"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Acción e efecto de penalizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de penetrar.

    2. Facultade de entender e comprender.

    3. Porcentaxe de individuos nos que un xene, existente en todos eles, se manifesta fenotipicamente. A penetración complétase cando o carácter que corresponde ao xene se manifesta sempre, nos outros casos é incompleta.

    4. Ensaio de dureza ao que se someten os produtos bituminosos. Efectúase medindo, en décimas de milímetro, a lonxitude que unha agulla de 1 mm de diámetro penetrou na mostra do material a 25°C, cargada cun peso de 100 kg nun tempo de 5 s.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación Penzol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso que consiste na redispersión de substancias recentemente precipitadas, co fin de formar coloides. Adoita estar promovida por axentes iónicos que teñen un ión en común cos constituíntes da substancia que se peptiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • peptización.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de percibir algo a través dos sentidos ou por medio da intelixencia. Como momento do proceso cognoscitivo intermedio entre a pura sensación e a aprehensión puramente intelectual, a percepción estivo diversamente interpretada, segundo as diferentes doutrinas gnoseolóxicas, como afín e próxima á sensación ou á intelección. Así, Locke estableceu a percepción coma un acto propio do mesmo intelecto, mentres que Leibniz distinguiu entre a percepción e a apercepción, ou consciencia; na filosofía máis recente, a maior ou menor vinculación da percepción á sensación ou á intelección vén determinada, respectivamente, polo feito de que a actitude última sexa realista ou idealista. Propiamente, os tres momentos do proceso cognoscitivo no home son inseparables, e han de tomarse, segundo Hegel, como dialecticamente interrelacionados.

      2. percepción extrasensorial

        Información ou coñecemento supostamente adquirido por vías diferentes dos sentidos.

    1. Recepción e elaboración nos centros nerviosos dunha impresión dos sentidos.

      1. Operación e resultado de percibir algo nun aparato de alta precisión.

      2. percepción remota

        teledetección.

    2. Acción de percibir ou recibir diñeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento da auga no solo, con transporte de substancias disoltas ou en suspensión a través das partículas de terra que fan de filtro.

    2. Extracción solido-líquido, especialmente a de tipo descontinuo. Xeralmente consiste na extracción dun dos constituíntes dun material moído e inmóbil a través de que circula o solvente. É, polo tanto, un tipo de lixivación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito de perderse unha persoa debido a unha paixón, delito, vicio ou outra causa.

    2. Dano ou prexuízo moi grave.

    3. Causa ou motivo que provoca un grave dano.

    4. Aquilo ao que unha persoa non se pode resistir.

    5. Condenación eterna.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Repartición equitativa.

    2. Establecemento, xeralmente por iniciativa do poder público, dun prezo intermedio para determinados produtos básicos. O seu avituallamento impón procedencia e custos diversos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de peregrinar.

    2. Práctica devocional que consiste en visitar colectivamente ou individualmente un santuario para acometer alí actos especiais de relixión: devoción, penitencia ou voto, entre outros. É un fenómeno coñecido en case todas as relixións que presupón a idea de que en determinados lugares se manifesta o poder divino. Herodoto describe a afluencia de grandes masas en Bubastis. As solemnidades da Pascua ou as dos tabernáculos atraían os israelitas a Xerusalén. Coñécense as peregrinacións a diversos santuarios ou ríos sagrados do hinduísmo ou a visita devocional dos xaponeses aos santuarios da deusa Kuanon. No cristianismo destacan as peregrinacións a Terra Santa, ás tumbas dos apóstolos en Roma e á tumba do Apóstolo Santiago en Compostela. Algúns peregrinos deixaron un testemuño escrito como o de Exeria (381-384?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, pai de Xoán Manuel Pereira de Castro. Foi un activo militar contrarrevolucionario durante o Trienio Liberal, vicepresidente da Xunta Apostólica de Galicia e xefe principal dos voluntarios realistas galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anulación por prescrición.

    2. Extinción de dereitos polo feito de transcorrer un certo lapso nunhas condicións determinadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e compositor. Coñecido como Gato Pérez, na década de 1970 foi un dos impulsores da rumba catalá, dotándoa dun contido social que non tiña. Da súa discografía destacan Carabruta (1978), Romesco (1979), Atalaya (1981), Flaire de Barcelunya (1982), Gato por gato (1986) e Ten (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de perfecto

    2. Cousa perfecta.

      1. Realización dun fin ou correspondencia de calquera cousa á norma, de forma que non pode ser mellorada.

      2. perfección cristiá

        Práctica do amor a Deus e ao próximo dunha maneira eminente, aínda que sempre perfectible, polo feito de que só Deus é perfecto. A dedicación exclusiva desta práctica determina o chamado estado de perfección ou perfección evanxélica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de perfeccionar ou perfeccionarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mellorar unha cousa achegándoa todo o posible á perfección.

    2. olverse mellor algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade ou actitude de perfeccionista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen tende a mellorar continuamente o que fai na procura da perfección, podendo chegar á obsesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tránsito dun verbo imperfectivo a perfectivo mediante algún procedemento morfolóxico. Por exemplo, obter, perfectivo, formado coa adición dun prefixo a ter.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de perforar.

    2. Abertura ou orificio accidental nun órgano ou nunha parte do corpo, producida por un traumatismo externo ou unha lesión interna.

      1. Acción de abrir pozos e galerías ou de facer barrenos para as voaduras.

      2. Acción de abrir pozos petrolíferos. As técnicas que permiten abrir e explotar un pozo petrolífero varían en función do lugar onde se perfore; así distínguese entre perforación terrestre se se realiza en terra, e perforación mariña se se realiza no mar. Polo que respecta á terrestre, cómpre sinalar diversos métodos: a que se realiza con sonda de percusión, que se utiliza en pozos de pouca profundidade e que consiste en desagregar a rocha deixándolle caer enriba, con ritmo repetitivo, un cicel bastante pesado; posteriormente, os restos recóllense cunha especie de culler. A perforación con sonda rotativa emprégase en pozos profundos e baséase no movemento de rotación dun perforador que se transmite polo talo de perforación; os restos extráense polo seu interior, arrastrados pola lama inxectada no pozo a través de bombas situadas na superficie. A perforación con aire é unha modificación do anterior sistema, xa que consiste en usar aire en lugar de...

      1. Cada un dos furados aliñados paralelamente nos bordos dunha película, practicados co fin de facela progresar mediante o mecanismo de avance da cámara fotográfica ou cinematográfica, ou do proxector.

      2. Conxunto de perforacións dunha película.

    3. Operación de producir, nunha tarxeta ou nunha cinta estandarizadas, furados en lugares determinados, correspondentes aos datos de entrada ou aos resultados de saída dun ordenador.

    VER O DETALLE DO TERMO