"Álvarez" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 212.
-
GALICIA
Pintor. Foi o máximo expoñente pictórico do que se coñece como Rexionalismo artístico galego, pero tamén do español, xunto con pintores da categoría de Julio Romero de Torres, Zuloaga, Zubiairre, Anglada, Valle, todos eles influenciados polo coñecido Rexeneracionismo do 98 de corte romántico. En 1892 trasládase a Madrid para iniciar estudios de Dereito e Filosofía e Letras, alternándoos cos de Belas Artes na Real Academia de San Fernando. Ingresou tamén no taller de Manuel Domínguez, pintor de cadros de historia. No 1897 abandonou os estudios de Dereito para dedicarse integramente á pintura, que domina tecnicamente á perfección, o que lle vai permitir obter en 1899 polo seu cadro de contido histórico El anarquista y su familia el día de la ejecución, unha bolsa na Academia de Belas Artes de Roma. Este período de catro anos reforzará nel o seu amor polos clásicos renacentistas e pola mitoloxía, pero tamén lle servirá para viaxar e admirar a arte flamenga do século XVI,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Realizou estudios de pintura na Escola de Belas Artes de San Fernando (Madrid, 1960). Medalla de ouro da Academia Europea das Artes (1996). En 1983 crea en Madrid a Fundación Sotomayor. Realizou numerosas exposicións en diversas cidades como Pontevedra, Pamplona, Londres, etc.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conde de Soutomaior (1468-1486), tamén chamado Pedro Madruga xa que, segundo a tradición, acostumaba erguerse cedo. Fillo bastardo de Fernán Yáñez de Soutomaior, a súa nai pertencía á familia Zúñiga da casa de Monterrei. Destinado a ser clérigo, foi excluído de todo dereito sucesorio polo seu pai; grazas ao apoio do seu irmán Alvar Páez de Soutomaior, que era fillo lexítimo, foi nomeado o seu descendente, para acadar o título en 1468, durante a loita Irmandiña. Mentres reinou Enrique IV (1455-1474) beneficiouse do favor e da debilidade da coroa consolidando e incrementando os seus dominios: inicialmente, o castelo de Soutomaior, as casas fortes de Trinidad, Alba, Cotobade e Fornelos, xunto coa posesión en feudo dun total de vinte freguesías en terra do Salnés. Cara ao ano 1467, obtivo de Enrique IV un xuro de herdade de 150.000 maravedís sobre as rendas reais de Pontevedra, Vigo e Redondela, feito que na práctica supuña o control desas vilas. Todas estas circunstancias motivaron...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia da nobreza castelá. Descende de Illán Pérez, Alguacil Maior de Toledo (1139). Pertenceulle o condado de Oropesa, e os duques de Alba incorporaron o condado de Lerín, os marquesados de Villanueva del Río, El Carpio e Eliche, o ducado de Montoro e o condado-ducado de Olivares, entre outros. Unha rama recibiu os marquesados de Villafranca del Bierzo e de Villanueva de Valdueza, o ducado de Fernandina, o principado de Montalbán e o marquesado de Tavara, o condado de Villada e os ducados do Infantado e Lerma. En 1685 emparentaron cos Montcada de Sicilia e os Fajardo de Murcia, e incorporaron os ducados de Medina Sidonia, Bivona, Montalto, o principado de Paternó, os marquesados de Los Vélez, Martorell e Molina, o ducado de Zaragoza e o condado de Erill.
-
PERSOEIRO
Décimo terceiro duque do Infantado, de Lerma, de Pastrana e de Francavilla, marqués de Tavara. Organizou un rexemento contra os franceses en Catalunya e na Guerra dos Taronhes (1800). Privado de Fernando VII, formou parte das xuntas da Terceira Rexencia (1812) e da Xunta Provisional de 1823. No 1824 foi Presidente do Goberno e Ministro de Estado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Vicerrei de Nápoles (1532-1553). Fillo do segundo duque de Alba e de Isabel de Zúñiga. Marqués de Villafranca del Bierzo polo seu matrimonio con María Pimentel-Osorio e paxe de Fernando II de Aragón. No 1512 participou na conquista de Navarra e posteriormente nas campañas de Flandres, Alemaña e Italia. En Nápoles implantou a Inquisición e realizou melloras urbanísticas, reduciu o poder da nobreza e combateu o bandoleirismo. No 1540 decretou a expulsión dos xudeus do Reino de Nápoles.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Piedrahita, Ávila 1507 - Lisboa 1582) Xeneral e político, terceiro duque de Alba. Serviu no exército de Carlos I. Defendeu Catalunya e Navarra dos franceses (1542), venceu ao Elector de Saxonia en Mülberg (1547) e crebou a Liga Esmalkalda. Vicerrei de Nápoles (1556-1557), defendeu a cidade durante a guerra de Filipe II contra o Papado (1557). Gobernador dos Países Baixos (1567), onde constituíu o Consello dos Balbordios. No 1568 detivo a incursión de Luís de Nassau e Guillerme de Orange, que volveron para ocupar o país aproveitando a sublevación popular contra o establecemento dun imposto, a alcabala, permanente sobre as transaccións (1571). Substituído no cargo por Luís de Requesens (1573), no 1580 dirixiu as campañas en Portugal que levaron ao coroamento de Filipe II como Rei portugués coa aprobación do Parlamento luso.
-
PERSOEIRO
Cuarto marqués de Villafranca del Bierzo debido á morte sen sucesión do seu irmán Fadrique (1569). Segundo fillo de Pedro Álvarez de Toledo y de Zúñiga. Educado en Nápoles, no 1535 foi nomeado Xeneral das Galeras de Nápoles. No 1554 dominou a insurrección de Siena e loitou en Flandres. Lugartenente Xeneral de Catalunya (1558-1564), enfrontouse ás incursións turcas na costa e ao bandoleirismo. Fomentou a actividade dos estaleiros de Barcelona. No 1564 Filipe II nomeouno Capitán Xeneral da Mar Océana e conquistou o penedo de Vélez de la Gomera. Vicerrei de Sicilia (1565-1566), recibiu os títulos de duque de Fernandina e de Príncipe de Montalbano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, bibliotecario, secretario de Filipe V e un dos fundadores da Real Academia Española. A súa obra poética consta de composicións satírico-burlescas, de entre as que destaca a parodia épica La Burromaquia, e de poemas filosóficos e relixiosos, influídos por Quevedo. Escribiu tamén a Historia de la Iglesia y del mundo (1713).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Oitavo conde de Oropesa (1621), marqués de Jarandilla e de Villar, e conde consorte de Alcaudete. Lugartenente de València (1645-1650), durante o seu mandato celebrouse a derradeira Corte Xeral do Reino de València (1645). Posteriormente foi Vicerrei de Sardeña (1650-1651), e dende 1651, Embaixador en Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fillo de García Álvarez de Toledo y Pimentel-Osorio e de Victoria Colonna. Príncipe de Montalbano, segundo duque de Ferrandina, quinto marqués de Villafranca del Bierzo, condestable de Castela e marqués de Villafranca dende 1578. Almirante das Galeras de Nápoles no 1595 e posteriormente de Castela. Foi Embaixador Extraordinario de Filipe III na Corte de Enrique IV de Francia (1608). Como Gobernador do Milanesado (1616) derrotou a Carlos Manuel de Savoia en Apertola obrigándoo a asinar a Paz de Pavía no ano 1617.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariño e político. Sexto marqués de Villafranca del Bierzo, duque de Ferrandina e príncipe de Montalbano, títulos que herdou á morte do seu pai, Pedro Álvarez de Toledo-Osorio y Colonna (1627). Distinguiuse na loita contra os piratas turcos e bérberes, converténdose decontado en Capitán das Galeras de Filipe III. No ano 1635, xunto con Álvaro de Bazán, apoderouse das illas de Lerins, na costa da Provenza. Máis tarde interveu na recuperación de Salsas (1639-1640), que ficaba en mans francesas. Ao comezar a Guerra dos Segadors procurou axudar á causa de Filipe IV: bloqueou Barcelona por mar e impediu con reforzos que Tarragona caese en mans das forzas catalano-francesas que a estaban a asediar. Malia os seus éxitos, foi preso polo Conde-duque de Olivares. Liberado ao caer en desgraza Olivares (1643), foi rehabilitado e dirixiu as operacións marítimas do resto da guerra. Foi membro do Consello de Estado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sétimo marqués de Villafranca del Bierzo, duque de Ferrandina e príncipe de Montalbano como sucesor do seu tío, o sexto marqués, García Álvarez de Toledo-Osorio y de Mendoza. Xeneral da Armada do Océano (1619), loitou contra Holanda. Apoderouse de San Salvador (1625) e San Cristovo (1630). O Conde-Duque de Olivares desterrouno.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado. Estudiou Leis en Salamanca e exerceu como avogado nos Consellos Reais. No 1636 foi nomeado Oidor da Real Audiencia de Santa Fe, en Nova España, e no 1648 Fiscal do mesmo organismo. Escribiu en latín e en castelán, destacando entre as súas obras Del juez perfecto, Axiomas del Derecho e Distinción de lo temporal y lo eterno.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Entallador de retablos. Documéntase a súa participación no retablo maior de San Fiz de Bués (O Carballiño).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta de transición entre a escola galaico-portuguesa e a poesía alegórico-dantesca italianizante. A súa vida e produción literaria esténdese ao longo dos reinados de Enrique II, Xoán I, Enrique III e Xoán II. Ligado dende sempre á Corte, acompañou a Fernando de Antequera cando se coroou como Fernando I de Aragón en Zaragoza no ano 1414. Empregou a poesía como medio de subsistencia, elaborando pezas en loanza dos seus protectores e mecenas (Álvaro de Luna, Fernando de Antequera ou Xoán II, entre outros). Tamén a vea satírica deixou bos exemplos na súa produción, como os ataques a Garci Fernández de Gerena, quen renegou da fe cristiá polo amor dunha moura. Os últimos estudios realizados sobre a súa obra distinguen dúas etapas poéticas, coincidentes coa evolución lingüística e literaria que se vive nesta época de transición (finais s XIV - comezos s XV), e que son resultado da convivencia e confrontación entre dúas concepcións distintas da poesía: na primeira fase, na que emprega maioritariamente...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xornalista. Membro do PSOE dende 1915. Durante a Guerra Civil española foi Ministro de Estado con Largo Caballero e Comisario Xeral da Guerra. Exiliouse ao fin do conflito. Autor dunhas memorias e reportaxes, entre as que destaca Reportaje en China (1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Despois dos seus primeiros estudos no Seminario de Ourense, marchou a Madrid a cumprir o servizo militar. Na capital do Estado matricúlase na Universidade para estudar filosofía. Alí entra en contacto con Bernardino Graña, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Fernández Ferreiro, Ramón Lorenzo, Alexandre Cribeiro, César Arias, Reimundo Patiño e outros, cos que forma en 1958 o grupo Brais Pinto. Dende esta plataforma, que pretendía artellar unha alternativa ao piñeirismo cun maior grao de compromiso político, traballa en Madrid nos Seminarios de Cultura Galega do Centro Galego e do Club de Amigos de la UNESCO. En novembro de 1963 varios integrantes de Brais Pinto, entre os que se atopa, fundan unha organización política, a Unión do Pobo Galego (UPG), que se confirma nunha xuntanza celebrada en Santiago o 25 de xullo de 1964....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político. Emprega os pseudónimos de Txillardegui e Larresoro. No campo da novela, cómpre salientar da súa produción a súa primeira obra Leturia ‘ren egunkari izkutua (Diario secreto de Leturia, 1957), seguida por Pere Leartza’ko (Pedro de Learza, 1960), Elsa Scheelen (1969) e Haizeaz bestaldetik (Alén do vento, 1979). Polo que se refire ao ensaio, destaca a recompilación de artigos Huntaz eta hartaz (Acerca disto e daquilo, 1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista e catedrático. Profesor mercantil desde 1964, en 1970 licenciouse en Ciencias Económicas e Empresariais e entrou a impartir clases na Escola de Empresariais de Vigo. En 1981 acadou o doutorado e pasou de profesor asociado a agregado, converténdose pouco despois (1983) no primeiro catedrático que tivo este centro como Escola Universitaria. Da súa experiencia profesional ao marxe da docencia destaca a súa etapa en Caixavigo, primeiro como director da área de empresas (1981-1986) e logo como director xeral da Escola de Negocios (1987-2000). Fundou tamén dúas empresas, Estrategia y Organización, S.A. (EOSA, 1993-2005) e DPI Consultores (2007-). Ten publicados oito libros de temas empresariais, entre os que destacan La PYME-competitividad: Gestión e Implantación (Alta dirección, Barcelona 1996) e Dirección por Implicación: El cambio estratégico (Pirámide, Madrid 2006), e máis dunha ducia de artigos publicados en revistas como Economía y Empresa ou Actualidad Financiera....
VER O DETALLE DO TERMO