"Asti" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 460.

  • Operación cirúrxica na que se substitúe unha rexión destruída por un tecido semellante, procedente do mesmo individuo. O tecido substituído é habitualmente pel ou mucosa. Recórrese a ela sobre todo na cura de ulceracións, queimaduras, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á autoplastia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Descendente dunha familia de músicos, recibiu probablemente de seu pai as primeiras nocións do oficio musical. Despois de pasar por Weimar e Neukirche de Arnstadt (1703), e por Mülhausen (1707), aceptou o posto de músico de cámara e organista da corte do duque de Saxonia-Weimar, e en 1717 trasladouse a Köthen (Anhalt, Saxonia). Desta época, que durou seis anos, son algunha das súas grandes obras instrumentais: as Invencións a dúas e tres voces, o primeiro volume de Das wohltemperierte Klavier (O clavicémbalo ben templado), A Fantasía cromática, as suites francesas e inglesas, todas as obras para violín e violoncelo só e as sonatas para frauta. Os seis Concertos de Brandenburgo aparecen como síntese do coñecemento musical da Europa daquel momento. En 1723 gañou por oposición o posto de director de música da Thomasschule de Leipzig, e ocupouno ata a súa morte. Foi a época da súa máxima fecundidade, principalmente na música relixiosa:...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cirurxía plástica do glande do pene.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e médico que exerceu en Londres e Ghana. No ano 1951 fundou e accedeu á xefatura do Nyasaland African National Congress (NANC, posteriormente Malawi Congress Party) para loitar contra o dominio da minoría branca na Federación de África Central (1953-1963); por estas actividades estivo preso entre 1959 e 1960. De 1961 a 1963 foi primeiro ministro e ministro de Recursos naturais do goberno local de Nyassalandia. No ano 1966, trala independencia, foi o primeiro Presidente electo da República de Malawi (nome que adoptou Nyassalandia nese momento). No ano 1971 autoproclamouse Presidente vitalicio e instaurou un réxime de partido único, personalista e autoritario. No 1993, debido á forte oposición interna e á presión internacional, restableceu o multipartidismo e convocou eleccións democráticas en 1994, nas que foi derrotado por Bakili Muluzi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Bastia Cidade prerromana localizada na actual Baza (Granada). Do seu topónimo procede a denominación xenérica dos bastetanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento da Alta Córsega, na illa de Córsega, Francia, situada na costa do Mar Tirreno, no extremo NL da illa (37.845 h [1990]). É o núcleo industrial e o centro comercial máis importante de Córsega, ademais dun relevante porto pesqueiro. A cidade, fundada por xenoveses no 1313 e capital da illa ata 1791, atópase no costado dunha pequena badía, onde se sitúa o antigo porto. A partir do 1453 foi residencia do gobernador xenovés e seguiu a dinámica histórica xeral de Córsega. Foi ocupada polos ingleses en 1745 e 1794, e polos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do fondo da ría da Coruña, no litoral da parroquia de Perillo (concello de Oleiros), situada ao L da punta Fieiteira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Enseada do litoral noroccidental da illa de Ons, na parroquia de Ons (concello de Bueu), situada entre a punta Estrepeiral (ó SO) e o illote Xubenco (ó N).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo alemán, considerado o fundador da moderna etnografía. En 1862 fundou o Zeitschrift für Ethnologie; foi tamén un dos fundadores da Berliner Anthropologische Gesellschaft (1869). Entre as súas obras destacan Der Völkergedamke (1881) e Allgemeine Grundzüge der Etlhnologie (1884), onde introduce algúns dos conceptos básicos da etnoloxía actual. Bastián cría na uniformidade física de toda a humanidade, sendo o ambiente a causa da diversidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista francés da escola “optimista”. Entre as súas obras destacan Cobden et la ligue (Cobden e a liga, 1845), Sophismes Économiques (Sofismas económicas) e, sobre todo, Les Harmonies Économiques (As harmonías económicas, 1850). A súa concepción do mundo está baseada nunha harmonía deísta que evita toda tensión entre os diversos sectores económicos. A súa teoría básica é a do valor-servicio, fundamentada no traballo aforrado ao consumidor. No estado español influíu, a través de Joseph Garnier, en todos os librecambistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Máquina de guerra que se utilizaba para bater os castelos e prazas fortes consistente nunha gran torre de madeira con rodas onde se introducían os soldados. Arrimábase ás murallas e unha ponte levadiza facilitaba aos atacantes o asalto á fortificación.

    2. Recinto urbano fortificado e de trazado hipodámico empregado polos francos para establecer os seus colonos nas terras que ocupaban. No estado español hai mostras de bastidas francas estendidas polo territorio da Marca Hispánica carolinxia, nas actuais comunidades de Navarra, Aragón e Catalunya, establecidas en moitas ocasións a carón dos poboados autóctonos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe procedente de Monforte de Lemos ou de Lleida, segundo os investigadores. O seu tronco seica foi Xoán Ruíz Bezudo. Estendeuse por varias rexións españolas e Rui Nuñez de Bastida estableceu o seu casarío na torre de Bastida, preto de Monforte de Lemos. As súas armas levan: en campo de sinople, unha torre cadrada, de prata aclarada de ouro; á súa destra, un león, tamén de ouro, atado cunha cadea de azul á porta da torre; á sinistra, unha bastida do mesmo metal, apoiada nunha das ventás da torre, e na bastida cabaleiros armados portando lanzas de azul, co ferro de ouro, entrando e saíndo da torre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Fonsagrada baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada en san Mamede de Mañente (Pantón). Ten planta circular e conserva restos das murallas. Contén brasóns dos Noguerol, Sarmiento, Codórniga, Lousada, Taboada, Gaioso, Saco e Correa. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante e explorador. En 1501, acompañado de Juan de la Cosa e Vasco Núñez de Balboa, percorreu o litoral colombiano. En 1521 fundou a colonia de Santa Marta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Armadura, comunmente rectangular, formada por listóns de madeira ou barras de metal para fixar as teas que se utilizan para pintar ou bordar. Os bastidores chámanse fixos cando os encaixes entre listóns están inmobilizados por cola ou cravos, e móbiles cando dispoñen dun sistema de cuñas. A partir de mediados do s XIX aparecen os bastidores universais que estandarizan unha gama de medidas de uso corrente.

    2. Armadura, marco, armazón, feito con listóns, especialmente o que serve de soporte a un plafón da mesma largura e lonxitude. Colócase detrás do plafón ou entre dous plafóns e queda agachado.

    3. Cada unha das teas ou dos papeis pintados e fixados nunha armadura de madeira e listóns que se pon de lado a lado do escenario formando unha decoración teatral.

    4. Estrutura que soporta mensaxes publicitarias impresas sobre papel, tea ou plástico.

      1. Armadura básica dalgúns vehículos automóbiles, especialmente dos camións, sobre a cal están montados o motor, a transmisión, a cabina do condutor e a caixa. O bastidor descansa sobre algúns elementos da suspensión. Un bastidor-tipo para camión consiste en dúas ramas laterais, de aceiro, de perfil en U, unidas por traveseiras de perfil en I. Os largueiros están menos separados diante e fan unha curva cara a arriba ao final. Actualmente os bastidores arrédanse da forma tipo e adáptanse ás formas dos grupos mecánicos e das carrocerías. Na maioría dos turismos, pero tamén en moitos autocares e autobuses, o bastidor foi substituído polas carrocerías e as propias estruturas.

      2. Nunha bicicleta ou motocicleta, cadro.

    5. Armazón dun equipo informático que acostuma levar unha placa con datos identificativos do mesmo e das súas características.

    6. Armazón de ferro ou bronce na que se apoia o eixe da hélice do barco cando non é fixa, como ocorre con determinados buques mixtos.

    7. Armadura sobre a que está montada a táboa de resonancia do piano e que permite unha gran tensión das cordas. A súa orixe atribúeselle a Sébastien Érard.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aviadora francesa. Conseguiu dúas plusmarcas internacionais de distancia e duración de voo. Atravesou soa o Atlántico Sur en 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Cultivou a pintura de tema campesiño, a medio camiño entre o Naturalismo e o Impresionismo (Os segadores, 1877, Les Foins, 1878). Realizou tamén numerosos retratos (Sarah Bernhardt, 1879). Influíu na pintura inglesa e francesa do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO