"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
PERSOEIRO
Pintor. Foi discípulo de Sebastiano Conca. Cultivou a pintura relixiosa e alegórica nun estilo neoclásico, xunto co retrato a personaxes, papas e reis, aos que dotou dunha graza rococó. É autor das obras Un viaxeiro en Italia e Charles Cecil Roberts, e da pintura Pío VI. No seu estilo mestúranse a Antigüidade clásica, a pintura de Raffaello Sanzio e o academicismo francés. Foi conservador das coleccións papais e realizou retratos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Georgius Agricola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría cuántica xeral da supercondutividade establecida por J. Bardeen, L. N. Cooper e J. R. Schrieffer no ano 1957, polo que lles foi concedido o Premio Nobel no ano 1972. Segundo esta teoría, todo o efecto da supercondutividade resulta dunha pequena forza de atracción entre unha parella de electróns con enerxías case iguais (parellas de Cooper). Os electróns libres repélense mutuamente, pero a repulsión está reducida considerablamente por mor do apantallamento dos outros electróns.
-
PERSOEIRO
Biólogo norteamericano. Profesor en diversas universidades norteamericanas, en 1958 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, xunto con J. Lederberg e E. L. Tatum, por relacionar as vías metabólicas de síntese de enzimas cos xenes e demostrar que cada xene controla a produción dun enzima.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico alemán. En 1987 foille outorgado, xuntamente con K. Alexander Müller, o Premio Nobel de Física polo descubrimento dos primeiros supercondutores a alta temperatura crítica, que fixo no laboratorio IBM de Zúric en 1986.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás plantas herbáceas ou arbustos da mesma familia que a begonia.
-
Planta da mesma familia que as begonias.
-
Familia de plantas herbáceas ou leñosas da orde das violais, máis ou menos suculentas ou sufruticosas, propias de países tropicais, especialmente de América do Sur. A esta familia pertencen as begonias.
-
-
PERSOEIRO
Trompetista. Coñecido polo seu nome artístico Bix, introduciu novas ideas na música de jazz, e está considerado como o jazzman branco máis importante da súa época e o máis destacado representante do estilo Chicago. Tecnicamente está influído polos compositores modernos europeos, como Claude Debussy ou Maurice Ravel e el influíu, posteriormente, sobre outros trompetistas como Rex Stewart, e foi un dos precursores do estilo cool.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
No marco da controversia entre o determinismo e o indeterminismo que propicia a mecánica cuántica, teorema elaborado en 1966 por J. Bell. Demostra que todas as teorías de variables ocultas que se aviñan co principio de acción local eran incompatibles coas predicións estatísticas da mecánica cuántica.
-
PERSOEIRO
Pintor e litógrafo norteamericano. Membro do grupo Ash Can School, cultivou un expresionismo violento, derivado das pinturas negras de Goya e baseado en temas de boxeo, a súa antiga afección. Colaborou na exposición Armory Show (1913), feito que lle fixo evolucionar cara a un estilo de base xeométrica máis lírico e colorista. Nos anos finais da súa vida dedicouse ao retrato. Escribiu Both members of this Club (Os dous membros deste club, 1909) e Stag at Sharkey’s (Solteiro en Sharkey´s, 1907).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Urbanista e historiador da arquitectura italiana, foi profesor nas universidades de Roma, Florencia e Venecia. Foi un dos vangardistas no estudo do urbanismo nas cidades modernas. Entre os seus escritos cómpre destacar Storia dell’architettura moderna (Historia da Arquitectura moderna, 1960), Le origine dell’urbanistica moderna (A orixe do urbanismo moderno, 1963), Storia dell’architettura del Rinascimento (Historia da Arquitectura do Renacemento, 1968) e L’Arte e la città (A arte e a cidade, 1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüísta alemán. Foi un dos primeiros e destacados comparatistas do indoeuropeo. O seu campo de traballo principal foi o das linguas indias. Publicou un manual e un dicionario de sánscrito, unha gramática védica e, no dominio filolóxico, unha edición do Panchatantra (1859).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico inglés. Estudiou a flora dos Pireneos e de Australia. É autor, xunto con Hooker, da monumental obra Genera plantarum ad exemplaria imprimis in herbariis Kewensibus servata definita (1862-1883), onde describe os xéneros de fanerógamas coñecidos daquela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Berro característico do año ou da ovella.
-
PRAIAS
Praia que constitúe todo o litoral da parroquia de Vilanova, no concello de Malpica de Bergantiños. Situada ao L do porto da Tella, é unha pequena cala de 200 m de lonxitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión histórica e nomós de Grecia Central, situada entre o canal de Eubea, a Ática, o golfo de Corinto e as montañas de Lócrida, (2.952 km2; 134.108 h [1991]). A capital é Levadia. As cidades máis importantes da antiga rexión foron Tebas, a súa principal cidade, Orcomen, Platees, Tanagra, Leutres e Queronea. A poboación orixinaria procedía do N do Epiro e foi desprazada polos tesalios durante a invasión doria (1200 a C). Cara á fin do s VII a C comezouse a constituír a Liga Beocia, da que Tebas chegou a ser axiña a capital; acadou o máximo esplendor nos ss V e IV a C. Durante a Segunda Guerra Médica aliouse cos persas (479 a C) e na guerra do Peloponeso aliouse cos espartanos en contra de Atenas. Tebas resistiu a hexemonía de Esparta e converteuse en cabeza hexemónica da Grecia continental ata a Batalla de Mantinea (362 a C) e a morte de Epaminondas. Alexandre destruíu Tebas e deu liberdade ao resto de cidades beocias. A última Liga Beocia foi desfeita polos romanos...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Beocia, aos seus habitantes ou á variante dialectal do grego nesta área.
-
Natural ou habitante de Beocia.
-
Forma dialectal do grego antigo falado na zona de Beocia.
-
-
PERSOEIRO
Dramaturgo, poeta e actor coñecido como Ruzzante. No seu teatro, escrito en dialecto paduano e datable ao redor do ano 1530, destacan: Pastorale, Betia, Moschetta, Fiorina, Anconetana, Piovana, Vaccaria, Due dialoghi in lingua rustica, Reduce e Bilora. A súa obra representa un dos primeiros intentos de teatro realista contrario á idealización renacentista, e é un dos precedentes da commedia dell’arte.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos beothuks.
-
Individuo do pobo beothuk.
-
Pobo indio de América do Norte que habitaba a illa de Terranova. Extinguiuse en 1829, despois de que os indios micmac e os europeos ocupasen a illa no s XVIII. Diferenciábanse considerablemente dos pobos veciños tanto polas súas características biolóxicas como pola súa cultura material. Algunhas hipóteses inclúen a súa lingua dentro da familia algonquina, malia non ser moi coñecida.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poema heroico en inglés antigo, conservado nun manuscrito datable arredor do ano 1000, que tomou o nome do heroe protagonista. De carácter xograresco, está escrito cunhas técnicas sorprendentes; pertence á tradición anglosaxona, a pesar da súa proxección continental e nórdica.
-
-
Relativo ou pertencente á familia das berberidáceas.
-
Planta da familia das berberidáceas.
-
Familia de plantas herbáceas ou leñosas da orde das ranunculais, de dimensións e presenza ben distintas, propias dos países temperados do hemisferio norte, especialmente de Asia e de América. Algunhas empréganse como plantas ornamentais, outras teñen rizomas comestibles, e a resina dalgunhas especies ten propiedades purgantes e eméticas. A esta familia pertence o xénero Berberis.
-