"CIC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 293.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben os cogomelos con forma de cunca dalgúns fungos da subdivisión ascomicotina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Feito arbitrario que se realiza por un uso abusivo de poder.
-
-
Dignidade de cacique.
-
Territorio que posúe un cacique.
-
Poder que exerce un cacique.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Urocordado no que o notocordio só está presente no estado larval, como os taliáceos e os ascidiáceos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén cal ou calcio. OBS: Emprégase como elemento nos compostos nos que o calcio vai combinado con outros elementos químicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos seres vivos ou comunidades que habitan en solos ou substratos calcarios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de procesos bioquímicos que se realizan no estroma dos cloroplastos dos organismos fotosintéticos durante a fase escura da fotosíntese, na que o carbono inorgánico en forma de CO2 pasa a formar parte de distintos glícidos por redución. Pódense distinguir dúas fases: a fase de produción, na que tres moléculas de ribulosa-5-fosfato reaccionan con tres moléculas de CO2, coa produción de seis moléculas de gliceraldehido-3-fosfato e co gasto de nove moléculas de ATP e seis de NADPH; e a fase de recuperación, na que os átomos de carbono de cinco gliceraldehido-3-fosfato, mediante unha serie de reaccións, forman de novo as tres ribulosa-5-fosfato. Descubriuno M. Calvin, J. Bassham e A. Benson entre 1946 e 1953, e tamén se coñece como ciclo do carbono ou ciclo das pentosas fosfato.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise dos compostos orgánicos cíclicos, con anel ou aneis formados unicamente por átomos de carbono.
-
CIDADES
Cidade do estado de Espírito Santo, no Brasil (302.073 h [1995]). Situada preto do litoral, nunha das primeiras rexións colonizadas do Brasil, é un importante centro mercantil cunha área agrícola na que destacan os cultivos tropicais de plantación como café, cana de azucre e algodón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso cíclico simple realizado por unha máquina térmica ideal, chamada máquina de Carnot, creada por Nicolas Léonard Sadi Carnot en 1824. Consta de catro partes: na primeira, o sistema efectúa unha expansión isotérmica ao tomar calor dunha fonte e producir traballo exterior; despois pasa por unha expansión adiabática, que xera traballo exterior coa conseguinte diminución de temperatura; a continuación experimenta unha compresión isotérmica, expulsa calor ao exterior e recibe traballo; finalmente sofre unha compresión adiabática, recibe traballo e o conseguinte aumento de temperatura. É o ciclo teórico ideal no que se basean todas as máquinas térmicas, e calquera ciclo pode reducirse a unha combinación de ciclos de Carnot infinitesimais. A miúdo, o ciclo de Carnot utilízase percorrido en sentido inverso, como o realizado pola máquina frigorífica de Carnot.
-
GALICIA
Escritora. Licenciada en Filosofía e Letras e en Xornalismo, colaborou en periódicos e revistas como La Noche, Informaciones, Blanco y Negro, La Vanguardia, Ínsula, Revista de Occidente, Grial ou Galicia Emigrante. Da súa produción destacan as obras Los que se fueron (1957), Víspera del odio (Premio Elisenda de Montcada, 1958), El jardín de las siete puertas (Premio Doncel, 1961), Galicia: Rías Bajas (1965), El zopilote presumido (1964) e Los días de Lina (1971). Foi membro da Assotiation Internationale des Critiques Litteraires.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Licenciado en Dereito e en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor pola Université de Lyon (1931), foi profesor de economía política e facenda pública na mesma Universidade (1935) e de lingua e literatura españolas na Universidade de Palermo. En 1940 exerceu como asesor da Dirección General de Relaciones Culturales do ministerio de Asuntos Exteriores. Ademais de levar a cabo un destacado e prolífico labor como conferenciante por América e Europa, colaborou en varios xornais e revistas, exerceu varios cargos dentro do eido xornalístico e dirixiu El Pueblo Gallego. Home polifacético, cultivou case todos os xéneros literarios (prosa, teatro, ensaio e poesía) e a maior parte da súa obra, escrita tanto en galego como en castelán, susténtase na realidade galega e ten como temática a Galicia (arte, historia, xeografía, natureza, folclore, lendas, oficios, supersticións, gastronomía, tradicións, costumes, festas e romarías). O seu estilo caracterízase...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao cefalotórax.
-
PERSOEIRO
Teólogo checo. Pensador do movemento husita na liña de Wycliffe e Huss. Rexeitou toda autoridade, agás a do Novo Testamento, e negou a necesidade de lexislación e goberno na comunidade cristiá. Condenou a guerra e predicou o retorno á primitiva orde cristiá. Escribiu Sit’víry (A rede da fe, 1440).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Código de dereito canónico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘lixo’.
-
-
Relativo ou pertencente ás cicadáceas.
-
Ximnosperma da familia das cicadáceas.
-
Familia de plantas da clase das cicadatas constituída por unhas 65 especies actuais e un gran número de fósiles de plantas que viviron desde o Carbonífero ata comezos do Xurásico. Son plantas arborescentes semellantes ás palmeiras ou aos fentos, cunha roseta de grandes follas pinnadas no ápice do talo. As especies actuais son propias dos países intertropicais e subtropicais, e algunhas, cultivadas como ornamentais, danse nos xardíns dos países temperados. O xénero máis representativo é Cycas.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás cicadatas.
-
Planta da clase das cicadatas.
-
Clase de xinmospermas constituída por plantas dioicas con aspecto de fento ou de palmeira, normalmente con ramificacións soamente na base. Comprende catro familias (cicadáceas, boweniáceas, estanxeriáceas e zamiáceas) e once xéneros. Esténdense polas zonas tropicais e subtropicais de África, Asia, Australia, América e as illas occidentais do Pacífico.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos cicádidos.
-
Insecto da familia dos cicádidos.
-
Familia de insectos homópteros á que pertencen as cigarras.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás cicadofilicais.
-
Planta da orde das cicadofilicais.
-
Orde de pteridospérmatas constituída por plantas que viviron entre o Devónico superior e o Xurásico inferior, e que reunían caracteres morfolóxicos dos fentos eusporanxiados e das ximnospermas.
-