"BAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1242.

    1. Relativo ou pertencente a Bali, aos seus habitantes, á súa lingua ou á súa música.

    2. Natural ou habitante de Bali.

    3. Individuo do pobo indonesio balinés.

    4. Pobo indonesio que habita na illa de Bali e parcialmente na de Lombok. Os aproximadamente tres millóns de balineses sufriron a influencia de poboamentos xavaneses e da civilización hindú. A súa actividade principal é a agricultura, altamente evolucionada, aínda que tamén sobresaen no traballo da madeira, dos metais e dos tecidos. A islamización de Xava, no transcurso do s XIII, motivou que a arte hindú xavanesa se refuxiase en Bali, onde aínda perdura. Entre os monumentos da illa salientan o templo escavado de Tampak-Siring e o santuario de Sangsit. As relacións sociais organízanse a partir de comunidades locais importantes, con tendencia á endogamia. A organización familiar é case sempre nuclear, de residencia patrilocal e con relación de parentesco bilineal. A relixión autóctona ancestral, practicada pola maioría da poboación, está influenciada por elementos do Hinduísmo, particularmente do bramanismo sivaíta; sen embargo, o sistema de castas existente é menos estricto ca o indio: as...

    5. Lingua da familia austronésica, do grupo malaio-polinesio e do subgrupo súndico. Fálase na illa de Bali e parcialmente na de Lombok.

    6. Arte musical de Bali. Coexisten na illa a música ritual antiga, a clásica e mais a moderna. Existen dous sistemas de afinación (de cinco e de sete sons por oitava) que achegan unha gran variedade de escalas. Os instrumentos musicais máis usuais son os pratos, os gongs, o tambor, o geng gong (instrumento pastoral de bambú) e os idiófonos de percusión (saron, bonang e gender). Os conxuntos instrumentais (gamelan) son famosos polas súas execucións repletas de virtuosismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa Auxiliar da Construción Naval fundada o 10 de xuño de 1974 por D. Juan Antonio Baliño Pérez, baixo o nome de Juan Antonio Baliño e Hijos, SL. Dedicouse inicialmente á construción de repostos para motores mariños de medianas e grandes potencias, e hoxe en día comeza a producir equipos para buques de maior complexidade. No ano 1983 ampliou o seu campo de actuación ao sector terrestre, con resultados satisfactorios na minería, nos bens de equipo, etc. No ano 1987 transformouse en sociedade anónima, ampliando o capital da mesma ata os 125 millóns de pesetas, e pasando a chamarse Baliño, SA. As súas instalacións da Gándara-Coruxo (Vigo) contan con maquinaria de nova tecnoloxía para a fabricación de redutores mariños, hélices de empuxe transversal, hélices de paso variable e acoplamentos hidráulicos para eixes. Baliño é membro fundador da Asociación de Investigaciones Metalúrgicas del Noroeste (AIMEN), e recibiu a homologación de todas as Sociedades de Clasificación de Buques. A partir...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do apelido Valiño, forma que remite á súa vez a Valiña, apelido de orixe toponímica, diminutivo da voz común val.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Tamén se coñece co pseudónimo de Antonio Rivas. Iniciouse na escultura da man do seu pai, con quen colaborou en 1880 na restauración das esculturas de Santa María da Coruña. Viaxou a Montevideo, onde descubriu o traballo en mármore, e a Italia, onde se relacionou con Benlliure e Palmarola. De regreso a España instalouse en Madrid e comezou a súa colaboración con Antonio Palacios. Establecido definitivamente en Vigo, foi profesor de escultura e debuxo na Escola de Artes e Oficios. Con Palacios colaborou no pazo do Marqués de Cubas (Madrid), realizou a escalinata e a balaustrada do Hotel Balneario de Mondariz (hoxe en ruínas) e as mans e a cara da Virxe da Rocha (Baiona). No cemiterio de Pereiró (Vigo) esculpiu o mausoleo de Domingo Ledo Villa e o busto de Concepción Arenal no monumento funerario situado á entrada do camposanto. Traballou tamén na antiga igrexa dos xesuítas de Vigo e en diversas igrexas da Coruña, cidade na que se conservan esculturas súas expostas en xardíns...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado patolóxico caracterizado por movementos repentinos e involuntarios. Está causado por unha lesión da zona encefálica do corpo de Luys.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Artefacto militar de grandes dimensións, utilizado polos gregos e polos romanos nos asedios. Lanzaba proxectís pesados e o seu mecanismo, semellante ao da bésta, está baseado no aproveitamento da enerxía potencial dun xogo de cordas ou de fibras animais amarradas a un bastidor e tensadas por un torno. A balista tiña un alcance mínimo de 100 m e un máximo de 500 m. Xeralmente o artefacto ía montado, en posición inclinada, sobre un tipo de caixa de fusil ou caixa fixa sobre unha plataforma móbil. No seu manexo interviñan once especialistas chamados balistaris.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos balístidos ao que pertence o peixe porco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da Física que estudia a proxección, o voo e os efectos terminais dos proxectís. Pódese distinguir entre balística interior, balística exterior e balística terminal. A balística interior estudia os fenómenos que teñen lugar dentro do tubo dunha arma de fogo cando se dispara. Falamos tamén de balística interior cando facemos referencia aos fenómenos que se producen no interior da cámara de combustión dun foguete e considéranse como proxectil os gases que expulsa e que serven para impulsalo. A balística exterior estudia o movemento dun proxectil desde o momento que deixa de actuar enriba del a forza propulsora. A balística terminal estudia os efectos que producirá a incidencia do proxectil sobre o seu obxectivo: penetración nun corpo sólido, perforación dunha blindaxe e explosión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao proxectil ou á balística.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á familia dos balístidos.

    2. Peixe da familia dos balístidos.

    3. Familia de peixes mariños da orde dos tetraodontiformes de formas peculiares e xeralmente ovais. Habitantes das rexións tropicais e subtropicais, viven en fondos rochosos que acadan os 100 m de profundidade. Posúen unha pel moi rugosa coa que se pode puír a madeira e o marfil. Pertence a esta familia o xénero Balistes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pólvora sen fume constituída por nitroglicerina e nitrocelulosa en partes aproximadamente iguais. É moi corrosiva e por este motivo adquiriu un uso restrinxido en armas de alma curta, do tipo dos obuses e os morteiros. Tamén se utiliza, con aditivos, como propergol sólido, para algúns foguetes de pequenas dimensións. Foi descuberta por Nobel no ano 1888.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio do impulso que a contracción cardíaca lle comunica ao corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Marca ou sinal que advirte da existencia dun límite.

    2. Sinal, visible ou invisible, que marca unha ruta aérea ou define as áreas de estacionamento, manobra e aterraxe ou calquera outra circunstancia que aconteza nun aeroporto. Son balizas, por exemplo, os radiofaros, as radiobalizas, as balizas de obstáculos (indicadores do perigo por obstrución de pistas) e as balizas luminosas, que consisten nunha sucesión de luces antinéboa dispostas de xeito que o conxunto resulta visible unicamente na forma establecida cando o avión se aproxima na dirección axeitada.

    3. Sinal que porta unha fonte de luz ou un sistema catadióptico que se coloca á beira dunha estrada, a carón dun accidente ou dun perigo, co obxecto de sinalizalos.

    4. Sinal fixo ou flotante, que serve para advertir dun perigo ou dunha rede, ou para marcar as características da zona pola que navega unha embarcación (balizamento). As balizas, que poden estar constituídas por simples boias fondeadas (balizas flotantes), poden emitir tamén sinais acústicos, ópticos ou radioeléctricos, recibindo o nome, respectivamente, de balizas acústicas, luminosas e radioeléctricas. Outro tipo son as balizas radar, especialmente concibidas para reflectir o sinal radar que incide nela; empréganse para coñecer con precisión as condicións meteorolóxicas dunha zona determinada (sistema Argos) e facer un seguimento dos barcos para determinar rapidamente a posición dun posible naufraxio (sistema Sarsat-Cospas)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sinalización dos perigos por medio de balizas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sinalar un lugar con balizas como guía ou advertencia dun perigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos balkares ou ao balkar.

    2. Individuo do pobo turco dos balkares.

    3. Pobo turco da parte setentrional do Cáucaso que se estableceu na República dos Kabardíns e dos Balkares, nos vales altos do Baksan, do Cegem e do Terek. Os balkares (sobre 61.000 individuos en 1979) son pastores de montaña e profesan a relixión musulmá (sunnitas). Acusados de colaborar cos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial, en 1944 foron parcialmente deportados a Asia Central, unha parte do seu territorio foi cedido a Xeorxia e o seu nome desapareceu da República. En 1957 a República dos Kabardíns recobrou o seu nome primitivo e permitíuselle aos balkares volver do exilio.

    4. Lingua falada polos balkares do grupo oghuz segundo a clasificación de Deny.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome moderno da antiga Bactra, en Afganistán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Afganistán (12.593 km2; 609.590 h [1982]). A súa capital é Mazār-i-Sharīf.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago da República de Kazakhstán. Localízase na estepa e esténdese en forma de arco desde os contrafortes dos Tarbagataj ata a fronteira co Kirguizistán ao longo duns 605 km. Con 18.800 km2 de superficie media (oscila segundo a estación do ano entre os 17.500 km2 e os 22.000 km2) é o cuarto lago en tamaño de Asia, logo do Caspio, o mar de Aral e o Baikal. Ao carón do lago, na beira noroccidental, aséntase a cidade de Balkhaš (87.600 h [1991]). O seu principal tributario é o Ili.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nobelo groso, duns tres quilogramos, feito sobre unha alma cilíndrico-acanalada de madeira, cun burato axial central, que se utiliza na preparación de urdidos para facer madeixas e para ensarillalos posteriormente.

    VER O DETALLE DO TERMO