"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Tecedor e mecánico inglés. En 1779 construíu unha máquina de fiar algodón que, mediante a combinación de elementos da spinning-jenny de Hargreaves e da water-frame de Highs, producía un fío fino e forte ao mesmo tempo, apto para a fabricación de toda clase de tecidos. Polo seu carácter híbrido recibiu o nome de mule-jenny.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Texto galego do s XIV que se conserva no manuscrito 10.233 da Biblioteca Nacional de Madrid, ao que lle falta o primeiro caderno (con 8 folios). É unha tradución da Crónica Troyana castelá de Afonso XI e foi mandada traducir polo conde Fernán Pérez de Andrade o Bo. Fíxose en Betanzos ou Pontedeume, no escritorio de Fernán Martís, capelán do conde, e concluíuse o 20 de xaneiro de 1373; no proceso de copia interviñeron, amais do crego, outros escribas. Entre 1155 e 1165 Benoît de Sainte-Maure escribiu en Francia o Roman de Troie, obra en verso que comeza coa conquista do vélaro de ouro e remata coa morte de Ulises, seguindo textos latinos que contiñan refundicións dos textos épicos gregos e adaptando a historia ao gusto medieval. Do texto en verso fixéronse versións en prosa, que chegaron á Península, pero, xunto a elas, o poema de Sainte-Maure tamén circulou por Castela (utilizouse, por exemplo, na General Estoria de Afonso X) e por Portugal (ou Galicia), onde se fixo unha versión,...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación automobilística e deportiva aparecida en Vigo a partir de 1985 e subtitulada “Revista gallega del motor”. Editada e dirixida por Alfredo Bárcena, contou coa colaboración de Miguel Cumbraos, Manuel López Castrillón, Manuel San Luis, Javier Figueirido, Enrique Salgueiro e Sandy López. Á parte das seccións fixas “Editorial” “Noticias” “Ecos de la competición”, “Autocross” e “Karting”, nas que se informa brevemente sobre motores, competicións, produción das empresas do sector, etc, inclúe diversas reportaxes sobre os rallyes que se celebran en Galicia, como o de Ourense e o Rías Baixas; en España, como o de Catalunya, Santander e Sierra Morena; e no mundo, como os de Nova Zelanda, Portugal, Finlandia, Córsega e Grecia. Ademais, insire entrevistas a coñecidos pilotos e copilotos, como Luis Moya e M. Pestana, diversas novidades sobre o mundo do motor e artigos comparativos sobre coches de competición e vehículos novos incorporados ao mercado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica fotográfica empregada para o rexistro de movementos mediante exposicións realizadas en tempos regulares.
-
-
Historia narrada segundo a orde estritamente cronolóxica dos feitos e dos personaxes.
-
Narración oral ordenada dos acontecementos recentes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á cronohistoria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio das alteracións da saúde conforme aos ritmos biolóxicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Concepto introducido na teoría literaria por Mikhail Bakhtin a finais da década de 1930. Procedente da teoría da relatividade de Einstein, sinala a relación de dependencia que existe entre as dimensións de tempo e de espazo na obra literaria e, en particular, na novela, onde constitúe o núcleo organizador da acción. Bakhtin desenvolveu unha teoría da novela, segundo a que os distintos cronotopos, isto é, as distintas interseccións espacio-temporais, condicionan a aparición dos subxéneros novelescos, en especial na súa etapa inicial. A tradición occidental recoñece, entre outros cronotopos, o cronotopo do encontro, determinado pola temporalidade, e cronotopo do camiño, espazo por excelencia do encontro. Na literatura galega distínguese un cronotopo do pazo ou un cronotopo da lareira, como lugar de encontro na sociedade tradicional que propicia o acceso a outros mundos a través da narración de historias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fillo de Pan e de Eufeme, ama de cría das musas, coas que vivía no Helicón. A petición destas, Zeus transformouno en constelación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto ou pequena árbore de follas lanceoladas, con flores pequenas, agrupadas en acios solitarios e froitos capsulares dehiscentes. Natural do arquipélago malaio, de Australia e doutras illas de Oceanía, cultívase para a obtención do aceite de crotón, amplamente empregado antano coma revulsivo, vesicatorio e purgante drástico. Tamén recibe o nome de rícino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe mítico co que se relaciona a fundación da cidade de Crotone.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos isómeros cis- e trans- do 2-butenal, de fórmula CH3-CH=CH-CHO. Son líquidos pouco solubles en auga, inflamables, de cheiro sufocante e lacrimóxenos, que ferven a 104°C. Obtéñense por condensación aldólica de dúas moléculas de acetaldehido e empréganse como intermediarios en síntese orgánica e como solubilizantes. Tamén recibe o nome de aldehido crotónico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Calabria, Italia (1.717 km2; 175.010 h [estim 1999]).
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, en Calabria, Italia (59.743 h [estim 1999]). Ten un porto comercial, principalmente de produtos agrícolas. Na súa industria destaca o sector químico. Colonia fundada polos gregos na Magna Grecia ao redor do 708 a C, converteuse na capital da rexión do Brutio despois de destruír a cidade de Sibaris (510 a C). Foi o lugar escollido por Pitágoras de Samos para establecer a súa escola filosófica, que exerceu unha notable influencia na política e na moral. Sufriu os ataques e saqueos de Agátocles, Pirro e Aníbal no s III a C e foi conquistada polos romanos no 277 a C. No ano 194 a C converteuse en colonia romana. Durante a Idade Media cambiou o seu nome polo de Cotrona, ata que en 1928 recuperou a antiga denominación.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aplícase ao composto que contén o radical crotonilo, como o ácido crotónico ou o aldehido crotónico ou crotonaldehido.
-
Cada un dos isómeros cis- e trans- do ácido 2-butenoico, de fórmula CH 3 -CH=CH-COOH, especialmente o trans-. A forma trans- é un sólido branco cristalino que funde a 72°C e que se emprega na obtención de suavizantes do caucho sintético. A forma cis- denomínase tamén ácido isocrotónico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Radical de fórmula CH3-CH=CH-C-C-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de condensación, con deshidratación, dun aldehido ou dunha cetona con outro aldehido ou outra cetona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fillo de Axenor, rei de Argos. Tivo dous fillos, Estenaleo e Psámate. Froito da súa unión con Apolo, Psámate enxendrou a Lino, meniño que abandonou ao nacer. Este, tras ser recollido por uns pegureiros, morreu devorado polos seus cans. Cando Psámate lle contou a seu pai a desgracia, mandouna executar. Apolo, anoxado, envioulles unha peste aos arxivos. Consultado o oráculo para porlle fin a esta praga, o pobo arxivo dedicoulles un culto a Psámate e a Lino. Axenor foi desterrado e fundou unha cidade en Megáride e, logo de morrer, Apolo enviouno ao Tártaro.
-
GALICIA
Xornalista e poeta. En 1885 emigrou a Arxentina onde exerceu como comerciante e corredor de comercio. Traballou nas oficinas do xornal El Municipio. En abril de 1890 fundou en Rosario a asociación Fillos de Rois e empregouse nunha escribanía en Bos Aires ata 1907, ano no que creou a súa propia procuraduría. En febreiro de 1891 fundou e dirixiu en Barracas o semanario La Justicia e, catro anos despois, o Centro Galego desta localidade. En 1898 fundou o semanario Correo de Galicia, dirixido por Juan González Montenegro, e en outubro de 1901 saíu á rúa o primeiro número da revista Nova Galicia, que dirixiu ata 1951. En 1904 foi un dos fundadores do Banco de Galicia. Colaborou moitas veces baixo os pseudónimos F.C. de Vetroles, Vetroles Cañiza e Xán d-a Cañiza, nos xornais El Día, El Correo Gallego, El Heraldo Cristiano, Diario Gallego, Acción Española, Sud América, Faro de Vigo e a revista Galicia. A súa obra lírica saíu do prelo entre 1893 e 1898 en diversos xornais (El...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que provoca un derramamento de sangue.