"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Fundador dunha familia, liñaxe ou especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período do Exipto predinástico, tamén chamado cultura de Naqāda II, que seguiu ao Amratiano (Naqāda I). Distínguese pola uniformidade cultural que alcanzou todo o val do Nilo, o inicio da estratificación social, o desenvolvemento de importantes centros de poboación, a evidencia de contactos con outros países e a manufactura dunha cerámica característica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Muíños baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe bíblico. Membro do sanedrín de Xerusalén e discípulo de Xesús, tras a morte do seu mestre solicitou o seu corpo a Pilato para sepultalo no seu propio sepulcro. Leva o seu nome un dos textos apócrifos sobre a paixón e a resurrección de Xesús máis lidos durante a Idade Media. A tradición artúrica di que recolleu o sangue de Xesús Cristo nun cáliz, o santo Graal, no Libro de Xosé de Arimatea pertencente ao ciclo da Post-Vulgata.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. : xostregar.

    2. Chover con forza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica do S de Palestina, entre o Mar Morto e o Mar Mediterráneo, que foi constituída como unha provincia autónoma polos xudeus, ao regreso do seu exilio en Exipto. Desde o ano 44 formou parte de Galilea e, convertida en provincia romana en 66, foi anexionada á provincia de Siria en 135 e pasou a denominarse Siria-Palestina. A parte occidental foi incluída no Estado de Israel desde 1949, mentres que a oriental, anexionada por Xordania (1950), foi ocupada militarmente polos israelís en 1967.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga colexiata situada en Xunqueira de Ambía. A súa orixe remite ao s IV cando, segundo unha lenda, se apareceu a Virxe nese lugar, nunha lagoa coñecida como Juncaria, onde foi erixida unha ermida que pronto se converteu en obxecto de devoción popular. Desde o ano 955, as referencias indican que se constituíu como casa monástica baixo a fundación de Gonzalo Froila e a súa muller Ilduara, parentes de san Rosendo. En 1150 foi doada á orde agostiña, momento en que iniciou o seu período de maior prosperidade pero, prexudicada polo sistema de encomendas durante os ss XV e XVI, a súa revitalización debeuse ao administrador Alonso de Piña. Posteriormente os seus bens e a súa xurisdición quedaron relegados, por mandato real, baixo a mitra de Valladolid e converteuse nunha igrexa colexial ata a desamortización (1835). A partir de 1928, os mercedarios instaláronse na parroquia homónima e mantiveron o culto do templo. A igrexa, de estilo románico de transición, ten planta de cruz latina...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano de goberno do réxime preautonómico galego, dotado de personalidade xurídica plena. O 16 de marzo de 1978 aprobouse o Decreto de Autonomía Transitoria polo que se constituíu a preautonomía galega e se instaurou a Xunta como órgano de goberno. O goberno formalizouse no pazo de Xelmírez o 18 de abril de 1978 baixo a presidencia de Antonio Rosón Pérez, de UCD, que contou ademais con membros dos partidos con representación nas Cortes con grupos sen representación política como os galeguistas históricos ou personalidades da vida cultural que formaron parte das comisións de transferencias. Este primeiro goberno estaba organizado en tres secretarías (Xeral, Emigración e Interior) e oito consellerías (Agricultura, Gandaría e Montes; Cultura; Educación e Ciencia; Enerxía, Industria e Comercio; Ordenación do Territorio; Pesca; Sanidade e Seguridade Social; e Traballo). O 3 de xullo, segundo a proposta de Rosón, a Xunta fixo una convocatoria xeral chamando á colaboración na elaboración do Estatuto...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a unha tradución en que o texto orixinal e a versión traducida ocupan dúas liñas contiguas, que corresponden unha a cada texto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Comezou a carreira literaria, con John Sherman and Doya (1891). Fundou o Abbey Theatre (1904) para o que escribiu diversas obras, como The Countess Cathleen (1899). O seu interese polo esoterismo aparece en The Secret Rose, The Tables of the Law e The Adoration of the Magi, publicadas en 1897. Escribiu Poems Written in Discouragement (1913), Responsabilities (1914), The Wild Swans at Coole (1917), The Tower (1928), e o ensaio The Celtic Twilight (1893). Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Inglaterra, Reino Unido (2.414 km2; 314.113 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer caer algo que estaba en pé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Comunidad Autónoma de Extremadura, situado na comarca de La Serena, drenado polo río Ortiga (4.464 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, Comunidad Autónoma de Andalucía (3.598 h [2001].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes que corresponde á voz ‘camiñar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tocar a zanfona.

    2. Ocupar o tempo nunha actividade de pouco proveito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Non traballar nin facer nada útil ou proveitoso. SIN: tangonear.

    2. Moverse dun lado a outro sen rumbo. SIN: tangonear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de zapatear.

    2. Baile flamenco, normalmente cun compás de 6/8, en que os bailadores marcan os pasos golpeando fortemente o chan cos tacóns do zapato.

    3. Música deste baile.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lanzar algo ou a alguén con forza ao chan ou contra algo.

    2. Golpear co zapato.

    3. Dar golpes no chan cos pés calzados.

    4. Bailar golpeando o chan cos pés calzados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas que corresponde á voz ‘correr’.

    VER O DETALLE DO TERMO