"Alicia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 418.

  • Nome que Martín Ruiz de Gamboa lle deu ao arquipélago de Chiloé en 1567, en recordo da orixe de Rodrigo de Quiroga, gobernador de Chile. Ese mesmo ano fundou a cidade de Santiago de Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia do vicerreinado de Nueva España que comprendía os actuais estados de Jalisco e Nayarit e parte de Zacatecas, Aguascalientes, San Luis Potosí e Durango. Conquistado por Nuño Beltrán de Guzmán, a capital estableceuse en Compostela (actual Nayarit). Na práctica funcionou como un reino independente. Coa nova organización de Carlos III foi intendencia de Guadalajara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Vigo a partir do 16 de maio de 1927, da que posiblemente só saíu un número. Subtitulada “Revista ilustrada, gráfica e informativa”, estivo dirixida por Víctor Fraiz Villanueva, mestre fusilado en 1937. Incluíu fotografías, contos, notas de sociedade, artigos e literatura. Firme defensora dos valores democráticos e de Galicia, tamén deu conta das actividades do Ateneo de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Madrid a partir do 17 de maio de 1937. Cesou en novembro de 1938, despois de trasladar a súa redacción a Barcelona por mor da guerra en xaneiro dese ano. Subtitulado “Portavoz de los antifascistas gallegos”, estivo dirixido por Xosé Gómez Gayoso e Manuel Moure. De tendencia comunista e antifascista, apoiou a Segunda República e fixo chamamentos para que os galegos se unisen e traballasen pola liberación de Galicia e pola creación do Frente Popular Antifascista Gallego. Nel colaboraron Ramón Cabanillas, Arturo Cuadrado ou Basilio Álvarez, promotor de El miliciano gallego, co que o semanario acabaría converxendo tras un período de convivencia de dous meses. En setembro de 1937 Castelao incorporouse á revista cos seus debuxos de guerra e textos de denuncia das atrocidades cometidas polos falanxistas en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Ourense a partir do primeiro de xaneiro de 1862. Cesou antes dos seis meses. Subtitulado “Periódico destinado a la defensa de los intereses morales del país”, creouse co obxectivo de promover a construción do ferrocarril entre Vigo e Ourense, sen esquecer os intereses locais da provincia. Saíu dúas veces por semana (mércores e domingo) dos obradoiros de Cesáreo Paz y Hermano. Incluíu artigos de fondo, variedades e soltos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación creada en Lugo en maio de 1987, que se constituíu en fundación en xuño de 1995. Presidida por Jesús Busto Peteiro, entre os seus obxectivos están o de axudar os galegos da emigración, promover a cultura e defender e potenciar a gastronomía de Galicia. Desde a súa creación vén outorgando insignias de ouro e convocando premios, como O Grelo de Ouro, que se concede anualmente, desde 1987, a persoas que destacan polo seu labor en favor de Galicia. Tamén convoca o Premio Literario O Grelo-Amigos de Galicia, o Premio de Poesía Suso Vaamonde, o Premio de Relatos Curtos Daniel Hortas, o Premio de Gastronomía Cociña Tradicional ou o Premio de Repostería Rei das Tartas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Certame organizado pola Fundación O Grelo-Amigos de Galicia desde 1993 co obxectivo de promocionar a publicación de obras en lingua galega. Resultaron premiados autores como Bibiana Amoedo ou Paulo Martínez Lema (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ofrenda anual que realizan ao Santísimo Sacramento na catedral de Lugo as cidades que formaron o Antigo Reino de Galicia: Tui, Mondoñedo, Betanzos, A Coruña, Lugo, Ourense e Santiago de Compostela. Esta tradición xurdiu por acordo da Xunta do Reino de Galicia en 1669, co fin de doar unha cantidade de diñeiro para dotar o altar da catedral lucense da cera ou velas que necesitara durante o ano para iluminar as reliquias de Xesús Cristo. Realízase desde 1672, efectúase o domingo seguinte á festividade do Corpus Christi e preséntaa o alcalde dunha das sete capitais históricas, que só entregan unha cantidade simbólica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro libro impreso na Coruña, que editou Antonio Frayz en 1679. Trátase dunha publicación de 320 páxinas de texto, oito delas sen numerar. A portada está orlada e, entre o título e o pé de imprenta, aparece un escudo español da época xunto co copón e a sagrada forma propias da heráldica do antigo Reino de Galicia. Divídese en tres partes, relativas a ordenanzas, cédulas e disposicións, e visitas. Aínda que o libro foi rematado en 1668, non se mandou imprimir ata o 12 de decembro de 1678.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orquestra creada en 1992 con sede no Palacio da Ópera da cidade da Coruña. Dirixida por Víctor Pablo Pérez, centra a súa actividade no repertorio do s XX, interesándose tanto polos compositores consagrados, como Brahms, Mozart, A. Gaos ou Enrique X. Macías, como polos novos valores. Participou na gravación de numerosos discos xunto con directores e intérpretes da relevancia de Manuel Barrueco, María Bayo, Plácido Domingo, Antonio Meneses ou o Orfeón Donostiarra, na banda sonora de diversos filmes e na elaboración dun disco compacto de compositores galegos. A OSG ten en marcha proxectos artísticos como o Coro Sinfónico, a Orquestra de Cámara, a Orquestra Nova, a Escola de Práctica Orquestral e os Nenos Cantores da OSG. Organiza cada ano a súa tempada de concertos, en que se acompaña dos máis destacados solistas do mundo, ademais dun Ciclo de Música de Cámara, o Festival Mozart da Coruña e programas didácticos. Participou en diversas xiras que a levaron a Alemaña e a Austria, ao Festival...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación específica, regulada pola Orde de 15 de febreiro de 1999 da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, modificada pola Orde do 4 de maio de 2001, que aproba o seu regulamento e o do seu consello regulador, e baixo a que se recolle o licor obtido pola destilación do bagazo fermentado, procedente da vinificación de uvas producidas en Galicia. A denominación protexe dous tipos de augardente: a augardente de bagazo, que se comercializa o ano de produción, e a augardente de bagazo envellecida, que ten que permanecer un mínimo de dous anos en barricas de carballo. O seu Consello Regulador establece dez zonas de produción: Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Monterrei, Betanzos, Ulla, Val do Miño, Portomarín e un conxunto de concellos en que hai unha ampla tradición de elaboración da augardente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Asemblea lexislativa configurada pola Constitución española de 1978 en que se delimitaron os sistemas de goberno que deben ter as comunidades autónomas e a súa organización institucional (artigo 152.1) conforme ao modelo estatal no aspecto concreto que se refire ás relacións entre parlamentos (unicamerais) e gobernos autonómicos.
    Antecedentes históricos
    O Parlamento de Galicia ten a súa orixe máis inmediata no texto de 1981. Un antecedente remoto podería estar no Proxecto de Constitución para o Estado Galaico de 1887 aprobado polo Partido Republicano Federal, onde se fala, no título V da Asemblea Rexional. Lois Peña Novo referiuse tamén á Asemblea da Mancomunidade Galega, pero foi no democrático contexto de recuperación de liberdades dos pobos da Segunda República Española onde naceron os precedentes inmediatos das presentes institucións autonómicas, sobre todo, no que se aprobou na Asemblea de Concellos de Galicia en 1932 e se plebiscitou de modo afirmativo polo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Barcelona a partir do 1 de outubro de 1995. Editada pola Peña Cultural Deportivista de Barcelona, tivo como director a Ramón Rey Nóvoa. Incluíu diferente información deportiva e artigos sobre a vida e cultura galegas (gastronomía, turismo, arte, festas ou historia), así como traballos sobre galegos residentes en Catalunya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque empresarial creado en San Cibrao das Viñas en 1992 por iniciativa da Xunta de Galicia. Agrupa empresas e institucións de alto nivel tecnolóxico e innovador. Depende das consellerías de Economía e Facenda e de Industria e Comercio pero como órgano de xestión constituíuse en sociedade anónima na que participan, ademais da Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense, a Cámara de Comercio e Industria de Ourense, os concellos de Ourense e San Cibrao das Viñas, a Confederación Empresarial de Ourense, UGT e as tres universidades galegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político creado en París, entre 1968 e 1969, como partido nacional e autónomo do Partido Comunista de España (PCE). Loitou contra os intentos centralizadores do PCE e contribuíu á unidade da oposición galega contra o Franquismo. Tamén participou na constitución da Xunta Democrática de Galicia (1975), na consolidación da Táboa Democrática Galega (1976) e na redacción do Estatuto de Galicia. Foi un partido importante na oposición galega, sobre todo en sectores industriais como Vigo, Ferrol, Santiago de Compostela e nas catro capitais de provincia. A súa evolución viuse afectada pola crise interna no PCE, ata converterse en Esquerda Unida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política creada por iniciativa do comité federal de Vigo na Asemblea Cantonal de Galicia de Santiago de Compostela (1873). No programa electoral defenderon a proclamación da república federal, a autonomía de Galicia, as reformas sociais, a redención dos foros e a problemática do ferrocarril, ademais de recoller as aspiracións dos sectores máis populares. O consello executivo, formado, entre outros membros, por Aureliano Xosé Pereira de la Riva, Ramón Pérez Costales e Segundo Moreno Barcia, presentou un Proxecto de Constitución para o futuro Estado Galaico (1887). A aparición do rexionalismo conseguiu que perdese o apoio dun amplo sector do galeguismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicación xeográfica protexida segundo a Orde do 29 de outubro de 2001 da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, que reciben as patacas dalgúns concellos da comarca de Bergantiños, de Terra Chá, da Mariña Lucense, da Terra Lemos e da comarca da Limia que sexan da variedade Kennebec. As patacas teñen forma de redonda a oval, con presenza de ollos moi superficiais, cun calibre entre 40 e 80 mm, pel lisa e fina de cor amarela clara, e a carne de cor branca con textura firme e cremosa ao cocer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de escritores galegos creada como iniciativa de 27 autores o 10 de maio de 1989. Previamente, en abril de 1977 e co apoio do PEN Club catalán, un total de 47 autores galegos pediran a creación da sección galega do Internacional PEN, que non foi aceptada. A partir de 1990, xa como asociación recoñecida polo Ministerio do Interior, participou en diferentes eventos do PEN Club International, como a organización do LX Congreso Internacional celebrado en Santiago de Compostela en 1993 e no que participaron máis de 500 escritores. Presidido por Alfredo Conde (1990-1991), Úrsula Heinze (1991-1996), Carlos Casares (1996-1999) e Luís González Tosar, ademais de promocionar actos literarios, defende a liberdade de escritores represaliados e os dereitos lingüísticos dos pobos. Instituíu o Premio Rosalía de Castro para homenaxear a escritores doutras linguas da Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Ferrol a partir do 1 de setembro de 1865. Cesou o 15 de marzo de 1866. Fundada e dirixida por Ventura Pueyo, subtitulouse “Revista quincenal de ciencias, literatura, industria, agricultura, comercio [...] con la cooperación de los principales hijos de Galicia notables en las ciencias y en las letras”. Na súa redacción participaron, ademais do propio director, Leandro de Saralegui e Bieito Vicetto. Dividiuse en tres partes, unha doutrinal, outra creativa, e unha terceira referida a novas e descubrimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa para o fomento da produción e a explotación racional do marisco e para outorgar unha protección especial ás zonas de produción.

    VER O DETALLE DO TERMO