"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

    1. Función derivada da teoría cuántica, definida segundo a expresión


      FORMULA


      en que gié a multiplicidade, åia enerxía do nivel i, k a constante de Boltzmann e T a temperatura absoluta.

    2. Acción e efecto de partir ou de dividir algo para repartilo.

      1. Distribución das partes dunha cousa.

      2. Fenómeno que consiste na distribución dun soluto entre dúas fases líquidas inmiscibles. No caso ideal, a relación de concentracións do soluto en ambas as fases é, conseguido o equilibrio, unha constante a unha temperatura dada, que se define como K=c 1 /c 2 , e que se denomina coeficiente de partición. Esta constancia cúmprese unicamente para disolucións moi diluídas en fases esencialmente inmiscibles.

      3. partición hereditaria

        Acción de dividir a herdanza entre as persoas que han de herdala, xa sexa por lei ou por disposición de derradeira vontade. Pode ser amigable, cando son os herdeiros os que de común acordo proceden a partir, ou xudicial, cando non habendo acordo entre os herdeiros é o xuíz quen a practica.

    3. División aritmética.

    4. Subdivisión que se pode establecer nun disco duro que permite consideralo como se fosen diversos discos independentes, pero conservando unha soa unidade física.

    5. Tipo de división interna que se realiza no campo do escudo con liñas verticais, horizontais, diagonais ou curvas, ou as súas combinacións, e que obedece á necesidade de representar máis dunha liñaxe. As particións poden agruparse en partes iguais, desiguais e en cuarteis.

    6. Factor de normalización Z que é proporcional á expresión que dá a suma de todos os estados en que se encontran as moléculas dun gas perfecto que obedece á distribución de Boltzmann.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de participar ou de ter parte en algo.

      1. Parte con que se participa en ou de algo.

      2. participación no mercado

        Porcentaxe que sobre as vendas totais dun produto fai unha empresa determinada.

      3. participación nos beneficios

        Parte dos beneficios que se distribúe a determinadas persoas ou a grupos como os empregados, os directivos ou os socios dunha empresa.

      1. Parte, inferior ao décimo, que se xoga na lotaría.

      2. Documento en que consta esa participación.

      1. Acción de comunicar ou de dar a coñecer algo.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de particularizar ou particularizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación política paraguaia fundada o 11 de setembro de 1887 co nome de Partido Nacional Republicano. De carácter conservador, tivo períodos de inestabilidade que remataron cun golpe de estado que levou ao xeneral Alfredo Stroessner (1954-1989) a presidir a república. Desde as eleccións de 1993 conserva a maioría no Parlamento de Paraguay e na presidencia da república.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política creada en 1985 dentro do Bloque Nacionalista Galego (BNG). Despois do cambio de postura do BNG en 1986, que permitiu a súa participación no Parlamento Autonómico, produciuse a escisión de 13 membros do comité central, liderados por Mariano Abalo e X. Carballo. Este grupo foi expulsado do BNG en 1987 por apoiar a candidatura de Herri Batasuna (HB) nas eleccións ao Parlamento Europeo. Nese mesmo ano achegou posicións con HB e constituíu, xunto con Galicia Ceibe e outros grupos radicais, a Frente Popular Galega (FPG).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político creado en 1976 pola unión dos grupos Lucha de Clases, Larga Marcha hacia la Revolución Socialista e Organización Comunista Información Obrera. En 1977 ingresou no Partido del Trabajo de España (PTE).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político conservador mexicano fundado o 16 de setembro de 1939 como grupo de oposición ao Partido Revolucionario Institucional (PRI). O seu primeiro dirixente foi Manuel Gómez Morín (1939-1949) e o seu órgano oficial La Nación. Desde 2000, con Vicente Fox Quesada, gañou as eleccións á presidencia da república grazas a unha alianza electoral co Partido Verde Ecologista de México, co que formou Alianza por el Cambio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación política conservadora uruguaia fundada en 1836 por Manuel Oribe. Xurdiu como reacción ao Partido Colorado e contra o seu proxecto reformador, defendendo o medio rural. Acadou en diversas ocasións a presidencia da república, alternando no poder co Partido Colorado. O seu líder máis importante foi Luis Alberto de Herrera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política que xurdiu dunha escisión de Coalición Galega (CG), integrada polos sectores progresistas e nacionalistas do partido, en xaneiro de 1987, co nome de Partido Nacionalista Galego. Contou cunha militancia integrada de xeito maioritario por clases medias e algúns pequenos empresarios, aos que se engadiron elementos procedentes do Partido Galeguista Nacionalista (PG(N)). Desta fusión xurdiu o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG). Despois da moción de censura que derrocou a Gerardo Fernández Albor, constituíuse un goberno tripartito na Xunta de Galicia (1988-1989), en que o PNG-PG acadou a vicepresidencia e a Consellería de Pesca, entre outras. Despois do fracaso nas eleccións de 1989, integrouse no BNG en 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eusko Alderdi Jeltzalea-Partido Nacionalista Vasco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político de carácter comunista autónomo, non integrado na Internacional Comunista, creado en Barcelona o 29 de setembro de 1935 da fusión do Bloc Obrer i Camperol (BOC) e da Izquierda Comunista de España (ICE), de carácter trotskista. Os principios básicos da unificación foron a loita pola revolución democrático-socialista, mediante a toma de poder pola clase obreira, a formación dunha fronte única dos traballadores a través da Alianza Obreira, a atracción ou neutralización da pequena burguesía e os campesiños, a unificación sindical e a formación dun só partido marxista. Reorganizou as forzas sindicais, procedentes a maioría do BOC, na Federació Obrera d’Unitat Sindical. Ao se iniciar a Guerra Civil Española (1936-1939) e ata a metade de 1937 participou nos organismos políticos da Catalunya autónoma e no goberno da Generalitat coa figura do seu secretario político, Andreu Nin. En 1945 sufriu unha escisión que deu lugar ao Moviment Socialista de Catalunya. Antes de maio de 1937...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político xurdido en 1971 como facción trotskista do Grupo Comunismo. En 1973 converteuse en Organización Trotskista e en agosto de 1974 constituíuse no PORE, que desde 1976 se considera a Sección Española da IV Internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política mexicana creada en 1929 por Plutarco Elías Calles co nome de Partido Nacional Revolucionario. En 1946 tomou a denominación de PRI. A partir da presidencia de Cuauhtémoc Cárdenas (1934-1940), todos os presidentes de México foron membros ou gozaron do apoio deste partido. O PRI conseguiu que México desenvolvese unha política exterior independente e que tivese un papel destacado dentro do Terceiro Mundo. O elevado grao de corrupción da política mexicana debilitouno, cuestionado pola marcha de C. Cárdenas, que fundou o Frente Democrático Nacional (1988), e pola insurrección guerrilleira de Chiapas (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política rusa que xurdiu en 1901 da fusión dos grupos populistas moi influídos polo anarquismo e polo revisionismo. Defendía a colectivización da terra no marco do mir (‘comunidade campesiña tradicional’) e o acto terrorista individual. Participou, con Aleksandr F. Kerenskij, no goberno provisional formado en marzo de 1917. Co triunfo da Revolución de Outubro, o PSR escindiuse: a á dereita, cos menxeviques, abandonou o congreso dos soviets, mentres que a á esquerda apoiou, temporalmente, os bolxeviques.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parto que se produce de forma natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Operación de recubrimento superficial dun cristal semicondutor mediante unha camada de material illante resistente aos axentes exteriores.

    2. Tratamento ao que se someten o ferro e outros metais oxidables, que consiste en somerxelos nun baño dun ácido oxidado, que, ao formar sobre a superficie da peza que se quere protexer unha finísima camada de óxido, impide que o ácido diluído os oxide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento para a conservación de alimentos, ideado por L. Pasteur, que consiste no seu quentamento a temperaturas variables (máis suaves ca na esterilización) durante un tempo determinado en función das temperaturas, e o inmediato arrefriamento. Así destrúense as formas vexetativas dos xermes patóxenos e dos xermes banais (de maneira que diminúe o número de xermes totais) e impídese a acción dos enzimas dos alimentos, de xeito que non sexan esenciais as modificacións sensoriais e nutritivas. Dado que non son esterilizados, os alimentos pasteurizados deben ser gardados en frío ou condicionados de maneira apropiada e sempre durante un tempo limitado. Pasteurízase a cervexa, o viño, os zumes de froita e, sobre todo, o leite e os derivados lácteos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra musical composta por máis dun autor, ou ben construída con pezas de autores diferentes. Foi unha práctica moi frecuente na ópera dos ss XVIII e XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos patricios.

    2. Membro da clase dominante romana que, como nobre, gozaba de todos os dereitos e privilexios na Antigüidade. Constituíron unha caste social pechada, contraria a calquera tipo de innovación que puidese ameazar os seus privilexios. Posuíron durante moito tempo a exclusividade do exercicio das maxistraturas e dos cargos sacerdotais e ata a promulgación da Lex Canuleia, tiveron prohibido contraer matrimonio con membros doutra clase social. Por todo iso, enfrontáronse cos plebeos ata a chegada da República (cando a plebe conseguiu acceder ao Senado) e, máis tarde, baixo o goberno dos emperadores, que adquiriron a potestade de elevar os plebeos ao rango de patricios.

    3. Persoa que, polo seu nacemento, ou ben por outras virtudes, sobresae entre os seus concidadáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e diplomático. De influencia simbolista e decadentista, colaborou posteriormente no grupo modernista Orpheu e nas revistas Atlântida e Águia. Da súa obra destacan os contos de Serão inquieto (1910) e o libro de poemas Poesias (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO