"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Que está dividido en catro partes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Avión de reacción con catro motores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ector definido no espazo de Minkowski.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos elementos dun produto cartesiano de catro conxuntos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantidade elemental coa que varía unha magnitude física cuantificada, como a enerxía e o momento angular, entre outras. O termo converteuse en obsoleto posto que, unha vez aclarado que os observables físicos (magnitudes físicas medibles) están representados na mecánica cuántica por operadores dun espazo de Hilbert, un cuanto non é máis que o incremento que hai entre dous valores propios, ou autovalores, do operador que representa o observable.

    2. Teoría de Planck.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica dos obxectos descritos especificamente pola mecánica cuántica. Son cuantóns as partículas “de materia”, como os electróns, e as partículas “de enerxía”, como os fotóns. Poden ser basicamente de dous tipos: fermións ou bosóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade constitutiva, no cloroplasto, da membrana dos tilacoides. É o sitio onde se localizan os dous fotosistemas da fotosíntese.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Composición musical para catro instrumentos ou catro voces. O cuarteto vogal polifónico, xa empregado na Idade Media, divulgárono os compositores flamengos desde o s XV. Na música instrumental, o cuarteto chegou a ser frecuente desde finais do s XVII; no XVIII xeneralizouse o seu uso, especialmente o cuarteto de corda (xeralmente dous violíns, viola e violoncello). Considérase a F. Joseph Haydn como o gran cultivador do cuarteto de corda, seguido por Mozart, Beethoven, Schubert, Schumann, Brahms, Mendelssohn, Franck, Dvořák, Debussy, Ravel e Fauré.

      2. Conxunto de músicos que interpretan unha peza musical para catro instrumentos ou voces.

    1. Estrofa de catro versos de arte maior que adoita empregar a rima consonante. Tomás Navarro estableceu unha clasificación das distintas variantes deste molde métrico segundo as diferentes combinacións da rima e da medida dos versos. Recoñeceu, entre outras, o cuarteto-lira, combinación de catro versos de once e sete sílabas con rima consonante abrazada (ABBA) ou cruzada (ABAB); o serventesio, caracterizado pola rima cruzada (ABAB); o cuarteto dactílico, que intercala dúas sílabas inacentuadas entre outras dúas acentuadas; o cuarteto agudo, no que o segundo e o cuarto verso son agudos e riman entre si; o cuarteto monorrimo da caderna vía, composto por versos alexandrinos, cunha única rima, que constitúe o metro característico do Mester de Clerecía xunto co cuarteto monorrimo en verso hexadecasílabo (8-8); e o cuarteto polimétrico con rimas interiores. Dende o s XVIII cultivouse regularmente e foi un dos metros máis usados no romanticismo...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ocupa o lugar número catro nunha serie.

      2. cuarta feira

        1 corta.

      3. cuarto estado

        Proletariado na época da Revolución Francesa. Os tres primeiros estados estaban constituídos polo clero, a nobreza e a burguesía.

      1. Que corresponde a cada unha das partes dunha cantidade ou dun todo divididos en catro porcións iguais (indícase frecuentemente co símbolo matemático da fracción 1/4).

      2. Serie ou duración de quince minutos, cuarta parte dunha hora.

      3. Imposición equivalente á cuarta parte dunha venda ou produto.

      4. cuarta canónica

        Cuarta parte da renda dun beneficio que hai que darlle ao bispo ou á súa mesa episcopal despois da morte do beneficiado ou da renuncia do beneficio mentres este estaba vacante.

    1. Cada unha das dependencias da casa, normalmente sen incluír a cociña. OBS: Se non vai acompañado dunha especificación que indique a súa finalidade, como cuarto de baño, cuarto de aseo, cuarto de estar, etc, só fai referencia ao dormitorio.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación anarquista voceira dos obreiros afiliados á Federación de Trabajadores de la Región Española da cidade de Ourense. Editouse entre xullo de 1886 e xuño de 1887 cunha periodicidade primeiro bimensual e logo semanal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao cristián que seguía o costume xudeu de celebrar a Pascua dunha maneira fixa o catorce de Nisán e non o domingo seguinte, de acordo co uso cristián universal. San Policarpo de Esmirna defendeu este uso en Roma perante o Papa Aniceto (154-165). Posteriormente os cuartodecimanos convertéronse en comunidade separada, que permaneceu activa ata o s V.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen naceu en cuarto lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acto xurídico, lícito e voluntario, que non se regula por ningunha convención expresa pero que pode xerar efectos e obrigacións recíprocas entre as partes ou cara a un terceiro, de igual xeito ca un contrato. É unha fonte de obrigación. No dereito civil diferéncianse a xestión de negocios alleos e o cobro do indebido, aínda que antes tamén se podían regular por cuasicontratos a tutela e curatela, as comunidades de bens e a aceptación de herdanzas. As formas aceptadas teñen o efecto común de producir asemade o empobrecemento dun patrimonio e o enriquecemento doutro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ou omisión que causa dano ou prexuízo a outro por descoido, imprudencia ou impericia, ou porque, sendo allea, debe unha persoa responder por algún motivo. Esta figura xurídica procede do dereito romano e caracterízase por non imputar responsabilidades criminais, aínda que comporta a obrigación civil de reparar os danos causados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dereito usufrutuario que recae sobre unha cousa consumible, sobre un crédito ou sobre un dereito. A xeneralidade dos autores coincide en afirmar que o usufrutuario de cousas funxibles adquire, pasado un tempo, a propiedade das mesmas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alzamento antimonárquico que tivo lugar o 15 de decembro de 1930 no aeródromo de Cuatro Vientos, preto de Madrid, protagonizado por Queipo de Llano, Ramón Franco e outros oficiais do exército.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e ilustrador gráfico. Colaborou en diversos cómics, como El Patito Feo, editado en Ferrol entre 1982 e 1985, Fat City (1985), e El Cucú (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de cubrir ou cubrirse.

      1. Aplícase á torre ou á fonte cun tellado puntiagudo, xeralmente dun esmalte diferente.

      2. Aplícase á copa ou ao copón provistos dunha tapa.

    2. Aplícase ao estado do ceo cando a nubosidade total é superior a sete oitavos.

    3. Construción ao pé da casa onde se pode estar ou ter diversas cousas, ao abrigo da intemperie, especialmente na que se gardan os aveños de labranza.

    4. Aplícase ao viño ben pigmentado, con cores densas.

    5. Recipiente semellante a un caldeiro, normalmente de menor tamaño e con mango ou asa, con varias utilidades.

      1. Aplícase á torre ou á fonte cun tellado puntiagudo, xeralmente dun esmalte diferente.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de cubrir ou cubrirse.

      1. Aplícase á torre ou á fonte cun tellado puntiagudo, xeralmente dun esmalte diferente.

      2. Aplícase á copa ou ao copón provistos dunha tapa.

    2. Aplícase ao estado do ceo cando a nubosidade total é superior a sete oitavos.

    3. Construción ao pé da casa onde se pode estar ou ter diversas cousas, ao abrigo da intemperie, especialmente na que se gardan os aveños de labranza.

    4. Aplícase ao viño ben pigmentado, con cores densas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barril de pequeno tamaño para gardar viño.

    VER O DETALLE DO TERMO