"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

    1. Relativo ou pertencente á xeofísica.

    2. Persoa especialista en xeofísica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea que conserva só órganos subterráneos durante a estación desfavorable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Detector de ruídos ou ondas sonoras subterráneos constituído esencialmente por un micrófono e un amplificador. Emprégase, por exemplo, no rescate de persoas soterradas accidentalmente.

    2. Sismógrafo que se emprega en investigacións sísmicas, especialmente nas do petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da xeoloxía que estuda a disposición, estrutura e composición dos bloques continentais da codia terrestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ciencia que trata de analizar e explicar a localización e a distribución no espazo dos diferentes elementos da superficie terrestre e a súa evolución. O seu obxectivo é a análise do resultado das relacións entre dúas estruturas diversas: a física e a humana, ambas as dúas obxecto de estudo doutras ciencias que analizan aspectos parciais. Os estudos sobre a forma da Terra e a súa posición respecto aos astros foron iniciados polos caldeos, chineses e aztecas, entre outros pobos. Estes coñecementos formaron parte da xeografía pero acabaron desenvolvendo unha ciencia propia, a astronomía. Os gregos aplicaron un gran rigor nos estudos astronómicos e, a súa expansión polo Mediterráneo, levonouno a unha sistematización das observacións de navegantes e viaxeiros. Apareceu entón a corografía e paralelamente, comezou o desenvolvemento da cartografía. As achegas máis importantes na elaboración de itinerarios e descricións foron as de Estrabón e C. Ptolomeo, cuxa concepción, aínda que moi deformada,...

      2. xeografía biolóxica

        bioxeografía.

      3. xeografía económica

        Rama da xeografía que estuda o home como produtor e os resultados das súas actividades.

      4. xeografía física

        Rama da xeografía que estuda todos os elementos naturais inanimados que constitúen a superficie terrestre, coa finalidade de analizar e comprender o medio onde vive o home e as actividades que este realiza. A diversidade dos elementos de estudo obriga a subdividila en diversas ramas como a climatoloxía e a xeomorfoloxía, que tamén se relaciona coa xeoloxía, incluíndo a paleoxeografía, a hidroloxía e a ocenografía.

      5. xeografía humana

        Rama da xeografía que estuda todo o que está en relación co home e as súas actividades. Segundo os enfoques no estudo do home pode dividirse en: xeografía social, económica e do establecemento humano.

      6. xeografía rexional

        Rama da xeografía que estuda todos os elementos xeográficos que aparecen nun sector concreto da superficie terrestre ou unha parte destes elementos, para poñer de manifesto as interrelacións que se producen.

      7. xeografía social

        Rama da xeografía que estuda o home e os grupos humanos en si mesmos, considerando a existencia e os efectos da evolución e da organización.

      8. xeografía xeral

        Rama da xeografía que estuda un elemento xeográfico ou un conxunto de elementos xeográficos en toda a superficie terrestre para establecer unha tipoloxía determinada.

    1. Conxunto dos accidentes e características físicas dun territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á xeografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa especializada en xeografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma idealizada da Terra que resulta de unir, formando todo unha superficie, os puntos onde a gravidade é constante. Ten unha forma aproximada de elipsoide de revolución, pasa polo nivel medio dos mares e sitúase xeralmente por debaixo da superficie terrestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • dialectoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á xeolingüística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa especializada en xeoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que ten por obxecto de estudo a composición, estrutura e evolución da Terra. Estuda a Terra no seu aspecto físico, mineral e orgánico; a natureza dos materiais que a compoñen, a súa formación e os cambios ou alteracións que experimentaron desde a súa orixe ata a súa situación actual. Non se desenvolveu como ciencia moderna ata o s XVIII, paralelamente ao desenvolvemento industrial, pola necesidade de atopar substancias como o carbón ou os minerais metálicos. Con anterioridade a Terra era considerada como un escenario inmutable, pero desde a antigüidade algún pensador (Heródoto, Plinio, da Vinci) elaborou ideas ou saberes xeolóxicos, aínda que sen os parámetros propios da ciencia moderna. En 1785 o escocés James Hutton expón a orixe das rochas e en 1801 Werner escribe o primeiro esbozo da xeoloxía histórica e define por primeira vez unha escala de tempos xeolóxicos. W. Smith Brongniart e Cuvier observaron a superposición de estratos e fósiles que contiñan as rochas, orixinándose...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á xeoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao xeomagnetismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudo dos fenómenos relativos ás propiedades magnéticas da Terra. Desde o s XIX, con Gauss, sóubose que a Terra se comporta como unha gran dínamo e que a parte máis interna, de natureza metálica, se transformou nun grande imán pola indución das correntes eléctricas existentes nas zonas periféricas. Na Terra existen dous campos magnéticos diferentes, un interno permanente e un externo moi variable. As variacións dos polos magnéticos ao longo da historia da Terra proporcionan datos moi importantes para o estudo da evolución do planeta, sendo estudados polo paleomagnetismo.

    2. magnetismo terrestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de adiviñar mediante os corpos terrestres ou figuras feitas con terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á xeomancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa versada en xeometría.

    2. Eiruga dos insectos lepidópteros da familia dos xeométridos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da matemática que se encarga do estudo do espazo e das súas propiedades. O seu nome provén da súa primeira aplicación, a medida da Terra. Os primeiros estudos tiñan carácter intuitivo e estaban relacionados con problemas de triángulos e rectángulos, sen ningún carácter dedutivo. Tales foi o primeiro en empregar demostracións xeométricas e Pitágoras achegou, entre outros moitos, o teorema que leva o se nome. Euclides de Alexandría recolleu a tradición grega nos seus Elementos, cunha presentación axiomática que é precedente dun método usado xeralmente en toda a matemática. Hai que mencionar tamén a Arquímedes, que determinou o centro de gravidade de moitas figuras xeométricas e sentou as bases do cálculo integral. No s XVII Descartes e Fermat idearon independentemente a xeometría analítica. A finais do s XVIII naceu a xeometría descritiva, iniciada por G. Monge, que traballou principalmente no campo da xeometría diferencial. O s XIX é moi importante na historia da xeometría,...

    VER O DETALLE DO TERMO