"BOD" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 68.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero fósil de homínidos ao que pertence a especie B. altipaltus procedente do xacemento do Mioceno medio de Rudabanya (Hungría). Esta especie foi descrita a partir duns macizos faciais que conservaban o padal. Na actualidade intégrase na especie Dryopithecus brancoi.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de creación artística, xurdida nos últimos anos da década dos sesenta, que ten no corpo humano o seu principal instrumento e obxecto de expresión, representación e comunicación. Na súa configuración e desenvolvemento habería que considerar as achegas do Futurismo, do Dadaísmo, do Expresionismo ou do Surrealismo, e as propostas de artistas tan dispares como Hugo Ball, Tristan Tzara, Marcel Duchamp ou André Breton. Non obstante , foi a principios dos sesenta cando este movemento adquiriu a súa verdadeira dimensión coa obra de Ives Klein, Piero Manzoni e Hans Bellmer, coas investigacións do colectivo Fluxus, de Alan Kaprov, de Joseph Beuys ou de John Cage e, finalmente co accionismo vienés, onde destacan os traballos fotográficos de Hermann Nitsch, Rudolf Schwarzkogler, Otto Mühl e Günter Brus. Simultaneamente chegarían os traballos de Valie Export en colaboración con Peter Weibel, do dúo Gilbert and George ou de Cindy Sherman. A obra destes artistas, tan heteroxénea como provocadora,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción norteamericana realizada en 1981 e dirixida por Lawrence Kasdan. Foi interpretada por William Hurt, Kathleen Turner, Richard Crenna e Ted Danson. Ned Racine (W. Hurt), un turbio avogado, coñece a Matty Walker (K. Turner), unha fermosa muller da que se namora. Ela está casada e convénceo para matar o seu esposo (R. Crenna). Ned comete o crime, e Matty desfaise del incriminándoo.
-
PERSOEIRO
Director cinematográfico. Trátase do principal representante do cine experimental en Hungría. A súa primeira longametraxe, Amerikai anzix (Torso americano, 1975) foi galardoada no festival cinematográfico de Mannheim.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Joseph Bodin de Boismortier.
-
-
Aniversario do pasamento dunha persoa.
-
Cerimonia de carácter funerario que se celebra ao ano seguinte de falecer unha persoa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido composto formado a partir das voces cabo + de + vila. Documéntase no s XV: “Lourenço de Cabodevila” (doc ano 1422 en Emilio Duro Peña El Monasterio de San Esteban de Ribas de Sil, 1977, p 366).
-
-
Composto hipotético de fórmula HN=C=NH, do que se coñecen derivados estables.
-
Nome sistemático da cianamida.
-
-
PERSOEIRO
Historiador e teórico chinés do marxismo. Incorporouse á base comunista de Yan’an, onde se converteu en secretario político de Mao Zedong. Membro do buró político do partido comunista chinés, entre as súas obras políticas cómpre salientar Dez anos de guerra civil (1944), As catro grandes familias da China (1946) e Un inimigo do pobo: Chiang-Kai-shek (1954). Tivo unha participación decisiva na Revolución Cultural de 1966. Acusado de facer complot contra Mao Zedong, encarcerárono (1971) e condenárono a dezaoito anos de cadea (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia do litoral oriental da Illa de Arousa, na parroquia e concello homónimos, situada ao S da punta do Furado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pombal de grandes dimensións no que se crían as pombas que participan nas competicións de columbofilia e que constitúe a meta que teñen que acadar para finalizar a proba.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Templo exipcio situado no lugar do antigo Cuartel del Parque del Oeste en Madrid. Doouno en 1968 o goberno exipcio a España en agradecemento pola axuda prestada na recuperación dos monumentos do val do Nubia, que ían ser sepultados pola presa de ‘Aswān, e reedificouse en 1972. Construíuno no s IV a C o Rei Adijalami de Meroe e ampliouse na época da dinastía ptolemaica e dos emperadores Augusto e Tiberio. Dedicado aos deuses Amón e Isis, consta duns pilonos que forman unha vía que conduce ao templo, que ten o santuario na súa parte traseira. No seu interior destacan as columnas de fuste monolítico con capiteis papiriformes e os baixorrelevos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de coleópteros, da familia dos escarabeidos, que na fase de eiruga supón unha praga para os cultivos de cereal ao afectarlles á raíz e reducir os rendementos de produción da semente, ou mesmo matar as plantas.
-
-
PERSOEIRO
Humanista francés. Estudioso do hebreo e do sirio, foi convidado por Arias Montano para participar na elaboración da Biblia políglota de Anveres. Das súas obras destacan Novum Testamentum syriace, cum versione latina (1560), Novum J. Chr. Testamentum, syriace litteris hebraicis, cum versione latinâ interlineari (1584), Encyclique des secrets de l’éternité (1571) e La Galliade, ou de la révolution des arts et sciences (1578).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e político. Dirixente agrarista, participou na constitución da Federación Agraria de Negreira e colaborou na redacción de La Zarpa, diario dos agraristas galegos. Publicou Páginas de mi vida (1925), Nubes y sombras (1927) e Hojas del corazón (1928).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Obtivo o título de procurador dos tribunais e posteriormente seguiu diversas actividades comerciais. Pertencente á Xeración das Festas Minervais, participou nos parladoiros do Café Español e ao longo da súa traxectoria colaborou en distintas revistas e xornais. Foi cofundador do grupo O Galo e en 1963 participou cun recital xunto a outros autores na celebración do primeiro Día das Letras Galegas. En 1980 foi elixido directivo da primeira Asociación de Escritores en Lingua Galega e presidente do Ateneo de Santiago de Compostela. Na política, estivo vinculado ao Consello da Mocidade e en 1963 participou na constitución do Partido Socialista Galego (PSG). Da súa produción destaca Ao pé de cada hora (1967), Tempo de Compostela (Premio da Crítica Española l978), 37 debuxos para un país (1985), Compostela (1989) Obra poética (1993), Conto de Reis (1991), Os misterios de Monsieur D’Allier (Premio da Crítica 1993) e Rafael...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei dos marcomanos. Foi educado en Roma na corte de Augusto, e ao voltar á súa patria, conduciu o seu pobo de Xermania a Bohemia, onde construíu un grande imperio xermánico con finalidades antirromanas. Posteriormente entrou en litixio con Arminio e foi derrotado. Refuxiado en Italia, foi confinado en Ravenna.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político serbio. En 1984 foi nomeado presidente da Savez Komunista Srbije (Liga Serbia dos Comunistas), que se rebautizou como Socijalisticka Partija (Partido Socialista), e en 1988 foi escollido presidente de Serbia, cargo renovado en 1990 e 1992. Foi o impulsor do proxecto da Gran Serbia. En 1992 promoveu a guerra contra Croacia e deu soporte ao goberno serbio instaurado en Bosnia e presidido por R. Karadzić. Baixo presión diplomática, en 1995 asinou os Acordos de Dayton que deron fin á guerra da antiga Iugoslavia. As eleccións municipais de 1996 mostraron a derrota da súa coalición Socijalisticka Partija Srbije (Partido Socialista Serbio) e o non recoñecemento dos resultados ocasionou multitudinarias manifestacións promovidas pola coalición opositora Zejedno. Foi nomeado presidente da República Federal de Iugoslavia en 1997 pero en 2001 foi derrotado e xulgado polo Tribunal Internacional de Xustiza tras a intervención iugoslava en Kosovo (1999), por crimes contra a humanidade.
VER O DETALLE DO TERMO