"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Parroquia do concello de Rianxo baixo a advocación de santa Eulalia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Araña de patas moi longas en proporción ao seu corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘bacallao’.

    2. Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘bacallao’.

    3. santiaguiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ribadeo baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Salvaterra de Miño baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santa Comba baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario do concello de Oñati, no territorio de Gipuzkoa, Euskadi. Segundo a lenda, en 1469 a Virxe aparecéuselle ao pastor Rodrigo de Balzategi. O santuario foi construído polos franciscanos en 1514 e incendiouse en 1834. O actual, construído entre 1950 e 1955, é obra dos arquitectos F. Sáinz de Oiza e L. Laorga; no seu interior destaca o gran mural de madeira da ábsida, obra de L. Muñoz. Hai un gran friso esculpido por J. Oteiza baixo o cal se abren as portas, executadas por Eduardo Chillida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente do río Oitavén pola marxe esquerda. Nace en Penaguda e percorre 6 km aproveitando unha fractura do terreo en dirección N-S. Atravesa as parroquias de Ermida, no concello de Pazos de Borbén, e Soutomaior, no concello do mesmo nome. Coñécese tamén como río Pequeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baralla baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que ten a súa orixe nun nome de lugar. Posiblemente está relacionado co topónimo vasco Arantzazu, formado por Ara-antz-a-zu, ‘serra de moitos picoutos’ ou ‘lugar cheo de espiños’. A tradición popular fai derivar esta palabra dunha frase en éuscaro supostamente pronunciada por un pastor de Gipuzkoa, quen ante a aparición da Virxe, exclamou: Arantzan zu? ‘Ti no espiño?’ (composto por arantz ‘espiño’+ an ‘en’ + zu ‘ti’). Esta presenza de María interpretouse como a man salvadora da Virxe para Euskadi, asolada daquela por numerosas desgracias, guerras e fames. Esta advocación pasou séculos despois a Galicia co nome de “Nosa Señora do Espiño”. A festividade de Andra Mari de Arantzazu, patroa de Gipuzkoa, celébrase o 15 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo e naturalista vasco, doutor en Farmacia e Ciencias Naturais. Os seus estudios antropolóxicos son interesantes polo enfoque biométrico e a metodoloxía científica que aplican. Escribiu: El pueblo Euskalduna (1891), Etnología (1899) e Problemas de la etnografía de los vascos (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial de Pamplona (Navarra) fundada en 1929 polo xurista Manuel de Aranzadi e Irujo (Lizarra 1882 - Pamplona 1942). Publica desde 1930 os repertorios de xurisprudencia e lexislación española: Repertorio cronológico de Legislación, Repertorio de Jurisprudencia, Índice progresivo de legislación e Índice progresivo de jurisprudencia, actualizados periodicamente. Nesa mesma liña, Estanislao de Aranzadi, fillo do fundador, publicou a primeira edición do Dicionario de legislación (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anatomista e médico italiano. Describiu o conduto que une a vea umbilical coa cava superior no feto, e que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poema épico composto por Alonso de Ercilla. Dividido en tres partes (1569, 1578 e 1589), está composto por 37 cantos e escrito en octavas reais. Nel cántanse a valentía, a forza, a destreza física e o ideal de independencia dos indíxenas araucanos nos seus enfrontamentos cos españois. Aparecen personaxes como Caupolicán, toqui ou xefe máximo, Lautaro, segundo guía, e Tucapel e Galvarino, axudantes destes. Todos eles posúen o tratamento de heroes, ao contrario dos españois que non alcanzan ese nivel. Para lograr todos os seus obxectivos, o autor axúdase de comparacións ao xeito clásico (Ilíada), e imitacións de procedementos descritivos antes empregados por Virxilio e Ariosto. Esta composición foi incorporada por diversos cronistas á historia de Chile a partir do s XVII. Na terceira parte reprodúcese un soneto composto pola condesa de Altamira, Isabel de Castro e Andrade, unha das poucas obras en galego dos Séculos Escuros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Chile (31.858 km2; 774.959 h [1992]). A capital é Te-muco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos araucanos ou á súa lingua.

    2. Individuo pertencente ao grupo de pobos de lingua araucana que habitan no centro de Chile, entre os 30° e os 43° de latitude sur. A poboación actual é duns 250.000 individuos. Distínguese entre araucanos setentrionais e meridionais. Tamén hai araucanos na Arxentina, desde a serra andina ata o río Salado. A ocupación española do territorio araucano principiouna no 1541 Pedro de Valdivia, pero non foi totalmente sometido ata 1881. A súa economía baséase na agricultura. Ademais, practican a recolleita de vexetais, a pesca e a caza. As industrias traballan a cerámica, a metalurxia, a madeira, a pedra, o fiado e os tecidos. A familia, dirixida polo pai, é a unidade social básica.

    3. Lingua falada por unhas 250.000 persoas en Chile polos contornos de Valdivia e Concepción e por unhas 10.000 persoas na Arxentina, sobre todo na rexión de Neuquén. Esta lingua recibe a miúdo o nome de mapuche. Presenta como características unha forte influencia do quechua no vocabulario; na morfoloxía, a existencia do número dual; sintacticamente, a posición do suxeito no final da frase e a posposición do adxectivo ao nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo de Mondoñedo-Ferrol de tendencia galeguista. No Seminario e Universidade Pontificia de Comillas licenciouse en Filosofía (1941) e Teoloxía (1945). Perdeu un curso na carreira ao ser alistado no exército de Franco. Foi consagrado sacerdote en Comillas o 22.7.1945. Durante vinte e cinco anos exerceu o ministerio sacerdotal na cidade das Burgas. Colaborou no xornal La Región e en revistas relixiosas como Surge de Gasteiz e Resurrexit da Mutual do Clero de Madrid. O 6.9.1970 foi ordenado bispo na catedral de Ourense, no primeiro acto de ordenación celebrado en galego. O 13 do mesmo mes fixo a súa entrada solemne na Sé Episcopal de Mondoñedo e, sete anos máis tarde, na Concatedral de San Xiao de Ferrol.
    O seu maxisterio pastoral escrito xira ao redor da problemática de Galicia: migracións, mundo rural, paro obreiro, accidentes laborais, visita pastoral, e outras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de cantería que traballou na diócese de Tui. En 1862 contratou a edificación da igrexa de Salcidos; reconstruíu a torre campanario e parte do coro da igrexa das Clarisas de Tui. Tamén fixo o enlousado da igrexa de San Cristovo de Goián (Tomiño) e o cruceiro da praza de San Martiño de Figueiró (1875).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Na Exposición Xeral de Belas Artes de Madrid (1892) presentou os cadros Ría de Vigo e El mercado de pescadores en la bahía de Vigo. Recibiu diversos premios na súa andaina pitórica.

    VER O DETALLE DO TERMO