"PLA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 722.

    1. Relativo ou pertencente aos placozoos.

    2. Organismo do filo dos placozoos.

    3. Filo de organismos mariños con aspecto de ameba flaxelada, sen órganos nin tecidos diferenciados e co corpo formado por dúas capas de células separadas por unha matriz. As dúas capas celulares non son idénticas, de xeito que se pode diferenciar unha cara dorsal e outra ventral respecto ao substrato. Ten poucos representantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Plano inferior dunha cornixa ou doutro corpo en beiril.

      2. Recheo ornamental feito na parte central dun ceo raso.

      3. Cada un dos artesóns ou taboleiros pechados cunha moldura.

      4. Cada un dos casetóns dun artesoado.

      5. Cada unha das pezas prefabricadas de xeso ou escaiola, que serven para a formación de ceos rasos.

      6. Porción de parede comprendida entre dúas aberturas ou dúas pilastras, formando un pechado rectangular gornecido cunha moldura.

      7. Plano resaltado, liso ou con molduras, que se aplica ou se deixa para adornar certas partes dun edificio.

    1. Peza plana de madeira que nun moble ou nunha porta, tapa o espazo comprendido entre os montantes e os traveseiros.

    2. lampada plana e translúcida que se sitúa pegada ao teito para mitigar ou protexer unha luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Desgraza ou calamidade que afecta a unha comunidade ou pobo.

      2. Maldición que se lle bota a alguén.

      3. pragas de Exipto

        Castigo divino con que Moisés obrigou o faraón a deixar saír de Exipto ao pobo de Israel. Ao principio, posiblemente a tradición denominaba así só á morte do primoxénito do faraón, á que se uniron outros castigos como a lagosta, a sarabia e epidemias. A auga convertida en sangue, que era só un sinal, e o bastón convertido en serpe, conduciron ao número coñecido das dez pragas de Exipto.

      1. Cantidade abundante de animais ou plantas que causan algún dano.

      2. Proliferación dun organismo vivente que provoca a destrución doutros seres vivos ao invadilos. Pode ser causada por microorganismos patóxenos ou parasitos ou por organismos vexetais, aínda que sobre todo por organismos animais, invertebrados maioritariamente, especialmente ácaros e insectos.

    1. Grande abundancia de algo que é nocivo ou molesto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nube de gas situada nas rexións elevadas da cromosfera solar e que nalgunhas imaxes monocromáticas aparece como unha mancha escura correspondente á raia K do calcio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido galés fundado en 1925, de ideoloxía nacionalista, moderado e socialista comunitario. Entre os seus fundadores figuran os escritores Saunders Lewis e Kate Roberts. Foi un pequeno grupo ata despois da Segunda Guerra Mundial e en 1966 entrou a formar parte do Parliament.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa grande de la que usan os escoceses, que se leva recollida e atada no ombreiro esquerdo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Mauricio, situado na illa Mauricio (202 km2; 358.182 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proxecto, idea ou intención de realiza algo, ou dunha conduta que se vai seguir.

      1. Conxunto orgánico de directrices e medidas políticas e económicas destinadas a resolver un problema ou unha situación determinada.

      2. plan económico

        Conxunto de disposicións tomadas con vista á execución dun proxecto que afecta a unha actividade económica. Segundo Charles

      3. plan quinquenal

        Plan económico de cinco anos de duración, establecido co fin de favorecer o desenvolvemento económico e cultural dun país e que se identifica coas políticas económicas socialistas e comunistas.

      4.  plan xeral de compatibilidade

        Conxunto sistemático de regras, procedementos, principios de organización e recomendacións, elaborado por un organismo oficial, que han seguir todas as empresas. Aplica contablemente a lexislación mercantil e ten implicacións para as obrigas fiscais.

    2. Regulamentación e programación, xeralmente de carácter oficial e obrigatorio, dos estudos que cabe levar a cabo con vistas á consecución dun título, ao seguimento duns cursos, etc.

    3. Plan de aforro a longo prazo, ao que se vai achegando un capital periódico coa finalidade de percibir, fundamentalmente no momento da xubilación, unas pensións privadas. Proporciona importantes desgravacións fiscais, e debe estar integrado nun fondo de pensións. É transferible dunha entidade a outra na procura de maiores beneficios.

      1. plan especial [PE]

        Instrumento urbanístico considerado como planificación de desenvolvemeto, que ten distintos fins que complementan a planificación xeral, aínda que sen capacidade de adoptar medidas de organización integral. Existen catro tipos: plan especial de reforma interior (PERI), para a ordenación detallada de sectores urbanos antigos, plan especial de conxuntos históricos, plan especial de protección e mellora do medio físico e o medio rural, e plan especial de infraestruturas.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plan de reforma educativa, tamén coñecido como Plan Rexeneracionista, elaborado polo ministro de Instrución Pública Francisco Bergamín en 1914. Entre outras modificacións, incluía a retirada das escolas do ensino de relixión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plan de reforma do bacharelato elaborado polo ministro de Instrución Pública Eduardo Callejo en 1926. Establecía dous bacharelatos: un elemental de tres cursos e un superior ou universitario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de planificación, de carácter indicativo, vixente en España entre 1964 e 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modelo global de desenvolvemento local, que se puxo en marcha en 1991, destinado a fixar as liñas básicas de desenvolvemento económico e a determinar as áreas produtivas prioritarias das comarcas, considerando tanto a capacidade do potencial endóxeno como a competitividade nos mercados dos produtos obtidos. Está considerado un instrumento estrátexico que adopta como metodoloxía principal tanto a coordinación, referida á organización territorial dos servizos administrativos, como á coordinación das actuacións das diversas administracións implicadas no territorio, ademais da busca de fórmulas que favorezan a cooperación pública-privada. Establécese mediante a aplicación dun modelo voluntario e participativo de planificación integrada e desenvolvemento sostido. Os obxectivos son a fixación das liñas básicas de desenvolvemento económico, a creación de emprego nos sectores secundario e terciario e o desenvolvemento social da comarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa para o fomento da produción e a explotación racional do marisco e para outorgar unha protección especial ás zonas de produción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de planificación que ten como finalidade a adecuación da xestión dos recursos naturais e, en especial, a dos espazos naturais e das especies que se queren protexer, aos principios de mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais e dos sistemas vitais básicos, de preservación da diversidade xénetica, da utilización ordenada dos recursos e da preservación da variedade, singularidade e beleza dos ecosistemas naturais e da paisaxe. As directrices fixan limitacións de usos nos espazos e establecen normas de uso racional para a conservación, restauración e mellora dos recursos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plan educativo que se levou a cabo despois da aprobación da Lei Xeral de Educación de 1970. En 1971 a Secretaría Xeral Técnica do ministerio de Educación e Ciencia deu a coñecer o informe de planificación educativa en Galicia. Nese documento, facíase un diagnóstico do sistema educativo galego en que se asumían as carencias na política oficial e se marcaban obxectivos e accións de desenvolvemento para todos os sectores educativos sobre a base dun mapa de cabeceiras comarcais de concentración dos servizos educativos. Con este Plan pretendeuse, ademais, asegurarse a participación do Banco Mundial. Os obxectivos básicos de actuación en Galicia foron: a) lograr a escolarización total de alumnos en período de ensino obrigatorio (6-13) e b) realizar concentracións escolares co fin de mellorar a calidade do ensino e reducir os custos de funcionamento dos centros, reconvertendo as escolas unitarias e mixtas en grupos escolares. Polo que respecta ao ensino universitario primouse o crecemento da oferta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plan pedagóxigo redactado por Vicente Risco a petición da III Asemblea Nazonalista Galega, celebrada en Vigo. O Plan, na óptica da escola nova no tocante ás súas propostas, establecía sete apartados: a) o edificio escolar, que bebe cumprir unhas condicións hixiénicas, pedagóxicas, estéticas e educativas adecuadas;   b) a ordenación do interior dos centros, en que defende unha aula ampla, luminosa e funcional; c) a vida escolar, que debe respectar a personalidade e o carácter de seu do neno; d) os profesores, que deben estar comprometidos co país e usar o galego na escola; e) os métodos de ensino, baseados na escola nova; f) o galego na escola, en que se prioriza a presenza ou ensino en galego para facilitar e optimizar a aprendizaxe; e f) o ensino da cultura galega nas escolas, en que se debe incluír no programa de estudos disciplinas referentes a Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plan de reforma educativa elaborado polo ministro de Gobernación P. J. Pidal en 1845. Ordenaba os estudos de bacharelato e universitarios segundo criterios moderados e liberais trazados polo duque de Rivas, afirmando ademais a uniformidade, a centralización, a secularización e o monopolio estatal no ensino universitario (os reitores pasaban a ser nomeados pola coroa). No segundo ensino distinguíase entre o ciclo elemental e o de ampliación e entre institutos de primeira, segunda e terceira clase. Os institutos de primeira clase creados nas cidades universitarias, como Santiago de Compsotela, estaban agregados á universidade ou facultades de filosofía. No terceiro ensino distinguíanse entre estudos nas facultades maiores (teoloxía, xurisprudencia, medicina, todas con sete anos, e farmacia con cinco, ademais dos estudos propedéuticos de filosofía), estudos superiores (só na Universidad Central) para ser doutor (en letras e en ciencias), e estudos especiais, orientacións que posteriormente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plan de normalización lingüística aprobado, por unanimidade, polo Parlamento de Galicia o 22 de setembro de 2004. Este Plan, no seu conxunto, está orientado a informar e a poñer en práctica unha serie de medidas -presenta catrocentas corenta e cinco propostas- que permitan a recuperación de falantes, unha maior dignificación da lingua e a súa asunción con naturalidade. A dirección técnica e redacción do proxecto, así como a supervisión e coordinación dos traballos das diferentes comisións sectoriais, foi asumida por unha comisión técnica formada por catro especialistas e presidida polo académico Manuel González; ademais formáronse oito grupos de traballo (comisións e subcomisións sectoriais) con máis de sesenta especialistas que se responsabilizaron da selección, definición e proposta do inventario de obxectivos específicos e de medidas ponderadas para cada un dos sectores en que se estruturou o Plan. Igualmente hai outras contribucións de persoas ás que se lles pediron achegas a través...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de ordenamento integral do territorio que ten como obxectivo, no solo urbano, a regulación detallada do uso dos terreos e da edificación. Establece un modelo de ordenamento da estrutura xeral e orgánica do territorio, que consiste na fixación dos distintos usos do solo mediante a zonificación e os sistemas xerais. As determinacións básicas son: a clasificación e a cualificación do solo; a definición detallada dos sistemas xerais; a ordenación do solo urbano; a determinación precisa das operacións de renovación que deben realizarse, ademais dos programas e medidas concretas que se pretenden levar a cabo; a ordenación do solo urbanizable, fixando os programas de desenvolvemento a curto e medio prazo por medio de actuacións públicas e privadas; e o ordenamento do solo non urbanizable, establecendo medidas para a conservación dos espazos naturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘plano’.

    VER O DETALLE DO TERMO