"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
GALICIA
Realizador cinematográfico. Licenciado en Ciencias da Información e en Imaxe en Madrid, os seus primeiros contactos co cine producíronse a través do Club Amateur da Coruña. En 1971 dirixiu as curtametraxes Antón 70, A costa de Lugo e O encontro, en formato súper 8. En 1972 creou, xunto con Xavier Iglesias e Miguel Gato, o Grupo Enroba, co que realizou as curtametraxes, tamén en súper 8, Foi Grass (1972) e A morte do Mariscal (1973). Tamén dirixiu as curtametraxes O documento (1974), en 16 mm, e O cadaleito (1976), en 35 mm.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Velázquez, iniciouse no mundo artístico nos obradoiros sevillanos de Francisco de Herrera o Vello e Francisco Pacheco, sogro seu desde 1618. Na súa etapa sevillana (1617-1623) achegouse ao tenebrismo, influído por Caravaggio, e abordou a temática do bodegón (La vieja friendo huevos, 1619; El aguador de Sevilla, 1620), o retrato (Góngora, 1622) e as escenas relixiosas (Cristo en casa de Marta e María, 1618; La Adoración de los Magos, 1619), que se caracterizaron ademais de pola tendencia á representación obxectiva, pola modelaxe rotunda e o uso dunha gama cromática limitada. Tamén foi frecuente a representación de modelos extraídos da rúa ou da súa familia como protagonistas dos seus cadros. Desde 1623, coa axuda do seu sogro, trasladouse a Madrid, onde pasou a ocupar importantes cargos artísticos e administrativos na corte de Filipe IV. Foi nomeado pintor do rei, pero ademais dos retratos cortesáns (Filipe...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista e gramático. Despois de residir en diversos países europeos, estableceuse en Bos Aires, onde traballou nos campos da edición e o ensino. Traduciu do grego ao castelán as traxedias de Esquilo Agamenón, Las Coéforas, Las Euménides e Siete contra Tebas (1967). Ademais, editou o manual La lengua gallega: primitiva lingua visigothica. Su origen y evolución (1976), en que reivindica a dependencia do castelán con respecto ao galego, e Conflito lingüístico e ideoloxía en Galicia (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. En 1960 ingresou na Academia Militar de Zaragoza. Foi considerado un experto na loita contra o terrorismo, aínda que a esquerda abertzale o acusou de maltrato e corrupción. En 1996 foi encarcerado, acusado de ordenar o asasinato dos membros de ETA J. A. Lasa e J. I. Zabala, secuestrados polo GAL en 1983. Por motivos de saúde, foi excarcerado temporalmente en 2004.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Comerciante e escritor. Emigrou a Arxentina, onde fundou e dirixiu El Fígaro en Tucumán e colaborou en El Gil Blas e na prensa bonaerense. Foi xefe da oficina de estatística de Tucamán, desde onde publicou Anuario de Estadística de la Provincia de Tucamán. Publicou tamén La mortalidad infantil en Tucumán (1859), Memoria descriptiva de la provincia de Tucumán (1888) e Vivios y virtudes de las clases obreras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e político. Foi presidente do Colexio Oficial de Arquitectos de Ourense e vicepresidente do Ateneo da mesma cidade. Secretario xeral do Partido Galeguista, foi presidente do consello nacional e secretario xeral do Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista. Foi conselleiro de Pesca (1987-1990), membro da comisión permanente do consello nacional do BNG e deputado autonómico por Coalición Galega (1993-1997) e polo BNG desde 1997.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Alternou a publicación de obras literarias con outras de carácter histórico, dun especial interese para o coñecemento do republicanismo no s XIX. Destacan Los guerrilleiros de 1808 (1877), Historia del partido republicano español (1892-1893) e Memorias de un revolucionario (1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Vigo 28.12.1942) Empresario. Presidente e conselleiro delegado de Abada SA, Rodman Polyships SAU e da Fundación Rodman, foi membro do consello de administración de Pescanova SA, do Consorcio de la Zona Franca de Vigo e de Bonaval Multimedia SL. Membro da World Fishing Executive Committee, pertenceu á xunta directiva da Mutua Gallega e do Club Financiero de Vigo.
-
PERSOEIRO
Trobador portugués. Activo na segunda metade do s XIII, mantivo relación con diferentes autores, como Johan Garcia de Guilhade e Pero Garcia Burgalês. O nome deste pequeno nobre rural apareceu nas Inquirições de 1258 e puido estar ligado a Guiomar Afonso Gata, filla do rico-home Afonso Peres Gato e de Urraca Fernandes, esta última descendente de Egas Moniz. Autor de dezaseis cantigas de amor, catro de amigo e catro de escarnio, nas súas composicións destaca especialmente o ‘morrer de amor’, que manifesta de moi diferentes maneiras e que lle valeu diferentes críticas doutros autores, como Pero Garcia Burgalés, quen alabou ironicamente a súa facilidade para morrer de amor e ‘resucitar ao terceiro día’ en “Roy [Q]ueymado morreu com amor’. Na composición “Preguntou Joan Garcia” nomea a súa amada, co que rompe unha das convencións básicas do xénero, mentres que noutras manifesta os motivos da coita, que mesmo lle impiden durmir, como en “De mia senhor direi-vus que mi-aven”. Con respecto...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e biólogo. Doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago (1961), médico puericultor (1963) e doutor en Bioloxía coa tese La familia Cornide en el Archipiélago de Cabo Verde. Desde 1978, xefe do servizo de pediatría de POVISA e desde 1989 profesor de ciencias da saúde da facultade de Medicina de Santiago de Compostela. Foi tamén profesor na Escola Universitaria de Enfermería de POVISA da Universidade de Vigo (1992-1993). Os seus estudos de malacoloxía levárono a descubrir novas especies de moluscos. Colaborou na posta en marcha do Museo Galego do Mar de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asalto e saqueo da cidade de Roma levado a cabo o 6 de maio de 1527 polo exército imperial durante o enfrontamento entre o Emperador Carlos V de Alemaña e Francisco I de Francia polo predominio en Italia. Carlos III de Borbón, que comandaba o exército imperial, aproveitou as dificultades en que se atopaban os membros de Liga de Cognac para atacar o Papa Clemente VII, que persistira en axudar a liga, feito que decidiu o condestable de Borbón, como represalia, a atacar Roma. Pero morreu no primeiro asalto, e isto provocou a vinganza dos seus soldados, que se entregaron a un saqueo implacable durante varios días. Mentres o papa tivo que refuxiarse en Sant’Angelo durante sete meses. O conflito non acabou ata a Paz de Barcelona (1529) asinada entre o emperador e o papa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pere Caro i Sureda.
-
GALICIA
Mestre de obras e escultor. De estilo barroco, a súa primeira obra foi o retablo para a confraría do Rosario para a igrexa de San Domingos, que está perdido. En 1663 comezou a traballar con retablos para Mateo de Prado, para quen fixo os colaterais do de Santa María de Conxo (1664-1665) e outras obras. En 1669 fíxose cargo das obras do convento de Conxo onde rematou o claustro (1674) e a reforma da escaleira (1690). Finalizou a igrexa dos xesuítas (1670-1673). En 1673 realizou a coroación do cadeirado do coro baixo da igrexa de San Martiño Pinario, onde destaca o dinamismo, a plasticidade, os efectos de claroscuro e a abundante decoración barroca. En 1674 comezou a construción do convento das mercedarias cuxa igrexa se consagrou en 1689. Destaca tamén a capela do Rosario de Santa Baia de Arealonga (Vilagarcía de Arousa). Ademais realizou varias reformas no colexio de Fonseca, onde se encargou de reedificar a capela, ampliar o claustro e construír o remate da fachada, e fixo diversas vivendas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar, político, xornalista e escritor. Alcanzou o grao de coronel de cabalaría. Comezou militando no Partido Republicano Federal, pero vinculouse ao anarquismo. Fundou o xornal La Caridad e dirixiu La Ilustración Popular. Escribiu Religión de la Ciencia (1877), La neurosis anárquica (1900), Reflexiones a Pablo (1902), La Trinidad (1906) e Redención económica (1906).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Estudou na Universidad de Valladolid e interouse polo cancro e as novas técnicas para combater esta enfermidade. Foi académico correspondente da Real Academia Galega e membro fundador doutras sociedades médicas españolas. Escribiu Galería de médicos gallegos ilustres (1977). Recibiu a medalla de ouro da Asamblea Suprema de la Cruz Roja Española e a Gran Cruz de la Orden Civil de Alfonso X el Sabio.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Anormalidade da voz que se volve ronca e pouco clara.
-
Afección inflamatoria da larinxe que provoca a perda temporal da voz.
-
-
PRAIAS
Praia do litoral cantábrico situada na parroquia de Foz, no concello homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Roncón pequeno das gaitas de tres ou catro voces.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de roncar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da gaita composta por un tubo sonoro que emite un son constante. Está formada por dúas pezas cilíndricas, cun conduto interior polo que vai o aire, que se ensamblan entre si. A prima é a peza que se insire na buxa do roncón e na que vai colocada o pallón, de menor tamaño ca o do roncón. A copa é outra peza cilíndrica que remata nunha pequena copa semellante á do roncón. A afinación do ronquillo é unha oitava superior á nota tónica do roncón. O seu tamaño está en función da afinación da gaita e, polo tanto, son máis longos os ronquillos das gaitas afinadas en tonalidades baixas (Si bemol).