"Fernán" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 808.

  • GALICIA

    Naturalista e biólogo. Presidente do grupo Erva (1991-1996), centrou a súa actividade na conservación de zonas húmidas como a das Gándaras de Budiño, para as que estableceu as medidas de rexeneración que recibiron o Premio de Medio Ambiente de Galicia. Destacan as súas publicacións dedicadas á fauna acuática -como os sapoconchos, cangrexos e insectos, especialmente libélulas, para as que estableceu, no 2001, o primeiro catálogo faunístico de Galicia-. Achegou algúns dos primeiros datos para Galicia de aves acuáticas como o mazarico mouro, a garza grande e a cegoña negra. Ademais investigou (1996-1998) a diversidade de macromicetos das carballeiras, co que incrementou o catálogo galego en máis de 40 especies. Como técnico, para a Xunta de Galicia, traballou na conservación do cangrexo autóctono e en plans de manexo de invertebrados acuáticos nos Parques Naturais do Aloia, Corrubedo e a Serra da Enciña da Lastra. Membro do equipo de redacción da Enciclopedia Galega Universal, publicou o libro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, médico e político. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Madrid. Inicialmente, colaborou no semanario Cantaclaro, en La Gaceta de Galicia e na revista Galicia Moza, esta última con Castelao. En Madrid escribiu para El Liberal, Blanco y Negro, La Esfera, Nuevo Mundo e La Estampa. Na súa estadía en Bos Aires, a partir de 1914, colaborou coas publicacións La Nación, Caras y Caretas e Correo de Galicia. Alí estreou as comedias Galleguita, La retirada e El altar. Ao seu regreso a Galicia (1924), dirixiu El Pueblo Gallego. Durante a República foi director xeral de Seguridade e gobernador civil de varias provincias (Ciudad Real, Málaga, Jaén e Cáceres) e deputado por Lugo polo Partido de Centro de Portela Valladares en 1936. Trala Guerra Civil exiliouse en Cuba, onde colaborou no Diario de la Marina de La Habana. En 1943, instalado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre. Coñecido como Chocolito, estudiou na Escola Normal de Ourense. No primeiro bienio da República ensinou en Bóveda de Amoeiro (Amoeiro), a carón de Rafael Alonso, Ignacio Herrero, Adolfo R. Ansias e Elixio Núñez, dirixentes da Asociación de Traballadores do Ensino de Ourense (ATEO), e cos que comezou o traballo asociativo. Colaborou na súa revista mensual, Escuela del Trabajo, con diversos artigos sobre pedagoxía. En 1934 gañou en propiedade a praza de mestre na escola de Vilariño (O Pereiro de Aguiar), na que puxo en práctica os métodos activos, facendo xirar as distintas materias ao redor da Xeografía Parroquial, material que destruíu cando fuxiu a Portugal (1942) e que recuperou esquematicamente nun artigo publicado na Revista Galega de Educación (1985). En 1932 militou en Izquierda Comunista de España e, en 1935, entrou no Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM). Escribiu no periódico Espartaco, voceiro dos mozos antifascistas ourensáns, e tivo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, debuxante, ilustrador e escritor. Desde moi novo distinguiuse polos seus dotes de debuxante e aos doce anos abandonou os estudios para pasar por sucesivos obradoiros de pintura. Entrou en contacto con intelectuais e artistas locais aos que vai retratando e en 1922 comezou a colaborar co diario Galicia, facendo ilustracións, e na revista Alfar ata 1923, ano en que ilustrou Kindergarten, libro de poemas de Paco Luis Bernárdez. En 1924 comezou a colaborar como ilustrador e articulista en El Pueblo Gallego e en 1925 como linoelista no diario La Zarpa de Basilio Álvarez. Ese mesmo ano obtivo unha bolsa da Deputación de Ourense para estudar en París, onde asistiu ao parladoiro de Miguel de Unamuno e frecuentaba personaxes da vangarda francesa. Neste tempo, a súa produción reduciuse a varios debuxos de nus e diversos bosquexos de animais, ademais do óleo Fiestra ao campo. No ano 1927 volveu a Francia de novo como bolseiro da Deputación e achegouse aos surrealistas....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Exerceu como subdirector do xornal coruñés El Ideal Gallego. Publicou Estampas gallegas (1961), con debuxos de Ramón Villar Chao, Dibuxos de Cebreiro (1965) e Sensibilidade de Galicia en la pintura de Julia Minguillón (1970). Membro da Real Academia Galega e da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario de la Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor galego. Emigrado a La Habana, exerceu a docencia e, baixo o pseudónimo Fernán Minero, publicou poesías na prensa. Colaborou en Follas novas, Suevia, Nós, Santos e meigas e Galicia, e escribiu o poema “Galicia!” e o poema sinfónico “Dorinda Galicia”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático. Trasladouse a Madrid e posteriormente dirixiu as escolas normais de Granada e Málaga. Colaborou no Dicionario enciclopédico de la lengua española, con todas las voces, frases, refranes y locuciones usadas en España y las Américas españolas en el lenguaje común antiguo y moderno [...] (1853-1855) e escribiu Curso elemental de la lengua española, redactado con la posible sujección a los principios de la gramática general (1854).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Investigador e crítico literario. Foi lector de castelán na Universidade de Hamburgo (1920-1932) e profesor na de Madrid ata o seu exilio en 1937. Ademais dos Estudios sobre Lope (1951), especializouse na novela e no costumismo do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Establecido no Bierzo, foi comandante de infantería e inspector provincial de estatística. Publicou Ensayos poéticos en dialecto berciano, obra bilingüe galego-castelán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora uruguaia. Coñecida como Juana de Ibarbourou, a súa obra reflicte a influencia modernista e a evolución dende o erotismo ao intimismo místico. Da súa produción destaca Lenguas de diamante (1919), El cántaro fresco (1920), Raíz salvaje (1922) e Chico Carlo (1944). Membro da Academia Uruguaya (1947), recibiu o Premio Nacional de Literatura (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Francisco Miguel e de formación autodidacta, participou nos parladoiros da librería da súa propiedade e do café La Peña. Viviu en París, onde ampliou a súa formación artística, e trasladouse a México, onde traballou con David Alfaro Siqueiros e colaborou, entre outras revistas literarias, en Contemporáneos. A súa pintura é de carácter surrealista, e cultivou as naturezas mariñas. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista e político. Licenciouse en Ciencias Económicas e Empresarias pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi un dos fundadores das Xuventudes Socialistas, PSOE e UGT en Galicia, membro da Comisión Executiva Federal do PSOE e responsable da política autonómica (1981-1987). Concelleiro da Coruña desde 1987, encargouse da área de Urbanismo (1995) e ocupouse da coordinación do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Coruña (1998). Tamén foi vicepresidente da comisión de Urbanismo da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) e membro do seu consello federal. Foi deputado a Cortes pola Coruña da I a V lexislaturas (1979-1996) e Senador na VI (1996-2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Residiu en España (1892-1899) e ensinou literatura e historia en Bos Aires. A súa poesía, inspirada en R. Darío, L. Lugones e A. Machado, tratou temas cotiáns. Publicou Las iniciales del misal (1915), Versos de Negrita (1920) e Vida (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Director das revistas Contrapunto e Correspondencia, publicou Esquema de Borges (1957) e La poesía argentina de vanguardia (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, formou parte do grupo de teatro Histrión 70 (1973-1974) e, con Manuel Guede Oliva, fundou os grupos de teatro Rúa Viva (1978) e Caritel e abriron a sala de teatro estable Caritel (1981). Con Eva Veiga, levou o recital poético Reconstrución por diversos lugares de Galicia e colaborou en distintos xornais e publicacións especializadas. Da súa produción destacan as novelas O Bosque das antas (Premio Xerais 1988), Tempo de crepúsculo (1993), novela traducida ao sistema braille, Sombras no labirinto (1997), Suso Espada: O misterio do Grial (2002); os poemarios A fonte abagañada (Premio Cidade de Ourense de Poesía 1981), Pabellón habitado (1987), Ara Solis (1996), texto bilingüe en galego e en francés, e Días de cera (1999); os relatos Historias roubadas (1998), Lendas de onte, soños de mañá (2001), No corazón da fraga (2001); as...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico, político e economista. Nos seus discursos criticaba a expulsión dos mouriscos, a creación de morgados, o exceso de tributos e o excesivo número de relixiosos. Publicou Conservación de monarquías y discursos políticos (1626), en que examina as causas da decadencia española, que atribuía fundamentalmente ao abandono da agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e guerrilleiro. Oficial da Xunta Suprema do Reino de Galicia adscrito á Contadoría da Fábrica de Tabacos, en 1809 fuxiu dos franceses e converteuse en guerrilleiro. É autor de Proezas de Galicia, explicadas bajo la conversación rústica de los dos compadres Chinto y Mingote (1810).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Esquiadora. Foi a primeira muller española que gañou unha medalla olímpica, ao acadar a de bronce no xigante dos Xogos Olímpicos de Albertville 1992.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Esquiador. Foi o primeiro deportista español en proclamarse campión olímpico, ao gañar a medalla de ouro do slálom nos Xogos Olímpicos de Sapporo 1972.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. En 1976 creou unha plataforma política de carácter socialdemócrata, que abandonou en 1977 para incorporarse á UCD, partido polo que foi elixido deputado por Madrid. Como ministro de Facenda (1977-1979), promoveu a reforma fiscal e, desde a carteira de Xustiza (1980-1981), a aprobación da Lei do Divorcio. En 1981 abandonou a UCD e fundou o Partido de Acción Democrática, que se integrou no PSOE a comezos de 1983. Foi ministro de Asuntos Exteriores (1985-1992).

    VER O DETALLE DO TERMO