"ILi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1725.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xuntanzas periódicas da Igrexa católica da diocese metropolitana de Santiago e as súas sufragáneas. O primeiro destes concilios, convocado polo arcebispo Diego Xelmírez, celebrouse en 1121, un ano despois de que a sé compostelana recibise o rango metropolitano. Os seguintes concilios celebráronse en 1122, 1124, 1125 e 1130. Os dous primeiros concilios da provincia de Compostela do s XIV reuníronse en Salamanca (1310), onde o arcebispo Rodrigo de Padrón dirixía o proceso contra os Templarios, e en Zamora (1312-1313). O derradeiro celebrouse en 1887, baixo a presidencia do arcebispo Xosé Martín de Herrera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de comprensible.
-
-
Calidade de compresible.
-
-
Propiedade dunha substancia ou corpo pola que reduce o seu volume cando se somete a un aumento de presión. Mídese co coeficiente de compresibilidade.
-
coeficiente de compresibilidade [k]
Cociente entre a diminución relativa do volume dunha substancia e o aumento de presión que a produciu: k=dV/VdP. Mídese en m 2 /N=Pa -1 . Pódese distinguir o coeficiente de compresibilidade isoterma, k<J>T</J>=(-1/V)(ðV/ðP)<J>T</J>, e o coeficiente de compresibilidade adiabática, k<J>S</J>=(-1/V)(ðV/ðP)<J>S</J>. O coeficiente de compresibilidade é o inverso do módulo de compresibilidade. OBS: Tamén se denomina compresibilidade.
-
factor de compresibilidade [Z]
Factor adimensional relativo a un gas, dado pola expresión Z=PV/RT, onde P é a presión, V é o volume molar, R é a constante dos gases perfectos e T é a temperatura. Introducido na ecuación de estado dun gas, dá unha idea da desviación do comportamento deste respecto ao do gas ideal, polo que tamén se coñece como factor de desviación do gas.
-
módulo de compresibilidade [K]
Coeficiente inverso do coeficiente de compresibilidade: K=1/k. Mídese en N/m 2 =Pa. Dá idea da presión que debe aplicarse sobre a unidade de superficie do corpo en cuestión para producir unha determinada diminución relativa do volume.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode conciliar.
-
-
Concilio non convocado por unha autoridade lexítima.
-
Reunión de xente para planear algunha acción, normalmente ilícita ou secreta, en prexuízo de alguén.
-
-
-
Acción e efecto de conciliar ou conciliarse.
-
Actividade xurisdicional voluntaria e previa á incoación dun proceso que, co fin de obter a solución dun conflito, lles ofrece ás partes a posibilidade de chegaren a un acordo negociado. Se o acordo de conciliación non se produce, o acto limítase a fixar os termos reclamantes do proceso que se seguirá. Nalgúns procesos, os actos de conciliación son obrigatorios para as partes como requisito para acudir á vía xudicial.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen concilia ou ten a vontade de conciliar.
-
-
Relativo ou pertencente ao concilio, emanado del ou de acordo coas súas decisións.
-
-
Poñer de acordo dúas ou máis persoas enfrontadas por algo.
-
Facer compatibles cousas que semellan contraditorias ou diferentes.
-
-
Facer que algunha persoa consiga algo, case sempre inmaterial.
-
-
Poñerse a ben dúas ou máis persoas que estaban enfrontadas por algo.
-
FRAS: Conciliar o sono. Empezar a durmir.
Facerse compatibles cousas que semellan contraditorias ou diferentes.
-
-
-
-
-
Poñer de acordo dúas ou máis persoas enfrontadas por algo.
-
Facer compatibles cousas que semellan contraditorias ou diferentes.
-
-
Facer que algunha persoa consiga algo, case sempre inmaterial.
-
-
Poñerse a ben dúas ou máis persoas que estaban enfrontadas por algo.
-
Facerse compatibles cousas que semellan contraditorias ou diferentes.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao concilio, emanado del ou de acordo coas súas decisións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que sostén a supremacía do concilio sobre o papa. O Decreto de Gracia (s XII) inclúe xa o principio que determina que o papa pode ser xulgado pola Igrexa en caso de herexía. Marsilio de Padua e William Ockam (s XIV) estableceron a base do conciliarismo, defendido brillantemente por Konrad von Gelnhuasen, Heinrich von Langenstein, Pierre d’Ailly e Gerson. Esta doutrina, que triunfou co Cisma de Occidente, aplicouse nos concilios de Constanza (1418) e Basilea (1447), e tivo adeptos ata o Concilio I do Vaticano (1869-1870).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura dialéctica que consiste en empregar un termo, previamente utilizado nun sentido determinado, nunha acepción diferente. É habitual o seu uso no marco dunha disputa, pois permítelle ao orador cambiar o sentido das palabras do seu adversario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que concilia ou ten por obxecto conciliar vontades ou criterios.
-
-
-
Reunión de bispos da Igrexa católica, lexitimamente constituída para decidir ou lexislar sobre problemas eclesiásticos xerais. Os concilios, segundo o seu ámbito e importancia, poden ser universais (ou ecuménicos) e particulares (ou sínodos), que se dividen en plenarios e provinciais. Durante a segunda metade do s II, a Igrexa resolveu cuestións debatidas, como a unificación da data da Pascua ou a determinación dunha regra elemental da fe, dos libros do canon bíblico e do carácter de sucesores dos apóstolos propio dos bispos, e foi tomando conciencia da necesidade de reunir todas as igrexas para resolver problemas comúns. Durante o s III e a comezos do IV, o concilio era algo habitual na vida da Igrexa, sobre todo en momentos de crise; así, algúns problemas, como a validez do bautismo administrado polos herexes ou da penitencia dos lapsi, discutíronse en concilios (África e Asia Menor, cara ao 220; Cartago, en maio do 251, seguido...
-
concilios medievais
Asembleas mixtas de señores eclesiásticos e nobres, convocadas polos monarcas, nas que se trataban materias eclesiásticas e seculares. Neles formulábanse ocasionalmente principios políticos xerais, como a obriga de acatamento polos súbditos das ordes do príncipe. O estamento eclesiástico ocupábase da promulgación dos decretos e do castigo das infraccións con penas espirituais. Como consecuencia do movemento de fortalecemento e centralización que acometeu o papado dende finais do s XI, os concilios limitáronse a cuestións eclesiásticas. Constituían prolongacións dos concilios de Toledo da época visigoda.
-
-
Reunión de xente para tratar un tema determinado.
-
Colección dos decretos dun concilio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento de renovación espiritual promovido pola comunidade ecuménica de Taizé (Francia), fortemente influído pola personalidade do seu prior Roger Schutz. Iniciou o seu labor na xuntanza do verán de 1974. Organiza reunións europeas anuais coa participación de grupos de mozos pertencentes a países de toda Europa. Neses encontros, nos que tomaron parte algunhas asociacións parroquiais de Galicia e de toda España, desenvolvéronse diversas actividades de carácter social e relixioso. Dous deles tiveron lugar en Barcelona, nos anos 1979 e 1985, con máis de 20.000 asistentes. O 7 de marzo de 1980, arredor de 2.000 rapaces xuntáronse en Sevilla e iniciaron unha peregrinación europea ata Bélxica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Concilio de Trento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reunión da Igrexa católica celebrada na cidade de Burgos en 1136. Entre as decisións que adoptou destaca a excomuñón de Guillerme Seguín, líder da revolta dos burgueses composteláns contra o arcebispo Diego Xelmírez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xuntanza convocada polos bispos das dioceses galegas en 1974. Constou de cinco sesións centradas, respectivamente, nas problemáticas da liturxia, da catequese e dos medios de comunicación, do clero, dos segrares, e da caridade e promoción social. As sesións prolongáronse ata 1979. A iniciativa da celebración do Concilio partira do arcebispo de Santiago, o cardeal Quiroga Palacios, en 1966. O cardeal pretendía aplicar na súa arquidiocese as directrices emanadas do Concilio Vaticano II, que supuñan unha fonda renovación na vida da Igrexa. Unha das esixencias máis novidosas das conclusións do Concilio Vaticano II era a necesidade de inculturación e encadramento das igrexas locais no seu contexto social e cultural. Así, o episcopado galego acordou comezar un proceso de debate no seo da Igrexa, aberto á participación do clero e dos segrares, co que pretendía coñecer a situación, as necesidades e as aspiracións da comunidade de fieis. En 1968, os bispos galegos decidiron principiar as actividades...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Serie de concilios, celebrados en Braga, que serviron para asesorar a monarquía sueva en materia relixiosa. No primeiro concilio (561) instituíuse este tipo de asemblea como órgano asesor da monarquía sueva de Galicia (Galliciense Regnum), un sistema que foi adoptado polo reino visigodo de Toledo anos despois. No segundo concilio (572) sancionouse a política rexia dos suevos contra o arianismo visigodo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista internacional de teoloxía, publicada en nove linguas que comezou a editarse en 1965. Influída polo espírito do Concilio Vaticano II, a súa dirección organizou dous congresos internacionais de teólogos, un en Bruxelas (1970) e outro en Louvain (1990).