"ovi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 688.
-
PERSOEIRO
Publicista, sociólogo e crítico ruso. Como teórico do movemento revolucionario dos narodniki (populistas), tivo unha grande influencia entre os intelectuais rusos da época. Inimigo do determinismo histórico, deulle moita importancia ao heroe intelectual como dirixente revolucionario das masas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Pai de Andrej e Nikita Mikhalkov-Končalovskij, destacou polas súas poesías para nenos, ademais de por ser autor de obras de teatro e narracións (Tótágas, 1978) e da letra do himno da Unión Soviética.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político xeorxiano. Foi ministro de Comercio ata 1955 e vicepresidente do Consello de Ministros soviético (1955-1964). No XX Congreso do PCUS (1956) atacou o culto á persoalidade de Stalin e acreditou a política de Khruščov. Foi presidente do Presídium do Soviet Supremo (1964-1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral da aviación soviética e construtor de avións xeorxiano. Membro da Academia de Ciencias da URSS, a partir de 1939 deseñou, xunto con M. O. Gervič, os avións da serie MIG. Recibiu o Premio Stalin en 1946, 1949 e 1952.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de virus constituídos por RNA dunha soa cadea e unha cápsida con simetría helicoidal. Os mixovirus causan doenzas nos condutos respiratorios do home e doutros vertebrados, e inclúen os virus da rabia, a gripe e o do sarampelo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo mocoví.
-
Individuo do pobo mocoví.
-
Pobo amerindio do Chaco arxentino, que habitaba preto do río Bermejo. Son arredor de 3.000 individuos e dedícanse á gandaría sedentaria.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Superficie de descontinuidade que separa a codia terrestre do manto, situada a uns 35 km por baixo dos continentes e a uns 5 km por baixo do fondo mariño. Foi descuberta polo xeólogo croata Andrija Mohorovičić (1857-1936). Nela prodúcese un continuo de cambios bruscos da velocidade de propagación das ondas sísmicas, que indica cambios físicos e químicos da materia, o que permite unha interpretación concéntrica da estrutura da Terra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
V’ačeslav Mikhajlovič Skrajabin.
-
CAPITAIS
Capital de Liberia, situada na costa atlántica (479.000 h [1999]). É un porto moi activo de exportación de caucho, ferro e ouro. Foi fundada en 1822 pola American Colonization Society para acoller aos escravos liberados de EE UU. Recibiu o nome en homenaxe ao presidente estadounidense James Monroe.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Monrovia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Monrovia.
-
-
REPUBLICAS
República de Rusia que está situada ao NO da elevación do Volga (26.200 km2; 937.200 h [estim 1999]). A súa capital é Saransk. Está formada, na parte noroccidental, pola chaira dos ríos Oka e Don, con formas acumulativas de relevo, e ao SL pola elevación do Volga, que está atravesada por unha vasta rede de barrancos. O clima é continental moderado. Con chans selváticos e de chernozem, a turba domina os vales dos ríos Mokša e Sura. Dispón de recursos naturais como a calcaria, a dolomía, a turba, o xeso, a marga, a arxila e o gres, e ten a industria desenvolvida, principalmente nas ramas da construción mecánica, industria do metal e unha crecente industria química. En canto á economía rural, destaca o cultivo de cereais e de patacas, e na gandaría, o bovino e o porcino. Constituíuse en oblast’ autónoma en 1930, e en 1934 foi declarada república autónoma da República Soviética Federada de Rusia. Coa disolución da URSS (1991) pasou a ser República da Federación...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo mordovino ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo mordovino.
-
Grupo de tribos finesas que se estableceron nas ribeiras do Volga medio. Son agricultores e cristiáns ortodoxos, aínda que conservan crenzas pagás. O seu territorio forma parte da República Federal de Mordovia.
-
Lingua finoúgria do phylum urálico que se fala nunha zona que vai desde o río Oka ao O ata o río Belaja ao L. Está fragmentado en dúas variedades, a oriental ou erza e a occidental ou mokša, bastante diferentes. Despois de 1917 ambas as dúas variedades deron orixe ás respectivas normas escritas e linguas literarias.
-
-
REXIÓNS
Rexión histórica onde se desenvolveu o gran ducado ou o gran principado de Moscova (s XIV) e, máis tarde, o estado ruso. Denominouse Moscovia ata o s XVII. Na súa orixe só comprendía a rexión de Moscova e a parte occidental de Suzdal. No s XIII, Suzdal, atacada polos mongois, dividiuse nunha serie de principados autónomos, entre os que destacou o de Moscova. Era pobre, chea de bosques e rodeada de zonas pantanosas, pero estaba situada nun lugar estratéxico. A súa pobreza salvouna da conquista por parte dos mongois, e este feito atraeu inmigrantes campesiños e mercadores, que fuxían do Volga medio. Os mongois, que lles impuxeron un tributo e que preferiron entenderse cun só responsable da recadación, recoñeceron a preponderancia de Moscova e o título de gran príncipe a Iván (1328). Ao caer Constantinopla (1453), Iván III considerouse o herdeiro do imperio e deixou de recoñecer a autoridade dos mongois (1480). Iván IV o Terrible continuou a expansión de Moscovia e tomou o título...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Serie e época do Carbonífero mariño ruso, situado sobre o Baxkiriano e baixo o Kasimoviano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Moscoviano.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Moscova ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Moscova.
-
-
Filosilicato de aluminio, potasio e fluor, de fórmula KAl 2 Si 3 AlO 10 (OH,F) 2 . Pertence ao grupo das micas e cristaliza no sistema monoclínico. É incolora, con lixeiras pátinas de cor verde, gris ou marrón. Ten unha dureza de entre 2,5 e 4, e unha densidade de 2,8-2,9. OBS: Tamén se denomina mica branca.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode moverse ou ser movido.
-
-
de mover ou moverse.
-
-
Que implica axitación ou moita actividade.
-
Aplícase á música ou ao baile cun ritmo rápido.
-
Aplícase á fotografía ou á imaxe desenfocada e borrosa.
-
-
Que é moi nervioso ou activo.
-
-
GALICIA
Xurista. Foi presidente do Tribunal Superior de Justicia de Cantabria, da Audiencia de Sevilla e da sala do Contencioso-Administrativo da Coruña. Foi un dos fundadores de Justicia Democrática (1975) e participou na creación de Jueces para la Democracia (1983). Colaborador das revistas Justicia e Poder Judicial, é autor de Los comunistas y la reforma de la Administración de Justicia (1981), en colaboración con outros autores; El poder judicial (1986), en colaboración con Perfecto Andrés Ibáñez; El Estatuto de Autonomía de Cantabria. Perspectivas doctrinales y prácticas (1994), Libertades públicas y derecho administrativo (1994) e El compromiso cívico del juez demócrata: la labor periodística (1999). Postumamente, editouse o volume Homenaje a Claudio Movilla (1999), promovido pola Fundación Sotelo Blanco.
VER O DETALLE DO TERMO