"Marc" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 524.
-
VER O DETALLE DO TERMO
1marrote.
-
GALICIA
Escritor. Foi socio fundador do Centro Gallego de La Habana e vogal da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega. Publicou Colón pontevedrés (1920), coa que reclamou a galeguidade de Cristovo Colón, Historia de Galicia (1924) e Contra España, no (1928). Gañou a medalla de ouro nos Juegos Florales do Centro Gallego de La Habana con Influencia de los gallegos en Cuba (1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Louis Casimir Ladislas Markus.
-
PERSOEIRO
Pintor, deseñador e artista gráfico ruso. Coñecido como El Lissitzky, definiuse como construtivista e comezou a facer construcións en que combinaba unha perspectiva imaxinaria coa abstracción xeométrica. Exiliado en Berlín (1922) e Suíza (1926), traballou na fotografía aérea e na fotocolaxe. Cofundador da revista USSR in Constrution (1932-1938) con Rodchenko, traballou en libros de deseño, espacios para mostras e escribiu Historia de dous cadros (1922).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Loitador e adestrador. Especialista en loita libre, foi 17 veces campión de España, ademais de practicar loita grecorromana e sambo. Foi campión galego en varias ocasións desde 1977 e participou nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988). Gañou a medalla de ouro no Torneo de Lisboa (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico canadense. Estudiou os procesos electroquímicos elementais, a transferencia de electróns e a teoría das reaccións moleculares, campos en que aplicou modelos matemáticos. Recibiu o Premio Wolf de Química (1984) e o Premio Nobel de Química (1992) pola súa contribución á teoría da transferencia de electróns.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Nacionalizado estadounidense, achegou á escola de Frankfurt a súa adaptación da filosofía heideggeriana a problemas político-revolucionarios. Membro do Sozialdemokratische Partei Deutschlands (SPD), coa chegada do nazismo (1933) emigrou a Xenebra e a EE UU (1934). A súa filosofía caracterízase pola análise da última sociedade capitalista e pola procura da súa superación. Defende que as sociedades desenvolvidas se caracterizaban pola busca da eficacia e da comodidade, feito que as convertía en sociedades pechadas, en que o individuo quedaba dominado pola colectividade, que, á súa vez, somete as forzas revolucionarias. Segundo isto, os seus elementos subversivos e antisociais serían os estranxeiros, os explotados, os desocupados, as minorías, os marxinados e os excluídos do sistema. A súa presenza amosa a necesidade de pór fin a condicións e institucións intolerables, aínda que non aclara cómo sería un proceso revolucionario protagonizado por estes actores. Erixiuse, durante a segunda...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Dinamarca e Noruega (1387-1396) e de Suecia (1389-1396), filla de Valdemar IV de Dinamarca. Casada en 1363 con Haakon VI de Noruega, foi rexente durante a minoría de idade do seu fillo Olavo II de Dinamarca e derrotou a Alberte I de Suecia, país do que se fixo proclamar raíña. Impuxo a Unión de Kalmar (1397) aos reinos de Noruega, Suecia e Dinamarca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Dinamarca desde 1972, filla de Federico IX de Dinamarca e Noruega. De nome Margrette Alexandrine Thorhildur Ingrid, puido ser elixida como herdeira en 1953 pola abolición da lei sálica. Casou en 1967 co aristócrata francés Henri de Laborde de Monpezat, de quen tivo dous fillos, Federico, príncipe herdeiro, e Xoaquín.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Comarca situada no N da provincia de Lugo e no NL de Galicia. Limita ao N co Mar Cantábrico, ao S coas comarcas de Terra Chá (concellos de Abadín e A Pastoriza) e Meira (concello de Riotorto), ao L coa comarca da Mariña Oriental (concellos de Barreiros e Trabada) é o O coas comarcas da Mariña Occidental (concellos de Cervo, Viveiro e Ourol) e Terra Chá (concello de Muras). Abrangue unha extensión total de 509,4 km2cunha poboación de 30.975 h (2001), distribuída entre os concellos de Alfoz (77,8 km2; 2.382 h), Burela (8,3 km2; 8.161 h), Foz (100,3 km2; 9.488 h), Lourenzá (62,6 km2; 2.776 h), Mondoñedo (150,4 km2; 5.007 h) e O Valadouro (110 km2; 2.377 h). O espazo comarcal abarca a parte central da costa lucense, con tres cabeceiras que se disputan a primacía comarcal: Burela, Foz e, en menor medida, Mondoñedo. Das tres cabeceiras comarcais, Mondoñedo (43° 25’ N e 7° 20’ O) é partido xudicial, do que dependen, ademais,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Comarca situada no N-NO da provincia de Lugo e no N de Galicia. Limita ao N co Mar Cantábrico, ao S coa comarca de Terra Chá (concello de Muras), ao L coas comarcas da Mariña Central (concellos de Burela, Foz e O Valadouro) e Terra Chá (concello de Abadín), e ao O coa comarca coruñesa de Ortegal (concello de Mañón). Abrangue unha extensión total de 500,9 km2, cunha poboación de 27.362 h (2001), distribuída entre os concellos de Cervo (81,1 km2; 4.936 h), Ourol (145,4 km2; 1.445 h), O Vicedo (76 km2; 2.194 h), Viveiro (109,3 km2; 15.240 h) e Xove (89,1 km2; 3.547 h). A cabeceira comarcal, Viveiro (latitude 43° 39’ 50’’N e lonxitude 7° 35’ 30’’ O), é sede de partido xudicial, do que dependen o resto dos concellos da comarca. O espazo comarcal posúe un centro funcional, Viveiro. Esta vila centraliza todos os servicios administrativos cun ámbito de influencia que se estende a toda a costa N da provincia de Lugo, malia que determinados...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Comarca situada no N-NL da provincia de Lugo e no NL de Galicia. Limita ao N co Mar Cantábrico, ao S coa comarca da Fonsagrada (A Fonsagrada e Ribeira de Piquín), ao L con Asturias e a ría de Ribadeo e ao O coas comarcas da Mariña Central (Foz e Lourenzá) e Meira (Riotorto). Abrangue unha extensión total de 403km2, cunha poboación de 17.732 h (2001), distribuída entre os concellos de Barreiros (72,42 km2; 3.574 h), A Pontenova (135 km2; 3.628 h), Ribadeo (112,3 km2; 9.035) e Trabada (82,7 km2; 1.591). A cabeceira comarcal, Ribadeo (latitude 43° 32’ N e lonxitude 7° 01’ O), foi sede de partido xudicial, pero depende de Mondoñedo, ao igual que todos os concellos da comarca, constituída nun espazo funcional moi vencellado á vila de Ribadeo, centro administrativo, comercial e de servicios, cun ámbito de influencia supracomarcal (occidente de Asturias), pero moi limitado na súa parte occidental debido á presenza de Foz.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía... -
GALICIA
Futbolista. Xogou no Rácing de Ferrol e no Real Zaragoza (1958-1969), co que gañou tres Copas do Xeneralísimo e unha Copa de Ferias formando parte da dianteira coñecida como “Los cinco magníficos”. Foi internacional en 14 ocasións e proclamouse campión da Eurocopa (1964), onde marcou o gol da vitoria na final.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e economista. Foi director da Escola de Comercio de Vigo, membro do Consello Económico Provincial e Nacional, e presidente da delegación galega do Instituto de Censores Jurados de Cuentas de España. Colaborou en diversos xornais e revistas, como La Voz de Galicia e Faro de Vigo, e asinou algunha das súas obras cos pseudónimos Emetrés ou Noezas. Publicou Ayer y hoy en la repoblación forestal, Teoría de los empréstitos, Problemas del cambio (1931) e Síntesis económica de Galicia (1958). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico italiano. Triunfou co seu marcado estilo sofisticado e a súa aparencia triste. Protagonizou I soliti ignoti (1958), La dolce vita (1960), Divorzio all’italiana (1962) e Ginger e Fred (1985). As súas derradeiras contribucións foron en Prêt-a-porter (1994), Sostiene Pereira (1996) e Viagem ao principio do mundo (1997). Foi premiado no Festival Internacional de Cine de Donostia-San Sebastián por Casanova ‘70 (1965) e no Festival Internacional de Cine de Cannes por Dramma della gelosia-tutti i particolari in cronaca (1970) e Oci ciorne (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor belga. Cultivou as novelas melodramáticas e costumistas de tendencia social. Das súas obras destacan De doodslag (Delito de sangue, 1926), Herfst (Outono, 1933), Schaduw over Brugge (Sombra sobre Bruxas, 1940), Mensen in de strijd (Xente ao combate, 1943) e Hellegat (A cova do inferno, 1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociólogo e antropólogo francés. Considérase o fundador da etnoloxía en Francia e o introdutor na escola sociolóxica francesa dunha concepción funcionalista e estruturalista, prolongada e desenvolvida posteriormente por Lévi-Strauss. Foi discípulo de Durkheim e colaborou con el na revista L’Année Sociologique, da que tamén foi director. Das súas obras destacan Essai sur la nature et la fonction du sacrifice (1899), con Henri Hubert, La sociologie, objet et méthode (1901), con Fauconnet, Essai sur le don. Forme et raison de l’échange dans les sociétés archaïques (1923-1924), Les techniques du corps (1934) e Manuel d’ethnographie (1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano, fillo de Marco Aurelio Valerio Maximiano. Foi excluído da sucesión despois de que o seu pai abdicase (305), pero os pretorianos proclamárono augusto. Trala reordenación do imperio (308) fuxiu á Galia. Posteriormente volveu a Roma pero non acadou a popularidade, malia que construíu enormes e custosos edificios. Enfrontouse con Constantino I na Batalla da Ponte Milvio e foi derrotado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (286-305 e 307-308). Foi enviado á Galia co título de césar durante o goberno do Emperador Diocleciano para reprimir a revolta dos bagaudas. Nomeado emperador en 286, acadou o mando sobre as provincias occidentais e residiu en Tréveris. Seguindo o exemplo de Diocleciano, abdicou e retirouse a Lucania (305), pero volveu ao poder en 307 e, despois de rexeitar o seu fillo Maxencio, nomeou emperador a Constantino I. Foi obrigado a abdicar novamante en 308.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Comarca situada no centro-L da provincia de Lugo, e no NL de Galicia. Limita ao N coas comarcas da Mariña Central (Mondoñedo e Lourenzá) e A Mariña Oriental (Trabada), ao S coas de Lugo (Castroverde) e A Fonsagrada (Baleira), ao L coas da Fonsagrada (A Fonsagrada) e A Mariña Oriental (A Pontenova) e ao O coa de Terra Chá (A Pastoriza e Castro de Rei). Abrangue unha extensión de 327,05 km2en que acolle unha poboación de 5.492 h (2001), distribuída entre os concellos de Meira (50,6 km2; 1.798 h), Pol (125,85 km2; 2.058 h) Ribeira de Piquín (79,8 km2; 937 h) e Riotorto (70,8 km2; 1.799). O concello de Meira centraliza unha tradicional área de mercado, que se debilita día a día coa caída demográfica e co incremento da centralidade terciaria da capital provincial. A área N do concello de Pol ten unha maior vinculación funcional á comarca que o S, máis enfocado cara a Lugo. Pola súa banda, Ribeira de Piquín é o que ten unha maior unión funcional...
VER O DETALLE DO TERMO