"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: coito.
-
PERSOEIRO
Músico e compositor. Iniciou os estudos musicais aos seis anos e graduouse en guitarra clásica con Tomás Camacho. En 1980 estudou con Hal Crook na San Diego School of Performing Music e acadou o título de profesor de harmonía, composición e arranxos. Fundou en 1980 a Escola Baio Ensemble de Vigo e escribiu pezas para o Noneto formado na mesma. Ese mesmo ano compartiu escenario e participou en Jam sesions con Steve Lacy, Chet Baker, Philip Catherine e Roy Hargrove, entre outros músicos. En 1987 dirixiu a cátedra de Harmonía Contemporánea e Improvisación no conservatorio de Santiago de Compostela. Participou na gravación de diferentes programas de televisión e radio (Jazz entre amigos, La Buena Música, etc) e da súa discografía destaca Paisajes (1985), Diálogos (1995), A lagoa dos Atlantes (1997) e Celtrópolis (1999)....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e fotógrafo. Coñecido como Bene, foi un dos membros fundadores da Agrupación Fotográfica Gallega no ano 1946. A diferenza da maioría dos fotógrafos integrantes deste tipo de asociacións, case todos afeccionados, dedicábase á fotografía profesional, labor que compaxinaba co de xornalista. A súa obra está marcada por un fondo sentimento relixioso, na que tenta recoller elementos que resultan imposibles. Traballou en El Pueblo Gallego entre os anos 1937 e 1952, ano no que ingresou en Faro de Vigo. Internacionalmente realizou reportaxes en Portugal, Arxentina, Alemaña e no Sáhara. Participou na I Fotobienal celebrada en Vigo en 1984.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Comezou a carreira de filoloxía románica na Universidade de Santiago de Compostela, estudios que abandonou para ingresar na Escuela de Periodismo de la Iglesia en Madrid. O seu primeiro traballo xornalístico desenvolveuse no Diario SP. Da man de Raimundo García Rodríguez, Borobó, entrou a formar parte da revista Chan como redactor, e ademais, escribiu artigos para o Diario de Noticias Médicas. Posteriormente, colaborou na revista Triunfo e noutras publicacións como Actualidad Económica ou Gaceta Universitaria. Xunto co editor Silverio Cañada, en calidade de director editorial, participou na publicación da Gran Enciclopedia Gallega, que comezou a súa edición en 1974. Traballou no centro da TVE en Galicia e na revista Teima. A partir de 1976 principiou o seu labor como correspondente do xornal El País e como delegado da revista Interviu en Galicia, publicación á que estivo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Freire agostiño. Foi mestre e prior dos conventos de Caión e Pontedeume. Publicou, en 1736, Novena del arco de paz entre Dios y los hombres: del libertador del Purgatorio: del hijo del Sol de la Iglesia Agustina: San Nicolás de Tolentino.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que condena ou serve para condenar.
-
Pronunciamento dun xuíz ou tribunal que condena a un acusado ou que lle manda cumprir unhas obrigas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou pazo de Anceis Situado en San Xoán de Anceis (Cambre), foi construído no s XVII en estilo barroco por Xoán Becerra Piñeiro, señor xurisdicional da parroquia. No exterior destacan diversos brasóns. Na capela, pegada á fachada, consérvase unha lápida que fai referencia á estancia do primeiro colexio dos xesuítas de Galicia (1874), despois da súa expulsión no s XVIII. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1981.
-
-
Acción e efecto de condicionar.
-
Modificación do comportamento, propia dos seres con capacidade de aprendizaxe, en función da experiencia. Esta conduta está constituída polo conxunto de respostas aos diversos estímulos ambientais. Nos organismos superiores, a maioría destas respostas son aprendidas. Distínguese entre o condicionamento clásico ou pavloviano, descrito por Ivan Petrovič Pavlov, e o condicionamento operante ou instrumental, experimentado primeiramente por Edward L. Thorndike. O primeiro refírese á conduta neurovexetativa, emocional e afectiva, e o segundo explica a conduta relacionada coa resolución de situacións problemáticas.
-
Modificación da estrutura e da composición química do medio causada polos organismos que habitan nel.
-
Influencia do contexto lingüístico sobre as variacións que poida ter unha unidade lingüística. Por exemplo, emprégase a forma comparativa como cando lle segue un verbo en forma persoal (Come tanto como bebe) e a forma coma, cando vai seguida de pronome persoal tónico (É tan alto coma ti).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia que se agrega a un alimento para engadir aroma, sabor ou outras propiedades sensoriais. Poden ser substancias simples ou composicións culinarias, como a salsa e o refrito. Clasifícanse como: salinos (sal común), doces (azucre, mel), acedos (vinagre, zume de limón, alcaparras), agres (mostaza, allo), graxos (aceites, manteigas), hortalizas (liliáceas: cebola, allo; raíces: cenoria, xenxibre; e outras: pementa, pemento), herbas aromáticas (tomiño, ourego, romeo) ou especias (noz moscada, pementa, canela). Algúns alimentos propiamente ditos (azucre, aceite, manteiga, queixo, froitos secos) empréganse ás veces como condimentos. O glutamato monosódico e algúns produtos químicos de extracción ou síntese utilízanse como condimentos ou saborizantes na elaboración industrial de alimentos.
-
-
Tumba subterránea romana onde se colocaban os sarcófagos.
-
Monumento funerario romano que acollía os sarcófagos.
-
Sarcófago que, nunha cámara sepulcral, garda o cadáver.
-
-
-
íveres e conxunto de cousas necesarias para vivir.
-
Obriga do señor de facilitar comida e demais provisións de viaxe ao vasalo enviado ou convocado a tarefas de mensaxería, se debía deixar o lugar de residencia máis dun día.
-
-
PERSOEIRO
Político, matemático, filósofo e pedagogo francés, marqués de Condorcet. Xunto co seu mestre D’Alambert e con Voltaire, relacionouse con Turgot, quen lle facilitou o cargo de inspector xeral da moeda (1774-1776). Como economista, foi partidario do imposto progresivo. A súa hipótese sobre as decisións colectivas, coñecida como efecto Condorcet, e sobre a súa inconsistencia, aplicada ás votacións, recolleuna a moderna politicoloxía. En 1791 foi nomeado deputado pola asemblea lexislativa de París e asumiu a súa presidencia en 1792. Ese mesmo ano presentou o informe sobre Organisation générale de l’instrution publique (Organización xeral da instrución pública), que se converteu en horizonte da política educativa republicana e que acadou unha considerable resonancia en España, tanto no momento da aprobación da Constitución de 1812 como nas medidas subseguintes ditadas en 1813. Propugnou o control da natalidade, a elevación cultural da muller e a coeducación. Defendía que a...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mitocondria de forma alongada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de mitocondrias dispostas como as contas dun rosario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aerólito que contén uns agregados esferoidais, xeralmente dun milímetro de diámetro, chamados cóndrulos. Os condritos compóñense maioritariamente de olivina e piroxenos (enstatita, broncita e hiperstena) e, en menor proporción, conteñen plaxioclasio, troilita e unha aliaxe de ferro e níquel. Constitúen o grupo máis numeroso de aerólitos e a súa estrutura en cóndrulos non aparece en rochas terrestres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula embrionaria destinada a orixinar as células da cartilaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor benigno orixinado a partir de condroblastos ou dos seus precursores, que se presenta habitualmente en adolescentes, nas epífises dos ósos longos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compoñente celular do tecido cartilaxinoso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula longa implicada na destrución do tecido cartilaxinoso.
-
-
Canle ou tubo por onde circula un fluído.
-
ía pola que se consegue que algo chegue ao seu destino.
-
-
Estrutura tubular, con paredes limitantes e cun paso relativamente estreito para a circulación de fluídos orgánicos ou para o traxecto de vasos e nervios a través dos órganos.
-
conducto aberrante
Conduto que normalmente non está presente ou que se presenta seguindo unha dirección distinta.
-
conducto aferente
Conduto que leva un fluído dende o exterior dun órgano cara ao interior do mesmo.
-
conducto auditivo externo
Comunicación aérea do pavillón da orella ata o tímpano. A súa misión é transmitir as vibracións sonoras recollidas polo pavillón.
-
conducto biliar
Conduto que constitúe as vías biliares extrahepática ou intrahepática.
-
conducto cerebroespinal/conducto craniovertebral
Espacio limitado polas meninxes, que contén o encéfalo e a medula.
-
conducto deferente
Tubo fibromuscular que une a cola do epidídimo co conduto exaculador, é dicir, o conduto que transporta os espermatozoides dende a parte superior do testículo ata as vesículas seminais.
-
...
-
-