"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Romaría que se celebra o 11 de xuño nunha ermida da parroquia de Piñor, no concello de Barbadás. Preto da ermida hai unha pedra furada, denominada Penedo Vigón, que ten sona de milagreira, indicada para curar o raquitismo, as verrugas, os tumores e as feridas, así como as doenzas da infancia. O día da romaría a nai e a madriña introducen os pequenos doentes polo furado da Pedra Vigón, pregando a san Bieito que os sande. A romaría é moi concorrida pola xente de Ourense e a súa comarca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caverna do Monte da Farrapa, na parroquia de Argomoso, no concello de Mondoñedo. Situada nunha banda de materiais calcarios, é a máis grande das descubertas en Galicia, pois as súas galerías suman 5 km de lonxitude. No seu interior hai varias salas nas que se poden contemplar as típicas formacións calcarias de estalactitas e estalagmitas. A magnitude da cova e a excepcionalidade das formacións calcarias en Galicia, alimentaron a imaxinación popular para converter este lugar en escenario lendario. En 1873, Xosé Villaamil e Castro publicou un plano da galería principal da cova. En 1954, o Club Montañeros Celtas levou a cabo a primeira escavación arqueolóxica no recinto, no que se localizaron diversos achados materiais da Idade do Ferro, así como restos humanos. No aspecto deportivo, constitúe un dos lugares máis destacados para a práctica da espeleoloxía en Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen xestiona xunto con outro algunha cousa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Decretos concedidos por Fernando I durante o concilio celebrado na poboación de Coyanza (actual Valencia de Don Juan) no 1055, no que se trataron asuntos civís e eclesiásticos, como a reforma gregoriana inscrita dentro dunha reforma xeral da Igrexa.
-
PERSOEIRO
Escultor francés. Superou o clasicismo estático de François Girardon, ao introducir o movemento nas súas obras. No palacio de Versailles realizou un gran número de estatuas para o xardín e traballou na súa decoración interior: relevo de Luís XIV no Salon de la Guerre. Cultivou o xénero mitolóxico (Diana), o retrato (Luís XIV) e realizou monumentos funerarios entre os que destacan o de Mazzarino e o de Colbert. Foi retratista oficial da familia real e director da Académie Royale.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo grego. Foi membro da Academia platónica. Centrouse principalmente no estudo da ética e adoptou un modelo de moderación fronte ao rigor cínico-estoico. Inaugurou unha tradición de escritos da consolación coa obra Περί πέν ϴ ους (Sobre a aflición), da que se conservan fragmentos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escudeiro de Peleo. Logo dunha derrota, o Rei Amintor entregoullo como refén. Loitou a carón de Peleo no combate dos lapitas contra os centauros. Morreu cando lle botaron un tronco de árbore enriba, pero Peleo vingou a súa morte.
-
ESPA¥A
Concello do distrito de Portalegre, na rexión do Alentejo, Portugal (5.064 h [1991]). Abrangue as freguesías de Aldeia da Mata, Crato, Flor da Rosa, Gáfete, Monte da Pedra e Vale do Peso. A cidade de Crato, situada na encrucillada de dúas estradas nacionais e á beira da liña férrea, é o principal núcleo de poboación do municipio, con 2.090 h. A economía do concello caracterízase por unha dupla función agraria e comercial: o 36% dos ocupados dedícanse ás actividades do sector primario e un 37% traballa no sector servicios. Fundada polos cartaxineses, estivo ocupada polos alanos e polos visigodos. Trala conquista árabe reconquistouna Afonso I Henriques (1160). No 1232 Sancho II doouna á orde dos Hospitalarios e, dende o 1335, o seu prior levou o nome de prior de Crato. Este tiña xurisdición episcopal e un amplo poder temporal e espiritual. Os cabaleiros da orde participaron na Batalla do Salado. En Flor da Rosa edificouse o mosteiro, que se converteu na casa-nai da orde en Portugal. A cidade...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da codia terrestre formada por materiais primarios ou precámbricos, alterados por fenómenos de meteorización. É unha zona continental estable, en oposición ás zonas inestables ou oroxénicas. A súa dureza e estabilidade fan que se fragmente ante calquera movemento tectónico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pintor grego. Activo durante a época arcaica, considérase o inventor do debuxo ao trazo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao cratón.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo brasileiro. Formouse como escultor no Art Student League de Nova York. Nas súas creacións mestura as crenzas, costumes, valores e mitos africanos, amazónicos e europeos. Das numerosas exposicións colectivas nas que participou destacan: Fotografia Lateinamerika (1981), na Akademic der Künst, en Berlín; Brazilian Photography. Six Contemporaries (1983), na The Photographer’s Gallery, en Londres; e 50 Years of Color (1985), no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Individualmente expuxo no Museu de Arte Moderna de Baía (1971), na Modern Art Galerie (1976) de Múnic, na XII Bienal Internacional de São Paulo (1983), na Foto Galería del Teatro Municipal General San Martín de Bos Aires (1991) e na V Fotobienal de Vigo (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Estudiou arquitectura no seu país e posteriormente ampliou a súa formación en París. Foi profesor na facultade de Arquitectura de Montevideo (1921-1952), onde fundou en 1936 o Instituto de Urbanismo. Entre outras obras, foi autor dun plano urbanístico e do edificio da municipalidade na capital uruguaia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia de carne sen dixerir nos excrementos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intoxicación producida pola inxestión de carne con toxinas.
-
-
Acción e efecto de crecer.
-
-
Incremento da masa ou do número de células, organismos ou poboacións. É unha característica esencial dos seres vivos, aínda que os virus unicamente medran en número e non en medida. O crecemento dos organismos orixínase polo aumento da medida das células, por división celular e por produción e acumulación no organismo de materiais extracelulares. O crecemento vén regulado pola herdanza e polo ambiente. Nalgúns casos pode ser continuo durante toda a vida do organismo e noutros pode ser que cese ao acadar un estado de madurez.
-
crecemento exponencial
Forma de crecemento dunha poboación na que o ritmo de crecemento está relacionado co número de individuos; isto implica que cando o número de individuos é pequeno o crecemento é lento, mentres que este aumenta ao ir elevándose o tamaño da poboación. Se se representa graficamente o número de individuos con respecto ao tempo obtense unha curva exponencial en forma de J.
-
crecemento primario
Desenvolvemento en lonxitude dunha planta que se produce como consecuencia da actividade dun meristema primario.
-
crecemento secundario
Desenvolvemento en espesura dunha planta que ten lugar como consecuencia da actividade dun meristema secundario.
-
-
-
Aumento dunha magnitude económica durante un período determinado sen que aumenten necesariamente as variables cualitativas. Polo xeral, o crecemento económico refírese ao aumento do Produto Interior Bruto (PIB). Un dos factores do que depende é o grao de investimento que se produza, condicionado, entre outros, por elementos de carácter político, social e económico. A diferenza do desenvolvemento económico, non precisa de planificación a longo prazo e non vai acompañado de cambios irreversibles.
-
crecemento cero
Concepto creado polo Club de Roma no informe Os límites do crecemento (1972), elaborado baixo a dirección de Denis L. Meadows. Enténdese como a hipótese dunha taxa nula de crecemento que permitiría e garantiría a supervivencia no planeta. Esta ausencia de crecemento provocaría cambios no sistema económico internacional e nas distintas sociedades.
-
crecemento económico
Incremento dos servicios e do número de bens producidos. En termos reais, supón o aumento do Produto Interior Bruto (PIB) e da renta per cápita dun país. Entre os factores que inciden no crecemento económico están a capacidade de produción e o crecemento da demanda.
-
...
-
-
-
-
creto.
-
Situación económica que lle permite a alguén comprar sen ter que pagar ao contado ou conseguir diñeiro prestado.
-
Intercambio non simultáneo entre a prestación e a contraprestación de bens, diñeiro ou servicios. No cumprimento de calquera acto crediticio interveñen o tempo como elemento constitutivo e a confianza como condición. Establécese tamén outro elemento importante: o xuro, que é o prezo do tempo e o prezo do risco. A principal función do crédito é a de financiamento da produción antes da demanda. O mecanismo do crédito permite unha planificación máis flexible dos gastos e canaliza os pequenos aforros da sociedade. Unha superexpansión do crédito pode producir inflación e para evitala tómanse medidas de carácter económico, como o aumento dos custos e a redución da demanda ou da oferta, das dúas ou do crédito, segundo os casos. As promesas de pagamento poden ser formais e escritas, como billetes de banco, letras de cambio e cheques, ou en forma de libro de débedas e préstamos, como créditos de vendas ou anticipacións bancarias. O crédito pode ser público ou privado,...
-
Unidade didáctica que concreta unha aprendizaxe e que se imparte durante un número de horas determinado. As áreas de aprendizaxe organízanse en tres tipos fundamentais de créditos: os créditos comúns referidos a áreas comúns obrigatorias; os créditos variables que lle permiten ao alumno a opcionalidade; e os créditos de síntese, que son créditos de comprobación.
-
Relación de persoas, entidades, empresas, etc, que interveñen na elaboración dunha publicación, unha película, un programa de televisión, un disco, etc.
-
Parte activa dunha relación de obrigación pola que o creditor pode esixir do debedor que observe unha conduta determinada ou que realice unha prestación singular.
-
-
MONTES
Monte da vertente oriental da serra de San Mamede, situado no límite entre as parroquias (e concellos) de Castro de Laza (Laza) e Gabín (Montederramo). O seu cumio acada os 1.327 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á cremación.
-
Lugar onde se reduce algo a cinsa, especialmente os cadáveres.
-
-
PERSOEIRO
Tipógrafo, xornalista e escritor. De tendencia libertaria, colaborou antes da Guerra Civil española en Solidaridad Obrera e La Calle. A colección dos seus artigos publicados nestes semanarios, escritos nunha prosa poética moi persoal, presaxiou o seu recoñecido aliñamento coa poesía social nos anos corenta do s XX.
VER O DETALLE DO TERMO