"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da cirurxía que trata as fracturas.
-
-
Que carece de mandíbulas.
-
Nome que designa as especies de homínidos que carecen de mandíbulas prominentes, polo que presentan unha faciana caracterizada pola verticalidade.
-
ertebrado que pertence á superclase dos agnatos.
-
Superclase de vertebrados acuáticos dos filocordados que non presentan mandíbulas. De aspecto semellante aos peixes presentan un esqueleto cartilaxinoso e unha boca zugadora con dentes duros. A este grupo pertencen os vertebrados fósiles máis antigos, procedentes dos estratos Silúrico e Devónico. Forman parte desta superclase os ostracodermos fósiles e os ciclóstomos, como a lamprea.
-
-
-
Termo obsoleto, proposto por B. D. Irving (1887), equivalente ao Precámbrico.
-
Termo obsoleto equivalente ao Proterozoico.
-
-
PERSOEIRO
Arcebispo visigodo de Lión (816). Probablemente orixinario de Catalunya. Implicado na política de Luís o Piadoso, foi deposto polo Emperador (835-838). A súa festa celébrase o 6 de xuño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Quen ou aquilo que presaxia desgracias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Romaría de carácter agrícola que se celebra na parroquia de San Lourenzo de Agolada (Coristanco) o 13 de xuño. A súa vocación é a da protección do gando, dos animais e do campesiño. Os animais son bendicidos e despois conducidos en procesión arredor da igrexa encabezada pola imaxe do santo.
-
PERSOEIRO
Escultor grego, discípulo de Fidias. A súa obra máis famosa é a de Némese de Ramnunte (420) colosal estatua de mármore da que se atoparon a cabeza e a base, na que se representa nun friso a Helena conducida por Leda, a súa nai adoptiva, a carón de Némese, a súa verdadeira nai. En bronce esculpiu unha Atenea e un Zeus-Hades para o santuario beocio de Coronea. A súa obra ten sido a miúdo confundida coa de Fidias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de agostar ou agostarse.
-
PERSOEIRO
Bispo de Canterbury. Foi predicar o evanxeo a Inglaterra como misioneiro no 597 dende o mosteiro romano de Santo Andrés por orde do Papa Gregorio Magno. Apoiado polo Rei Etelberto de Kent, a quen xa convertera, predicou a moita xente e fundou abundantes igrexas, a maior parte delas no Reino de Kent. Encontrou hostilidade no clero céltico de Gales, moi aferrado ás tradicións propias. No 601 foi consagrado Bispo de Canterbury. A súa festa celébrase o 27 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Levantado sobre a ermida da Nosa Señora da Cerca, erixida por Bieito González de Araujo en 1595. En 1617, o Arcebispo Xoán Beltrán de Guevara concedeulle o control da ermida aos agostiños de Arzúa co obxectivo de instalar alí un convento e de colaborar coa Universidade Compostelá. No primeiro terzo do s XVII, Bertomeu Fernández Lechuga realizará as trazas do claustro da igrexa, que executou Francisco González Araujo. A igrexa segue as propostas emanadas da Contrarreforma, mantendo unha planta de cruz latina inscrita nun rectángulo, cunha soa nave cuberta por bóveda de canón. O retablo maior, obra do entallador Pedro Taboada, amosa unha clara influencia estilística do taller de Andrade, referencia do Barroco compostelán. Trala desamortización (s XIX), e logo de albergar diversas actividades civís, pasou á Compañía de Xesús, que en 1918 merca as ruínas do convento e adquire do arcebispado o usufruto perpetuo da igrexa. Na actualidade o edificio alberga unha comunidade de xesuítas que rexenta...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denomínase así a Ordo Eremitarum Sancti Agostinoi (OSA). Debe o seu nome a santo Agostiño, Pai da Igrexa e precursor do monacato latino, que toma as súas ensinanzas como regra de vida. Coñécense así diversas institucións relixiosas masculinas e femininas, destacando principalmente a Orde dos Ermitáns de santo Agostiño e a Orde dos Recoletos de santo Agostiño. Chega á Península Ibérica contra o s VI, traída dende o norte de África polo monxe Donato como orde de carácter monacal, arraizando principalmente no norte logo da invasión musulmana. Xogará un papel destacado no Camiño de Santiago, ao estableceren ao longo dos seus percorridos hospedaxes e hospitais. Durante a Idade Media denominouse co nome de agostiños ou cóengos negros a todas as ordes que seguían a pauta monacal. Preséntasenos un debate de carácter histórico xa que algúns autores non inclúen nesta orde os chamados Prioratos de Cóengos Regulares que xurdiron a partir dos ss IX e X, xa que son...
-
PERSOEIRO
Considerado como o máis importante pai da Igrexa latina. De nai cristiá (santa Mónica) e pai pagán, de pequeno non foi bautizado e menosprezaba o Cristianismo ata que, pola lectura do Hortensius de Cicerón, iniciou a busca da verdade que o levou á conversión ao Cristianismo (386), despois dalgúns anos de adhesión ao maniqueísmo e ao escepticismo. Aprendeu dos neoplatónicos a tese da prioridade do espiritual-intelixible, sobre o material-sensible; o contacto que tivo en Milán con santo Ambrosio, Bispo daquela cidade, levouno a admitir o Deus cristián, espiritual e creador do mundo, sendo bautizado polo propio Ambrosio no 387. En Tagaste organizou unha comunidade monástica (388). Ordenado sacerdote no 391, catro anos despois foi consagrado Bispo de Hipona. A súa obra escrita reflicte a problemática filosófica e teolóxica que máis o preocupaba: a crítica dos escépticos e do dualismo maniqueo nas primeiras obras, todas elas escritas entre o 386 e o 391; a polémica cos donatistas e...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Oitavo mes do ano no calendario gregoriano. Orixinariamente era o sexto mes do ano (sextilis). Para honrar ao Emperador Octavio Augusto, déuselle o nome do seu título.
-
Época do ano na que se leva a cabo a colleita dos cereais. Coñecido popularmente como o mes da seitura ou mes de santa María.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agostiño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘casamento’.
-
PERSOEIRO
Actor, actor de dobraxe e presentador de televisión. Comeza a súa andaina teatral co grupo Máscara 17 para logo integrarse en Artello, participando nos diversos espectáculos presentados pola compañía viguesa. Traballou co Centro Dramático Galego en espectáculos como Woyzeck (1984), Os vellos non deben de namorarse (1985), Hamlet (1991), Valle-Inclán 98 (1998) ou O florido pénsil (2011). Como presentador, traballou na Televisión de Galicia e en Televigo.
VER O DETALLE DO TERMO
Actualmente é coñecido polo seu traballo en publicidade, cine e televisión. Destaca o seu papel protagonista no anuncio publicitario de Ratribrom. Entre os seus traballos en televisión destacan Pratos combinados, Terra de Miranda, Serramoura ou Fariña (2018). Do seu traballo no cine destaca Heroína (2005), A... -
GALICIA
Escultor de estilo neoclásico. Atribúenselle tallas para o retablo do trascoro da Catedral de Mondoñedo na primeira década do s XIX. Entre as súas obras cómpre destacar a construción do retablo maior de San Xián de Pereiriña (Cee), entre 1837-1841. Tamén realizou as trazas do altar maior de San Martiño de Noia e o de San Francisco e San Xosé do convento noiés.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de agradecer.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción ou efecto de agrandar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación xenérica dos linfocitos e monocitos. Son células leucocíticas de núcleo grande e nas que non se observan gránulos citoplasmáticos. Prodúcense no sistema linfático e na médula ósea.