"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Bailarina. Estudiante de danza na Escola Superior de Madrid, ingresou no Ballet Lírico Nacional en 1984. Traballou baixo a dirección de María de Ávila, Maya Plisetskaya, etc. Desenvolveu un importante traballo fóra de España, que a converteu en primeira figura do Ballet da Ópera de Berlín en 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xulio Antón Fernández Argüelles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos fasiánidos ao que pertence o argo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Wilāya de Tunicia (1.558 km2; 533.300 h [estim 1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Foguete espacial lanzasatélites construído en 1973 como resultado dunha iniciativa francesa, coa colaboración de dez estados europeos dentro do marco da Axencia Espacial Europea (ESA, European Space Agency), e baixo a dirección técnica do Centre National d’Études Spatiales francés. Desde 1980, a comercialización diríxea a sociedade Arianespace, da que son accionistas as empresas españolas CASA, CRISA e SENER, cunha participación do 2’47%; en total, unhas 40 compañías europeas están comprometidas no seu desenvolvemento e construción. Todos os lanzamentos efectúanse desde o centro espacial de Kourou, na Güiana Francesa, que conta con varias rampas de lanzamento. O proxecto, que substituíu ao dos lanzadores Europa, tiña desde o principio o obxectivo de dispoñer dun foguete europeo que permitise situar en órbita satélites de uso comercial ou científico, especialmente destinados ás telecomunicacións a baixo custo e competindo coas lanzadeiras espaciais norteamericanas. O modelo pioneiro, o Ariane-1,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade anónima francesa, creada en 1980, constituída por un conxunto de trinta e oito industrias aeronáuticas europeas, polo Centre National d’Etudes Spatiales francés (que retivo o 59%) e por un grupo de trece bancos. O seu obxectivo é o financiamento, a comercialización e o lanzamento do foguete Ariane, aínda que a European Space Agency conserva a responsabilidade sobre o Ariane-5.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina relixiosa que recibe o nome por referencia a Ario, presbítero de Alexandría excomungado xunto cos seus seguidores polo Patriarca Alexandre entre os anos 318 e 319. O principio fundamental do Arianismo era a afirmación da unicidade e da transcendencia de Deus. O conflito que entrañaban as predicións de Ario radicaba no modo en que configuraba as relacións entre Deus e o seu Fillo, o Verbo feito home; segundo os arianistas, o Fillo de Deus non gozaba da mesma esencia do Pai, senón que se trataba dunha divindade subordinada, enxendrada como mortal. Deste xeito, o Fillo de Deus non é igual ou consubstancial ao Pai, senón semellante a El. Esta doutrina espallouse máis en Oriente ca en Occidente. Atanasio de Alexandría, que atacou o Arianismo, argumentaba que destruía a Doutrina Cristiá sobre Deus, porque supoñía que a Trindade non era eterna. O Arianismo foi heretizado no Concilio de Nicea (325), que estableceu o Credo, onde se afirma que o Fillo é “concibido, non feito” e consubstancial,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Arianités (? s XV) Señor feudal e militar albanés. Tomou parte nunha rebelión xeral contra os turcos. Enviou diversos emisarios a Afonso IV de Aragón, con quen finalmente (1451) pactou vasalaxe, e cedeulle parte do señorío directo sobre Albania a cambio da súa axuda. En 1456 abandonou a protección aragonesa pola veneciana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Ario ou ás súas doutrinas.

    2. Partidario de Ario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político progresista. Alcalde da Coruña (1.11.1868 - 31.12.1868). Pertenceu a unha importante familia de comerciantes de Avilés trasladados á Coruña en 1831.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poetisa, tradutora e ocasionalmente narradora. Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Vigo. No eido da poesía publicou os títulos Denuncia do equilibrio (1986); Tigres coma cabalos (1990) -en colaboración co fotógrafo Xulio Gil- , Darío a diario (1996) e Intempériome (2003). Participou en libros poéticos colectivos como Palabra de muller (1992),  Daquelas que cantan... Rosalía na palabra de once poetas galegas (1997), Camelias para elas (1999, Concello de Vigo), con Luz Pozo Garza, María Xosé Queizán e María del Carmen Kruckenberg, con fotos de Alfonso Lubián, Un futuro para a lingua (2003) Xunta de Galicia, Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006) e Pensando nelas (2006).  En...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xefe militar do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC), organización terrorista que estivo operativa entre 1985 e 1989. Iniciou a súa actividade política en 1962 no seo do Partido Comunista de España (PCE), do que foi membro do Comité Central, na emigración (Suíza). Malia esta vinculación co PCE, en 1976 pasou a militar na Unión do Pobo Galego (UPG), organización da que se excluíu para ingresar no Partido Galego do Proletariado (PGP) e participar na construción do grupo armado Loita Armada Revolucionaria (LAR), motivo polo que estivo preso dende 1980 ata 1983. Dende 1985 ocupouse da organización política de Galiza Ceive-Organización para a Liberación Nacional (GC-OLN). En 1985 puxo en marcha as Bases Operativas do EGPGC. En 1988 foi detido en relación con estes feitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Comezou interpretando algúns papeis en grupos de teatro independente de Euskadi, antes de trasladarse a Madrid para facer as súas primeiras intervencións no cine e na televisión. Nos inicios da súa carreira foi determinante a decisión do director Adolfo Marsillac de incluílo na compañía do Centro Dramático Nacional de Madrid e o seu papel protagonista na serie Anillos de oro (1983). Despois dalgunhas primeiras obras irregulares, destaca no papel do saxofonista Rufo en Lulú de noche (1985). Dende entón rodou Tiempo de silencio (1986), El Lute: camina o revienta (1987), El Lute II: mañana seré libre (1988), Intruso (1993) e El amante bilingüe (1993), baixo a dirección de Vicente Aranda, Todos los hombres sois iguales (1994), de Manuel Gomez Pereira, La flor de mi secreto (1995), de Pedro Almodóvar e Territorio comanche (1997), de Gerardo Herrero. Acadou unha gran popularidade pola súa intervención nas series televisivas Brigada Central (1989) e Querido maestro (1997) dirixidas por...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote guerrilleiro na Guerra da Independencia coñecido como o abade de Valadares. Estudiou en Monforte de Lemos e foi ordenado en 1870. Nomeado abade de Valadares, tomou o mando como comandante xeral das forzas opositoras á invasión napoleónica. En 1811 concedéuselle o título de cabaleiro da Orde de Carlos III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Caudillo carlista. Dirixiu a facción realista de Chantada-Monterroso-Taboada no período do Trienio Liberal (1820-1823). En 1837 ás ordes de José Tomé Villanueva participou na Primeira Guerra Carlista (1833-1839) na área de Cotobade-Lalín-A Estrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e eclesiástico. Participou no Concilio de Trento como teólogo e foi o encargado de coidar a edición da Biblia políglota de Anveres ou Rexia (1569-1573), reedición con novos textos e estudios da Complutense. Autor de Historia Natural (1601).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político costarriqueño. Estudiou nas universidades de Costa Rica, Boston, Essex e na London School of Economics; desde 1969 ata 1972 foi profesor de Ciencias Políticas na universidade de Costa Rica e despois desempeñou cargos gobernamentais cos presidentes Figueres (1970-1974) e Oduber (1974-1978). Socialdemócrata, membro do Partido de Liberación Nacional, resultou elixido Presidente da República de Costa Rica (1986). Foi o artífice do nomeado Plan Arias de Pacificación da América Central, asinado en agosto de 1987 polos presidentes de Costa Rica, Guatemala, Honduras, Nicaragua e O Salvador e que pasou a ser coñecido como Acordo de Esquipulas. Premio Nobel da Paz (1987) e Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional (1988), deixou a presidencia do país cando R. A. Calderón gañou as eleccións (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago. Intelectual preocupado polos problemas do campo, interveu nas Asembleas de Monforte e en Solidaridad Gallega. Publicou, ao longo de moitos anos, numerosos artigos que recolleu coa denominación xeral de Papeletas e Papeletas cervantinas, xunto con outros artigos relacionados coa historia galega, mosteiros e vías romanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Foi alcalde de Pontevedra (1801 e 1809) e deputado pola provincia de Tui na Xunta Superior do Reino de Galicia (1810). Durante o Trienio dos Liberais (1820-1823) manifestouse abertamente a prol do absolutismo, motivo polo que estivo detido no castelo de Santo Antón, dende onde foi deportado a Canarias (1823). Coñécense dous sonetos en galego da súa autoría, datados por Álvarez Blázquez entre 1810 e 1812, nos que critica satiricamente a dúas persoas que ridiculizaran a súa poesía. O seu estilo era satírico e humorístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Malia que sempre permaneceu aferrado ás solucións plásticas do Barroco, foi o introdutor das primeiras tendencias neoclásicas en Galicia. Traballou na decoración pictórica da Catedral de Santiago de Compostela entre os anos 1750 e 1782, destacando pola súa significatividade os frescos da antesala e da biblioteca capitular (1780). Así mesmo, foi un sobranceiro retratista, como evidencian os retratos dos Reis Católicos que fixo para a Sala Real do Hospital Real de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO