"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • Carbonato básico de cobre, de fórmula Cu3(OH)2(CO3)2. Cristaliza no sistema monoclínico, en cristais prismáticos de cor azul, de brillo vítreo e translúcidos. Ten exfoliación perfecta, dureza 3,5-4 e peso específico 3,77. Encóntrase asociada con outros minerais cupríferos, en Barraburra (Australia), Tsumeb (Namibia) e Arizona. En Galicia é moi escasa e aparece en forma de costras asociadas aos filóns de blendas e galenas de Riotorto e aos de siderita e calcopirita de A Pontenova. Antigamente empregábase como pigmento azul e, hoxe en día, úsansen a fabricación de obxectos de artesanía e ornamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Botar o can contra alguén ou contra outro animal para que ataque.

    2. Provocar a unha persoa co ánimo de que esta discuta ou pelexe con outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento en cova acerbaixano que destaca pola súa secuencia estratigráfica (preto de 14 metros) e a riqueza dos restos faunísticos e da industria lítica. Púidose identificar na cova unha sucesión cultural que se iniciou no Acheulense antigo (ben representado con bifaces e útiles sobre lasca) e medio, proseguiu no Musterense antigo (representado por numerosos denticulados e bifaces de tradición acheulense) e concluíu na Idade do Bronce. Deste xacemento procede unha mandíbula de Homo erectus evolucionado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Membro do partido republicano de Vicente Blasco Ibáñez, ao que substituíu (1908) na dirección do diario El pueblo e no escano parlamentario. En 1912 independizou o blasquismo do lerrouxismo, e reestruturou o partido -que presidiu ata a morte-, que adoptou o nome oficial de Partido de Unión Republicana Autonomista (PURA). Deputado en Cortes (1908, 1910, 1914, 1916, 1919 e 1923), controlou a vida política na provincia de València con medios pouco escrupulosos. Combateu o valencianismo ata 1918, ano no que pasou a ter unha posición ambigüa cara a esta tendencia. Contou co soporte electoral dos anarcosindicalistas. Á súa morte, o PURA entrou de novo na órbita lerrouxista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista italiano da escola de glosadores de Boloña. Autor dunha Summa sobre o Código e as Institucións de Xustiniano, que foi, durante séculos, un manual clásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibe Al-Nīl al-Azraq, chamado tamén Nilo Azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do Sudán, afluente do Nilo pola marxe esquerda, que ten unha lonxitude de 240 km. É o emisario do lago Ambadi, onde se xuntan as augas dos ríos Nahr al-Gūr e Tōn ǧ , e pola súa esquerda recibe ao Ba ḥ r al-’Arab.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do Sudán (200.894 km2; 2.265.510 h [1983]). A capital é Wāw (116.000 h [1983]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Residuos obtidos durante certos procesos de elaboración de alimentos, por exemplo as materias insolubles separadas por filtración durante a fermentación do mosto (viño, cervexa), os residuos de extracción da cana de azucre, os residuos do prensado das laranxas, despois de extraerlles o zume esencial, os residuos de olivas e sementes oleaxinosos despois de separarlles o aceite por presión, etc. No caso do viño, as partes sólidas da vendima, compostas de acios, bagullo, caguñas e residuos orgánicos e minerais que non se aproveitan na elaboración do viño, despois do prensado, déixanse fermentar para que os azucres se transformen en alcohol, para logo destilalo e obter a augardente de bagazo. Tamén se emprega como penso, esterco ou combustible.

    2. Cápsula na que se desenvolve a semente do loureiro dalgunhas árbores como o loureiro ou o sabugueiro, dos legumes e doutras plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cadro característico dunha pneumonite por hipersensibilidade, ocasionado pola inhalación do po do bagazo da cana de azucre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista. Embaixador en Venecia en 1529. Dedicouse á arqueoloxía clásica: De re vestiaria (A vestimenta, 1526) e De re navali (A cuestión naval, 1536). Foi tradutor dos clásicos, destacando a súa versión de Electra (1537).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Guatemala (3.124 km2; 205.481 h [1995]). A capital é Salamá (6.941 h [1981]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Impacto producido por un disparo de bala.

    2. Ferida causada por bala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Albacete, Castilla-La Mancha, drenado polo río Balazote (2.203 h [1996]). Basea a súa economía na agricultura cerealista e na gandería ovina. No Museo Arqueológico Nacional de Madrid consérvase a bicha de Balazote, escultura ibérica en pedra atopada a finais do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teórico de cine e escritor. As tres obras fundamentais que dedicou á estética do filme son: Der sichtbare Mensch oder die Kultur des Films (1924), Der Geist des Films (1930) e Der Film (1949). Representan contribucións significativas á teoría universal da arte cinematográfica e tiveron moita repercusión. Ocasionalmente realizou traballos como guionista, entre os que cómpre destacar Abenteuer eines Zehnmarkscheins (1926) e Narkose (1929). En colaboración con Leni Riefensthal realizou o filme Das blaue Licht (1931). Tanto a súa teoría como a súa actividade acusan unha forte influencia marxista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sinólogo húngaro, emigrado a París. Os seus estudios sobre a sociedade chinesa centráronse na permanencia do mandarinato, a estrutura burocrática do réxime imperial e as formas de protesta social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Ao longo da súa andaina pictórica evolucionou desde un expresionismo inicial ata o neofigurativismo, pasando polo informalismo e a abstracción expresiva. Realizou múltiples exposicións, entre outras, na Exposición Nacional de Belas Artes de 1964 e na Magna Exposición de Pintores Gallegos de 1965 en Santiago de Compostela. En 1973 acadou a medalla de ouro no I Certamen Regional Imperio, celebrado na Coruña. Xunto con Gonzalo Rodríguez Mourullo, Ramón Lugrís e Xosé Manuel Beiras, entre outros, formou parte dun grupo de mozos galeguistas que viñan de descubrir Galicia e o Galeguismo, moi activo intelectualmente na Compostela dos anos cincuenta. En 1953 publicou un conto na revista Vamos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deseñador gráfico de formación autodidacta e restaurador no Museo Provincial de Lugo. Como deseñador, confeccionou diversos murais e carteis. Non obstante, a súa obra máis coñecida son as ilustracións realizadas para libros, entre os que cómpre destacar Muxicas no espello (1971), Das cousas de Ramón Lamote (1985), Lembranza nova de vellos mesteres (1988), Servando I rei do mundo enteiro (1990), de Paco Martín; Lar (1973), de Neira Vilas; Artusa (1989), de Lois Diéguez; Chirlo Merlo na figueira (1990) e Cinco poemas, de Darío Xohán Cabana; Tabernarios (1992), de Antón Grande e Polavila na Pontenova, de María Ofelia Carnero Vázquez. Tamén traballou a pintura e o esmalte sobre metal, e realizou diversas exposicións en Lugo, Oviedo, León e A Coruña. En 1974,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Produtor, distribuidor, guionista e realizador cinematográfico. Coa participación dos seus irmáns Francesc Balcázar (produtor) e Jaume Jesús Balcázar (realizador), tentou, con resultados económicos irregulares, agrupar nunha soa empresa estas ramas da cinematografía. Fundou en 1951 Produciones Balcázar SA e máis tarde a produtora Filmax. Como director realizou La encrucijada (1959), Cena de matrimonios (1962), Con la muerte a la espalda (1967), Las primeras experiencias (1974) e Julieta (1983), películas das que tamén foi o guionista.

    VER O DETALLE DO TERMO