"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Aplícase ao que constrúe.

    2. Persoa ou empresa que constrúe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa do sector da construción fundada en Pontevedra no ano 1975. Incorporou elementos, medios e traballos doutra empresa que viña traballando no sector da construción en Galicia desde 1962. A súa actividade centrouse na edificación, residencial e non residencial, e na rehabilitación. En 1982 transformouse nunha sociedade anónima. Dende a súa creación iniciou a expansión polo territorio nacional, e estableceu delegacións durante os anos oitenta nas comunidades autónomas de Andalucía, Asturias, Aragón, Baleares, Canarias, Cantabria, Castela-León, Castela-A Mancha, Catalunya, Extremadura, La Rioja, Murcia, València. Durante os anos noventa a empresa estendeuse por Portugal, Alemaña, Arxentina, Chile, EE UU, Francia, México, Polonia e Uruguay. Co tempo, a facturación presentou un notable aumento, en 1980 ascendeu a 7,224 millóns de euros, en 1990 acadou os 87,766 millóns de euros e os resultados do 2000 foron de 300,91 millóns de euros. Ao longo da súa carreira, a construtora recibiu numerosos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen dá o seu parecer aconsellando sobre materias que domina ou nas que ten experiencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Actividade do consultor ou dunha entidade consultora.

    2. Despacho do consultor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Establecemento onde se informa sobre cuestións técnicas.

    2. Local ou establecemento particular no que un ou varios médicos examinan enfermos.

    3. Sección dun medio de comunicación ou dun programa televisivo ou radiofónico que dá resposta a preguntas do público sobre determinados asuntos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito de tocar fisicamente unha persoa ou unha cousa a outra.

    2. Feito de teren relación social dúas ou máis persoas.

    3. Persoa que fai de intermediaria para obter algunha cousa.

    4. Instante no que o punto luminoso dun astro que se eclipsa entra ou sae do cono de sombra do corpo que eclipsa.

      1. Condición de dous corpos condutores que se tocan co fin de establecer o paso de corrente eléctrica dun a outro.

      2. Peza condutora destinada a establecer un contacto con outra semellante para producir o peche ou a abertura dun circuíto eléctrico. Son elementos esenciais en aparellos ou dispositivos onde se produce unha interrupción periódica do circuíto accionada polo operador, ou ben polo mesmo aparello de xeito automático. Adoitan estar formados por metais ou aliaxes de baixa resistencia eléctrica e que presentan un desgaste moi pequeno no seu funcionamento; a miúdo están cubertos de prata ou ouro. Empréganse nos interruptores, relés, disxuntores, conectores, etc.

      3. contacto óhmico

        Contacto entre dous materiais distintos que presenta a propiedade de que a diferenza de potencial entre as dúas caras contiguas é proporcional á corrente que as atravesa.

      4. contacto rectificador

        Contacto que presenta unha condutividade asimétrica. Usualmente, permite o paso da corrente nun único sentido.

    5. Superficie plana que separa dúas masas contiguas de rocha. Pode presentarse entre dúas rochas ígneas e amosar diferencias de textura e estrutura; entre unha rocha ígnea e outra sedimentaria, podendo producir metamorfismo de contacto na rocha sedimentaria; e entre dúas rochas sedimentarias. Tamén existen contactos de orixe tectónica (por falla, encabalgamento ou corremento); é neles onde se aprecian os sinais de movemento que indican o desprazamento relativo dos bloques.

    6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Interruptor que se pecha pola forza dun electroimán. Componse esencialmente dun electroimán cunha parte móbil que leva ou controla un xogo de contactos eléctricos. Cando pasa corrente pola bobina do electroimán créase un campo magnético na armadura que atrae unha peza móbil de xeito que, ao moverse, pecha os contactos eléctricos. Ao interromperse a corrente, os contactos ábrense pola forza duns resortes. Os contactores adoitan ter tres contactos principais (contactores tripolares para liñas ou circuítos trifásicos) e contactos auxiliares. Para pechar ou conectar o contactor, presiónase un botón (pulsador de conexión), normalmente aberto, que fai pasar corrente pola bobina a través doutro pulsador, normalmente pechado; ao deixar de accionar o pulsador, continúa pasando corrente pola bobina a través dun contacto de retención e o contactor permanece pechado. Para abrir ou desconectar púlsase o outro botón que interrompe a corrente da bobina e abre o contactor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de contentar ou contentarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que sente alegría por algo.

    2. Que está satisfeito ou de acordo con algo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Tan contento está o pastor coma o rei ou o gran señor”.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de ideas ou de feitos contidos nun escrito ou discurso que permiten determinar o sentido ou o valor dun fragmento, dunha frase ou dunha palabra que alí aparece.

      2. contexto fonético

        Conxunto de sons que rodean un fonema. Así o /n/, segundo o contexto, ten valor alveolar [n] (nave) ou velar [?] (fun).

      1. Conxunto de circunstancias que rodean e explican un acontecemento, unha situación, ou calquera outro feito.

      2. Condicións espacio-temporais que inflúen, segundo a teoría de Gestalt, na percepción de calquera obxecto ou estrutura.

      3. contexto cultural

        Conxunto de institucións, códigos estéticos, correntes artísticas, normas estilísticas, así como o sistema conceptual formado por costumes, tradicións, ditos, valores, mitos ou tópicos vixentes nunha sociedade, época ou escola definidas, que condicionan a existencia de determinados produtos (unha manifestación artística concreta, por exemplo), á vez que explican o seu significado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Zona ou territorio que bordea algún lugar ou algunha poboación.

    2. Narración, xeralmente breve, dun feito ou dunha serie de feitos reais, lendarios ou fiticios, coa intención de entreter, divertir, moralizar, etc. É unha forma moi antiga da literatura popular de transmisión oral. O termo contar procede do latín computāre e de aí procede tamén conto, que tivo en principio un sentido numérico, cuantitativo e despois pasou a entenderse como referencia ou relato de sucesos ou acontecementos. Ao longo do tempo, foi sinónimo de fábula, apólogo, lenda, exemplo e proverbio; posteriormente, termos como conto, relato, narración e historia alternan para denominar as pezas narrativas de extensión breve. Pero a denominación de conto estivo sempre vinculada a novela, termo derivado do italiano novella, que denominaba as narracións de extensión tamén breve ou intermedia, mentres que conto se empregaba para facer referencia ás narracións curtas de carácter popular e de orixe e difusión oral. Pero sexa de carácter popular ou culto, de autor...

      1. Relato dun suceso falso ou de pura invención que se conta como se fose certo, normalmente co fin de prexudicar a alguén. Na tradición oral recóllense ditos como: “Conto acabado, míralle para o rabo. O conto, para ser conto, é mester que veña a conto. O mellor do conto é o que queda por contar. Os contos da feira que van para o mercado teñen moito camiño andado”.

      2. Explicación falsa ou con demasiados rodeos que se dá cando se quere encubrir algo.

    3. Asunto principal da cuestión que se está a tratar.

    4. Afectación ou falsa aparencia coa que unha persoa tenta que unha cousa ou ela mesma aparente máis do que é.

    5. Obxecto do que non se coñece o nome ou non se lembra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Narración, xeralmente breve, dun feito ou dunha serie de feitos reais, lendarios ou fiticios, coa intención de entreter, divertir, moralizar, etc. É unha forma moi antiga da literatura popular de transmisión oral. O termo contar procede do latín computāre e de aí procede tamén conto, que tivo en principio un sentido numérico, cuantitativo e despois pasou a entenderse como referencia ou relato de sucesos ou acontecementos. Ao longo do tempo, foi sinónimo de fábula, apólogo, lenda, exemplo e proverbio; posteriormente, termos como conto, relato, narración e historia alternan para denominar as pezas narrativas de extensión breve. Pero a denominación de conto estivo sempre vinculada a novela, termo derivado do italiano novella, que denominaba as narracións de extensión tamén breve ou intermedia, mentres que conto se empregaba para facer referencia ás narracións curtas de carácter popular e de orixe e difusión oral. Pero sexa de carácter popular ou culto, de autor...

      1. Relato dun suceso falso ou de pura invención que se conta como se fose certo, normalmente co fin de prexudicar a alguén. Na tradición oral recóllense ditos como: “Conto acabado, míralle para o rabo. O conto, para ser conto, é mester que veña a conto. O mellor do conto é o que queda por contar. Os contos da feira que van para o mercado teñen moito camiño andado”.

      2. Explicación falsa ou con demasiados rodeos que se dá cando se quere encubrir algo.

    2. Asunto principal da cuestión que se está a tratar.

    3. Afectación ou falsa aparencia coa que unha persoa tenta que unha cousa ou ela mesma aparente máis do que é.

    4. Obxecto do que non se coñece o nome ou non se lembra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zona ou territorio que bordea algún lugar ou algunha poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de contornar.

    2. Aplícase aos animais (ou ás súas cabezas) ou obxectos heráldicos que, marchando cara á destra, miran cara ao flanco esquerdo do escudo, de xeito contrario á regra heráldica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formar o contorno dalgunha cousa.

    2. Seguir o contorno dalgunha cousa dando voltas ao seu redor.

    3. olver as pezas ou figuras do escudo para o lado esquerdo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Liña que limita exteriormente unha superficie ou un corpo.

      2. Liña imaxinaria que rodea un corpo cunha medida equivalente ao seu grosor.

      3. Medida desta liña.

    1. Territorio que rodea un lugar ou unha poboación.

    2. Curva pechada na que se determinou un sentido de percorrido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento forzado do corpo ou dalgunha das súas partes.

    2. Conxunto de movementos do corpo esaxerados e executados, normalmente, para facer rir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer contorsións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade acrobática que consiste na contorsión do tronco e as extremidades para conseguir posturas antinaturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao contorsionismo.

    2. Acróbata que practica o contorsionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO