"APT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 162.

  • PERSOEIRO

    Político e diplomático boliviano. Desempeñou misións diplomáticas na Guerra do Pacífico (1879-1883). Foi presidente do senado e vicepresidente da República. En 1892, apoiado polo presidente saínte Aniceto Arce, accedeu á presidencia da República (1892-1896). Emprendeu unha política de mellora do ensino público. En 1893 decretou unha amnistía que permitiu o regreso do antigo presidente Hilarión Daza.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Nunha igrexa, lugar onde está a pía bautismal.

      2. Edificio, próximo a un templo, no que se administraba o bautismo.

    1. Pía bautismal.

    2. Nos primeiros séculos do Cristianismo e a causa das persecucións, efectuábanse os bautismos nos lugares onde había auga natural ou ben nas casas particulares, probablemente tamén nas catacumbas. Os baptisterios máis antigos, que datan do final do s III e inicios do s IV, deben a súa tipoloxía arquitectónica á práctica do rito da inmersión. Eran construcións romanas aproveitadas como San Xoán de Letrán (Roma, s IV) ou ben salas anexas ás igrexas. Máis tarde, xeneralizáronse os baptisterios autónomos de planta circular, cadrada ou poligonal, con piscina centralizada, provistos en certos casos de deambulatorio e de pequenas ábsidas, con cubertas cupuladas e ás veces cunha decoración de mosaicos como o de Ravenna (s V). Cómpre destacar, entre os baptisterios repartidos por todo o ámbito mediterráneo, o de santo Ambrosio de Milán (s V), prototipo dos baptisterios octogonais, o da Provenza (s V), o de Pisa (1153-s XV), ou o de Florencia (rematado en 1520). O único baptisterio autónomo claramente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia aromática extraída da esencia da bergamota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carlos XIVde Suecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Istria. Mariscal francés. Loitou con Napoleón nas campañas de Exipto, España e Rusia. Morreu. Morreu sendo comandante en xefe da cabalería francesa mentres inspeccionaba o desfiladeiro de Rippach antes da batalla de Lützen

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico, astrónomo, matemático e químico. Foi profesor na École Centrale de Beauvais, no Collège de France e na Facultade de Ciencias de París. En 1803 estudiou a orixe das chuvias de meteoritos e en 1804 realizou, xunto a Gay-Lussac, a primeira ascensión en globo. No ano 1806, acompañou a Aragó á Península Ibérica para continuar alí a medición do arco do meridiano de París, interrompida trala morte de Méchain. Investigou a condutividade calorífica, a polarización da luz e a propagación do son. Xunto a Félix Savart, estableceu en 1820 a Lei de Biot e Savart.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e microbiólogo belga. Discípulo de Metchnikoff en París, foi iniciador e director, durante corenta anos, do Instituto Pasteur de Bruxelas e profesor de Bacterioloxía na Universidade de Bruxelas (1907-1935). É o autor de traballos básicos sobre a inmunidade e as hemólises bacterianas, e dunha descrición dos bacilos causantes da difteria das aves de curral e da tose ferina humana (Bordetella pertussis), xunto con Octave Gengou no 1909. Descubriu a reacción de fixación de complemento. Recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía no ano 1919. Entre as súas obras destaca Traité de l’immunité dans les maladies infectieuses (Tratado sobre a inmunidade nas enfermidades infecciosas, 1920).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ficólogo. Foi un dos primeiros, xunto con Schwendener, en soster que os liques constitúen unha simbiose entre unha alga e un fungo. É autor de Études phycologiques (Estudios ficolóxicos, 1878) e de Révision de Nostocacées hétérocystées (Revisión de Nostosáceos heterocistas, 1886-1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, xeógrafo e naturalista. Participou na expedición científica do capitán Nicholas Baudin á Nova Holanda (actual Australia) e percorreu as illas do Océano Índico. Exiliado de Francia durante catro anos, publicou unha Géographie de la péninsule ibérique (Xeografía da Península Ibérica, 1818). En 1829 foi o encargado da dirección dunha expedición científica francesa a Morea e en 1839 participou nunha expedición a Alxeria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico francés. Foi profesor na facultade de Medicina de París, da que foi decano no ano 1848. É o precursor da obra de Broca no estudo das afasias por lesión cerebral (1825). É tamén autor de traballos moi importantes acerca das afeccións reumáticas do endocardio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Foi un dos creadores da química agrícola. Aplicou ao estudo dos solos os métodos da análise química. Estudiou a procedencia do nitróxeno presente nos organismos vivos e determinou que o fixaban os vexetais. Foi profesor de Química na Facultade de Ciencias de Lyon e membro da Académie des Sciences.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote escolapio. Abandonou a orde e refuxiouse en Xibraltar, onde se convertería ao protestantismo. Estableceuse en Madrid (1875), e instaurou alí a sé da Igrexa Española Reformada Episcopal da que foi o primeiro bispo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capacidade especial para percibir ideas, sensacións, etc.

    2. Tendencia a atribuírse e a conservar para un mesmo os bens e o afecto das persoas que o rodean.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de captar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen capta.

      1. Dispositivo ou aparello empregado para captar.

      2. Aparello ou elemento que mide unha magnitude física, no que as súas variacións condicionan o funcionamento dunha máquina e o transforman nun sinal analóxico, xeralmente eléctrico ou pneumático, a fin de poder ser transmitido a distancia ou actuar sobre o funcionamento dun determinado sistema ou proceso. Por exemplo, o cuarzo piezoeléctrico é un captador de presión.

      3. captador solar

        Dispositivo empregado para captar a enerxía da radiación solar. O máis sinxelo é o captador plano que consta dunha especie de caixa de pouco grosor, tapada cun vidro, que ten no interior un serpentín por onde circula o líquido transmisor da calor (xeralmente a auga). A radiación incidente, tanto a directa como a reflectida pola cara interior do vidro (efecto invernadoiro), quenta os tubos e, polo tanto, o fluído que circula por eles. Poden chegar a quentalo ata 120°C, son de baixo custo e, aínda que sexan fixos, o seu rendemento é bastante elevado, mesmo cando o Sol non incide perpendicularmente sobre a súa superficie. Para temperaturas superiores cómpre acudir aos captadores parabólicos e cilindroparabólicos, constituídos por superficies recubertas de espello que concentran os raios solares sobre o punto ou a liña onde se atopa o dispositivo polo que circula o líquido transmisor. Para que o rendemento sexa aceptable necesitan un complicado sistema electromecánico...

    2. Periférico que toma unha imaxe dunha cámara, equipo ou entrada de vídeo para dixitalizala, creando así unha imaxe de mapa de bits. Unha imaxe de vídeo consiste en cadros (imaxes sucesivas) transmitidos ao réxime de 50 por segundo (60 en EE UU, dependendo da frecuencia da corrente alterna da rede), e o captador de cadros debe capturalos e dixitalizar un deles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto orgánico que se presenta en cristais que se funden a 172-173°C. De actividade bacteriostática e funxicida, ten carácter preventivo e mellora o aspecto do cultivo. A súa inxestión produce vómitos e diarreas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recoller as augas dun filón líquido dun manancial desde onde emerxe, co fin de aproveitalas ou de previr as infiltracións, alteracións, etc.

    2. Recibir o receptor sinais acústicos, ópticos ou outros procedentes dun emisor.

    3. Percibir algo inmaterial por medio dos sentidos ou da intelixencia.

    4. Atraer ou suscitar alguén ou algo unha determinada actitude nunha ou varias persoas.

    5. Gañarse a vontade de alguén para un determinado fin, ás veces mesmo utilizando medios ilícitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento a través do que un orador trata de acadar unha acollida favorable dun discurso por parte do público. O disertador adopta unha actitude de humildade e apela á súa falta de preparación para abordar o discurso de xeito máis competente. Este procedemento ten a súa orixe na retórica latina, en concreto, no discurso forense, no que o orador tentaba gañar o favor do xuíz para favorecer o seu defendido. Posteriormente, converteuse nun tópico literario moi empregado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que actúa sobre o sistema regulador renina-anxiotensina-aldosterona, inhibindo a acción do enzima ACE-peptidildipéptido-carboxi hidrolasa, que controla a conversión da anxiotensina I e a anxiotensina II, provocando unha diminución da presión sanguínea. En terapéutica emprégase para combater a hipertensión.

    VER O DETALLE DO TERMO