"ONG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 454.

    1. de prolongar ou prolongarse

    2. Que é máis longo ou que dura máis do normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de prolongar ou prolongarse.

    2. Parte coa que se prolonga unha cousa, especialmente no espazo, e que, por evolución, se transformou noutra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer algo máis longo ou extenso no espazo ou no tempo.

    2. Chegar algo ata un punto determinado.

    3. Demorarse algo máis do previsto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua común do chinés, que se basea na pronuncia de Pequín (o mandarín), na sintaxe das linguas do norte e no vocabulario e na literatura moderna en baihua. Desde 1956 converteuse na única lingua de ensino das rexións de lingua han e, a partir dese momento, foi a lingua apoiada oficialmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da República Democrática Popular de Corea (2.741.260 h [1993]). Situada á beira do río Taedong, no centro da principal zona mineira, converteuse no primeiro núcleo industrial do país, coa industria siderúrxica, química, téxtil e alimentaria. Foi fundada polos chineses en 1122 a C e, ocupada polos xaponeses en 1592, sufriu grandes prexuízos na Guerra Chino-xaponesa (1894) e Ruso-xaponesa (1904). A finais da Segunda Guerra Mundial foi capital da zona de ocupación soviética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República Democrática Popular de Corea (11.577 km2; 2.653.000 h [estim 1987]). A súa capital é Pyŏngsan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República Democrática Popular de Corea (12.191 km2; 2.380.000 h [estim 1987]). A súa capital é Sinŭiju.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Guangdong, China, está situada na costa N da illa de Hainan (384.854 h [1975]). Antiga capital administrativa de Hainan, o anteporto de Haikou superouna en importancia e tamaño, ata que en 1949 a substituíu como centro administrativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do extremo meridional da península de Indochina (Vietnam do Sur) que separa o golfo de Tailandia do mar da China Meridional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santalla de Vilausende (Ribadeo). Conserva a estrutura primitiva, con patio de entrada e corredor sobre piares de granito e cuberta de lousa. O conxunto, rodeado por unha muralla, complétase cun pombal hexagonal e unha capela dedicada á Inmaculada. No muro L destaca unha pedra de armas dos Montenegro e Luaces.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao animal que ten o rabo longo.

    2. algaria.

    3. Ave de aproximadamente 17 cm, con dimorfismo sexual, co macho coa plumaxe dorsal leonada e a ventral abrancazada, ás brancas, pardas e negras, cabeza cinsenta, cunha mancha negra en forma de bigote ao lado do peteiro amarelo, e patas negras, mentres que a femia non ten a mancha ao lado do peteiro e a cabeza é parda. Vive en lagoas e pantanos, entre a vexetación alta, alimentándose de insectos e larvas. De distribución irregular en Europa, en Galicia a súa presenza é moi accidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Changwat de Tailandia (3.298 km2; 161.200 h [2000]). A súa capital é Ranong (16.954 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa principal do arquipélago de Cook, situada no Pacífico suroccidental (67,1 km2; 12.188 h [2001]). O núcleo principal é Avarua, capital das illas Cook. Cultívase copra, bananas e cítricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de negociacións celebradas en Rastatt (1797-1799), prevista no Tratado de Campoformio, entre Francia, Prusia e Austria, para estudar as compensacións que se darían aos príncipes alemáns privados das súas terras na ribeira esquerda do Rin. Rematou sen apenas acordos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Changwat de Tailandia (3.552 km2; 520.082 h [2000]). A súa capital é Rayong (106.585 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunión celebrada no val do río Bruña, preto de Casaio, en xullo de 1946 entre os dirixentes guerrilleiros de León e Galicia. Neste congreso enfrontáronse as distintas tendencias políticas da loita guerrilleira, comunistas por un lado, e socialistas, anarquistas e republicanos, polo outro. A xuntanza rematou cun acordo entre as seccións guerrilleiras. A Garda Civil tivo noticia da concentración na serra do Eixe e os guerrilleiros Francisco Elvira Cuadrado e Arcadio Ríos morreron no enfrontamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias da Pereira e Venceáns (Entrimo). O seu cumio acada os 967 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario inglés. Profesor en Cambridge e Harvard, os seus escritos teóricos, de aspecto psicoloxista, tiveron un papel determinante na formación das novas correntes críticas de principios do s XX. Escribiu The Meaning of the Meaning (1923), xunto a C. K. Ogden; Principles of Literary Criticism (1924), Practical Criticism (1929) e The Philosophy of Rethoric (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Miño que nace e desemboca na parroquia de Meira, no concello homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO