"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Individuo da suborde dos antropoideos.

    2. Suborde dos primates que comprende os platirrinos (macacos do Novo Mundo) e os catarrinos (simios do Vello Mundo, incluíndo os cercopitecos, os hilobátidos e os homínidos). Alén das múltiples diferencias, comparten unha serie de aspectos comúns: unllas planas en todos os dedos; cranio arredondado; ollos frontais; series dentarias (30-36 dentes) verticais; posúen só dúas glándulas mamarias no peito; longos períodos de xestación; e, finalmente, poden sentarse, deixando as mans libres para manipular obxectos axudados por un polgar opoñible, cando menos parcialmente, ao resto dos dedos. En certas taxonomías, empregábase este termo para designar as familias homínida e pónxida demarcadas segundo criterios taxonómicos desacreditados na actualidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adoración e culto ao home divinizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa especialista en antropoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ciencia que estudia o ser humano e, nun sentido máis amplo, os homínidos. Debido á diversificación somática sufrida polo ser humano, os diferentes ambientes en que tivo que vivir e as súas manifestacións culturais e de relación, a antropoloxía, no máis amplo dos seus sentidos, comprende tanto o estudo biolóxico do corpo humano e as súas variacións no tempo e no espazo (antropoloxía física ou biolóxica) como do comportamento cultural e social (antropoloxía cultural e antropoloxía social). Os datos derivados do estudo biolóxico do corpo humano pola antropoloxía física son a base sobre a que se ten que estruturar o estudo das antropoloxías social e cultural.

      2. antropoloxía biolóxica/física

        Ciencia que estudia o home ou, nun sentido máis amplo, os homínidos, como obxecto das ciencias naturais, analizando a variabilidade normal do corpo humano no espazo e no tempo. En tanto que poden contribuír a este obxectivo a anatomía, a fisioloxía, a xenética e a paleontoloxía humana constitúen o fundamento da antropoloxía física. Na antropoloxía física sintetízanse os coñecementos destas disciplinas co obxecto de situar o ser humano na súa praza na natureza e procurar aclarar cál é a orixe do home como ser natural; cáles son, cómo se explican e que significado teñen para o individuo e para a colectividade as diferencias existentes entre os grupos humanos; cáles son os factores que determinan estas diferencias e cáles son as consecuencias prácticas que se poden sacar desas observacións. Malia que o interese polo estudo antropolóxico do ser humano existía dende a antigüidade grega e chinesa, foi Linné (1707-1778) quen primeiro situou o home, xunto cos simios, no grupo dos primates, feito...

      3. antropoloxía cultural

        Estudio da cultura humana desde as súas orixes ata aos nosos días e das súas variedades e adaptacións en función das súas relacións sociais e biolóxicas. A antropoloxía física ocúpase dos comportamentos, específicos e universais, da cultura. A antropoloxía cultural precisa do concurso da etnoloxía, a antropoloxía social, a arqueoloxía e a lingüística para o seu desenvolvemento. Ademais, son fundamentais para a antropoloxía cultural os datos da antropoloxía física e, a miúdo emprega os resultados das investigacións sociolóxicas, psicolóxicas, filosóficas, xeográficas, etc. Os métodos experimentais incorporáronse recentemente á antropoloxía co obxecto de determinar o grao de adaptación de certos grupos humanos aos cambios efectuados na súa cultura. A antropoloxía cultural conformouse como ciencia a partir da segunda metade do s XIX, cando se crearon as primeiras sociedades antropolóxicas, coleccións etnográficas e ao iniciarse os traballos de campo e as expedicións científicas a diferentes...

      4. antropoloxía económica

        Estudio das estratexias, relacións e institucións económicas das “sociedades primitivas”. Dúas teses de Marx son o fundamento da antropoloxía económica: as súas observacións sobre o fetichismo da mercancía, que é o principio central de todo intercambio aínda que cada sociedade presente diversas versións do mesmo fenómeno, e a distinción entre valor de uso e de cambio. As investigacións sobre o intercambio tribal (don e o contradón) realizadas por Malinowski, continuadas por Mauss, que intenta atopar o factor que fai que os suxeitos se sintan obrigados a devolver o dado e aterse aos termos do don e contradón, abren unha liña de investigación antropolóxica na que hai que situar os traballos de Herskovits, Firth, Goodfellow e Polanyi. A partir de 1950 a antropoloxía económica concibiuse dende diferentes enfoques: o formalista e o substantivista. Para o formalismo, representado por Firth, Herskovits, Tax, Pospisil, Epstein ou Schneider, o obxecto da antropoloxía económica...

      5. antropoloxía social

        Estudio do ser humano en función da súa conduta social. A antropoloxía social proponse obter coñecemento respecto ás institucións e aos procesos sociais que constitúen o sistema de comportamento dos individuos dunha sociedade e, comparando estas formas de comportamento coas doutras sociedades, procurando establecer modelos e categorías de institucións sociais. Caracterízase polo seu método de investigación integral e pola aplicación da técnica etnográfica e de campo, sobre todo a nivel de comunidade, realizada dentro de sociedades primitivas ou de baixa densidade demográfica tratando de obter coñecemento a partir dos conxuntos sociais. Os traballos que fundamentaron cientificamente a antropoloxía social foron os elaborados por Maine, Bachofen, Morgan, Tylor e Frazer; sen embargo, as orientacións posteriores seguen as liñas de investigación abertas por Boas en EE UU, Levi-Strauss en Francia e Malinowski, Radcliffe-Brown e Evans-Pritchard no Reino Unido. As orientacións teóricas máis frecuentes...

      6. antropoloxía teatral

        Disciplina que estudia as manifestacións teatrais propias dunha cultura determinada e a presenza de elementos teatrais noutras manifestacións artísticas, cerimonias rituais ou celebracións festivas desa mesma cultura. Non obstante , tamén é posible un enfoque intercultural e multicultural, tal como ocorre nos últimos anos. Se ben o estudo das diferentes manifestacións da teatralidade xa se pode documentar desde Grecia, foi a principios do século XX, baixo a influencia da febre orientalista e primitivista que se vivía en Europa e América do Norte, cando se procedeu á descrición e ao estudo doutras tradicións teatrais e á transferencia, intercambio e apropiación das máis diversas técnicas de interpretación, dirección ou formación. Konstantin Stanislavski e Vsevolod E. Meyerhold foron dos primeiros en manifestar a importancia das técnicas teatrais orientais e doutras que se tiñan esquecido, como a Commedia dell’Arte. Non obstante , sería Antonín Artaud quen insistiría na súa importancia para...

      7. antropoloxía urbana

        Estudio das interaccións entre individuos e grupos inseridos no medio urbano. Na aparición desta disciplina inflúen decisivamente os procesos de independencia das antigas colonias europeas, acontecidos sobre todo entre 1945 e 1970, que adoitan ir acompañadas dun intenso proceso urbanizador das súas poboacións. Os antropólogos levaban estudiando xa desde había tempo problemas que recoñecen como especificamente urbanos, pero isto aínda non lles conducira á análise de presupostos da súa disciplina, non sendo ata finais dos setenta e principios dos oitenta cando o termo acada uso xeneralizado, consolidándose como especialidade académica ben definida. Das correntes xurdidas nos estudios de antropoloxía urbana cómpre destacar en primeiro lugar a Escola de Chicago, dende a que autores como Park, Wirth e Whyte centran o interese no mundo urbano dende puntos de vista ecolóxicos, defendendo que nas cidades se atopan unha serie de áreas ou rexións morais nas que se concentran tipos de poboación con...

    1. Reflexión filósófica sobre o ser humano. Ten como obxecto o home, non só como ser natural, senón tamén como ser esencial. Segundo Scheler, a antropoloxía filosófica constitúe unha ponte que une as ciencias positivas coa metafísica. Parte, en efecto, das ciencias positivas humanas, como a antropoloxía biolóxica, a psicoloxía, a lingüística, etc, para elaborar e interpretar filosoficamente os seus resultados e buscar a esencia ou estrutura fundamental do ser humano, que explique todas as súas funcións e todas as súas obras específicas: a linguaxe, a consciencia moral, a arte, os mitos, a relixión, a ciencia, a cultura, etc. Non é unha antropoloxía das características ou funcións humanas, senón da esencia do home, polo que se constitúe como unha parte da filosofía. Con todo, non estaba separada con suficiente precisión do núcleo principal da filosofía (lóxica, metafísica, ética) debido a que non tiña definido o seu status epistemolóxico. Tal como se concibe actualmente, a antropoloxía filosófica...

    2. Orixinariamente, reflexión sobre o home a partir da revelación: inclúe o tratado teolóxico sobre a creación do home, a súa caída e a súa redención. Actualmente, teólogos como Rahner, Schillebeeckx ou Metz considérana como un motivo teolóxico que determina a mesma teoloxía como tal. Así, non se pode dicir nada sobre Deus, obxecto formal da teoloxía, sen falar tamén do home. Segundo esta perspectiva, derívanse varias consecuencias importantes para a reflexión teolóxica. A primeira é que a teoloxía debe descubrir o estreito vínculo que hai entre o contido das afirmacións dogmáticas e a comprensión propia do home. A segunda, que hai que ter en conta a achega das ciencias humanas e sociais para realizar a súa propia reflexión. A terceira, a importancia da cristoloxía en tanto que en Cristo aparece o que o home é e ten que ser.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao home ou á antropoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adiviñación baseada no estudo das vísceras humanas, principalmente o corazón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rama da Antropoloxía que mide as diferentes partes do corpo humano e determina as súas proporcións. As medidas fanse sempre collendo como referencia uns puntos fixos, especialmente os puntos somáticos e craniométricos, que permiten establecer diversos índices.

    2. Estudio da estrutura corporal empregado para predeterminar os deportes para os que se considera que un individuo está máis capacitado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo á antropometría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello empregado para efectuar medidas antropométricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao antropomorfismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Atribución de forma e características humanas a calquera obxecto ou animal.

    2. Doutrina que utiliza nocións propias da natureza ou da conduta do home para explicar entidades diferentes deste, sexan as cousas do mundo natural ou de Deus. A cualificación de antropomorfo ten un senso pexorativo e aplícase fundamentalmente ás doutrinas da física antiga.

    3. Tendencia e doutrina que concibe a divindade atribuída con características humanas. Dáse cun maior ou menor grao en todas as relixións, na medida en que as representacións que o home fai da divindade parten da forma de ser do propio home, a miúdo rematando por determinalas. É a forma propia das relixións politeístas e das mitoloxías, entre as que cómpre salientar a grecorromana.

    4. Recurso literario que consiste en atribuír calidades e propiedades humanas a animais, vexetais ou entes inanimados e abstractos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que atribúe a forma e os atributos do home á divindade ou a calquera ser non humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación dun ente non humano, como por exemplo un animal, unha cidade, un produto comercial, etc mediante un antropónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar calidades de antropomorfo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Semellante ao home.

    2. Forma ou representación do corpo humano. Adoitan denominarse así as representacións de seres humanos que se consideran deliberadamente incompletas ou imprecisas, fundamentalmente nas artes primitivas.

    3. Denominación informal, resultado de interpretacións desfasadas do feito evolutivo, que abrangue os homínidos non humanos (orangután, gorila e chimpancé) do Vello Mundo e os seus antepasados fósiles agrupados por compartir as seguintes características: falta total de cola, maior desenvolvemento das extremidades anteriores respecto das posteriores, falta de bolsas nas meixelas, redución ou ausencia das calosidades das nádegas e encéfalo moi desenvolvido. Tamén se denominan grandes simios ou, de xeito máis incorrecto, primates superiores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de antropónimos.

    2. Rama da onomástica que estudia a orixe e a significación dos antropónimos, é dicir, dos nomes propios de persoa (nome de pía e apelidos). Aplicado a unha rexión, raza, nación, etc, este termo designa o conxunto dos nomes de persoa que se empregan habitualmente en cada un deses ámbitos. As principais fontes para o estudo da antroponimia dun pobo son os textos legais non literarios xunto coas inscricións. O sistema antroponímico pasou por varios estados evolutivos, reflexo dos diferentes cambios culturais sucedidos ao longo da historia. Os testemuños que quedan do período prerromano son escasos e proceden fundamentalmente das fontes epigráficas. Dedúcese dos datos existentes que o nome hispánico anterromano debeu ser simple e de carácter adxectivo. Este sistema de denominación acabou por desaparecer contra finais do s III a C, ao irse consumando a definitiva incorporación de Hispania ao mundo grecolatino. Como consecuencia, a denominación persoal mudou e foise facendo latina, ao igual có...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á antroponimia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso polo que un apelativo, unha palabra xenérica ou unha frase, se converte nun antropónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome propio de persoa (nome de pía, apelido ou alcume); isto é, os nomes que designan propiamente o individuo (prenomes), os que indican a familia (apelidos ou liñaxe) e os que designan por alusión unha circunstancia extralegal (alcumes). Dende o punto de vista xenético os antropónimos galegos poden clasificarse fundamentalmente nestes catro grupos: a) Prerromanos, de orixe indoeuropea ou non: Anaia, Ares, Eita, García, Munio, Goterre, Osorio, Urraca, Vasco; b) Xermánicos: Álvaro, Fernando, Ramiro, Rodrigo, Elvira, Rosende (ou os correspondentes patronímicos Álvarez, Fernández, Ramírez, Rodríguez, etc); c) Latinos ou gregos e hebreos transmitidos polo latín: Amado, Antón, Anxos, Bieito, Domingos, Emilio, Iolanda, López, Lourenzo, Mariña, Sánchez (latinos); André, Baia, Cristina, Estevo, Estévez, Eufrasio, Paio, Páez, Uxía, Xurxo (gregos); David, Miguel, Miguéns, Sara, Simón, Xosé (hebreos); d) Árabes: Alí, Zalama, Moraima, Cide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade infecciosa específica do home.

    VER O DETALLE DO TERMO