"Arán" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 317.

  • PERSOEIRO

    Ilustradora. Foi profesora de Procedementos e Técnicas na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos de Barcelona. Da súa andaina profesional cómpre salientar os seguintes títulos: La Bruixa que va perdre un secret (A bruxa que perdeu un segredo, 1994); Un nuvol lila (Unha nube lila, 1995); Una medecina per no plorar (Unha medicina para non chorar, 1995); Silenci que pugen (Silencio que soben, 1996); Qui passa primer? (Que pasa primeiro?, 1997); La Marmota espabilada (A marmota espilida, 1997); Tengo una abuela diferente a las demás (1998) e El Conde Drácula en Australia (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á orde dos araneidos.

    2. Araña da familia dos araneidos.

    3. Familia de arañas de corpo ancho e patas relativamente curtas, robustas e espiñentas. Tecen arañeiras circulares e grandes co niño lonxe da rede coa que se comunica por un fío de seda. Pertencen a esta familia os xéneros Araneus e Argiope.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tecido que elaboran diversos arácnidos co fío, ou seda, producido polas fieiras das glándulas sericíxenas e que serve de trampa para cazar as presas das que se alimentan e tamén como habitáculo, como vehículo, etc. Cada especie ten un deseño propio. Algunhas son só unha serie de fíos de fibroína que irradian do tobo do animal; outras son estruturas irregulares, e outras constitúen formas xeométricas. Na maioría das especies só fan arañeiras as femias.

    2. Está constituída por un grupo de ordenadores que transmiten e reciben información cunha mesma linguaxe, a HTML, Hypertext Markup Language. Creada dentro da rede Internet no ano 1993, a arañeira mundial coñécese como WWW, W3 ou simplemente Web, a partir do termo inglés World Wide Web. A súa popularidade débese á simplicidade do manexo. Os únicos coñecementos de informática que se lle piden ao usuario é saber premer o rato. O receptor da información pode recibir na súa pantalla todo tipo de datos dixitalizables: información textual, gráfica, sonora e audiovisual. Cada páxina adoita ter numerosas ligazóns a outras páxinas, en ordenadores próximos ou moi distantes, de tal xeito que o usuario pode ir navegando a través de numerosos ordenadores de todo o mundo sen decatarse practicamente diso, pois só executa ordes co rato. A súa enorme aceptación fixo que cando se fala da Internet se aluda case exclusivamente á Web. Por este motivo, Internet deixou de ser unha rede informática para fins científicos...

    3. Teorema que explica os mecanismos de axuste entre a curva de oferta e a de demanda cando entre as decisións de producir e as de mercar hai un espazo de tempo considerable. Este mecanismo, especialmente aplicable aos mercados de produtos agrícolas, actúa da seguinte forma: o prezo do produto nun momento determinado condiciona a cantidade que sufrirá no período seguinte, e esta determinará a cantidade demandada e o prezo correpondente, e así sucesivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘bacallao’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Val de Arán, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante do Val de Arán.

    3. ariante da lingua occitana falada no Val de Arán. O aranés é unha variedade do gascón comenxés, caracterizada por unha evolución lingüística condicionada pola separación política do resto do occitano. Comparte co conxunto do gascón os trazos de evolución fonética máis característicos, co comenxés veciño, afástase do conxunto gascón e achégase ao catalán. A influencia do francés faise sentir moito menos en aranés ca nas falas gasconas veciñas; en contrapartida, descóbrese facilmente a interferencia do catalán e do castelán en diversos aspectos da súa configuración lingüística. Nos últimos anos, a innovación léxica e sintáctica faise sobre todo calcando formas do castelán. Aproximadamente un 80% dos residentes no Val fala aranés (1984). Empréganse as normas ortográficas publicadas (1982) e oficializadas (1983) pola Generalitat de Catalunya; estas normas seguen as indicacións do Instituto de Estudios Occitanos para a escritura do gascón. O aranés apréndese regularmente na...

    4. Literatura en aranés do Val de Arán. Lingüisticamente a comarca é occitana, pero utilízase como lingua escrita, desde a Idade Media, un catalán occitanizado, ata a xeneralización do castelán. O seu afastamento cultural de Gascuña culmina no 1805 co traspaso da xurisdición eclesiástica do val do bispado de Comenges ao de Urgell. Foi o clero quen comezou, nos primeiros anos do s XX, un movemento de revalorización da lingua local. De Josep Condó é o poema aranés máis coñecido “Era Val d’Arán”, premiado nos Xogos Florais de Lleida de 1912.

    5. Raza bovina do Val de Arán, de perfil convexo, pelame rubio e de pouca alzada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Aranga baixo a advocación de san Paio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Betanzos, situado na provincia da Coruña ao N da comunidade autónoma (43° 14’ 3” de latitude N e 8° 00’ 58” de lonxitude O). Limita ao N cos concellos de Monfero (comarca do Eume) e Irixoa, ao O cos de Coirós e Oza dos Ríos, ao S co de Curtis, todos estes na comarca de Betanzos, e ao L co de Guitiriz (comarca da Terra Chá)., Abrangue unha superficie de unha superficie de 119,6 km 2 cunha poboación de 2.219 h (2007), distribuídos nas parroquias de Aranga, Cambás , Feás, Muniferral, San Vicente de Fervenzas e Vilarraso. A capital está no lugar de Ponte Aranga, na parroquia de Aranga. Dista 40 km da Coruña e 75 km de Santiago de Compostela e pertence ao partido xudicial de Betanzos e á arquidiocese de Santiago de Compostela.
    Xeografía física
    O concello de Aranga está situado ao O da dorsal da Galicia occidental, no dominio climático oceánico continental. É un concello montañés, con rexistros térmicos suaves. A temperatura media...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ponte situada sobre o río Mandeo, na parroquia e concello de Aranga. Presenta un único van e dous desaugadoiros, e está construída en sillería do s XIX. Forma parte dun camiño local.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romaría que se celebra o 3 de maio no lugar de San Paio de Aranga. Trátase dunha exaltación das calidades dunha fonte que está situada a carón da igrexa onde supostamente apareceu unha cruz do s XI ou XII. Ata alí achéganse os romeiros para beber e recoller as augas para purificar o seu gando e as súas leiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está mal axeitado.

      1. Raquitismo sufrido por algúns rapaces nas extremidades e que se considera causado polo mal do aire.

      2. Torcedura da columna vertebral.

    2. Araña grande e velenosa.

    3. Flegmas que se forman na gorxa.

    4. meimendro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Piñeira Seca, no concello de Xinzo de Limia, de 809 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista italiano. Autor de traballos sobre historia das institucións do dereito romano considerados como importante autoridade na materia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Tui de 1721 a 1745. No seu pontificado destaca o dourado do retablo da Expectación así como a ampliación da Capela de San Telmo e a adquisición da campá grande da Catedral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Columna vertebral dos animais, especialmente a vaca e o porco.

    2. Montaña prolongada, formada por penas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Areeiro do litoral arousán da parroquia de Corbillón, no concello de Cambados, situada ao S da praia Suarosas e ao N da punta de Tragove.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral. Xefe das forzas da Garda Civil en Catalunya, non colaborou no Alzamento militar do 18 de xullo do 1936 contra o goberno da Segunda República, que daría lugar á Guerra Civil española (1936-1939). Púxose ao servizo do goberno da Generalitat, resultando decisiva a súa intervención á fronte da Garda Civil nos combates do 19 de xullo para o mantemento da legalidade republicana en Catalunya. O goberno da República nomeouno comandante militar de Catalunya e despois de València, trala rendición de Catalunya. Foi fusilado ao rematar a Guerra Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   José Luis López Aranguren.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Araña de pequeno tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da Comunidad Autónoma de Madrid, no val do Tajo, na confluencia deste río co Jarama (38.900 h [1996]). É un centro agrícola importante (horticultura, espárragos), convertido progresivamente en satélite industrial de Madrid. O palacio de Aranjuez comezou a construírse en tempos de Filipe II (1561) a cargo de Xoán Bautista de Toledo, e foi continuado en 1567 por Xoán de Herrera. Giacomo Bonavia (1793) propuxo a urbanización da cidade segundo un esquema reticular para ligala co núcleo do palacio. Nel asinouse o Convenio de Aranjuez (13 de febreiro de 1801), polo cal a Armada Española se poñía ao servizo do exército napoleónico na súa loita contra Gran Bretaña. No 1808 a cidade foi escenario do Motín de Aranjuez, contra o Primeiro Ministro Godoy, e logo sede da Junta Suprema Central que gobernou o reino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insurrección que tivo lugar en Aranjuez na noite do 17 ao 18 de marzo de 1808. O exército francés pactara o seu paso por España para atacar Portugal e, despois de ocupar o país veciño, dirixiuse cara a Madrid como primeiro paso para a ocupación de España. A Corte trasladouse a Aranjuez e Godoy conseguiu convencer o Rei Carlos IV de que fuxira a América. Esta decisión foi aproveitada polos nobres partidarios do infante Fernando para destituír e presionar a Godoy e facer abdicar a Carlos IV (19 de marzo) no seu fillo, Fernando VII.

    VER O DETALLE DO TERMO