"Arbo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 184.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe doceacuícola de corpo robusto que pode acadar os 50 cm de lonxitude. A cabeza é relativamente curta coa boca situada en posición inferior. Presenta catro barbelas bucais no beizo superior; as dúas posteriores son máis longas e poden chegar á altura do extremo posterior do ollo. Ten unha soa aleta dorsal co primeiro radio osificado e o bordo posterior serrado. É de cor verdosa no dorso, máis clara nos lados, e amarela ou branca no ventre. Vive en augas continentais do suroeste e centro de Europa, onde se alimenta de invertebrados acuáticos e tamén de algas e vexetais acuáticos. Trátase dun peixe espiñento e de carne insípida, que se prepara frito, asado, etc. A súa pesca, con rede ou con cana, é do máis apreciado do río pola resistencia que ofrece a súa captura. En Galicia atópase a subespecie B. barbus bocagei, localizada nos cursos dos ríos Limia, Támega, Miño e Sil.
-
-
ariante de Valbón e este, á súa vez, do apelido de orixe toponímica Valboa. Este apelido, que xa se documenta dende o s XV, está composto por val (< lat valle) máis o adxectivo boa (< lat bona), que presenta xénero feminino concordando co xénero que val tiña en latín. Non obstante , tanto nesta variante Barbón coma en Valbón, o adxectivo concorda co xénero masculino romance do substantivo. Como adoita acontecer, estes apelidos aparecen grafados con b-, aínda que a súa forma etimolóxica sexa con v.
-
Liñaxe asturiana natural de Vila Alegre e Molleda (Avilés). Pasou, posteriormente, a Galicia, La Rioja e Cuba. Segundo algúns tratadistas, esta caste procede da familia romana dos Enobardos. As súas armas levan, escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuartel, de ouro, cunha panela de sinople; e segundo e terceiro cuartel, de azul, con outra panela de ouro; e bordo de goles con cinco aspas de ouro, dúas nos cantóns do xefe e tres en punta, alternando con tres flores de lis do mesmo metal, postas unha no centro do xefe e outra en cada flanco.
-
-
PERSOEIRO
Economista e mestre. A súa obra principal é A discourse of Trade (Discurso sobre o comercio, 1690), na que defendía a teoría legal da moeda e a especialización do traballo e atacaba a teoría mercantilista da balanza comercial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ortigueira baixo a advocación de san Xulián.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido de orixe toponímica. Non está clara a etimoloxía deste topónimo, pois pode tratarse dun derivado a partir da base precéltica *bar ‘depresión, costa, desnivel’ (como en Barbaña, Barbantiño, Barbanza, Barbesa, Barbudo...) ou ser un fitotopónimo que faría referencia á abundancia -actual ou no pasado- de plantas chamadas barba nese mesmo lugar (barbas do raposo, barbas de cuco...); neste caso, o étimo é o latín barba ‘barba’. Como topónimo é moito máis frecuente en Portugal ca no noso territorio, polo que se pensa que procede de terras lusitanas.
-
Liñaxe natural de Portugal á que pertenceu o conde Nuno de Celanova, sobriño de san Rosendo. Os Barbosa asentáronse en Pontevedra, dende onde se estenderon a toda España. Unha rama pasou mesmo a Italia e outra estableceuse en Colombia. As súas armas levan, en campo de prata, unha banda de azul, cargada de tres crecentes de prata e acompañada de dous leóns rampantes da súa cor natural, unha arriba e outro abaixo.
-
-
GALICIA
Empresario hostaleiro. É técnico superior en Relacións Públicas. Foi vicepresidente da Confederación de Empresarios de Hostelería de Galicia (CEHOSGA), fundador e presidente da Asociación de Empresarios de Hospedaje de la Provincia de Pontevedra (ASEHOSPO) e membro da xunta directiva da Federación Española de Hoteles (HAI). Escribiu diversos artigos vinculados ao mundo do turismo nas revistas Informe Gallego e El Pueblo Gallego.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político liberal e escritor brasileiro. Foi un dos principais promotores do abolicionismo, da loita contra a ditadura e da defensa do principio de igualdade das nacións nas instancias internacionais. Foi ministro de Finanzas (1889-1890) e no goberno de Floriano Peixoto (1891-1894) exiliouse a Inglaterra. Autor de Cartas da Inglaterra (1896), recompilación de artigos publicados no exilio, e de diversas obras relacionadas coa súa actividade política (Queda do Imperio e Réplica). Foi membro e presidente da Academia Brasileira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político húngaro. Xefe de goberno ao inicio da Segunda Guerra Mundial, declarou a guerra á URSS (1941), forzado por Alemaña. Foi executado no 1946.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Coroa de ferro cuns dentes que adoptan unha forma especial e nos que encaixa a cadea da áncora para poder izala co molinete ou co cabrestante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica decorativa que se utiliza en cerámica consistente nuns trazos en relevo que se obteñen aplicando pequenas porcións do mesmo barro, aínda que máis diluído, formando mamadeiras, molduras e mesmo motivos figurativos, sobre todo vexetais. Este tipo de decoración dispoñíase sobre as paredes ou bordos da peza cerámica. Coñecida dende época prehistórica, é moi característica dun tipo de cerámica romana dos ss I e II d C.
-
PERSOEIRO
Cronista, poeta e eclesiástico escocés. Foi profesor en Oxford e París. É autor dun longo poema épico, The Bruce (1375?), no que canta os feitos dos heroes escoceses Robert Bruce e James Douglas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador occitano. É autor de cancións, serventesios e tenzóns, e de setenta e dúas coplas morais e satíricas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén bicarbonato.
-
-
Designación non sistemática do ión hidroxenocarbonato ou carbonato ácido HCO- 3.
-
Nome habitual que se lle dá ao hidroxenocarbonato de sodio.
-
Substancia que se utiliza para calmar a dor de estómago cando hai exceso de ácido nel e que facilita a dixestión.
-
Amortecedor fisiolóxico sanguíneo. A maior parte atópase en forma salina HCO-3:
FORMULA
pero a concentración de ácido pode aumentar facilmente ao diminuír a eliminación pulmonar de CO2, xa que o ácido carbónico está en equilibrio co seu anhídrido, volátil, nunha reacción catalizada pola anhidrasa carbónica:
FORMULA2
-
-
PERSOEIRO
Zoólogo. Estudiou Medicina na Universidade de Coimbra. En 1849 entrou na Escola Politécnica de Lisboa como profesor de Zooloxía e reorganizou e desenvolveu o Museo Nacional de Lisboa (Museo Bocage), onde estableceu importantes coleccións científicas e dende onde organizou o ensino e a investigación no eido da Zooloxía en Portugal. En 1863 foi nomeado membro estranxeiro da Zoological Society de Londres. En 1865 describiu a esponxa Hyalonema lusitanica, recollida fronte ás costas portuguesas, que constituíu a primeira proba aceptada pola comunidade científica da existencia de vida abisal. Describiu máis de 200 especies animais novas, entre as que se atopa a salamántiga endémica galega Chioglosa lusitanica (1864), aínda que a maioría pertencían ás colonias portuguesas, particularmente ás africanas. Entre as súas numerosas publicacións, cómpre destacar Memoria sobre a cabra montez da Serra do Gerez (1857), Liste des mammifères et Reptiles observés en Portugal...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Aos 14 anos enrolouse no rexemento de Infantería en Setúbal e logo entrou na Académia Real da Marinha. Posteriormente embarcou con rumbo á India (1786) e, despois dunha estadía no Brasil, retornou a Lisboa en 1789. Irreverente coa monarquía e a relixión, foi perseguido pola Inquisición debido á vida bohemia que levaba e ás sátiras que escribía e recitaba, o que provocou o seu encarceramento no Limoeiro en 1797 e o posterior enclaustramento no mosteiro de São Bento e no Oratorio, para logo ser posto en liberdade en 1798. Grande ilustrado e poeta prerromántico, a obsesión pola morte e os clamores retóricos de celos e blasfemia, de actitude claramente prerromántica, engadiron un lánguido erotismo e un concepto da divindade que pertencen de cheo á tradición do s XVIII. Escribiu odas, cantatas, epigramas e sobre todo sonetos, reunidos en tres volumes de Rimas (1791, 1799 e 1804).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘carbón’ e ‘carbono’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación xenérica dos catións nos que se pode considerar que a carga positiva está situada sobre os átomos de carbono. Cómpre distinguir entre os ións carbenio, especies de carbono trivalente, e os ións carbonio, especies de carbono pentavalente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise dos compostos orgánicos cíclicos, con anel ou aneis formados unicamente por átomos de carbono.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aminoácido dicarboxílico. Reduce a viscosidade e provoca a disolución das secrecións do tracto respiratorio. En medicina utilízase como mucolítico e expectorante.