"Alca" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 261.

  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Cádiz, Andalucía, na Serranía de Ronda (5.208 h [1996]). Conquistado polos Reis Católicos en 1488 e vendido por Filipe II, os seus veciños redimíronse comprando a xurisdición en 1770. O primeiro de agosto de 1903 producíronse os Feitos de Alcalá del Valle, violentas algaradas entre obreiros anarquistas e a Garda Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor andaluz. Foi un dos líderes do Pronunciamento de Cabezas de San Juan (1820). Durante o Trienio Liberal ou Constitucional (1820-1823) pertenceu ao grupo dos ‘exaltados’. Foi Ministro de Mariña con Istúriz e de Fomento con Narváez. Interveu no nome dos ‘clasicistas’ na controversia Böhl-Faber (1818-1919). Máis adiante escribiu o prólogo revolucionario de El moro expósito (1834), se ben adoptou unha actitude máis ecléctica. Foi autor, entre outras obras, de Floresta de rimas antiguas castellanas (1822-1825) e Teatro español anterior a Lope de Vega (1832).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. O seu pensamento, inicialmente neomercantilista, converteuse no mellor expoñente da elaboración do liberalismo económico de Adam Smith na España do s XVlll. Paralelamente, seguiu unha carreira administrativa na Secretaría de Finanzas, ata que no 1799 foi apartado do servizo activo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Jaén, Andalucía, na comarca de Los Montes (21.558 h [1996]). O núcleo urbano está ao redor do castelo árabe de La Mota. Cultivo de oliveira e fabricación de aceite de oliva. Conquistada por Afonso VIII en 1213, volveu novamente a poder musulmán. Conquistada definitivamente en 1311 por Afonso XI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista galego vencellado á prensa madrileña e identificado co movemento anticaciquil de Acción Gallega. Participou na tertulia da cafetería Excelsior, na que naceu o devandito movemento. Foi redactor de El Debate, xornal católico independente, xunto con Luís Antón del Olmet, Rafael Carvajal e Basilio Álvarez. Estreitamente relacionado coa Liga Agraria Redencionista Gallega, protagoniza varios mitins. Foi xefe de redacción do xornal Acción Gallega, formando parte da Xunta Central do movemento rexionalista sita en Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e enxeñeiro de telecomunicacións. Trasladouse a Galicia na súa nenez. Fundou a empresa GAELICO. Destacan as súas colaboracións en distintos xornais e revistas dende 1971 (El Ideal Gallego, Faro de Vigo, O Correo Galego, El Correo Gallego, El Mundo,Teima, Economía Gallega e Luzes de Galicia). En 1972 publica Voltar. Seis personaxes e un fado, libro de relatos, e en 1978 A fundición (Premio Pedrón de Ouro de relato, 1978). A partir de aquí aumenta a súa producción literaria no eido da narrativa curta: O Larvisión (Premio Francisco Lanza, 1981); O Larvisión e outros relatos (1984); Los Ángeles Flash (1989); Far South (1991); Contos das Américas (1992); Contos do Impaís (1992); Sucinto informe (1992); (Relación de feitos de sangue (Premio Manuel Murguía, 1994); Hotel Damasco (Premio Concello de Vilalba, 1995). A súa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e escritor castelán. É autor dalgúns libros relixiosos e, sobre todo, dunha novela picaresca, Alonso, mozo de muchos amos o El donado hablador (1624-1626), derivación culta do Lazarillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista andaluz. Elixido deputado no 1905 como membro do Partido Liberal. Cando este se fracciona, incorporouse ao grupo de García Prieto, que o nomeou Ministro de Fomento (1917) e de Guerra (1922). No 1930 declarouse republicano e forma parte do Comité Revolucionario. En abril de 1931, cando se proclamou a Segunda República Española, presidiu o Goberno Provisional. Ante as posicións laicas e reformistas dos parlamentarios, demitiu en outubro, pero dous meses despois aceptou a Presidencia da República. Despois do triunfo da Fronte Popular (febreiro, 1936) foi destituído e marchou a Francia e Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comarca da Comunitat Valenciana (649 km2). Está situada ao S do Alto Maestrazgo e ao L do límite con Aragón. No NO destaca o conxunto montañoso de Peñagolosa (1.813 m), máxima altura da Comunitat Valenciana. Bosques de piñeiro e aciñeiras. Cultivo de secaño (árbores froiteiras, oliveiras e cereais). Produción de azulexos, minerais, madeira e mobles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acto dun alcalde abusando da súa autoridade.

    2. Acción feita por unha persoa calquera abusando da autoridade que ten.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Presidente do concello, da comisión de goberno e xefe da administración municipal en funcións executivas. Corresponden ao alcalde todas as facultades de goberno e administración do municipio non reservadas expresamente ao concello en pleno ou á comisión de goberno, e as que esta delega nel.

      2. alcalde de barrio Persoa nomeada polo alcalde que nas zonas periféricas ou afastadas do núcleo urbano o representa; adoito nun poboamento concentrado, no que o alcalde de barrio exerce as súas funcións como delegado administrativo local. Actualmente as súas funcións son asumidas polas xuntas de distrito.

      3. alcalde pedáneo Alcalde que preside unha entidade local menor, designado entre os seus rexedores polo alcalde do concello do que esta entidade forma parte. Ten as competencias que corresponden a un alcalde, limitadas ao territorio da entidade local menor.

      4. tenente de alcalde Rexedor do concello, nomeado polo alcalde para exercer funcións delegadas, ben en relación con determinados servicios, ben nunha parte do territorio municipal. Son nomeados entre os membros da comisión de goberno, se a hai, ou entre os rexedores, segundo unha orde xerárquica e correlativa de acordo coa que substitúen o alcalde nos casos de ausencia, enfermidade ou calquera outro impedimento.

      1. A denominación de alcalde comeza a constar documentalmente a finais do s XI, ao longo do s XII convive coa latina xuíz, ambas distribuídas entre os varios tipos de funcionarios municipais. Semella estar inspirada nos cadis (al qadi) dos consellos das entidades de poboación árabes. Durante a Idade Media identifícase co xuíz ou “xustiza” por exercer funcións de xudicatura en determinadas vilas, aínda que, polo xeral, non era máis ca un xuíz con carácter especial; paulatinamente aumentou as súas competencias municipais, mais cómpre lembrar que no s XVII cando se publicou O Alcalde de Zalamea, o funcionario mantén características esenciais das súas primitivas funcións. A finais da Idade Media os xuíces ordinarios nas vilas eran os alcaldes, ao tempo que individuos dos concellos. Durante a Idade Moderna, xa a partir de mediados do s XV, os rexedores municipais das cidades episcopais presentaban ao bispo os candidatos a alcalde ordinarios,...

      2. Alcalde da Irmandade Durante a Segunda Guerra Irmandiña, encargado da dirección dos irmandiños no ámbito local. Cun grupo de cuadrilleiros ao seu mando, tiña a función de manter contacto directo cos participantes nas distintas poboacións, comunicando e facendo cumprir as ordes dos capitáns e dos deputados da Irmandade. No rural, nomeábase un alcalde coa súa cuadrilla por cada dúas ou tres freguesías, ou, segundo outras fontes, por cada catro ou cinco, sendo o máis seguro que estivese en proporción co número de habitantes.

      3. alcalde do mar

      4. Alcalde Maior meiriño.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza dramática de Calderón de la Barca, publicada no ano 1651, aínda que escrita seguramente máis de dous anos antes, que ten como precedente directo a obra menor do mesmo título e tema, de Lope de Vega, inspirada nun feito real. Partindo do tema da honra, opón os dereitos da persoa ás convencións establecidas pola lei. O capitán Álvaro de Ataide rapta e forza a filla do rico plebeo Pedro Crespo, que, nomeado alcalde, axustiza ao capitán, que se negaba a casar con ela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Muller que exerce o cargo de alcalde.

    2. Muller do alcalde.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo de alcalde.

    2. Oficina para os asuntos propios do alcalde.

    3. alcaldía maior

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de alcalescente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que devén alcalino.

    2. Lixeiramente alcalino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Orixinariamente, cada un dos carbonatos alcalinos solubles obtidos das cinsas dos vexetais. Actualmente, designación xenérica e imprecisa de cada un dos óxidos, dos hidróxidos e dos carbonatos dos metais alcalinos. As principais características dos álcalis son as súas propiedades básicas e a solubilidade en auga.

    2. álcali cáustico

    3. álcali volátil

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto de adición da celulosa con hidróxidos dos metais alcalinos e en especial co de sodio. As alcalicelulosas fórmanse impregnando a celulosa con solucións concentradas de sosa caústica, pero son moi inestables e descompóñense por lavado con auga, rexenerando a celulosa. Segundo sexa a concentración da disolución de sosa, as fórmulas das alcalicelulosas poden variar moito. A mercerización a miúdo non é outra cousa que a formación e descomposición ulterior da alcalicelulosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da volumetría que inclúe os métodos de análise de substancias ácidas por valoración cunha solución dunha base de concentración coñecida. En xeral, as solucións básicas empregadas son bases fortes, en particular os hidróxidos de sodio, de potasio ou de bario. Como no caso da acidimetría, os métodos alcalimétricos fundaméntanse en reaccións de neutralización ou de desprazamento, que se realizan agregando a un volume de solución problema, dende un contagotas, o volume de solución valorante axeitado para alcanzar un valor de pH determinado pola natureza do produto da reacción, o que se pon de manifesto ben por métodos instrumentais, ben polo cambio da cor dun indicador de neutralización adecuado (por exemplo, fenolftaleína ou timolftaleína para os ácidos febles).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á alcalimetría.

    VER O DETALLE DO TERMO