"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Selección direccional que se require para a adaptación ambiental cando durante un período prolongado actúan os mesmos factores selectivos, facendo que todos os pasos sigan a mesma orientación.
-
-
Acción e efecto de oscilar.
-
Cada un dos movementos de ida e volta dun corpo que oscila.
-
ariación periódica dunha magnitude dun sistema físico que se inicia provocando, mediante un axente exterior, unha desviación dunha certa amplitude desta magnitude respecto ao seu valor estable ou de equilibrio. No caso ideal de que o sistema físico estea illado do seu contorno, unha oscilación, unha vez iniciada, perdura indefinidamente coa amplitude inicial. Nun sistema non illado, a oscilación é amortecida e a amplitude decrece exponencialmente co tempo. Cando o axente exterior que provoca a oscilación varía co tempo, ten lugar unha oscilación forzada, neste caso, se o período da oscilación da magnitude e o do axente exterior é o mesmo, prodúcese unha resonancia.
-
ariación da liña de costa no decurso do tempo. Neste proceso interveñen factores diversos, como a tectónica, a erosión, a acumulación de sedimentos ou as oscilacións do nivel mariño.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Contacto dunha curva ou unha superficie cunha curva ou unha superficie osculatriz.
-
-
Proceso de formación do tecido óseo.
-
Osificación que ten lugar no interior dunha cartilaxe hialina preexistente (óso da base do cranio, columna, pelve e extremidades).
-
Osificación que se efectúa a partir do tecido conxuntivo (ósos planos do cranio).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de osixenar ou osixenarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mantemento nun organismo do equilibrio entre a auga e os solutos osmoticamente activos (como o Na+) fronte ás condicións do medio que o rodea. A osmorregulación varía segundo o individuo se encontre no medio terrestre, mariño ou de auga doce. Algúns organismos desenvolveron sistemas para manter o equilibrio osmótico absorbendo ou excretando auga ou sales minerais. Os vertebrados teñen un sistema de reabsorción de auga nos túbulos renais moi eficiente, que está coordinado por hormonas inducidas por osmorreceptores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de ostentar.
-
PERSOEIRO
Compositor e pianista, fillo do compositor galego Emilio Otero Val. Foi un membro destacado da coral Airiños da Terra, do Centro Gallego de Santander. Autor de diversas obras musicais, entre as que destacan a foliada A muller de Roque e a muiñeira Meigas de Campos, nos seus concertos como solista destacou polo seu repertorio galego. Por este labor recibiu a medalla de ouro do Apóstolo Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestra e pianista, filla do compositor galego Emilio Otero Val. Formou parte da coral galega Airiños da Terra, do Centro Gallego de Santander, onde organizou un grupo de baile e a sección feminina de gaitas. Recibiu, xunto ao seu irmán, a medalla de ouro do Apóstolo Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación cultural creada en 1979 e que se estableceu no Pazo Museo Otero Pedrayo, en Trasalba (Ourense). Declarada pola Xunta de Galicia Fundación de Interese Galego, ten como obxectivo manter vivo o recordo literario e científico de Ramón Otero Pedrayo. Promoveu a creación da Asociación de Amigos de Otero Pedrayo e conta cun Centro de Estudios Oterianos para o estudo da obra do autor. Ao longo da súa existencia realizou diversas publicacións, e outorga os Premios Trasalba a personaxes galegos relevantes, coincidindo a presentación e a entrega dos premios coa conmemoración do pasamento do autor ourensán.
-
GALICIA
Xurista. Foi letrado do Tribunal Constitucional (1980-1984) e vogal do Consejo General del Poder Judicial (1984-1988). Colaborou na redacción do Estatuto de Autonomía do Principado de Asturias e dirixiu a revista Poder Judicial (Nueva Época) e a colección Ariel Derecho (1978). Publicou Los regímenes políticos (1976) e Defensa de la Constitución y partidos políticos (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Festival anual de cine independente que se celebra desde 1996, por iniciativa do Concello de Ourense. Presentou tres seccións competitivas, constituídas por longametraxes, curtametraxes e documentais de todas as nacionalidades, así como varias non competitivas, dedicadas á presentación e ao estudo de directores, xéneros ou escolas. Ata 1998 coñeceuse como Festival de Cine Independente de Ourense/Ourense Film Festival (OFF) e outorgaba os Premios OFF. Desde ese ano, xestionouno o consorcio formado polo Concello e a Deputación de Ourense e outorgou, entre outros, os Premios Calpurnia e varios premios especiais como o Premio Internacional Eixo Atlántico á mellor curtametraxe en galego ou portugués. Integrouse na Coordinadora Europea de Festivais de Cine.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Ourense. Situado nun dos lados da Praza Maior, foi pretorio romano, palacio dos reis suevos e desde 1071 ata 1952, palacio episcopal. Desde entón converteuse en sé do Museo Arqueolóxico Provincial. Do antigo palacio románico queda a planta en forma de L e parte do claustro interior. Sufriu diversas modificacións nos s XIV (torre de Santa María) e XVI (cuartos e soportais). Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1931 e en 1962, xa como sede do museo.
-
-
Manifestación clamorosa e alegre de consenso, aprobación e simpatía por parte dunha multitude de persoas.
-
Honor tributado aos xenerais vitoriosos na antiga Roma. Inferior ao triunfo, o xeneral ao que se lle concedía non tiña dereito ao carro triunfal nin vestía a toga pita, senón a pretexta, e era coroado cunha coroa de mirto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Homenaxear cunha ovación a alguén ou algo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Emisión dun óvulo maduro polo ovario, que, despois de ser recibido polo pavillón da trompa, se volve apto para ser fecundado. O tempo e a frecuencia de ovulación varían moito nos diferentes grupos de mamíferos. Na muller ten lugar cara a metade do ciclo ovárico. Despois, o óvulo baixa cara á trompa de Fallopio e chega ao útero, onde se elimina por descomposición (se non foi fecundado) á vez que se produce a menstruación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante da cloración por substitución na que o subproduto da reacción, cloruro de hidróxeno, se oxida cataliticamente en cloro mediante osíxeno, de onde resulta un aproveitamento total do axente clorante. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
Acción e efecto de oxidar ou oxidarse.
-
Proceso polo que un elemento aumenta o seu número de oxidación ao perder algún electrón.
-
Formación de óxido ou ferruxe na superficie do ferro ou doutro metal, pola acción do aire húmido ou por corrosión.
-
Número que representa o número de electróns que cómpre engadir ou quitar a un átomo que forma parte dunha combinación para volvelo ao seu estado elemental.
-
Oxidación que se produce no ánodo durante os procesos de electrólise, debida á captación de electróns por parte deste.
-
Oxidación dunha substancia, xeralmente un líquido, a temperatura normal, polo osíxeno do aire. Unha reacción de autooxidación prodúcese en dúas fases:
FORMULA
O 2 + A → AO 2 (formación de peróxido)
AO 2 + A → 2 AO
A primeira fase é lenta e controla o sistema de oxidación. Deste xeito, unha substancia B completamente estable no osíxeno do aire pode oxidarse cando está unida a un sistema de autooxidación, posto que aí actúa o intermediario peroxídico que é un oxidante máis forte: AO 2 + B → AO + BO. Hai compostos que poden ser polimerizados cataliticamente por estos peróxidos. O secado de pinturas prodúcese deste xeito; engádense, ás veces, catalizadores positivos para acelerar o proceso de autooxidación (pinturas de secado rápido). OBS: Tamén se denomina autooxidación. -
Combinación dos aglutinantes bituminosos co osíxeno atmosférico, que provoca o endurecemento do betume ou do alcatrán, a diminución da súa penetración e normalmente o aumento da súa fraxilidade.
-
Formación de óxidos ou doutros compostos sobre a superficie dos metais por reacción con gases secos, a altas temperaturas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procesos químicos nos que existe transferencia de electróns entre os reactivos. Os fenómenos de oxidación e de redución constitúen aspectos parciais, inseparables e complementarios do proceso global. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
oxidación-redución.