"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • GALICIA

    Escritor e profesor. Licenciado en Filosofía e Letras, fundou e coordinou as revistas Anduriña e Seitura, e creou a colección Vieiros de Galicia. Escribiu Antoloxía de contos populares de Galicia (1993), Dicionario conceptual galego (1997) e Cancioneiro popular do Fisterra galego: 2500 cantarelas comentadas e clasificadas por temas (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Castrelo (Cambados). Ten planta rectangular próxima á forma en L, cun piso baixo e un andar. Na porta principal destaca o arco de medio punto do s XVI e nunha das fachadas engadiuse unha escalinata cara a 1900. Destaca o escudo de armas que alude aos Peña, Torre, Bazán, Abraldes, Acevedroa, Lobeira, Aldao, Somoza e Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Paradela (Meis). Ten planta rectangular con piso baixo só pola parte posterior, seguindo o desnivel do terreo, e un andar no resto do edificio. Conserva unha das torres que o franqueaban e no lugar da outra construíuse unha terraza con balaústre. No interior destaca unha árbore xenealóxica con escudos situada na campá da cheminea do salón principal. O patio é pechado e con ameas, e nun dos seus extremos atópase unha capela. Nos seus arredores sitúase un hórreo e un cruceiro. A súa orixe vincúlase con Xoán de Balboa e Mariño Lobeira no s XVI. Conserva brasóns que aluden aos Mariño, Lobeira, Aldao, Andrade, Mendoza, Sotomayor, Sequeiros, Pardo de Figueroa, Bermúdez, Mosquera, Pimentel, Taboada e Varela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Noalla (Sanxenxo). Foi unha torre do casal de Moldes do mariscal Sueiro Gómez de Soutomaior. Ten planta en forma de L con planta baixa e piso. Na fachada principal destaca un balcón de pedra, orientado cara ao sur. Conta cunha capela do s XVII. O conxunto está amurallado. Conserva dous escudos que aluden aos Valladares e Padín, e aos Rivera, Figueroa, Ulloa, Torres e Aponte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento astronómico, portátil de reflexión, empregado nas observacións marítimas para determinar a altura dos astros. É semellante ao sextante, pero o limbo contén a quinta parte da circunferencia, é dicir, 72°, e permite, polo tanto, medir ángulos de ata 144°.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elixir ao azar un de cada cinco.

    2. Elixir mediante un sorteo os mozos que deben facer o servizo militar.

    3. Fraccionar algo en cinco partes.

    4. Pagar ao rei o quinto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘paraugas’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Paderne baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor e director de orquestra. Realizou estudos de piano, harmonía e composición, e exerceu como crítico musical en Galicia Social e El Pueblo Gallego. En 1957 fundou e presidiu a Orquesta de la Sociedad Filarmónica de Vigo, e dirixiu a Orquestra de Vigo (1980). Compuxo, ademais de diversas sinfonías, Andante con variaciones Op. 1 (1947) e Canzón de Berce Op. 31 (1981). Recibiu o Premio da Crítica Galicia (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Anarcosindicalista. Afiliado ao Sindicato de Petróleos de carácter autónomo, loitou durante a Segunda República Española pola integración do colectivo na Federación Local de Sindicatos Únicos da CNT olívica. Detido tras os sucesos de outubro de 1934, cando estoupou a Guerra Civil Española participou na resistencia ao golpe nas rúas viguesas e despois integrouse nunha partida guerrilleira. Contrario ao control sobre a guerrilla exercido polo PCE desde 1943, abandonou a loita armada e permaneceu agochado ata 1946. Detido en 1950, foi condenado a morte, logo conmutada por 23 anos de cadea en El Dueso (Santoña). Ao saír en liberdade (1973), tomou contacto co exilio cenetista en Toulouse e contribuíu á reorganización da Confederación Regional Galaica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, marqués de Almeiras. Discípulo de Castelao e do valenciano F. Martín Marqués, foi catedrático de Debuxo na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos da Coruña. Director do Museo Provincial de Belas Artes da Coruña (1969-1986), destacou como retratista, aínda que tamén cultivou as paisaxes e as composicións, ademais da ilustración. Nas súas obras reproduciu unha natureza humanizada cunha técnica en que destacou a importancia do debuxo. A súa obra caracterizouse pola harmonía compositiva e colorista, pola naturalidade das súas representacións e polo abandono en parte das fórmulas clásicas para introducirse no impresionismo. Nos seus retratos intentou plasmar o ánimo dos personaxes máis alá dos seus trazos físicos. En 1925 presentou na Exposición Nacional de Bellas Artes El Berbés e Retrato de Álvaro Cebreiro. Realizou os retratos dos premiados no Día das Letras Galegas e os de Francisco Franco, Salvador Golpe (1969) e Xoán Carlos I,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista e político. Doutor en Ciencias Económicas, foi catedrático na Escola de Comercio da Coruña e nas universidades de Santiago de Compostela e da Coruña (1970-1984). Deputado no Congreso por UCD na I lexislatura (1979-1982), participou na Comisión dos 9 (1979). Director adxunto de Caixa Galicia (1984-1994) e directivo en diversas entidades, foi nomeado director xeral (1994) e presidente (2002) da Confederación Española de Cajas de Ahorro (CECA). En 2003 elixírono vogal do Consello de Estado. Publicou, entre outros, La empresa socialista: una aproximación económica (1971), Sobre un modelo dinámico de monopolio (1971), La Economía como disciplina en etapa de transición hacia su constitución como ciencia empírica (1973) e Economía y educación (1983). Pertence á Academia Galega de Ciencias, á Royal Economic Society e á Sociedad Española de Sistemas Generales. Recibiu o Premio Fernández Latorre de xornalismo (1981) e a Medalla Castelao (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Muxueira (Riotorto). O seu cumio acada os 543 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Lousada (Xermade). O seu cumio acada os 762 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Medorra (Montederramo). O seu cumio acada os 900 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Esposende (Ribadavia). Ten planta irregular e dous pisos agás nas fachadas noroeste e norleste, en que só ten un debido ao gran desnivel do terreo. O patio está delimitado pola casa, por unha capela e por unha construción auxiliar, polo que conforma un espazo en forma de L. Relacionado cos Ulloa, conserva un escudo coas armas dos Temes, Vilamarín, Feijoo, Ulloa e Losada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de Santalla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Corgo. De estilo románico, aínda que con reformas posteriores, conserva a nave e a ábsida de forma rectangular. No seu interior destaca o arco triunfal semicircular. Na porta S conserva o tímpano realizado nun único bloque e debuxado no centro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. rueiro.

    2. Persoa que ten arrendada ou traballa unha quinta ou as súas terras.

    3. Persoa encargada de cobrar o quinto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Lois (Ribadumia). Edificado en 1790, a casa conta cun patio interior, capela cunha pía bautismal (s XVI), dous cruceiros (ss XVIII), dous hórreos (s XVIII e s XIX), un pombal, estanque e adega, en que se elabora viño albariño, así como augardentes e licores con denominación específica. A finca conta cunha parte dedicada ao cultivo de viño e outra formada por xardíns con máis de 850 variedades de camelia.

    VER O DETALLE DO TERMO