"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Mestre de obras. En 1507 encargouse da reconstrución da igrexa de Santa Mariña do Monte (Ourense), na que erixiu un campanario na fachada principal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
cocote.
-
-
Ave dos xéneros Galerida e Lullula da familia dos aláudidos, que se caracterizan por presentar curupelas -que despregan especialmente na época nupcial-, peteiros finos e algo longos e a plumaxe de cor, predominantemente parda manchada. Camiñan lixeiras, para o que se axudan da longa unlla do dedo posterior das patas. Crían no chan, sen chegar a facer un niño que, como moito, conta con algunhas plumas da femia. Os pitos son nidícolas e non tardan en cubrirse de plumas e afastarse do lugar de incubación. Os adultos teñen un canto melodioso que emiten cando están pousados ou voando, fundamentalmente na época de cría.
-
Ave de 17 cm de lonxitude, coa plumaxe ocre, o peteiro longo e fino e os tarsos libres de plumas. Aliméntase fundamentalmente de invertebrados do chan. Emite o canto mentres voa de xeito ondulante. As poboacións que viven en latitudes meridionais están formadas por aves sedentarias -aínda que as que viven en montañas poden realizar movementos invernais cara ás ladeiras menos frías-, mentres que as que viven en latitudes setentrionais son migradoras. Habitan en chairas ou terreos pouco accidentados das zonas temperadas e cálidas da rexión Paleártica e nas partes menos áridas dos desertos do Sáhara e Arabia. Existen vinte subespecies, das que dúas están presentes na Península Ibérica: G. cristata cristata, que se distribúe por Galicia -asociada a ladeiras de solaina das serras orientais-, Centroeuropa, Suecia e os Países Bálticos, e G. cristata pallida no resto da Península.
-
Ave de 15,5 cm de lonxitude, coa plumaxe ocre, o peteiro algo longo e fino e grandes tarsos libres de plumas. A especie distribúese en dúas áreas independentes: unha na Península Ibérica -onde ocupa a área mediterránea e o norte de África-, e outra en Etiopia e Somalia.
-
Ave de 14 cm de lonxitude, de peteiro fino e recto, coa plumaxe críptica e cunha franxa branca na ala a xeito de bandeira. Distribúese en bosques abertos polo Paleártico occidental, dende a Península Ibérica ata as montañas de Irán. En Galicia está presente en áreas abertas, as máis das veces, asociadas a prados para o gando.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
san (Bra, Piemonte 1786 - Chieri, Piemonte 1842) Sacerdote e filántropo. Fundou en Turín a Picolla Casa della Divina Providenza en 1832, destinada a escola para xordomudos, orfanato, hospicio de cegos, epilépticos, etc. Para a asistencia dos acollidos, Cottolengo instituíu as comunidades de fillos de San Vicente, dos irmáns de San Vicente e dos presbíteros da Santísima Trindade. Foi canonizado no 1934 e a súa festa celébrase o 29 de abril.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club de Nova York situado en Harlem, no número 644 da Avenida Lennox. Berce do primeiro jazz de Manhattan, fíxose famoso durante a Lei Seca dos anos vinte. En 1925 pechou por infrinxir as normas sobre as bebidas alcólicas. Abriu de novo pouco despois, e en 1936 trasladouse á esquina entre Broadway e a rúa 48. Pechou definitivamente o 10 de xuño de 1940. No seu escenario actuaron destacados artistas como Louis Armstrong ou Duke Ellington.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica norteamericana realizada en 1984. Foi dirixida por Francis Ford Coppola e interpretada por Richard Gere, Diane Lane, Gregory Hines, Bob Hoskins e Nicholas Cage, entre outros. Este filme recrea maxistralmente o ambiente dun club de jazz de Nova York durante a época da Lei Seca, coa historia de amor entre un trompetista e a amante dun gángster como eixe central da película.
-
PERSOEIRO
Físico francés. Foi profesor en Tolouse e na Sorbonne de París. Estudiou a dispersión rotatoria anormal e o dicroísmo circular, que descubriu en 1896. En colaboración con H. Mouton, deu a coñecer a birrefrinxencia magnética, denominada como efecto Cotton-Mouton. Deseñou a balanza electromagnética que leva o seu nome e, xunto con P. Weiss, estudiou o fenómeno de Zeeman.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno de birrefrinxencia que se presenta nun líquido cando está situado nun campo magnético perpendicular á dirección de propagación da luz. A birrefrinxencia mídese pola expresión |ne-n0|=CλB2, onde λ é a lonxitude de onda da luz, B é a indución magnética, e C unha constante, chamada constante de Cotton-Mouton, que é característica do líquido en cuestión.
-
GALICIA
Filólogo, pedagogo e poeta. En 1904, ao tempo que estudiaba na Escola Normal de Mestres de Santiago de Compostela (1906-1909), estableceu un colexio na capital do Eume. Rematada a carreira, estudiou o bacharelato. No ano 1910 aprobou as oposicións de maxisterio e pasou a exercer de mestre na Escola Graduada de Lugo, traballo que realizou simultaneamente co exercicio libre do ensino secundario. O seu desenvolvemento persoal e intelectual articulouse ao redor do autodidactismo, a lectura continua e o exercicio da docencia; concibía a educación como un proceso de formación completo que debía abranguer tanto o plano intelectual coma o político, social e ético. En 1917 aprobou, sen pasar pola Escola de Estudios Superiores de Maxisterio, as oposicións para a inspección de ensino primario. Exerceu este novo cargo en Ourense ata 1936. Nesa mesma cidade, ademais de casar con Elisa Pavón Rodríguez, achegouse ao xornalismo e foi redactor xefe do Diario de Orense, e colaborador de La Zarpa...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sindicalista. Zapateiro de profesión e membro da Confederación Nacional del Trabajo (CNT), foi secretario da Federación Local Obrera da Coruña na década de 1910. Asistiu como delegado ao Congreso da CNT celebrado no Teatro de la Comedia de Madrid (1919). En 1920 foi deportado tralos enfrontamentos sociais acontecidos na Coruña. Coa chegada da Segunda República Española, converteu a súa zapatería nunha cooperativa e ingresou no Partido Sindicalista. Apoiou o Centro de Estudios Germinal, a Antorcha Galaica del Librepensamiento e diversas entidades asociativas coruñesas. Colaborou en La Voz de Galicia e en Solidaridad Obrera. Ao comezar a Guerra Civil foi apresado.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro e político. Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos (1978), diplomouse en Dirección Xeral de Empresas (1983) e en Planificación e Administración de Empresas (1985) pola Universidad Politécnica de Madrid. Foi director técnico de Construcións Metálicas José González Gómez (1979-1981) e director xerente de Xestión Urbanística da Coruña SA (1981-1990). Membro do Partido Popular (PP), foi director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS, 1990-1993) e director xeral de Formación e Emprego (1993-1994). Foi conselleiro de Industria e Comercio (1994-1999) e membro do Parlamento de Galicia (1997-1999). Dende outubro de 1999 é presidente da Autoridade Portuaria da Coruña e presidente do Partido Popular da provincia da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fiscal. Licenciado en Medicina e Cirurxía e en Dereito. Foi fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Colaborou en Foro Gallego e no Boletín del Colegio de Abogados da Coruña. Entre outros galardóns recibiu a Cruz de Honor e a Cruz Distinguida de primeira clase da Orden de San Raimundo de Peñafort, a Medalla del Mérito a la Justicia e a Medalla Castelao (1992). Pertence á Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Comezou a súa andaina profesional na emisora Radio Coruña. En 1956 dirixiu a Estación Escuela de Juventudes coruñesas. Exerceu como subdirector xeral da cadea de emisoras CAR e como director de Radio Juventud na Coruña. Á parte dos seus traballos radiofónicos, escribiu numerosos artigos para a revista Atlántida. Publicou os libros La produción radiofónica. Arte y sistema (1967) e Hombres que decidieron (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Exerceu en Viana do Bolo e destacou polo seu labor na epidemia da varíola de 1881. Director médico dos balnearios de Baños de Molgas, Sousas e Caldeliñas, editou unha memoria sobre as augas de Verín, premiada polo Real Consejo de Sanidad, Establecimiento hidro-mineral de Verín (provincia de Orense). Estudio físico-hidrológico de la estación balnearia de Verín (1901). Tamén publicou un informe oficial sobre as augas de Guitiriz en 1905.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático, economista e filósofo francés. Profesor de matemáticas nas universidades de Lyon e Grenoble, e inspector xeral e reitor da Académie de Dijon, está considerado como o iniciador do tratamento matemático da economía. A súa obra máis destacada é Recherches sur les principes mathématiques de la théorie des richesses (Anotacións sobre os principios matemáticos da teoría das riquezas, 1838), na que trata os problemas do cambio e das relacións entre a demanda e o prezo. Trasladou o seu interese polo cálculo de probabilidades á filosofía, campo no que destacou con Materialisme, vitalisme, rationalisme (Materialismo, vitalismo, racionalismo, 1875).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e político liberal. Logo dunha intensa actividade política, chegou a ser ministro de Instrución en 1840 no goberno de Thiers. Tralo golpe de Estado de 1851 dedicouse exclusivamente á filosofía. Ecléctico e espiritualista, o seu método orixinou unha renovación do interese pola historia da filosofía. De entre a súa numerosa obra destaca Cours d’histoire de la philosophie moderne (Curso de historia da filosofía moderna, 1841), publicado en dúas series. Da primeira, publicada en 5 volumes en 1841 e que recolle cursos dados de 1815 a 1820, destacan: Du vrai, du beau et du bien (Do verdadeiro, da bondade e do ben) e Philosophie de Kant (Filosofía de Kant). A segunda recolle cursos de 1828 e 1829.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e historiador, sobriño do padre Sarmiento. Escribiu Memoria para la historia de la vida exterior e interior de Fr. Martín Sarmiento, beneditino e Historia de Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da serra de Meira que serve de límite ás parroquias de Meira (no concello homónimo) e San Xurxo de Piquín (concello de Ribeira de Piquín). O seu cumio acada os 832 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Gondomar. Segundo os epígrafes conservados nos muros da ábsida, edificouse entre 1731 e 1735. De acordo con outra inscrición da fachada sur, reconstruíuna en 1906 o abade Xosé Gómez. Trátase dun templo de planta rectangular dunha nave, con cuberta de madeira, e cunha ábsida cuberta con bóveda de canón, apoiada nun arco de cruceiro sobre pilastras. A fachada norte ten dous corpos pegados, a sancristía e a sala de usos múltiples, e un pórtico aberto cun tellado que descansa sobre unha columna de sección octogonal. Na fachada principal destaca a torre de base cadrada, cuberta por unha pirámide regular, con cornixa de sección trapezoidal e rematada por pináculos.
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de escultores franceses activa durante os ss XVII e XVIII. O iniciador da estirpe, François Coustou (?-Lyon 1690) foi entallador en Lyon e escultor do rei. Os seus fillos, Nicolas e Guillaume, foron discípulos seus e do seu cuñado Antoyne Coysevox. Nicolas Coustou (Lyon 1658 - París 1733), pensionado en Roma en 1682, foi profesor da Academia de Belas Artes dende 1702. Traballou co seu irmán na decoración dos palacios de Versailles, Trianon e Marly. Colaborou na decoración externa dos Invalides e fixo a Piedade (1725) de Notre-Dame de París. Guillaume I Coustou (Lyon 1677 - París 1746) estivo tamén pensionado en Roma e foi profesor da Academia dende 1715. Da súa produción destacan os cabalos realizados para o palacio de Marly (1745), situados trala praza da Concorde de París, o busto de Nicolas Coustou e a estatua de Luís XVIII de Notre-Dame de París. O seu fillo Guillaume II Coustou...
VER O DETALLE DO TERMO