"cc" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 617.

  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Lecce, en Puglia, Italia, situada na península Salentina (83.237 h [2001]). É un centro comercial e agrícola. Antiga colonia romana, foi obxecto de continuas loitas entre longobardos, árabes e bizantinos. En 1463 uniuse ao Reino de Nápoles. Do seu patrimonio destacan a catedral (1659-1670), a basílica de Santa Croce (1549-1695) e o Seminario (1694-1709).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Puglia, Italia (2.759 km2; 785.969 h [2001]). A capital é Lecce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos basidiomicetos da familia das boletáceas que presenta o sombreiro gris pardo ou avermellado, o pé groso e comestible e os tubos do himenio soldados. En Galicia podemos atopar varias especies, como L. scabrum, que presenta basidios tetraspóricos, sombreiro entre gris e pardo, pé groso e comestible e que se atopa baixo bidueiras, L. oxydabile, con pé de cor azulada-verdosa, e L. durusculum, que se atopa baixo lamigueiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aquilo que se le en voz alta.

      2. Cada un dos fragmentos das Escrituras, da vidas dos santos ou dos comentarios aos Evanxeos que se len ou cantan na misa ou nun oficio.

      1. Ensino dunha disciplina académica dada por un mestre a un ou máis alumnos nunha sesión.

      2. Parte dunha materia que o alumno debe ter aprendida para unha clase.

      3. Cada un dos apartados en que se divide un texto, especialmente un texto escolástico.

      4. lección maxistral

        Conferencia ou discurso que pronuncia un profesor sobre un determinado asunto nun acto académico solemne ou un candidato diante dun tribunal para superar unha oposición.

    1. Consello ou ensinanza que se lle dá a alguén amodo de exemplo.

    2. Ensinanza ou experiencia que se tira de algo, xeralmente desagradable.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Libro litúrxico que contén ordenadas, segundo diferentes sistematizacións, as lecturas do oficio ou da misa. Dividido antigamente no epistolario e no evanxeliario (hoxe voltos a unir) ou incorporado ao breviario e ao misal, a nova edición do misal exclúeo.

    2. Parede que separa o coro da nave dunha igrexa. Adoita ter aberturas e un coro alto, desde onde se lían os textos sagrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de alcalización do amoníaco, ou das aminas primarias ou secundarias, mediante compostos carbonílicos, en presenza de ácido fórmico como axente redutor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro publicado polo matemático italiano L. Fibonacci (1202) en que introduce o sistema de numeración árabe, ata entón ignorada en Europa, e pon fin á numeración romana. Ademais, resolve moitos problemas de análise indeterminada, e outros relacionados co comercio, e expón a sucesión que leva o seu nome. Esta obra deu un importante pulo ao desenvolvemento da álxebra e, en xeral, das matemáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de licuar ou licuarse.

    2. Proceso que só se pode efectuar por debaixo da temperatura crítica. Cando esta temperatura é inferior á temperatura ambiente, fálase de condensación, no caso contrario, denomínase propiamente licuefacción, a pesar de que, desde un punto de vista físico, se trata do mesmo fenómeno. Para acadar a licuefacción pode someterse o gas a compresión, a refrixeración ou ben a ambas as dúas operacións combinadas. O primeiro sistema que se empregou foi a refrixeración. O segundo sistema, empregado por primeira vez por C. von Linde en 1895, fundamentóuse no efecto Joule-Thompson, co que se poden obter temperaturas moi baixas. En 1902, G. Claude introduciu unha modificación ao método Linde, na que, mediante presións elevadas, se aproveita a expansión para producir un traballo exterior.

    3. fusión.

    4. Procedemento que se emprega para obter gasolina e outros produtos enerxéticos a partir do carbón. O procedemento máis utilizado é o de Fischer-Tropsh.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de análise clínica para a determinación do colesterol, que foi descuberta en 1885.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización da esquerda revolucionaria portuguesa fundada en 1967. A súa primeira actuación foi o asalto ao Banco de Portugal en Figueira da Foz o 17 de maio dese ano. Apoiou os membros da UPG en Portugal a partir de 1974.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Demógrafo italiano. Dedicouse ao estudo da demografía histórica. Entre 1973-1981 foi secretario xeral da International Union of the Scientific Study of Population (IUSSP). Das súas obras destacan History of Italian Fertility During the Last Two Centuries (1977) e Storia minima della popolazione del mondo (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prefectura de Chad (8.695 km2; 455.489 h [1993]). A súa capital é Moundou (99.530 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Campaña anticomunista organizada en EE UU polo senador Joseph Raymond McCarthy (1950-1954). Intentaba descubrir e inhabilitar profesionalmente os sospeitosos de ser simpatizantes da ideoloxía comunista ou contrarios á política estadounidense. Numerosos políticos, escritores, científicos e artistas víronse afectados por esta campaña. OBS: Tamén se coñece como caza de bruxas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División de Gambia (2.901 km2; 156.021 h [1993]). A súa capital é Georgetown (3.000 h [1983]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario italiano. Iniciou a súa andaina publicando artigos sobre Baudelaire e outros autores franceses e italianos, recollidos en parte nos volumes Il cortegiano francese (1943) e Studi (1947). Outras obras destacadas son Il paradiso della ragione (1960), La scuola dei sentimenti (1963), Vita, avventure e morte di Don Giovanni (1966), La caduta della luna (1973), sobre Pirandello, L’angelo della notte (1979), sobre Proust e Le rovini de Parigi (1985). En 1990 publicou Elogio della luce, un ensaio sobre literatura e pintura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de pintores italianos formados en Florencia cara a 1855 que se xuntaron ao inicio da década seguinte. Co soporte teórico do crítico Diego Martelli, integráronse Telemaco Signorini, Giovanni Fattori, Silvestro Lega, Adriano Cecioni, Giuseppe Abbati, Cristiano Banti, Serafino De Tivolo, Vincenzo Cabianca, Raffaello Sernesi e Odoardo Borrani, entre outros. A súa arte baseábase na mancha de cor, cun estilo realista no que se reflectía a vida cotiá e a inserción da figura na paisaxe real, en rexeitamento á pintura de taller.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francis Leopold McClintock.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Robert John Le Mesurier McClure.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de reaccións non enzimáticas que teñen lugar en aminoácidos e azucres redutores. Prodúcese por quentamento ou durante un almacenamento prolongado, e ten un dobre interese no ámbito da tecnoloxía alimentaria xa que é unha das causas da deterioración de moitos alimentos e é un proceso provocado para obter unha aparencia e un sabor característicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Malaisia (1.652 km2; 635.791 h [2000]). A súa capital é Malacca (149.518 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO