"alt" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 697.

  • Que enaltece.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de enaltecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elevar o mérito de algo ou de alguén, de xeito que aumente a súa honra, a súa gloria ou a súa fama.

    2. Falar ben de algo ou de alguén de xeito que se realcen as súas boas calidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos eopsáltridos.

    2. Ave da familia dos eopsáltridos.

    3. Familia de aves, da orde dos paseriformes, que oscila entre os 14 e 18 cm de lonxitude; as máis das especies teñen a cabeza e o lombo escuros, e os machos caracterízanse por ter o peito vivamente coloreado de vermello ou amarelo. Son de hábitos insectívoros e buscan as súas presas principalmente no chan. Abrangue 34 especies distribuídas por Australia e Asia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que serve de fronteira hispanolusa no territorio da parroquia de Abades, concello de Baltar. O seu cumio acada os 1.234 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de esmaltar.

    2. Acción e efecto de esmaltar.

    3. Obra feita con esmalte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen esmalta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello para esmaltar fotografías. Consiste nunha placa metálica puída onde se dispoñen as fotografías unha vez sacadas do derradeiro baño no proceso de revelado e pasadas por unha solución esmaltadora. Esta placa vai montada nunha caixa que contén unha serie de resistencias eléctricas encargadas de evaporar a auga das copias e de secalas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cubrir un obxecto con esmalte.

    2. Adornar algunha cousa combinando diferentes cores, materiais ou matices.

    3. Abrillantar a superficie dunha fotografía por medio da esmaltadora.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. erniz vítreo aplicado por fusión a un metal, á porcelana, á louza ou a outro tipo de material. Ten unha gran resistencia aos elementos corrosivos e emprégase na protección de metais e con finalidade decorativa. A súa fusibilidade e o seu coeficiente de dilatación teñen que ser compatibles cos do material de soporte.

      2. Pintura de base alquídica que contén xeralmente resinas de urea ou de melanina, que lle confiren unha maior brancura e dureza.

      3. Obxecto adornado de esmalte. O po de esmalte pode ser opaco ou translúcido e aplícase á cerámica e ao metal. O esmalte de tipo cloisonné ou alveolado consiste en colocar perpendicularmente sobre a superficie do metal pequenas láminas que forman un tabicado que segue as liñas do debuxo; as láminas fíxanse por medio dun fundente, e os espacios que se forman entre os tabiques rechéanse de po de esmalte e, trala fusión, púlense con esmeril. Entre outras variantes destacan a filigrana e o fenestrado. O esmalte de tipo champlevé ou escavado é aquel que obtén a superficie que se quere esmaltar mediante o baleirado do metal a través de medios químicos ou cun buril e que, trala fusión, se pule con esmeril. O esmalte pintado foi tratado con pintura aplicada ou pincel unha vez fundido e frío, e tense que volver quentar a unha temperatura inferior para que se fixe a pintura e para que non se funda o esmalte. O esmalte translúcido, ou esmalte sobre...

      4. Metal e cor, e tamén forro ou pel, que se emprega para pintar ou representar graficamente a coloración dos escudos. Cando o fondo do escudo ten cor uniforme chámase simple e cando está dividido en particións de cores distintas, composto. Para evitar o problema de lectura dos esmaltes nos brasóns representados tipograficamente, en gravados ou libros, documentos, en pedra ou sobre calquera superficie que non os admita, codificouse un sistema convencional de representación dos diversos esmaltes a través de pequenos puntos e liñas (en diferentes posicións), creado polo xesuíta italiano Silvestre Petra Sancta na obra Tesserae Gentilitiae (1638); este sistema de representación gráfica foise estendendo, sobre todo desde finais do s XVII, e emprégase na heráldica europea. Os metais son o ouro ou topacio (cor dourada ou amarela nas armerías; representado por puntos negros) e a prata ou arxenta (cor prateada ou branca; representado por unha superficie en branco). As cores...

    1. Substancia branca, dura e compacta, que cobre a dentina na coroa dos dentes. A súa cor depende moito da da dentina. É de estrutura prismática, formada por substancias inorgánicas no 96%, fundamentalmente cristais de hidroxiapatito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arseniuro de cobalto e níquel, de fórmula (Co,Ni)As3. Cristaliza no sistema cúbico en cristais hexaédricos ou octaédricos. Ten unha dureza de 5,5-6 e unha densidade de 6,5. A súa cor pode oscilar entre a branca e a gris prateada, pero sempre opaca e con brillo metálico. Emprégase na fabricación de esmaltes, sobre todo de cor azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse na Escola de Llotja de Barcelona e na Escola de Nobres Artes de Marsella. Membro do grupo dos nazarenos cataláns, en 1842 estableceuse en Madrid, onde fundou a revista artística El Renacimiento, xunto a Federico de Madrazo e Eugenio Ochoa (1847). Foi profesor da Escuela de Bellas Artes dende 1857 e pintor de cámara de Isabel II. Decorou, entre outras, as salas da presidencia do palacio do Congreso de los Diputados (1851?), o palacio Gaaviria (1855-1858) e o paraninfo da Universidade de Madrid (1855-1858). Entre as súas obras destacan A familia Flaquer (1845), Maties Muntadas e La era cristiana (1871). Pertenceu á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando dende 1843.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista alemán. Integrado na corrente que preconizou a economía social de mercado, foi profesor en Friburgo e un dos fundadores da revista Ordo. Estableceu unha clasificación de 25 tipos de mercado, segundo respondesen á oferta e á demanda a cinco modalidades básicas: monopolio, monopolio parcial, oligopolio, oligopolio parcial e competencia perfecta. Das súas obras destacan Kapitaltheoretische Untersuchungen (Investigacións teóricas sobre o capital, 1934) e Die Grundlagen der Nationalökonomie (Fundamentos da economía nacional, 1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en 1918 por Resurreción María de Azkue, Arturo Campion, Luis de Eleizalde e Julio Urquijo, coa finalidade de estudar e estruturar a lingua vasca. Publicaban a revista Euskera, basicamente de temas filolóxicos e de problemas lingüísticos. Responsabilizouse da organización de congresos e de actos culturais encamiñados ao fomento e difusión da lingua vasca, e unificou a lingua literaria. Concedía anualmente os premios Lizardi de poesía, Xenpelar de poesía popular, Domingo Aguirre de novela e Toribio Alzaga de teatro. Está composta por vinte e catro membros titulares e mais outros membros correspondentes e de honor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de exaltar ou exaltarse. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de exaltar ou exaltarse.

    2. Que ou quen se exalta con facilidade.

    3. Que implica ou denota exaltación.

    4. Liberais máis radicais do primeiro terzo do s XIX. Durante o Trienio Constitucional (1820-1823) foron antiaristocráticos, demócratas e intransixentes cos moderados e tiveron unha gran forza, entre outras cidades, en Madrid e Cádiz; constituíron numerosas sociedades secretas e clubs políticos. A súa chegada ao poder en xullo de 1822 acabou propiciando a intervención dos Cen Mil Fillos de San Luís e a restauración do absolutismo na figura de Fernando VII. Unha vez restablecido o sistema absolutista, a maioría deles emigraron e foron o núcleo orixinal do Partido Progresista. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elevar algo ou alguén a unha alta dignidade ou a unha posición destacada.

    2. Realzar en exceso as calidades de algo ou alguén.

      1. Facer que alguén se deixe levar por unha paixón e perda o control de si mesmo.

      2. Facer que unha paixón ou estado de ánimo se faga máis forte.

      1. Deixarse levar por unha paixón e perder o control dun mesmo.

      2. Chegar unha paixón ou estado de ánimo a unha escala moi elevada. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito de non ter algo que se precisa. Na tradición oral recóllense ditos como: “A falta de homes bos, ao meu pai fixérono alcalde. A falta de pan, boas son bicas. A falta de pan bo é o pantrigo.”

      1. Feito de non estar algo ou alguén no lugar correspondente ou desexado.

      2. Anotación na que se fai constar unha ausencia.

      3. Oco que queda cando falta algo.

      4. Ausencia da menstruación, especialmente debido ao embarazo.

    2. Elemento ou circunstancia que lle resta perfección a unha cousa.

      1. Dito ou feito contrario ás leis ou normas establecidas. Na tradición oral recóllense os seguintes ditos: “As faltas alleas, na alforxa dianteira; e as faltas nosas, na traseira alforxa.”

      2. Erro que se comete de forma involuntaria.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que carece da cousa que se expresa.

      1. Non haber algo ou alguén nun lugar.

      2. Haber dunha cousa menos cantidade do necesario ou do que debería.

      3. Ser necesario algo ou alguén.

      1. Non estar presente algo ou algén nun lugar determinado onde debería estar.

      2. Non asistir alguén a un lugar ao que tiña que ir.

    2. Deixar de existir.

    3. Distar unha cantidade de tempo variable entre dous momentos ou entre un lugar de partida e outro de destino.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Non haber algo ou alguén nun lugar.

      2. Haber dunha cousa menos cantidade do necesario ou do que debería.

      3. Ser necesario algo ou alguén.

      1. Non estar presente algo ou algén nun lugar determinado onde debería estar.

      2. Non asistir alguén a un lugar ao que tiña que ir.

    1. Deixar de existir.

    2. Distar unha cantidade de tempo variable entre dous momentos ou entre un lugar de partida e outro de destino.

    3. Estar algo por acabar de facer.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO