"Alle" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 636.

    1. Porción de terreo ou campo sementado con allos.

    2. Dise da persoa que planta ou vende allos.

    3. Lugar onde se gardan allos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e tipógrafo francés. Participou na Comuna de París, feito polo que foi condenado no 1871 a traballos forzados en Nova Caledonia, para ser amnistiado en 1880. Militou no Partido Socialista Posibilista e promoveu a súa á esquerda, coñecida como allemanista, para provocar a escisión en 1890 e a fundación do Partido Socialista Revolucionario. Escribiu Mémoires d’un communard (Memorias dun comuneiro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trompetista americano de música de jazz. Creou unha orquestra no ano 1940. Autor da gravación Meets Kid Ory para trombón e trompeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Regra relativa ao efecto producido pola temperatura sobre as dimensións e o volume das extremidades (rabo, orellas, patas, etc) dos mamíferos. Establece que nas rexións máis frías do hábitat dunha especie mamífera, as partes do corpo susceptibles de xearse son máis pequenas que nos individuos da especie que viven en rexións máis cálidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e estatístico británico. É coñecido polos seus múltiples manuais sobre economía matemática, entre os que destacan Mathematical Analysis for Economists (Análise matemática para economistas, 1938) e Macro-Economic Theory (Teoría macroeconómica, 1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cóengo de York. No advento de Isabel I, rexeitou a Acta de supremacía (Act of Supremacy) do ano 1559 e abandonou Inglaterra (1565). Fundou en Donai (Artois) un seminario para ingleses en 1568 e foi nomeado Cardeal no ano 1587.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e poeta norteamericano. Acadou un grande éxito popular con novelas de carácter histórico, entre as que salienta a triloxía The City in the Dawn (A cidade no ocaso, 1950). É autor de baladas, coas que tenta anovar o xénero, e dunha biografía de Edgar Allan Poe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Allen Stewart Konigsberg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar británico, primeiro vizconde Allemby of Megiddo and Felixstowe (1919). Serviu en Bechuanalandia, hoxe Cabo Norte, (1884-1885) e Zululandia, hoxe Kwazulunatal (1888) e loitou contra os bóeres (1899). Participou na Primeira Guerra Mundial, primeiro en Francia (1915-1917) e despois en Palestina como comandante das forzas expedicionarias exipcias. Apoderouse de Běer Sheva e Gaza, entrou en Xerusalén (1917) e despois da vitoria de Megiddo conseguiu a capitulación de Turquía (armisticio de Murdros). Posteriormente foi nomeado Alto Comisario para Exipto (1919-1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político chileno. Licenciado en Medicina (1932) e cofundador do Partido Socialista Chileno (1933), foi Ministro de Sanidade nos gobernos de P. Aguirre Cerda (1939-1941, 1941-1942). Senador dende 1945, ocupou o cargo de Presidente do Senado no 1952. Como representante da coalición de esquerdas Unidad Popular, acadou a Presidencia do Goberno de Chile no 1970. A súa política afanouse nun tránsito pacífico ao socialismo. Nacionalizou os bancos, as minas de cobre e algunhas grandes empresas, o que o enfrontou duramente cos poderes fácticos da oposición de dereitas, tendo que afrontar fortes presións estadounidenses, tendo en conta os grandes intereses que os EE UU mantiñan no tecido industrial e económico de Chile. En setembro do 1973 foi derrocado por un golpe de estado militar, que contou con apoio loxístico e material estadounidense, rematando co réxime democrático. Rexeitando a posibilidade de fuxir e poñerse a salvo, Allende morreu defendendo o Palacio da Moeda, sede do goberno chileno;...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriota e militar mexicano de pais españois. Participou nas conspiracións de Valladolid e de Querétaro contra a administración española, ata que se uniu a Hidalgo (1810). Despois da derrota de Puente Calderón (1811) ante as forzas de Calleja, substituíu a Hidalgo na dirección do movemento. Traizoado por Elizondo, morreu executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora chilena. Sobriña de Salvador Allende, estudiou Xornalismo e colaborou en distintas publicacións como Mampato Magazine (1969-1974), Channel 7 (1970-1974) e Nacional (1976-1983). Exiliouse e estableceuse enVenezuela tralo golpe de estado de Augusto Pinochet (1973). As súas novelas caracterízanse pola elaboración dun realismo máxico que rodea e describe historias familiares baixo a sombra de Chile. Publicou, entre outras, La casa de los espíritus (1982), De amor y de sombra (1984), Eva Luna (1989). Cultivou tamén o relato (El plan infinito, 1990; Afrodita, cuentos y otros afrodisiacos, 1997) e publicou unhas memorias (Paula, 1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Deputado ás Cortes (1884) polo Partido Conservador e senador por Lleida (1898), Alcalde de Madrid (1900); Ministro de Finanzas (1901), de Instrución Pública (1902), de Agricultura (1903) e de Estado (1907). En 1919-1920 formou un goberno de coalición que se adheriu á Sociedade de Nacións, creou o Tercio de Estranxeiros e secundou o bloqueo dos aliados contra a Unión Soviética. Despois do asasinato de Eduardo Dato (1921) formou un novo goberno, pero as derrotas militares de Annual e Monte Arruit fixérono demitir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Pensilvania, EE UU, á beira do río Lehigh (105.090 h [1990]). Centro comercial dunha próspera rexión agrícola; ten industrias de cementoportland, metalurxia e téxtil. Aeroporto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence a outra persoa, lugar ou cousa.

    2. Que resulta estraño, que non ten relación ou parte cunha persoa ou cousa.

    3. Que non ten correspondencia.

    4. Que non recibiu novas informacións ou que non ten interese por algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Kerala, India (174.606 h [1991]). A actividade económica baséase no coco: aceite de coco, copra e artesanía da fibra do coco. Ten un porto importante, o principal do estado. Unha rede de canles conecta a cidade con Tirur ao S e Trivandrum ao N.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Alemaña, principal afluente do Weser pola marxe dereita. Nace na chaira de Magdeburgo e percorre un val amplo e pantanoso. Pasado Celle, é navegable ata a confluencia co Weser, no que desemboca logo dun percorrido de 256 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello de Asturias, na vertente N da cordilleira Cantábrica, á beira do río Aller (16.347 h [1996]). Situada na conca hulleira onde os xacementos de carbón afloran nun contexto de pizarras moi pregadas que dificultan e encarecen a explotación mineira. As explotacións agrarias teñen como principal orientación a produción láctea dunha cabana bovina composta especialmente por reses frisonas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe asturiana procedente do concello de Aller (Pola de Lena) que se estendeu por toda Galicia e polas terras colombianas de Barranquilla e Bogotá. As súas armas levan, banda de goles con dragonetes de sinople, en campo de ouro e bordo cargado de nove aspas de ouro, sobre campo de azur. Outra variante trae, banda de goles cargada dunha cotiza de prata, en campo de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO