"AGR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 482.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Lleida (4.925 h [1996]). Produce cereais, frutais, gandería porcina. Tamén ten industria metalúrxica, outra para a elaboración de chocolate e turróns. Igrexa románica de Santa María (1163).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción ou efecto de agrandar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer que algo sexa ou semelle máis grande do que é.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación xenérica dos linfocitos e monocitos. Son células leucocíticas de núcleo grande e nas que non se observan gránulos citoplasmáticos. Prodúcense no sistema linfático e na médula ósea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade do sangue caracterizada pola ausencia ou diminución moi marcada de neutrófilos no circulación periférica, que case sempre coincide coa súa ausencia en estado maduro na médula ósea. Xeralmente a provoca unha hipersensibilidade medicamentosa. Os síntomas son os propios dunha grave infección por ausencia de defensas orgánicas.
-
-
Relativo ou pertencente ao agro.
-
Leis que na época romana rexían a repartición do ager publicus. A primeira lei agraria, que se atribúe a Espurio Casio, ditouse co obxecto de repartir unha parte do ager publicus. A principios do s IV a C votouse a lei de Licinio Estolón, que regulamentaba os dereitos de uso do ager publicus e limitou a extensión que os particulares tiñan dereito a ocupar. Durante o s III a C, as guerras, a importación de trigo, o aumento de escravos e o establecemento da política de colonizacións provocaron serios conflitos entre os pequenos campesiños libres, que estaban nunha situación bastante precaria debido ao aumento progresivo das grandes propiedades, e dos grandes terratentes, que pretendían converter en vitalicios os seus dereitos sobre o ager publicus, polo que se ditaron un novo conxunto de leis tendentes a favorecer os plebeos fronte aos aristócratas. As reformas dos tribunos Tiberio Graco (134-133 a C), que quixo limitar a extensión das terras e o número...
-
Conxunto de medidas políticas e económicas destinadas a estimular o desenvolvemento agrario por medio de cambios na repartición da terra, mutando o réxime de propiedade. Dende o s XVIII, algúns estados europeos tentaron revitalizar a produción agraria sen tocar a estrutura do réxime señorial no que se baseaba a sociedade. Tal foi o caso do reformismo ilustrado español, obsesionado pola lei agraria. O liberalismo burgués propoñía, en troques, deixar libre xogo ás forzas económicas, cousa que requería ter liquidada a estrutura da propiedade do Antigo Réxime (como aconteceu na Francia republicana). No estado español, os intentos das Cortes de Cádiz e do réxime liberal do trienio 1820-1823 foron ineficaces; comezaron a ter efecto coa desamortización eclesiástica, sen que a supresión deste latifundismo solucionase os problemas do agro. O concepto moderno de reforma agraria desenvolveuse no s XX, cando algúns gobernos interviñeron para impoñer unha repartición da propiedade da terra...
-
Política agraria que desenvolve un conxunto de innovacións nas explotacións sen abordar transformacións na estrutura da propiedade.
-
Conxunto coordinado de traballos e de técnicas de produción empregadas para obter os mellores rendementos posibles do solo. As técnicas empregadas son moi diversas: de conquista, mellora e traballo do solo e de tratamento de cultivos. Os sistemas agrarios están moi diversificados, porque responden a unha serie de condicións xeográficas e económicas, variables no espazo e no tempo. Esta diversidade pode incluírse en dous grandes grupos: sistemas agrarios autárquicos, encamiñados a asegurar a supervivencia de grupos reducidos, e sistemas agrarios vencellados ao comercio internacional. Os sistemas agrarios condicionan o ritmo de traballo, a forma de vida, a tipoloxía da vivenda rural, a mentalidade do agricultor e a caracterización da paisaxe agraria.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación agrarista aparecida en Negreira o 6 de setembro de 1921 que desapareceu en xuño de 1927, no número 81. Dirixíao Manuel Ruso Alonso, sendo Luís Pereiro González o redactor-xefe. Colaboraron nela Uxío Carré Aldao, Antón Vilar Ponte, X. Prado Lameiro, Rodríguez Elías e Salvador García F. de Bodaño. Nas súas seccións “Noticia”, “Movimiento Agrario”, “Desde Cuba”, “De la comarca” e “Necrología”, incluíanse informacións sobre o agrarismo e a comarca da Barcala. No seu último número reprodúcese o poema de Pondal “Os Pinos”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal republicano, agrarista e anticaciquil, aparecido o 26 de xuño de 1919 en Xinzo de Limia, e subtitulado “Órgano de los agrarios de la comarca”. Foi dirixido por Alexandre Álvarez e Francisco Seijo. De periodicidade quincenal, editábase na imprenta de Eladio Fuentes en Verín. Como substituto de Juventud, informaba igual ca este sobre temas locais e incluía publicidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación aplicada a diversas tendencias políticas que teñen en común un interese centrado nos problemas do agro e dos labregos. Ás veces son movementos que propugnan unha profunda reforma agraria, como é o caso de México coa figura de Emiliano Zapata. En Europa a denominación adoita aplicarse a formacións conservadoras que representan os intereses dos medianos propietarios. O agrarismo está considerado como o movemento social máis importante da Galicia contemporánea, desenvolvéndose en senso estricto entre a década dos oitenta do s XIX e a Guerra Civil Española. Fenómeno de extraordinaria complexidade, encontra a súa unicidade no duplo obxectivo de garantir a supervivencia do maioritario campesiñado parcelario fronte ao desafío do mercado capitalista, e de artellar social e politicamente os intereses deste grupo social. Comprendido no contexto de mobilización dos intereses agrarios que se rexistra en todo o continente europeo a partir da denominada crise agraria finisecular,...
-
-
Relativo ou pertencente ao agrarismo.
-
Partidario do agrarismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agra.
-
PERSOEIRO
Erudito local e membro de honra do Padroado Rosalía de Castro en 1947. Dedicado profesionalmente ao seu oficio de barbeiro, destacou pola súa paixón cara á escritora padronesa. Desta afección viría a designación de o viúvo de Rosalía coa que era coñecido popularmente. Participou de forma activa na recollida de vocabulario castelán-galego promovida polo padre Crespo. Publicou biografías de padroneses ilustres como Alonso de la Peña ou Xosé María Vidal Cepeda.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Empeoramento dunha situación, dunha enfermidade, etc.
-
Aviso con ameaza de excomuñón publicado despois de tres admonicións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de agravar ou agravarse.
-
-
Que agrava.
-
Circunstancia que aumenta a gravidade dunha cousa, especialmente dun delito ( circunstancia agravante).
-
-
-
Oprimir con gravames, tributos.
-
Facer máis grave unha falta, un mal, unha enfermidade, etc.
-
Facerse máis grave unha situación, empeorar unha enfermidade, etc.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que causa agravio.
-
-
Producir un agravio ou dano moral a alguén de xeito oral ou con feitos.
-
Prexudicar a honra ou os intereses de alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción ou palabras con que se ofende ou aldraxa a alguén.
-
-
Uva verde aínda non sazonada.
-
Zume obtido de uvas verdes, de gusto amargo, empregado como refrescante na alimentación e na medicina.
-