"Ya" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 670.

  • DISTRITOS

    Distrito de Serra Leoa, situado na provincia Meridional (6.902 km2; 250.514 h [1985]). A súa capital é Moyamba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. De ideas avanzadas, evolucionou cara a ideas máis moderadas. Foi ministro de Fomento cos gobernos de Francisco Lersundi Hormaechea (1853), de Narváez Campos (1856-1857) e de Lorenzo Arrazola García (1864). En 1857 decretou a Lei de Instrución Pública,   coñecida como Lei Moyano, que estableceu a obrigatoriedade do ensino primario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei de Instrución Pública que se promulgou o 9 de setembro de 1857, cando Claudio Moyano Samaniego era ministro de Fomento, e que estivo vixente ata 1945. A súa formulación é a dunha lei de bases en que se recollen uns principios fundamentais coa intención de evitar así un debate parlamentario sobre cuestións que podían resultar de máis difícil consenso. É unha norma ecléctica produto dunha encrucillada histórica que logrou sintetizar medio século de iniciativas político-educativas. De aí que os seus alicerces se encontren no Regulamento de 1821, no Plan do Duque de Rivas de 1836 e no Plan Pidal de 1845. Compendio e resumo de todas as anteriores, tentou harmonizalas conseguindo un estimable equilibrio entre as posicións de moderados e progresistas. Esta característica peculiar pode explicar, quizais, a súa vixencia ao longo dos ss XIX e XX. A súa base lexislativa recolle os principios de obrigatoriedade administrativa, uniformidade, secularización e liberdade minguada. Tamén pon de manifesto...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Imán, fillo de ‘Alī ibn Abī Tālib e dunha dona da tribo dos Banū Hanīfa. Medio irmán de Husayn, á morte deste (680) foi elixido imán e mahdī pola rama extremista do xiísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Califa almohade (1199-1213), fillo e sucesor de Abū Yūsuf Ya’qūb. Arrebatou as Illes Balears a ‘Abd Allāh ibn Is Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ aq ibn Ġāniya, pero foi derrotado por unha coalición cristiá en Las Navas de Tolosa (1212) e refuxiouse no norte de África.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Coñecido como Gabriel Celaya, conviviu con Luis Buñuel, Salvador Dalí, F. García Lorca, J. R. Jiménez e Ortega y Gasset na Residencia de Estudiantes. Tras a Guerra Civil, onde combateu como republicano, militou no Partido Comunista de España. Considerado un dos máximos expoñentes da poesía social española, despois dunha longa paréntese escribiu unha obra abondosa, primeiro realista e despois experimental. Desta época destacan Marea del silencio (1935), asinada como Rafael Múgica; La soledad cerrada (1936, Premio del Centenario Bécquer), Tentativas (1946), Lo demás es silencio (1952), Paz y concierto (1953), Vía muerta (1954), Cantos iberos (1955), Poesía y verdad (1959), Versos de otoño (1963, Premio Altaya) e Poesías completas (1969). Máis tarde empregou a poesía como medio para unha toma de conciencia colectiva encamiñada cara a unha transformación da sociedade, como en La voz de los niños (1972), Buenos días, buenas noches (1976) ou Parte de guerra (1977). Tamén é autor de ensaios,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e eclesiástico. Foi retor da Universidad de Salamanca (1787), deputado por Extremadura ás Cortes Generales (1810) e presidente da comisión encargada da elaboración da constitución nas Cortes de Cádiz. Defensor da liberdade de imprenta e da abolición da Inquisición, foi encarcerado por orde de Fernando VII (1815). Tras a sublevación de José del Riego (1820), foi liberado e elixido deputado (1822), pero coa restauración do absolutismo tivo que exiliarse en Portugal (1823), onde tamén foi perseguido polas súas ideas liberais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Burundi (1.535 km2; 441.653 h [1990]). A súa capital é Muramvya (57.442 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en 1934 en Barcelona baixo o goberno da Generalitat. Con sede no Palau Nacional de Montjuïc, o Museu d’Art de Catalunya inicialmente amosaba ao público a evolución das artes plásticas en Catalunya desde o prerrománico ata a época moderna e pretendía converterse nun centro activo da investigación e da divulgación da arte catalá. Cerrado en 1937, foi reaberto en 1941, sen as obras dos dous últimos séculos, que constituíron o Museu d’Art Modern Barcelona (1945). Consta de tres grandes seccións, a de arte románica, a de arte gótica e a do Renacemento e o Barroco. A partir da promulgación da lei de museos catalá (1990), adquiriu a categoría de nacional e volveu integrar o Museu d’Art Modern xunto co Gabinet Numismátic e a Biblioteca dels Museus d’Art de Barcelona. É xestionado por un organismo autónomo con representación da Generalitat de Catalunya e do concello de Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro califa de Damasco (661-680). Foi fundador da dinastía omeia e membro da familia de Mahoma. ‘Umar I nomeouno gobernador de Siria (639) ata que, tras a morte de U Palatino; ṯ mān ibn ‘Affān (656), se negou a recoñecer a ‘Alī ibn Abī Palatino; Ṭ ālib e se proclamou califa en Xerusalén (661).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado do SL de Asia, na parte NO da península de Indochina, que limita ao NL con China, con Laos e Tailandia ao SL, con India e Bangladesh ao NO, co golfo de Bengala ao SO, e co mar de Andaman ao S (676.577 km2; 45.976.000 h [estim 2001]). A súa capital é Yangon.
    Xeografía física
    O relevo de Myanmar consta dunha depresión central e unhas rexións periféricas, de montañas dificilmente penetrables; o Arakan Yoma, o Pātkai, o altiplano de Shan e os montes Chin. O cumio máis elevado do país é o Hkakabo Razi de 5.881 m de altitude. A depresión regada polo río Irauadi e os seus afluentes teñen no extremo meridional o delta deste río, cunha extensión duns 35.000 km2. O clima é tropical monzónico, con temperaturas elevadas durante todo o ano, e a pluviosidade varía moito segundo a altitude e o grao de exposición aos monzóns. Sucédense tres estacións, unha chuviosa (desde finais de maio a finais de outubro), unha relativamente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mu ḥ āfaa de Líbano (205.000h [estim 1996]). A súa capital é Al-Nabatīya (100.000 h [1985]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta árabe preislámico. É autor dunha casida incluída a miúdo no grupo das mu’allaqa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Catedrático de Literatura Española en Manresa, foi redactor xefe da revista Destino (1940-1944) e un dos fundadores de Ediciones Destino. Publicou Ciudades de España (1944). Na súa memoria foi instituído en Barcelona o Premio Nadal de novela en castelán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Saitama, na illa de Honshū, Xapón, situada a 20 km ao N de Toquio (144.335 h [estim 1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do ken de Aichi, situada na illa de Honshū, Xapón (2.154.376 h [1997]). É un dos núcleos industriais máis importantes do país, con industrias de automóbil, de produtos químicos, plásticos e cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome húngaro da cidade de Baia Mare desde 1918.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento pictórico e grupo de pintores húngaros que foi fundado en 1896 por Simon Hollósy na cidade transilvana de Nagybánya. Destacan Hollósy, István Réti, Károly Ferenczy, János Thorma e Béla Iványi-Grünwald.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político xaponés. En 1982 foi elixido presidente do Jiyu Minshu-to (Partido Liberal Demócrata, JMt), partido conservador no poder desde 1955, para despois ser nomeado primeiro ministro (1982-1987). Impulsor dunha política de apertura económica e de aliñación do Xapón no mundo occidental, renunciou á presidencia do JMt e do goberno en 1987.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Henan, China, situada na beira do río Baihe (243.303 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO