación binaria
Operación entre dous elementos.
-
operación directa
Calquera das operacións de adición, multiplicación, potenciación e derivación cando son consideradas en relación ás súas inversas respectivas, subtracción, división, radicación e integración.
-
operación inversa
Aplicación que permite obter, dado un resultado e un dos factores dunha operación, o outro factor de dita operación, como por exemplo a resta, que é a operación inversa da suma.
-
-
-
Conxunto de accións que levan a cabo diversas unidades militares para cumprir cunha finalidade determinada, de acordo cun plan establecido previamente.
-
...
-
-
-
-
Relativo ou pertencente á operación.
-
Que está preparado para intervir, especialmente nunha operación militar.
-
Que está configurado de acordo co operacionismo.
-
Cálculo simbólico que se efectúa entre operadores que permite definir formalmente operacións como a suma ou o produto de operadores. OBS: Tamén se denomina cálculo operativo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina, próxima ao neopositivismo e semellante ao instrumentalismo de J. Dewey, que foi establecida por P. W. Bridgman (The Logic of Modern Physics, 1928) e que busca a definición dos conceptos, especialmente no campo da psicoloxía e das ciencias en xeral, para que poidan ser dispostos como operacións concretas e susceptibles de experimentación.
-
-
Obstrución ao paso de materia sólida, líquida ou gasosa polas vías excretoras do corpo.
-
Estado de amenorrea das mulleres.
-
-
-
Acción e efecto de opoñer(se) ou opor(se).
-
Antagonismo entre dous elementos.
-
Disposición dunha cousa fronte a outra.
-
-
Organización ou organizacións que loitan contra os que teñen o poder político para conseguilo por medios pacíficos ou violentos. Nos réximes de democracia parlamentaria a oposición é legal.
-
oposición extraparlamentaria
Oposición contraria ao sistema de democracia parlamentaria que non participa nas eleccións lexislativas ou que non obtén presenza no parlamento.
-
-
Procedemento de selección de funcionarios que consiste en facer unha serie de exercicios orais ou escritos que proben a suficiencia dos aspirantes a unha cátedra ou a un cargo oficial e os clasifique segundo a puntuación obtida.
-
Relación entre dous conceptos, dous membros ou dous aspectos, en que un deles é a negación do outro ou posúe unha calidade que non pode darse simultaneamente coas do outro. Tradicionalmente fíxose distinción entre oposición por contradición (ser e non ser), oposición por privación (visión e cegueira), oposición por contrariedade (virtude e vicio) e oposición relativa (pai e fillo). A diferenza da tradición occidental, a filosofía moderna, a partir do idealismo, afirmou, baseándose no concepto de devir e substituíndo a idea de identidade pola dialéctica, que o real (e, polo tanto, o pensamento) inclúe sempre a oposición (tese e antítese) e que na síntese dos seus extremos está a forza progresiva e procesual da realidade.
-
-
oposicións fonolóxicas
Relación que existe entre todos os elementos homoxéneos dun sistema lingüístico (fonemas, formas, funcións, significados, etc) para constituír un equilibrio e, polo tanto, para ser diferenciados. Entre dous ou máis fonemas posicionalmente conmutables dunha lingua dada, a conmutabilidade consiste en examinar se estes fonemas teñen a capacidade de cambiar o significado dunha secuencia ao permutarse en contextos idénticos. Así, pode dicirse que en galego /p/ e /m/ se opoñen dado que existen parellas de expresións, como pan e man, capa e cama, mata e pata, que se distinguen semanticamente pola permutación destes segmentos. Neste sentido, un fonema é un segmento mínimo funcional, é dicir, opoñible polo menos a outro segmento mínimo. A determinación, clasificación e xerarquización de todas as oposicións entre os fonemas dunha ou máis linguas é competencia da fonoloxía. No plano dos significados, por exemplo, a palabra calor...
-
...
-
oposicións fonolóxicas
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia constituída no Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) entre 1919 e 1921. Os seus dirixentes máis destacados foron Aleksandra M. Kollontaj, A. G. Šliapnikov e S. P. Medvedev. Denunciaba a burocracia no seo do partido e do estado soviético, e reivindicaba un papel máis importante dos sindicatos na sociedade e na economía. Combatidas as súas teses no XI Congreso do PCUS, o grupo disolveuse pouco despois.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actitude individual ou colectiva de oposición constante e continuada a unha determinada política institucionalizada.
-
-
Relativo ou pertencente ao oposicionismo.
-
Persoa que pertence á oposición política.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción inversa á redución de Meerwein-Ponndorf-Verley, que permite a oxidación, en condicións suaves e cun rendemento moi bo, de alcohois primarios e secundarios a aldehidos e cetonas respectivamente.
-
-
Acción e efecto de optimizar.
-
Conxunto de técnicas e métodos que se empregan no deseño dun sistema, cos que se maximiza ou minimiza un índice de comportamentos, tamén denominado función de custo, para facer o sistema tan funcional e eficaz como sexa posible. Inclúe técnicas como o cálculo de variacións e a programación matemática lineal. Atopa unha aplicación importante no deseño do regulador lineal óptimo da teoría moderna de control. Outra aplicación é o alisamento óptimo, que trata de deseñar un filtro óptimo que xere a mellor estimación posible dunha variable dinámica en determinado momento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de opugnar.
-
-
-
Pregaria ou súplica feita á divindade. Nas culturas primitivas predominaba a petición, reforzada a miúdo por un valor contractual sen exclusión doutras formas desinteresadas, como a adoración ou a acción de grazas. A oración cristiá, baseada na Biblia e na liturxia, caracterízase polo feito de ser unha resposta á palabra de Deus, e comprende a oración verbal e litúrxica, a privada e a mental, a contemplativa e a mística. As tradicións oriental e occidental estableceron diversas xerarquías da oración. A tradición ortodoxa, centrada no movemento contemplativo culmina no hesicasmo, movemento centrado na pregaria de corazón. En Occidente, a tradición máis antiga desenvolveuse a partir do espírito contemplativo monástico, e evolucionou coa Devotio Moderna (s XIV) e os grandes místicos do s XVI. Distinguíronse entón os aspectos psicolóxicos da oración que se desenvolve na mente e que adoita comezar por unha multiplicación de actos da intelixencia ou da imaxinación, polo que se tomou...
-
Forma litúrxica pronunciada polo sacerdote no nome da asemblea e que acaba cunha cláusula que reclama o amén de todos. A misa inclúe a colecta, chamada tamén oración ou oración do día, a secreta e a poscomuñón.
-
Fórmula de pregaria elemental que adoita atoparse ao comezo do catecismo.
-
catecismo.
-
oración dominical
nosopai.
-
oración dos fieis
Pregaria por todas as necesidades da Igrexa e do mundo feita no curso da celebración litúrxica. As ‘oracións solemnes’ unicamente se pronunciaban nas ladaíñas dos santos e no Venres Santo, ata que, no Concilio Vaticano II (1962-1965), se estableceron para todas as misas.
-
oración sobre as ofrendas
Oración que pronuncia o celebrante despois do ofertorio, no rito romano, inmediatamente antes do prefacio. Representa a única oración primitiva do ofertorio, chamada oratio super oblata, que foi escrita para ser cantada ou pronunciada en voz alta, variable, se ben posteriormente se recitou en voz baixa.
-
-
Discurso pronunciado en público. Na Antigüidade clásica, o carácter e a composición do discurso foron sistematizados dunha maneira definitiva. Desde Hermágores de Temnos ata os últimos representantes da nova sofística ou do neoplatonismo, foi trazada e mantida unha preceptiva (atendendo ao contido e ao obxecto da oración) segundo a que todo discurso debía conter cinco partes: a εὑρεσις ou invención, a τάξις ou disposición ordenada, a λέξις, ou alocución, a μνήμη, ou recompilación, e finalmente a ὑπὁκρισις, ou pronunciamento. Os diversos tipos de oración (tres, segundo Aristóteles: a das asembleas ou deliberativa, a dos tribunais ou xudicial, e a do aparato ou demostrativa) mantiveron e seguiron este esquema. Cicerón dividiu a oración en seis partes, tal e como expuxo en Partitiones oratoriae, e Quintiliano mantívoas e aínda incluíu...
-
-
...
-
-
-
-
Relativo ou pertencente á oración.
-
Libro litúrxico que contén as oracións utilizadas na celebración do oficio divino. No rito hispánico existen oracionais festivos e oracionais salmográficos, formados coas colectas do oficio feiral.
-
-
-
-
Acción e efecto de ordenar ou ordenarse.
-
Programación e planificación dos recursos económicos, espaciais e humanos nun territorio xeográfico concreto, que se realiza co obxecto de conseguir unha utilización eficaz dos mesmos.
-
ordenación do territorio /
ordenación do territorio.
-
-
-
Disposición de diversos obxectos, elementos ou partes dun todo segundo un criterio determinado.
-
Composición xeral dun cadro.
-
-
-
Acción litúrxica pola que o bispo confire o sacramento da orde. Fíxose normalmente coa imposición das mans sobre o ordenando, e invocando a graza do Espírito Santo. A Igrexa Latina medieval enfatizou a traditio instrumentorum ou entrega dos obxectos sagrados (cáliz e patena). O ritual romano da ordenación de bispos, presbíteros e diáconos reformouse en 1968.
-
cuestión das ordenacións anglicanas
Problema que suscitou o achegamento de moitos pastores anglicanos á Igrexa Católica, arredor do movemento de Oxford, referido á posible validez das ordenacións de Eduardo VI de Inglaterra, recollidas no seu Ordinal. Estas foron declaradas nulas por Paulo IV (1555) e por León XIII, que proclamou a súa invalidez na bula Apostolicae curae (1896). O tema volveu tratarse nas conversas de Malines (1921), sen acadar ningún acordo. É unha materia de estudo no ámbito do ministerio da Igrexa.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parque Nacional situado na provincia de Huesca, Aragón que inclúe o val de Ordesa e outros territorios lindeiros, cos que acada unha extensión de 15.600 hectáreas. En 1918 foi declarado Parque Nacional e en 1982 ampliouse e recibiu o nome actual. Existe unha gran variación climática debido ás diferenzas de humidade e altitude, polo que existe unha gran diversidade de flora e fauna. Está considerado Reserva da Biosfera (desde 1977), posúe un diploma do Consello de Europa á Conservación (1988, 1993, 1998), é Patrimonio Mundial da UNESCO (desde 1997) e ZEPA (desde 1988). Das especies naturais que se poden ver destacan o tritón pirenaico (Triturus alpestris), a auganeira común (Galemys pirenaicus), o xabaril (Sus scrofa) e o rebezo (Rupicapra rupicapra), aínda que xa non o bucardo, unha subespecie da cabra montesa que se extinguiu a finais do século XX. Entre as aves destacan o crebaosos (Gypaetus barbatus), o voitre branco (Neophron percnopterus)...