"Bor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 827.

  • Cada un dos hidruros de boro de fórmula M(BH4)n, onde M pode ser Li, Na, K, Be, Mg, Al, (CH3)2, Ga, Ti(III), Zr, Hf, Th, U(IV), etc, e n é o nome de oxidación do elemento M. Os borohidruros teñen carácter redutor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Borato de sodio e calcio hidratado, de fórmula B5O9CaNa·8H2O, tamén denominado ulexita. Preséntase en agregados de cristais triclínicos, brancos e nodulosos. É materia prima na obtención do ácido bórico e de boratos. Presenta unhas propiedades ópticas moi interesantes para a fabricación de fibras ópticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bororos.

    2. Individuo que pertence ao grupo dos bororos.

    3. Grupo de pastores nómades fulbes que practican a gandería bovina nunha extensa área comprendida entre o Adamauá, o alto Benue e o lago Chad. Son de raza etiópida e de relixión musulmana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bororos.

    2. Individuo pertencente ao pobo indio dos bororos.

    3. Pobo indio do Brasil que chegou ao Mato Grosso, entre o Alto Paraguay e o Araguaia. Practican a caza e a pesca, e organízanse en clans totémicos matrilineais. Tamén se coñecen co nome de coroados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos anións complexos formados por silicatos que conteñen unidades estruturais de óxido de boro. Son compoñentes esenciais dos vidros resistentes ao lume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenista francés. Foi famoso polo seu xogo de volea. Integrante do equipo nacional francés e gañador da Copa Davis dende 1927 ata 1932. A título individual proclamouse vencedor do torneo de Wimbledon en 1924 e en 1926.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. En Inglaterra e en Gales (Reino Unido), entidade de poboación rexida por unha carta real e dotada de autogoberno. Ten as súas orixes nos centros urbanos que durante a época medieval dependían directamente da administración real, quedando á marxe da xurisdición ordinaria do sheriff. Gozaban de autonomía e de inmunidade fiscal fronte aos señores feudais e do dereito a enviar representantes propios ao Parlamento, onde tiñan as mesmas prerrogativas cós delegados dos condados. No s XIX diversas leis (principalmente de 1835) unificaron e democratizaron as súas institucións.

    2. En Inglaterra e Gales, entidade de poboación que ten o mesmo status ca un condado administrativo (county).

    3. En Inglaterra e Gales, entidade de poboación menor ca o county borough que está comprendida dentro dun condado administrativo (county) e que envía os seus representantes ao consello dese condado administrativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director cinematográfico. En 1948 estableceuse en París e dedicouse ás curtametraxes e documentais, onde mesturou as técnicas pitóricas e cinematográficas. Entre as súas películas destacan: Blanche (1971), La Bête (A besta, 1975), Interieur d’un couvent (Interior dun convento, 1978) e L’art d’aimer (A arte de amar, 1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado ao O de Aranjuez, no límite coa Comunidad de Madrid, onde o río Tajo captura o Jarama (2.132 h [1996]). Tradicionalmente dedicado á gandería lanar e á agricultura cerealística, na década de 1990 a expansión urbana de Madrid comezou a ser perceptible neste concello (situado 40 km ao S da capital de España) coa construción de urbanizacións residenciais, grazas ás que se puido invertir a tendencia ao decrecemento demográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Pouso ou sedimento que se forma no fondo de recipientes que conteñen determinados líquidos. OBS: Emprégase tamén en plural co mesmo significado do singular.

      2. Residuos que deixa a fermentación da uva ou a decantación do viño.

      1. Substancia negra, produto da combustión, que se adhire aos obxectos e ás paredes como consecuencia da exposición ao fume.

      2. Restos de ferro e carbón que quedan no lugar da forxa.

    1. Líquido negro segregado por algúns cefalólopos para defenderse.

    2. Excremento dun neonato.

    3. Mestura de terra e cal ou outras substancias que empregan os canteiros para unir as pedras coas que constrúen as paredes.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aprecio esaxerado, feito cara aos demais, das calidades propias ou dos seus intereses.

    2. Xoguete en forma cónica, rematado na parte inferior por unha punta de metal, que se fai bailar lanzándoo cunha corda.

    3. lesma do mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aprecio esaxerado, feito cara aos demais, das calidades propias ou dos seus intereses.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bota de coiro empregada para gardar ou levar viño.

    2. Xoguete en forma cónica, rematado na parte inferior por unha punta de metal, que se fai bailar lanzándoo cunha corda.

    3. lesma do mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado dunha persoa que bebeu alcohol de maneira excesiva.

    2. e

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen está baixo os efectos do alcohol.

    2. Que ou quen se emborracha a miúdo.

    3. e

    4. Aplícase a algúns froitos, como o pexego e o melocotón, que teñen a carne moi saborosa e unha cor como a do viño tinto claro.

    5. Aplícase ao biscoito, pan ou outro alimento enchoupado nunha bebida alcohólica -especialmente viño e licor-, almíbar ou leite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen se emborracha con frecuencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Escrito de primeira intención no que se poden facer supresións, mudanzas ou adicións. Constitúe un piar fundamental dentro do que se coñece como xenética textual posto que reflicte todo o proceso de desenvolvemento da escrita desde o seu comezo ata chegar ao texto definitivo.

      2. Debuxo inacabado ou imperfecto.

      3. Libro no que os comerciantes e empresarios fan anotacións para facer logo as contas.

    1. Peza de tea ou obxecto provisto dun feltro para borrar os encerados.

      1. Ferramenta dos programas de pintura e de manipulación fotográfica que borra nunha imaxe de mapa de bits. Pódese axustar o tamaño da goma de borrar virtual e a forma de borrado para adaptalo ás necesidades. Algúns programas axustan incluso a forma en que traballa o borrador, que pode borrar por completo ou soamente aclarar a cor.

      2. Calidade de impresión que se pode obter nalgunhas impresoras, coa que se poden ler ben os textos ao tempo que se gasta menos tinta ao imprimilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica. Tratáse dunha forma híbrida en canto á grafía, xa que o nome de lugar ao que remite é Borraxeiros, parroquia da comarca do Deza. O topónimo pode indicar un lugar abundante en borraxes ‘planta herbácea anual ou vivaz, da familia das borraxináceas’ ou ser un derivado de borralla ou borrallo ‘brasa, montón de terróns queimados no monte’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma castelanizada do apelido Borrageiros.

    VER O DETALLE DO TERMO