"AVI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 908.

  • PERSOEIRO

    Compositor. Discípulo de Bernard Rogers, Roger Sessions e Nadia Boulanger, estivo influenciado nun principio por Ravel para logo decantarse polo serialismo. Da súa produción destaca Rounds (1944) e numerosos ballets, sinfonías e cuartetos de corda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en 1858 en Lugo e que cesou ao chegar ao seu cuarto número. Tiña periodicidade bisemanal e saía os xoves e os domingos. Impreso por Manuel Soto Freire, contaba con Luciano Sánchez Gil como único director e redactor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico aparecido probablemente en 1863 na Coruña e subtitulado “de La Coruña y de Galicia”. Incluíu despachos telegráficos, noticias sobre as Cortes constituíntes, novas breves internacionais, calendario, cultos e prezos das mercadorías nos peiraos do porto da Coruña. En 1885 contaba cun correspondente, Mr. A. Lorette, en París. No eido literario apareceu unha égloga en galego de Francisco Mª de la Iglesia, unha “Hoja Literaria Tuy-Valença”, da autoría de Benito Puig, a composición “Tu patria y la mía”, de Filomena Dato Muruais, e “El Fin de año”, de Federico Bahola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal aparecido o 6 de marzo de 1843 en Santiago de Compostela que cesou a súa edición o 5 maio do mesmo ano. Imprimíase nos obradoiros tipográficos da Viuda e Hijos de Compañel. Incluíu novas da cidade, información de carácter económico, anuncios, santoral, efemérides e unha sección de variedades onde insería disposicións gobernativas e noticias de carácter xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e mariño. Marchou a Montevideo e, logo da sublevación, sumouse á causa independentista e integrouse no exército como subtenente (5.12.1812). Formou parte das forzas que sitiaron Montevideo e dirixiu as fortificacións e a instalación das baterías. Ascendeu a tenente de artillería durante o sitio (29.9.1813) e integrouse como capitán de artillería (31.3.1815) nas forzas do xeneral San Martín en Mendoza. Participou co exército dos Andes na Batalla de Chacabuco (12.2.1817) e no combate de Curapaligüe (4.4.1817). Desde o 31 de maio de 1817 dirixiu a primeira compañía do Terceiro Batallón de Artillería e á súa fronte tomou parte na Batalla de Maipú (5.4.1818). Pouco despois integrouse como capitán da corveta Chacabuco, na escuadra que creou o goberno chileno, e capturou as fragatas españolas Rosalía e Carlota, coas que chegou ao porto de Valparaíso o 22 de novembro de 1818. Pasou ao exército de Chile, por razóns de saúde, a finais de 1820.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sindicalista libertario de orixe galega. Despois de viaxar por Cuba e Norteamérica durante a Primeira Guerra Mundial, regresou a Vigo en 1919, onde intentou levar adiante, sen logralo, os xornais El Látigo e El Combate. Trasladouse á Coruña e participou na campaña para a consecución dun Sindicato Único. Posteriormente, tomou parte na enquisa anarquista iniciada en 1927 polo grupo “Los Iconoclastas” de Steuvenville (Ohio, EE UU), alentado polo galego Xosé Lóuzara e en colaboración doutras figuras, como Paul Reclús ou Federica Montseny.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, fillo e discípulo de Pedro Dobao Rodríguez. Licenciado en Belas Artes na Universidade de Vigo (1998), foi profesor de secundaria (1998-1999). Na súa obra empregou os grandes formatos. En 1999 fixo fotomontaxes para o Centro Cultural e a Comunidad de Montes de Valadares, e en 2000 realizou un estudo histórico-xeográfico para o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG). Esculpiu diversas placas conmemorativas, comerciais e pergameos de bronce na provincia de Pontevedra (1994-2000). Participou no proxecto Galicia Terra Única (1997), no I Simposium Internacional de Escultura do programa Arte e natureza no monte Alba (Vigo, 1999), coa obra Natureza e Cultura, e no X Simposium Internacional de escultura en Galilea, no que realizou, á vista do público, o grupo Arquitectura do sol (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xavier Puente Docampo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista polaco. Emigrou aos EE UU, onde traballou no Massachussetts Institute of Technology. Estudiou a problemática da teoría do crecemento económico e a súa compatibilidade co mantemento da plena ocupación. Xunto con Roy F. Harrod, elaborou o modelo de crecemento Harrod-Domar, que contempla o equilibrio a longo prazo en termos keynesianos. Entre as súas obras cómpre salientar Capital Accumulation and the End of Prosperity (A acumulación do capital e a fin da prosperidade, 1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (81-96). Fillo de Vespasiano, sucedeu o seu irmán Tito. Venceu os catos (83) e iniciou a construción dunha liña de fortificacións ao longo da fronteira romana, os Campos Decumanos, entre o Rin e o Danubio. Enfrontouse a Decébalo (86) e aos xermanos, e tivo que asinar un acordo de paz (89). No interior do Imperio emprendeu a reorganización e a centralización da administración e designou a membros da orde ecuestre para os principais cargos públicos. Loitou contra a corrupción dos gobernadores provinciais e legalizou a ocupación de terras. Para financiar os gastos do exército e a construción de grandes obras aumentou os impostos e promoveu a confiscación dos bens da aristocracia, que viu limitados os seus poderes no Senado. Acumulou os títulos de cónsul (82-88) e de censor perpetuo (85-96). A súa política de ataques e confiscacións á aristocracia provocou a revolta de Lucio Antonio Saturnino, lugartenente na Xermania Superior, durante a guerra na Dacia (89). Sufocou a revolta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Discípulo de san Xoán Bosco. Fundou a Compañía da Inmaculada e Pío XII canonizouno o 12 de xuño de 1954. A súa festividade celébrase o 6 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1916. Despois de traballar como funcionario de Facenda, trasladouse a Barcelona, onde exerceu como tradutor e guionista cinematográfico. Posteriormente, marchou a Madrid á redacción de El Liberal. De aí pasou a elaborar Estampa, a revista de maior difusión da época. Afiliado ao Partido Socialista Obrero Español (PSOE), foi encarcerado na revolución de outubro de 1934. Unha vez en liberdade, marchou a París ata que decidiu regresar a España para axudar á recuperación da República. Co inicio da Guerra Civil exiliouse en México, onde foi secretario de redacción da revista Reconquista de España. Escribiu as novelas Lamentación (Premio de novela Gregorio Pueyo, 1922), En lo más hondo, Cándido, hijo de Cándido, Un hombre de treinta años (1933), El último pirata del Mediterráneo (1934), Los nuevos profetas (1942), La escuadra la mandan los...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patricia romana da familia dos Flavios, sobriña do cónsul romano Flavio Clemente. No ano 96 foi deportada á illa de Ponza por se adherir á fe cristiá, onde sufriu un longo martirio. O cemiterio da familia, situado na Via delle sette Chiese, tomou o seu nome e é unha das catacumbas máis extensas de Roma; contén pinturas de estilo pompeiano e cristiás dos séculos II, III e IV. Na iconografía leva como atributos a coroa e a palma do martirio. A súa festividade celebrábase o 12 de maio, pero a reforma posterior ao Concilio Vaticano II eliminouna do calendario litúrxico universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palacio construído polos emperadores Vespasiano e Domiciano no Palatino de Roma, que imitaba a Domus Aurea de Nerón. Construído por Rabirius, rematouse no 96 a C. Tiña planta rectangular e contaba cunha sala de audiencias, precedida dun pórtico, un peristilo, unhas termas e un gran triclinium ou sala de banquetes. O peristilum tiña saídas aos cuartos privados, con dous patios porticados e galerías sobre o Circo Máximo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo norteamericano. O seu interese pola arqueoloxía e as actividades subacuáticas levárono ao descubrimento da fotografía submarina. En 1938 emprendeu unha expedición a Chile e Perú onde exerceu como correspondente, fotógrafo e historiador da arte. Entre 1945 e 1956 foi reporteiro gráfico da revista Life en Corea, Indochina e Palestina. No período 1956-1959 realizou unha ampla reportaxe a cor sobre Moscova. A súa obra amósase no Los Angeles County Museum of Art, no Metropolitan Museum of Art, no Museum of Modern Art de Nova York e no Nelson-Atkins Museum of Art de Kansas City. Publicou: This is War (Isto é guerra, 1951), The Private World of Pablo Picasso (O mundo privado de Pablo Picasso, 1958) e The Kreml (O Kremlin, 1960), Self-Portrait U.S.A. (Autorretrato dos EE UU, 1969) e War Without Heroes (Guerra sen heroes, 1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Traballou en talleres de cantería en Lugo e Madrid. Restaurou monumentos do cemiterio de Millerada, entre outros, unha imaxe do Corazón de María enmarcada por columnas salomónicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo drávida

    2. Individuo do pobo drávida.

    3. Pobo da Antigüidade que se estendía pola India e Birmania. Dedicábanse á agricultura e asentábanse en poboados integrados nunha cultura de cidades estado. Son maioritarios nos estados do S e do centro da India (Tamil Nadu, Kerala, Karnataka e Andhra Pradesh).

    4. Templo hindú de planta octogonal.

    5. Familia de linguas faladas na India. O seu dominio lingüístico estendíase por toda a India antes da conquista aria. O mapa lingüístico das linguas drávidas vai de Baluchistán ao S da India, pasando polo N do Deccan. A fonética das linguas drávidas influíu considerablemente no sistema fonético do indoario, sobre todo no campo das consoantes retroflexas. Morfoloxicamente, as raíces dravídicas non teñen nada que as caracterice como verbos ou como substantivos; a determinación establécese mediante sufixos e desinencias, características de cada categoría. A oración comeza co suxeito e o predicado vai detrás das formas rexidas. Literariamente, as linguas drávidas máis destacadas son o támil, o malaialam, o telugu e o kanarés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos drávidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán. Discípulo de Jacobsz, traballou con Pietro da Cortona en Suecia e Alemaña. Pintor oficial da corte sueca, realizou os retratos Carlos XI e Carlos XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político norteamericano. Durante a Segunda Guerra Mundial dirixiu o desembarco aliado no N de África (1942), a campaña de Tunisia, os desembarcos de Sicilia e Italia (1943), Normandie (1944) e as operacións que levaron ao final da guerra. Foi xefe do Estado Maior do Exército (1945) e comandante supremo das forzas da OTAN en Europa (1950-1952). Candidato polo Republican Party, en 1952 asumiu a presidencia dos EE UU, cargo para o que foi reelixido en 1956. Ocupou o cargo ata 1961. Encargoulle a política exterior a John Foster Dulles e en 1957 formulou a doutrina Eisenhower, que prevía a intervención norteamericana no Oriente Medio. Publicou as súas memorias da guerra en Crusade in Europe (Cruzada en Europa, 1948).

    VER O DETALLE DO TERMO