"llo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1518.

  • Liñaxe que trae como armas, en campo de prata, un guerreiro armado da súa cor cunha lanza e escudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Navarra, drenado polo río Aragón (2.670 h [1996]). A fertilidade do territorio fai da agricultura unha importante actividade e destacan os cultivos de cereais, esparto, legumes e froitas. Tamén é importante a gandería, especialmente a cría de gando vacún e lanar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, e da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘irmán’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento idiófono de percusión directa constituído por un xogo de campás afinadas e dispostas para producir unha melodía ou un conxunto harmónico. Os máis antigos soaban ao bater nas campás cun martelo. Posteriormente se lle engadiu un teclado e, en época moderna, introducíronse pedais que accionan os badalos ou martelos mediante transmisión eléctrica ou mecánica. Probablemente de orixe chinesa, difundiuse e evolucionou en Europa, sobre todo nos Países Baixos, desde a Idade Media, e tivo a súa época de esplendor durante o s XVII. Son célebres os carillóns de Bruxas, Malines, Gante, Anveres, Louvain e Utrecht.

    2. Peza instrumental inspirada na música do carillón composta desde o s XVII, principalmente para clavecín e órgano.

    3. Rexistro de órgano consistente nunha serie de timbres, campaíñas e láminas de aceiro que producen un son semellante ao das campás ao seren golpeados por uns martelos conectados coa metade dereita dun teclado.

    4. Reloxo provisto dun conxunto de campás que producen unha melodía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carlos I de Bretaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Graduouse na Escola Superior de Comercio da Coruña. O seu interese pola lexicografía advírtese nos múltiples vocablos, sinónimos e frases feitas que recolleu nas marxes do Dicionario gallego-castellano de Marcial Valladares. Publicou a obra Macías o namorado (1901), tradución do estudo de Hugo Albert Rennert.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Narrador, dramaturgo e director teatral. Fillo do insigne Uxío Carré Aldao, entrou desde cativo en contacto co galeguismo rexionalista que se reunía na librería do seu pai. Espectador na presentación da Escola Rexional de Declamación, promovida na Coruña en 1903 polo actor Eduardo Sánchez Miño e o dramaturgo Galo Salinas, traballou desde moi novo en La Artística. Entre os anos 1911 e 1913 viviu no Porto, onde se familiarizou coa cultura portuguesa. Escribiu en El Eco Español, España y Portugal e incorporouse desde 1916 ao recente movemento das Irmandades da Fala. No período 1916-1936 foi notable o seu labor como ensaísta, gramático e animador da vida teatral. Colaborou en numerosas publicacións (nalgunhas asinou como Ramón Alvariño) como A Nosa Terra, Nós, El Pueblo Gallego, Suevia, El Nororeste, Rexurdimento, Céltiga, Boletín da Real Academia, ás que hai que engadir despois da guerra Lar,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Etnógrafo e escritor. Realizou estudios de maxisterio en Madrid e, posteriormente, dedicouse a tarefas administrativas. No eido ensaístico publicou artigos sobre a historia de Galicia como “As relazóns protohistóricas entre Irlanda e Galiza” e “Unha representazón do deus innominado pre-román”, amais de obras sobre literatura e tradición popular en Galicia como Manuel Curros Enríquez. A súa vida e a súa obra (1953), Romanceiro popular galego de tradizón oral (1959) e Contos populares da Galiza. Na súa produción novelística destacan as pezas curtas O consentimento (1926) e Alevamento (1928), escritas baixo o pseudónimo de Luís G. Vicencio. Foi membro correspondente da Real Academia Galega e da sociedade alemá Marchen der Europaischen Volker.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e profesor mercantil. Exerceu a docencia na Escola Superior de Comercio da Coruña e colaborou na Universidade Popular da Coruña. Como poeta publicou no suplemento Terra a Nosa!, a escolma Da Raza (1919), e, posteriormente, Escolma de poesías (1954). No eido da dramaturxia publicou tres pezas dramáticas: Macías o Namorado (1921), Tentación (1921) e Desalento. Monólogo curto (1960). Postumamente, editáronse en 1993 as novelas Volverá e O milagre, o poemario Arela e A miña viaxe ás Grañas do Sor. Foi académico adxunto da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Sigüenza (1436-1446), arcebispo de Toledo (1446-1482) e membro do Consello Real de Enrique IV de Castela. Desde 1468 apoiou a Isabel a Católica e favoreceu o seu matrimonio con Fernando de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, duque de Montemar. Participou na Guerra de Sucesión loitando no bando borbónico. En 1733 capitaneou a conquista de Nápoles e Sicilia, e derrotou as forzas imperiais en Bitonto, polo que Filipe V lle otorgou o título de duque de Montemar e de Bitonto (1734). De volta a Castela foi nomeado secretario de Guerra (1737-1741). En 1741 marchou a Italia para participar na Guerra de Sucesión contra Austria, pero un desacordo no plan de campaña relegouno do mando e foi, de novo, enviado a España e desterrado temporalmente da corte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Vicerrei de Navarra e gobernador de Galicia. Primeiro conde e marqués de Caracena e primeiro conde de Pinto. Formou parte do Consello de Estado e foi lugartenente de València (1605-1615). Como consecuencia do decreto do 22 de setembro de 1609, tivo lugar a expulsión dos moriscos de València, e el mesmo se ocupou de dirixir as operacións de embarque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz teatral e cinematográfica. Coñecida co sobrenome de Mary Carrillo, comezou no teatro, concretamente nas compañías de Hortensia Gelabert e Josefina Díaz. Exiliouse en México nada máis comezar a Guerra Civil española, onde rodou Don Juan (1937), a súa primeira aparición na gran pantalla. Aínda que a maior parte dos seus papeis son secundarios, protagonizou os filmes Marianela (1940), Fiebre (1943) e El pisito (1958). Outras das súas aparicións destacadas tiveron lugar en El crimen de Cuenca (1979) e La Colmena (1982). En 1995 decidiu retirarse da escena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, fillo de Wenceslao Carrillo. Elixido secretario xeral das Juventudes Socialistas Unificadas en 1934, participou no levantamento revolucionario de Asturias. Como consecuencia deste acto, tivo que permanecer no cárcere ata a amnistía de febreiro de 1936. Ese mesmo ano ingresou no Partido Comunista Español (PCE) e foi conselleiro de Orde Pública da Junta de Defensa de Madrid. Exiliado en 1939, impulsou o cambio de orientación do PCE cara á reconciliación nacional (1956) e no VI Congreso do Partido en 1960 asumiu a súa secretaría xeral. Desde este cargo, promoveu a independencia do PCE respecto á URSS e foi un dos creadores, xunto con Enrico Berlinguer, do eurocomunismo, definido como unha concepción estratéxica autónoma nacida dunha experiencia propia e dunha realidade concreta. Esta ideoloxía converteuse no único modelo revolucionario posible nos países capitalistas desenvolvidos, onde o parlamentarismo e o pluralismo político eran unha realidade e as liberdades e os dereitos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Santiago de Compostela (1655-1677), coñecido como Pedro VIII. Foi auditor do Tribunal da Rota, presidente da Real Chancillería de Valladolid e, desde 1649, bispo de Salamanca. Durante o seu arcebispado foi nomeado gobernador político e militar do Reino de Galicia. Mandou construír unha capela na que se colocou unha imaxe do Santo Cristo de Burgos e elaborou un proxecto para a creación dun seminario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. A súa obra, publicada postumamente en 1611, contén sonetos, cancións e églogas. Da súa produción destacan, sobre todo, a Fábula de Acis y Galatea e o Libro de la erudición poética, primeiro manifesto do culteranismo, onde expuxo a necesidade de crear unha linguaxe poética, culta e hermética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi deputado na Federación Centroamericana (1838-1842), fiscal (1830) e presidente da Corte Suprema de Xustiza. En 1835 converteuse en presidente de Costa Rica e situou a capital do país de forma definitiva en San José. En 1838 deu un golpe de estado e separou Costa Rica da Federación Centroamericana. En 1841, logo de derrogar a Constitución de 1825, ditou a Lei de Bases e Garantías, pola que se nomeaba ditador vitalicio. Deposto en 1842, exiliouse en El Salvador, onde se dedicou á explotación mineira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. Estudiou na Escuela de Pintura, Escultura y Grabado La Esmeralda e en 1953 viaxou a París onde ingresou na Academia da Grande Chaumiere. Participou na Exposición de Artistas Estranxeiros en Francia de 1955, e en 1966 na mostra Confrontación 66, que deu lugar ao nacemento do grupo Generación de la Ruptura. Foi a introdutora en México do informalismo abstracto. Expuxo en México, España, EE UU, Xapón, Colombia e Cuba. Entre as súas obras destacan Abstracto (1957) e Principio y fin (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Ingresou nas Xuventudes Socialistas e ocupou diversos cargos directivos na Unión General de Trabajadores (UGT). Durante a República (1931-1936) foi deputado, e en plena Guerra Civil traballou na subsecretaría de Gobernación e interveu no Consejo Nacional de Defensa (marzo de 1939). Acabada a guerra exiliouse en Londres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do apelido Carballo.

    VER O DETALLE DO TERMO