"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

    1. Relativo ou pertencente a Bergantiños ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Bergantiños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca do NO da Comunidade Autónoma, unha das máis claramente definidas e de maior personalidade de Galicia. A súa delimitación coincide practicamente coa conca do río Anllóns. Está integrada polos concellos de Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso. A súa cabeceira comarcal é o núcleo urbano de Carballo, situado a 43° 12’ 50’’ de latitude N e 8° 41’ 20’’ de lonxitude O. Limita ao N co Océano Atlántico, ao L coa comarca da Coruña, ao O coa Terra de Soneira e ao S coas comarcas de Ordes e Xallas. Abrangue unha superficie de 739,28 km2nos que acolle unha poboación de 71.230 h (1998).
    Xeografía física
    A comarca participa en conxunto dos trazos característicos do clima oceánico húmido (temperaturas suaves, escasa oscilación térmica, frecuentes precipitacións, alta humidade relativa, etc), pero amosa no seu interior certos matices orixinados pola distinta orientación, latitude e lonxitude. Deste xeito a comarca do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín editado polo Centro Social e Cultural Bergantiños en Montevideo. O Centro fundouse a finais dos anos sesenta na capital do Uruguay. A iniciativa partiu dun grupo de activos representantes da comarca coruñesa como Walter Pena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mezzosoprano. Estudiou en Madrid con Lola Rodríguez de Aragón. A súa voz é moi persoal e particularmente recoñecible, de belísima cor e cun centro rico, corpóreo e cálido, con gran facilidade para as axilidades. Ofreceu o seu primeiro concerto no Ateneo de Madrid (16.2.1957). O seu debut operístico foi en xullo de 1957 no festival de Aix-en-Provence, interpretando a Dorabella do Così fan tutte mozartiano, baixo a dirección de Hans Rosbaud. Actuou nos principais festivais e teatros de ópera do mundo (Covent Garden de Londres, Scala de Milán, Metropolitan de Nova York, Colón de Bos Aires, etc), xunto a figuras como María Callas, Jon Vickers ou Mirella Freni e colaborou con prestixiosos directores de orquestra como Karajan, Solti, Mehta ou López Cobos. Carmen de Bizet foi un dos papeis emblemáticos na súa carreira, interpretado no festival de Edimburgo (22.8.1977), coa dirección musical de Claudio Abbado e escénica de Piero Faggioni. O seu repertorio inclúe ademais Charlotte...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia aromática extraída da esencia da bergamota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do territorio de Gipuzkoa, Euskadi, situado no val do río Deba (15.317 h [1996]). É un centro industrial, favorecido pola súa situación nun nó de comunicacións. No termo atopáronse dúas estacións megalíticas, a de Udala-Intxorta e a da Elosua. Situada no interior do país dos vascóns, permaneceu allea á influencia romana e musulmana. A primeira referencia documental data de 1050, nunha escritura rexia de doazón de leiras ao mosteiro de San Juan de la Peña. Ao incorporarse o señorío de Gipuzkoa ao Reino de Castela (1200), principiou un proceso de fundación de vilas no que se inscribe a creación, no camiño de Vitoria a Deba e Getaria, de Villanueva de Vergara, fundada por Afonso X en 1268 baixo o foro de Vitoria. Coa intención de confirmar a posesión e frear o perigo que supuñan franceses e navarros, Afonso X concedeulle privilexios en 1273. Durante a Baixa Idade Media a vila experimentou un proceso de expansión urbana e económica que se prolongou na Idade Moderna: o mercado de trigo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que é coñecido o tratado de paz asinado o 29 de agosto de 1839 por Espartero e Maroto, xefes respectivos dos exércitos isabelino e carlista, en Oñati, que puxo fin á Primeira Guerra Carlista (1833-1839). O convenio representaba o recoñecemento de Isabel II como Raíña lexítima. O pacto foi rubricado co abrazo dos dous exrivais (Abrazo de Bergara); sen embargo, a resistencia carlista continuou en Aragón, Catalunya e València ata xullo de 1840.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bergdamas.

    2. Individuo do pobo bergdama.

    3. Pobo das rexións montañosas centrais de Namibia que en 1982 agrupaba a 88.000 individuos. Aínda que se descoñece a súa orixe, probablemente se trate dunha poboación prebantú. Orixinariamente vivían da recolleita e da gandería vacúa; sen embargo, mentres estiveron sometidos á dominación dos herero, traballaban os metais. A lingua é unha variante do nama, que non falaban orixinariamente senón que lles debeu chegar a través dos grupos khoikhoi veciños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome flamengo de Mons, en Bélxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do fylke de Hordaland, Noruega, situada á beira do Vågenfjord (224.130 h [1997]). Érguese nunha pequena chaira litoral bordeada de outeiros que dificultan a expansión urbana, estendéndose polo estreito que divide o fiorde, onde están as instalacións portuarias. Fundada cara ao 1070 por Olavo III e chamada Bjorgvin, foi a cidade máis importante de Noruega durante a Idade Media. Desde o s XIV formou parte da liga hanseática. É sede dunha das universidades de maior prestixio da Península Escandinava. Foi escollida, canda Santiago de Compostela e outras sete cidades, Cidade Europea da Cultura do ano 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Estudiou Interpretación na Universidade de Pennsylvania. Comezou traballando como modelo publicitaria. Casou en 1980 co cineasta Louis Malle. Foi nominada ao Oscar como mellor actriz secundaria por Starting Over (Comezar de novo, 1979). Recibiu numerosos premios polo seu traballo na serie televisiva Murphy Brown. Outros traballos seus son: The Group (O grupo, 1965), Soldier Blue (Soldado Azul, 1970), The Hunting Party (Caza implacable, 1971), Rich and Famous (Ricas e afamadas, 1980) e Stick (Xogar duro, 1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Narrador e poeta alemán. A súa obra caracterizouse pola riqueza anecdótica e por un concepto optimista da actividade creadora. Cómpre remarcar a novela Der Grosstyrann und das Gericht (O gran tirano e o tribunal, 1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbas perennes da familia das saxifragáceas que presentan rizomas, follas sinxelas, enteiras, carnosas e de bordo finamente dentado, e flores de cinco pétalos de cor rosa e dispostas en acios. Orixinario de Siberia, foi introducido en Europa no século XVIII e está presente en Galicia como ornamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nefropatía caracterizada por episodios repetidos de hematuria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo e filósofo francés. Como outros filósofos consideraba que o problema epistemolóxico complicaba o problema ontolóxico. A súa primeira obra importante foi o ensaio Les conditions de l’intelligibilité et le problème de Ia contingence (As condicións da intelixibilidade e o problema da continxencia, 1925). Preocupado pola caracteroloxía, destacou polos seus estudios sobre o carácter e sobre a noción de prospectiva, sobre os que publicou varias obras, entre as que destaca o Traité pratique de l’analyse du caractère (Tratado práctico de análise do carácter, 1950). Postumamente publicouse L’homme moderne et son éducation (O home moderno e a súa educación, 1962), onde expuña a súa teoría educativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Neuropsiquiatra alemán. Foi o introdutor da electroencefalografía en clínica (1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo coñecido co nome de Maurice Béjart. Foi director dos Ballets de l’Etoile (1954-1957), posteriormente nomeados Ballete Théâtre de Maurice Béjart (1957-1959) e Ballets du XXème Siècle (1959) e do Théâtre Royal de la Monnaie, de Bruxelas (1960). En 1970 fundou en Bruxelas a escola Mudra de danza e acción corporal. En 1987 creou e dirixiu o Béjar Ballet Lausanne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista norteamericano. Escribiu, entre outras, Crazy in Berlin (Un tolo en Berlín, 1958), Reinhart in Love (Reinhart enamorado, 1962), Little Big Man (O pequeno gran home, 1964), levada ao cine por A. Penn en 1970, Killing Time (Tempo mortal, 1967), Regiment of Women (Rexemento de mulleres, 1973), Who is Teddy Vilanova? (Quen é Teddy Vilanova?, 1977), Neighbours (Veciños, 1980), Being Invisible (Ser invisible, 1987), Orrie’s Story, (A historia de Orrie, 1990), Meeting Evil (Encontro perverso, 1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Dordogne, na Aquitania, Francia, situada á beira do río Dordogne (26.899 h [1990]). É un núcleo industrial próximo á central hidroeléctrica de Teulhèras. É sede dun instituto de experimentación do tabaco.

    VER O DETALLE DO TERMO