"AVI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 908.

    1. Acción de ataviar ou de ataviarse.

    2. Aquilo que serve para ataviar ou ataviarse. OBS: Pode empregarse en singular ou en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparición nun individuo dun carácter ou de trazos hereditarios presentes nun antepasado, afastado e desaparecido.

    2. Inclinación a volver a un período primitivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, situado á dereita do Llobregat (1.810 h [1996]. Cultivos de secaño, gandería e industria téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente pola dereita do Miño. Nace na vertente oriental da serra do Suído, a 880 m de altitude no lugar de Fonte Avia, na parroquia de Nieva (concello de Avión). Alóxase nunha fractura de dirección SO-NL ata o encoro de Albarellos, no límite entre os concellos de Avión, Boborás e Leiro. Neste treito recibe unha chea de regos que drenan o Suído, o Testeiro, o Irixo e o Faro de Avión. A partir do encoro prosegue encaixado polo N do Rañadoiro ata a confluencia co seu principal tributario, o Arenteiro, na parroquia de Pazos de Arenteiro do concello de Boborás, onde vira cara ao SL. Finalmente, dende Leiro ata Ribadavia, onde desemboca logo dun percorrido de 36,7 km, discorre en sentido meridiano (N-S). A súa conca abrangue 673 km2 e achega un caudal medio de 18,5 m3/s, cun réxime estacional que ten os máximos no inverno (febreiro 49 m3/s) e os mínimos no verán (setembro 1,8 m3/s).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica. Procede da base prerromana *ab ‘auga’. Como apelido xa se documenta no s XIII: “Alfonsos Aviae” (doc ano 1239 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 521).

    2. Liñaxe portuguesa que se estendeu por León e Galicia. Da rama galega derivou a aragonesa e ambas as dúas tiveron ilustres descendentes. As súas armas levan, en campo de azul, unha banda camponada de catro pezas, dúas de sable e dúas de ouro, engulida en cabezas de serpe, de ouro. Nos tratados heráldicos este apelido adoita aparecer coa variante gráfica Abia, debido á frecuente confusión gráfica entre b e v.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación escolar editada en Ribadavia en decembro de 1955 que cesou probablemente en 1957. Subtitulábase “Boletín informativo del Centro de Enseñanza Media y profesional de Ribadavia”. Dirixido por María Pérez López, contaba coas seguintes seccións: “Noticias del Centro”, “Frente de Juventudes” e “Legislación Laboral”. Realizado por profesores, o seu enfoque era educativo e cultural, con fotografías nalgúns dos seus textos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario ilustrado, editado en Ribadavia o 5 de setembro de 1897, que cesou probablemente o 13 de febreiro de 1900, no número 190. Subtitulado como “Revista semanal”, foi fundado por Máximo Rodríguez e dirixido por Máximo Tomé. Colaboraron Salvador Rueda, Sofía Casanova e Rafael Abellán, entre outros. Como seccións figuraban: “Ecos noticieros”, “Ecos del mundo”, “Historieta” e “Modas”. Incluía fotografías e debuxos sobre paisaxes e obras de arte, amais dunha sección de humor e información cultural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. De formación autodidacta, expuxo individualmente por vez primeira en 1959 en Madrid. A súa pintura inscríbese dentro da corrente neorrealista madrileña, e céntrase en visións frías e desoladas do mundo dos obxectos cotiás e a realidade urbana. En 1978 recibiu o Premio Goya da Villa de Madrid. En 1997 presentouse en Madrid unha retrospectiva da súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Técnica e práctica que permite o voo dos aparellos máis pesados ca o aire (aeronaves). Atópanse referencias moi antigas ao home voador. Neste senso son notables os estudios de Leonardo da Vinci de finais do s XV, os de Francesco de Lana, os de Giovanni Alfonso Borelli e os de Isaac Newton no s XVII. O libro De motu animalium, escrito por Borelli no 1680, establece a analoxía do home voador cos paxaros; por vez primeira foi esbozada a diferenza entre a Aerostática, na que a forza de sustentación se obtén mediante enxeños máis lixeiros ca o aire, e a Aviación, onde esta forza se consegue con aparellos máis pesados ca o aire, coa axuda de motores. A Aviación non comezou a ser posible ata que, entre o 1799 e o 1853, o inglés George Cayley definiu os fundamentos da aerodinámica. Cara ao 1810 construíu un planador co cal foi quen de facer algúns voos. Inspirándose nas ideas de Cayley, no 1843 William Samuel Henson publicou un deseño de máquina voadora provista de motor de vapor. Alphonse...

      2. aviación comercial /

        Industria de transporte aéreo encargada de cubrir as liñas de pasaxeiros e mercadorías. Este sector está formado por un número indeterminado de compañías e as máis importantes están rexistradas na Asociación do Transporte Aéreo Internacional (IATA). Cara á fin da década de 1950 produciuse unha carreira de beneficios crecente ata o 1970, pero no 1973 entrouse nunha situación de crise por mor do encarecemento dos combustibles (crise do petróleo). A partir do 1980 as compañías asociadas á IATA coñeceron graves perdas económicas. Esta situación produciu multitude de “guerras de tarifas”. Por riba, o incremento dos voos fretados (charter), que cobren o 50% do tráfico interior, obrigou ás compañías regulares a crear unhas tarifas especiais para nenos, xubilados, vacacións, etc, o que non fixo máis que agravar a crise económica. Cómpre remarcar, sen embargo, a diferenza entre as compañías americanas, que son propiedade de grupos privados, e as europeas, a maioría delas son dos diferentes...

      3. aviación militar /

        Tecnoloxías e innovacións da Areonáutica aplicadas aos conflitos bélicos. As primeiras aplicacións militares da aviación tiveron lugar no N de África durante a guerra de Italia contra Turquía polo control de Libia (1911-1912). No 1913 empregouse na campaña de España en Marrocos. A Primeira Guerra Mundial deu un forte impulso á aviación militar. Poucos días despois de comezar a guerra, un avión francés Voisin fixo o primeiro bombardeo. A finais do 1914, en Francia e en Rusia organizouse a aviación de bombardeo. A partir do 1915 Gran Bretaña fabricou avións de gran calidade para as forzas aéreas. O motor lineal de cilindros en V, desenvolvido paralelamente en Alemaña e na Gran Bretaña pouco antes da Segunda Guerra Mundial, deu lugar aos mellores aparellos de caza da época: o Messerschmitt Me-109, o Spitfire e o Hurricane. Nos EE UU xurdiu o bombardeiro cuadrimotor de gran radio de acción, rápido pero con pouca carga de bombas. Os alemáns fabricaron avións...

    1. Dotación de avións e instalacións complementarias, dun estado, dunha compañía, etc. Pódese diferenciar a aviación civil, dedicada principalmente ao transporte de persoas e mercadorías e que adoita estar en mans de compañías privadas, da aviación militar, dedicada a misións de carácter bélico e controlada polos gobernos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de aviación fundada en Bilbao en febreiro do 1948 co nome de Sociedad de Transportes Aviación y Comercio, SA. No ano 1954 pasou a mans do INI e dende o 1959 foi administrada por Iberia. O INI contaba co 67% do seu capital e Iberia co 32%. A crise enerxética dos anos setenta creoulle perdas que deron lugar a unha reestruturación nos anos 1979-1980 centrada na ampliación de capital e na adecuación da flota. En 1982 fíxose cargo da explotación do aeroporto de Andorra. No ano 1984 transportou 4’3 millóns de pasaxeiros en 63.000 voos. Posteriormente pasou a integrarse completamente na compañía Iberia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de aviar.

    2. Dise do asunto ou traballo que se rematou apresuradamente.

    3. Aplícase ao que está engalanado con adornos ou con outras prendas favorables.

    4. Dise dunha comida cando está condimentada ou arranxada.

    5. Persoa que practica a aviación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de aviar.

    2. Dise do asunto ou traballo que se rematou apresuradamente.

    3. Aplícase ao que está engalanado con adornos ou con outras prendas favorables.

    4. Dise dunha comida cando está condimentada ou arranxada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Membro da tripulación dunha aeronave, encargado da súa dirección e pilotaxe.

    2. Persoa que practica a aviación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía colombiana de aviación. Foi fundada no ano 1919 co nome de Sociedade Colombo-Alemana de Transportes Aéreos e, ao refundirse co Servicio Aéreo Colombiano (1931), tomou o nome de Avianca. É a segunda compañía de aviación máis antiga do mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor latino. É coñecido como autor de corenta e dúas fábulas en versos elexíacos, escritos nun latín decadente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proporcionarlle a alguén o que precisa para un determinado fin.

    2. Dispor dun xeito ordenado algunha cousa ou algún lugar.

    3. Preparar a comida ou condimentala. Avíanse as aves preparándoas de tal xeito que queden dispostas para asalas, brasealas ou calquera outro método de cocción que se aplique á ave enteira. Os peixes avíanse limpándoos e deixándoos listos para a súa cocción, cando se fan enteiros, e para cortalos cando se guisan en porcións.

    4. Apresurar algunha acción.

    5. Arranxar ou prepararse con vestidos, adornos e enfeites.

    6. Estar en condicións para realizar algunha acción ou resolver algún problema debido a que se posúen os medios ou se está preparado.

    7. Darse présa no desenvolvemento dalgunha acción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten relación coas aves.

    2. Lugar onde se atopan ou gardan as aves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Šělomó ibn Gabirol.

    VER O DETALLE DO TERMO