"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
PERSOEIRO
Teólogo franciscano de orixe lucense. Foi fundador de varios conventos e preparou o Capítulo Xeral de Tolosa. Foi discípulo de san Boaventura e escribiu unha obra sobre cuestións metafísicas que se atribuíu erroneamente a Duns Escoto.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Deseñador gráfico de formación autodidacta e restaurador no Museo Provincial de Lugo. Como deseñador, confeccionou diversos murais e carteis. Non obstante, a súa obra máis coñecida son as ilustracións realizadas para libros, entre os que cómpre destacar Muxicas no espello (1971), Das cousas de Ramón Lamote (1985), Lembranza nova de vellos mesteres (1988), Servando I rei do mundo enteiro (1990), de Paco Martín; Lar (1973), de Neira Vilas; Artusa (1989), de Lois Diéguez; Chirlo Merlo na figueira (1990) e Cinco poemas, de Darío Xohán Cabana; Tabernarios (1992), de Antón Grande e Polavila na Pontenova, de María Ofelia Carnero Vázquez. Tamén traballou a pintura e o esmalte sobre metal, e realizou diversas exposicións en Lugo, Oviedo, León e A Coruña. En 1974,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade monetaria panameña que tomou o nome de Vasco Núñez de Balboa, definida como 0,888671 g de ouro, de plena equivalencia co dólar dos EE UU, de igual definición. Foi moeda de prata ata 1975.
-
VER O DETALLE DO TERMO
asco Núñez de Balboa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Tui. Relaciónanse con esta mesma caste os apelidos Balbordo e Balbordeiro. As súas armas levan, en campo de azul, un enxame de abellas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Balbor.
-
-
Ruído de voces que produce confusión.
-
Ruído intenso producido pola tempestade, o vento, o trono, ou outros elementos da natureza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Balbor.
-
PERSOEIRO
Psicólogo e educador galés. Compuxo uns tests colectivos para medir a intelixencia e o traballo escolar, e poñer de manifesto as diferencias de desenvolvemento mental entre os oito e os quince anos. Estes tests aplicáronse nas escolas públicas e aínda se seguen a utilizar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Foi profesor das universidades de Barcelona (1946-1978) e Harvard (1949-1951), e director do Instituto de Química Orgánica Aplicada do CSIC (1971-1985). Entre as súas contribucións científicas máis importantes destacan o descubrimento e o inicio da investigación da química percloroorgánica; o descubrimento da lei lineal (que relaciona o espectro ultravioleta coa estrutura dos derivados bencénicos); o descubrimento dos radicais libres inertes; os primeiros exemplos do efecto inverso (novo proceso cinético na química dos radicais libres) e o descubrimento do intercambio espin-carga. En 1982 concedéuselle o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que está pouco apertado ou pouco tenso. SIN: frouxo, laxo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pieter Van Laer .
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadro, xeralmente de pequenas dimensións, que trata un tema popular pintoresco ou grotesco, por exemplo escenas de taberna, banquetes, cabarés, reunións de bebedores ou fumadores, etc. Nun principio o termo referíase ás obras de temática popular realizadas por Pieter van Laer, chamado il Bamboccio, e o seu círculo (Both, Miel, Corza, etc). Posteriormente, no s XVII, ampliou o seu significado para designar un xénero pictórico sen distinción de escolas. Autores de bambochadas foron, entre outros, Adriaen Brouwer e David Teniers.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das bandas de tea ou papel con debuxos que, colgadas do teito dun escenario, constitúen a parte superior dunha decoración e representan un teito, ramas pintadas ou o ceo.
-
REXIÓNS
Rexión do extremo occidental de Mali, entre os ríos Falemé e Senegal. É un lugar famoso polas súas minas de ouro, que foron unha das bases da economía do reino medieval de Ghana (s XIII) e o posterior Imperio de Mali, ao que fora incorporada polo xefe mandinga Sundiata Keita. Dende o s XVIII, a actividade mineira é moi escasa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria constituída en Roma en 1913 baixo o nome de Istituto Nazionale di Credito per la Cooperazione. Cambiou a súa denominación en 1927 pola de Banco Nazionale del Lavoro e della Cooperazione e dous anos máis tarde polo actual. En 1939 absorbeu a Banca delle Marche e degli Abruzzi (gran banca rexional).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compositor de acompañamento MIDI, trátase dun programa informático usual para todos os músicos que empregan ordenadores, sexan Atari, PC ou Macintosh. Facer bosquexos, acompañamentos para exercitar cun instrumento ou cancións completas, son algunhas das funcións desta utilidade que resulta case indispensable, xa que a todos estes documentos se lles poden engadir melodías gravadas en tempo real dende un instrumento MIDI. Resulta posible realizar con ela harmonizacións en diferentes instrumentos solistas á melodía dunha canción ou crear directamente unha melodía improvisada seguindo a estrutura harmónica e os estilos de interpretación.
-
GALICIA
Actor. Incorporouse ao mundo do cine a mediados da década dos 60. Especialista e dobre de actores nos seus comezos, a súa vida interpretativa estivo relacionada coas películas de coprodución rodadas no sur de España. O seu corpo musculoso e o rostro ameazador, encadrárono en papeis de vaqueiro malo en numerosos spagetti-western e convertérono, na década dos 70, nun dos actores preferidos polo director Jesús Franco para os seus filmes de pseudo-terror como Drácula contra Frankenstein (1972), La noche de los asesinos (1974) e Sangre (1976). No estranxeiro traballou con Charlton Heston en Marco Antonio e Cleopatra (1971) e con John Milius en El viento y el león (1975) e Conan, el bárbaro (1982). Participou ademais en varias series televisivas tanto en España (Verano azul ou Cervantes) como en Inglaterra (The Protectors) e Alemaña (Zun Kleinen Fisch ou Sargent Berry). Coa participación...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto e profesor universitario. En 1957 principiou a súa actividade profesional en Vigo, onde desenvolveu a súa carreira. Marcado pola súa concepción ética da arquitectura ao servizo da sociedade, converteuse nun dos referentes da arquitectura contemporánea galega. A súa primeira obra, o edificio da rúa Marqués de Valladares 35 de Vigo, manifesta unha gran madurez e un coñecemento profundo dos recursos da arquitectura contemporánea. Nese edificio, que axiña foi considerado pola crítica especializada como unha das obras máis logradas da arquitectura galega do s XX, expresa un gran funcionalismo, tanto pola pureza e sinxeleza do deseño como polos materiais que se empregan (poucos e con predominio do ferro e do vidro). Posteriormente, evolucionou na procura de expresividade e organicidade da súa linguaxe arquitectónica e “localidade” na utilización dos materiais (granito, madeira, etc). Este proceso móstrase nos seguintes traballos: chalé de Coruxo, edificio da rúa das Camelias de Vigo,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten a barba rubia ou colorada.